Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Planificación e xestión da investigación: técnicas Código 670503001
Titulación
Mestrado Universitario en Tecnoloxías de Edificación Sostible (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Análise Económica e Administración de Empresas
Física
Matemáticas
Coordinación
Nogueira Lopez, Pedro Fernando
Correo electrónico
pedro.nogueira@udc.es
Profesorado
Ferreiro Ferreiro, Ana María
Garcia del Valle, Alejandro
Nogueira Lopez, Pedro Fernando
Correo electrónico
ana.fferreiro@udc.es
alejandro.garcia.delvalle@udc.es
pedro.nogueira@udc.es
Web
Descrición xeral Proporcionar referencias para aqueles que se inician nos ámibtos da investigación, o desenvolvemento e a innovación. Dende o deseño da investigación ata a xestión dos proxectos de I+D+I, traballándose tamén a estrutura dos documentos e publicacións científicas, así como as técnicas de comunicación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer os principios básicos do paradigma da sostibilidade, os seus debates e implicacións ambientais, socioculturais e económicas.
A2 Coñecer o impacto que o uso da tecnoloxía ten sobre a sociedade que o adopta e os principios básicos para unha tecnoloxía da sostibilidade.
A3 Deseñar, planificar, executar e avaliar proxectos tecnolóxicos, científicos ou de xestión nun marco de sostibilidade.
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B9 Capacidade de xestión da información.
B10 Capacidade de Resolución de problemas.
B20 Iniciativa e espírito emprendedor.
B24 Orientación a resultados.
B25 Orientación ao cliente.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir referencias normativas e metodolóxicas nos ámbitos da investigación, o desenvolvemento e a innovación. Ser capaz de realizar deseños básicos da investigación ata a xestión dos proxectos de I+D+I. Coñecer e aplicar a estrutura dos documentos e publicacións científicas, así como as técnicas de comunicación. AM1
AM2
AM3
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM9
BM10
BM20
BM24
BM25
CM1
CM5
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Métodos e técnicas de investigación.
O deseño dun proceso de investigación.
Análise crítica e de avaliación e síntese dunha idea.
Sistemas de busca de información.
O documento científico: elaboración, presentación, busca, transferencia, bases de datos.
A difusión científica dos resultados da investigación. Técnicas de presentación.
Marco conceptual da I+D e a innovación.
Introdución á Xestión de Proxectos de I+D+I.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos B2 B3 B4 B10 10 25 35
Sesión maxistral A1 A2 B1 B24 B25 C5 C8 5 15 20
Prácticas a través de TIC A3 B20 5 10 15
Análise de fontes documentais B5 B9 C1 1 4 5
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Exposición de casos.
O alumno sitúase ante problemas concretos (casos), que lle describen unha situación real da vida profesional. A través dunha metodoloxía de descubrimento guiado, o problema ha de ser comprendido e valorado individualmente.
Análise de casos.
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que formula un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Sesión maxistral Presentación por parte do profesor dos contidos básicos da parte teórica de cada tema. Esta presentación farase de modo esquemático e orientado tanto á correcta comprensión dos contidos coma á súa utilidade práctica nesta e noutras materias do Mestrado.
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canal para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Análise de fontes documentais Lectura e análise de fontes documentais. Buscas en bases de datos e webs de coñecemento científico e técnico. Discusión dos resultados das buscas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Descrición


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais B5 B9 C1 Avaliación da capacidade de análise da estrutura dun documento científico e da capacidade de deseño dun documento científico.
Avaliación do coñecemento de referencias básicas de fontes de información.
10
Estudo de casos B2 B3 B4 B10 Avaliación da aplicación de metodoloxías específicas a un caso práctico mediante a realización dun traballo persoal completo.
50
Prácticas a través de TIC A3 B20 Avaliación das capacidades e resultados da utilización de recursos online relacionados coas competencias da materia. 40
 
Observacións avaliación

Será condición necesaria para poder superar a materia a asistencia como mínimo ao 80% das clases.

Ademais
da asistencia, a participación e realización casos e prácticas,
poderanse realizar as probas que se consideren necesarias co fin de
valorar axeitadamente o grao de asimilación dos contidos conceptuais e
procedementais da materia.

As metodoloxías anteriores perseguen a
avaliación continua da materia, que supón o 100% da cualificación sen
necesidade de exame ou proba obxectiva final. De acordo co calendario
académico establecido pola universidade poderanse realizar probas
obxectivas (exames) de primeira e segunda oportunidade de cada
convocatoria, en caso de non superar a materia mediante a avaliación
continua.


Fontes de información
Bibliografía básica Manuel Belmonte (2011). Enseñar a investigar : libro del alumnado. Bilbao: Mensajero
Gestión iLuis F. Díaz Domínguez , Miguel A. Navarro Huerga (2012). Gestión informatizada de proyectos de innovación. Alcalá de Henares : Universidad de Alcalá
Emilio Beltrán Sánchez, Jesús Ignacio Fernández Domingo (2012). Haciendo una tesis. Valencia : Tirant lo Blanch
Miguel Pérez de Ayala Becerril, Coord. (2012). I + D e innovación tecnológica. Madrid : Francis Lefebvre

Direccións web:

http://www.udc.es/sobreUDC/vice_investigacion_e_transferencia/index.html

https://www.educacion.gob.es/educacion/universidades/educacion-superior-universitaria.html

http://www.crue.org/index.html

http://www.redotriuniversidades.net/portal/index.php

http://www.redugi.org/

http://www.accesowok.fecyt.es/

http://www.ideapuzzle.com/

Bibliografía complementaria Mari Paz García Sanz, Pilar Martínez Clares (coords.) (2012). Guía práctica para la realización de trabajos fin de grado y trabajos fin de máster . universidad de murcia
Abadal Falgueras, Ernest (2012). Acceso abierto a la ciencia. Barcelona : Universidad Abierta de Cataluña


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías