Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Tecnoloxías avanzadas de representación gráfica en edificación Código 670526007
Titulación
Mestrado Universitario en Edificación Sostible (Plan 2017)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Expresión Gráfica Arquitectónica
Coordinación
Fernández Álvarez, Ángel José
Correo electrónico
angel.fernandez.alvarez@udc.es
Profesorado
Fernández Álvarez, Ángel José
Correo electrónico
angel.fernandez.alvarez@udc.es
Web http://euat.udc.es
Descrición xeral A irrupción das novas tecnoloxías da información e a comunicación Tics produciu unha gran transformación no ámbito da edificación, especialmente na área da representación gráfica e do levantamento arquitectónico. Avances como a introdución do scáner laser dixital e a fotogrametría de imágen múltiple permite a adquisición masiva de datos métricos nun tempo reducido.

Nesta materia introduciranse as novas tendencias de levantamento arquitectónico baseadas en aplicacións informáticas dixitais así como os fundamentos básicos da fotogrametría arquitectónica. basadas en aplicaciones informáticas digitales así como los fundamentos básicos de la fotogrametría arquitectónica.

Competencias do título
Código Competencias do título
A11 CE11 Coñecer os procedementos de restitución fotogramétrica utilizados na intervención en edificios construídos.
A12 CE12 Adquirir un coñecemento global dos procesos e tecnoloxías de captura de información dos obxectos tridimensionales relacionados co proceso edificatorio, para lograr a súa representación gráfica.
A13 CE13 Capacidade para xulgar as distintas técnicas de levantamento gráfico e determinar vantaxes e inconvenientes de aplicación en cada caso.
B1 CB01 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 CB02 Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 CB03 Ser capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 CB04 Saber comunicar conclusións ?e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan? a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 CB05 Posuír as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
B6 CG01 Capacidade de análise e síntese.
B7 CG02 Capacidade de organización e planificación.
B8 CG03 Coñecementos informáticos relativos ao ámbito do programa formativo.
B9 CG04 Capacidade de xestión da información.
B10 CG05 Resolución de problemas.
B11 CG06 Toma de decisións.
B12 CG07 Traballo en equipo.
B14 CG09 Razoamento crítico.
B16 CG11 Aprendizaxe autónoma.
B17 CG12 Adaptación a novas situacións.
C1 CT01 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 CT03 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 CT06 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 CT08 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as distintas ferramentas e técnicas aplicadas ao levantamento gráfico de edificios. AM11
AM12
AM13
BM1
BM4
BM6
BM9
BM14
BM16
CM1
CM6
CM8
Coñecer os procedementos de restitución fotogramétrica utilizados na intervención en edificios construídos. AM11
AM12
AM13
BM2
BM3
BM7
BM8
BM10
BM11
BM12
BM17
CM1
CM3
CM6
CM8
Coñecer de forma global os procesos e tecnoloxías de captura de información dos obxectos tridimensionales relacionados co proceso edificatorio co fin de conseguir a súa correcta representación gráfica. AM11
AM12
BM1
BM2
BM5
BM6
BM7
BM8
BM9
BM10
BM14
BM16
CM1
CM8
Xulgar as distintas técnicas de levantamento e determinar as vantaxes e inconvenientes de aplicación en cada caso. AM12
AM13
BM1
BM2
BM5
BM6
BM9
BM10
BM14
BM17
CM1
CM3
CM6
CM8

