Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Estratexias sostibles con solucións construtivas tradicionais Código 670526013
Titulación
Mestrado Universitario en Edificación Sostible (Plan 2017)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Italiano
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Coordinación
Fernandez Prado, Ruben
Correo electrónico
ruben.fprado@udc.es
Profesorado
Fernandez Prado, Ruben
Correo electrónico
ruben.fprado@udc.es
Web
Descrición xeral A evolución tecnolóxica levounos a alcanzar estratexias tecnolóxicas para dar solución a problemas na edificación, os sistemas tradicionais constitúen unha alternativa a estes sistemas, que aínda que nun momento se han ido perdendo, nas construcións actuais poden proporcionar solucións para volvelas sustentables. Recuperando solucións construtivas ancestrais e aplicándoas ás construcións contemporáneas proporcionan solucións un alto grao de sustentabilidade e que en moitos casos non foron superadas polas solucións contemporáneas.
Esta materia trata de dar unha visión e criterios globais baseados no estudo do medio, das solucións da arquitectura vernácula e en xeral na arquitectura e construción pasiva.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE01 Deseñar sistemas construtivos eficientes e sustentables, mediante a aplicación de solucións técnicas e sistemas construtivos tradicionais ou avanzados.
A3 CE03 Coñecer e aplicar as solucións tecnolóxicas necesarias para mellorar o comportamento térmico da envolvente dun edificio.
B1 CB01 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 CB02 Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 CB03 Ser capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 CB04 Saber comunicar conclusións ?e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan? a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 CB05 Posuír as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
B7 CG02 Capacidade de organización e planificación.
B12 CG07 Traballo en equipo.
B17 CG12 Adaptación a novas situacións.
B18 CG13 Creatividade.
B22 CG17 Sensibilidade cara a temas ambientais.
B24 CG19 Orientación ao cliente.
B25 CG20 Coñecer os principios básicos do paradigma da sustentabilidade, os seus debates e implicacións ambientais, socioculturais e económicas.
B26 CG21 Entender e coñecer as dinámicas e problemáticas aparecidas co fenómeno da globalización e a súa relación coa sustentabilidade global.
B27 CG22 Coñecer o impacto que o uso da tecnoloxía ten sobre a sociedade que o adopta e os principios básicos para unha tecnoloxía da sustentabilidade.
B28 CG23 Analizar os fluxos materiais e enerxéticos que se dan nun sistema e a súa interrelación co territorio e os recursos que o sostén.
B29 CG24 Coñecer a lexislación vixente e a normativa aplicable en materia de sustentabilidade, eficiencia enerxética e xestión da calidade ambiental no ámbito da edificación.
B30 CG25 Coñecer os principios físicos relacionados cos problemas enerxéticos e de sustentabilidade e saber aplicalos no