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1.- INTRODUCIÓN Introdución aos sistemas avanzados de rexistro e análise do patrimonio construído.
TEMA 2.- DOCUMENTACIÓN Documentación xeométrica do patrimonio: o concepto de levantamento arquitectónico. Evolución histórica.
TEMA 3.- FOTOGRAFÍA DIXITAL A fotografía dixital como ferramenta de análise e representación do patrimonio arquitectónico.
TEMA 4.- NOVAS TECNOLOXÍAS Introdución á tecnoloxía do escáner láser 3D. Aplicacións dos sistemas RPA (Remotely Piloted Aircraft).
TEMA 5.- FOTOGRAMETRÍA ARQUITECTÓNICA Fotogrametría arquitectónica dixital en edificación. Principios básicos e aplicacións.
TEMA 6.- VISUALIZACIÓN Novas tecnoloxías aplicadas á visualización do patrimonio.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A11 A12 B1 B4 B5 B6 B9 B14 C1 C6 C8 15 24 39
Prácticas a través de TIC A12 B2 B4 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B16 B17 C3 C6 6 9 15
Seminario B1 B4 B6 B12 B14 B16 C1 C6 C8 2 3 5
Traballos tutelados A11 A12 A13 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B9 B10 B11 B14 B16 C1 C3 C6 C8 0 15 15
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A clase maxistral é tamén coñecida como "conferencia", "método expositivo" ou "lección maxistral". Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canle para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Seminario
Traballos tutelados
Descrición
Nas entrevistas periódicas e titorías que se establezan co alumno realizaranse as aclaracións correspondentes a todos aqueles aspectos que resulten de interese para mellorar a calidade do proceso de ensino-aprendizaxe, orientarase sobre os conceptos expostos nas sesións maxistrais e farase un seguimento do traballo tutelado obrigatorio.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A11 A12 B1 B4 B5 B6 B9 B14 C1 C6 C8 Valorarase a participación activa do alumnado nas sesións maxistrais. 10
Prácticas a través de TIC A12 B2 B4 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B16 B17 C3 C6 Valorarase a participación activa e o aproveitamento do alumnado nas prácticas que se realicen sobre os contidos da materia a través de ferramentas TIC. 10
Traballos tutelados A11 A12 A13 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B9 B10 B11 B14 B16 C1 C3 C6 C8 Valorarase a adecuación dos traballos realizados polo alumno aos criterios e orientacións expostos polo profesor. 80
 
Observacións avaliación

Para poder obtar a unha avaliación positiva na
materia o alumno deberá asistir como mínimo ao 80% das clases (sesións
maxistrais, talleres, seminarios, ...).

Para poder ser cualificado será obrigatoria a entrega en tempo e forma de todos os traballos propostos.

Ademais
da asistencia, participación e realización de traballos tutelados
poderanse realizar as probas que se consideren necesarias co fin de
valorar adecuadamente o grao de asimilación dos contidos conceptuais e
procedimentales da materia.

OBSERVACIÓNS ESPECÍFICAS ALUMNADO MODALIDADE FORMACIÓN ONLINE (NON PRESENCIAL)

As
metodoloxías docentes, as actividades de aprendizaxe e os criterios e
metodoloxías de avaliación correspondentes ao alumnado do MUES na súa
modalidade de formación "en liña" (non presencial) adaptaranse ás
características específicas deste tipo de docencia promovendo unha
aprendizaxe autónoma e activa.


Fontes de información
Bibliografía básica BUILL POZUELO, Felipe (2008). Fotogrametría arquitectónica. Barcelona: Universidad Politécnica de Catalunya
LERMA GARCÍA, José Luis (2002). Fotogrametría moderna: analítica y digital. Valencia: Universitat Politècnica de València
CUELI LÓPEZ, Jorge Tomás (2011). Fotogrametría Práctica. Tutorial Photomodeler. Santander: Ediciones Tantín
ALMAGRO GORBEA, Antonio (2004). Levantamiento Arquitectónico. Granada: Universidad de Granada
JIMÉNEZ MARTÍN, Alfonso; PINTO PUERTO, Francisco (2003). Levantamiento y análisis de edificios. Futuro y tradición. Sevilla: Universidad de Sevilla

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Xestión avanzada de información en edificación: SIG e BIM/670526006
Introdución ao TFM : Metodoloxía e planificación da investigación/670526004

Materias que continúan o temario
Smart Cities. Tecnoloxías emerxentes para cidades sostibles/670526014

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías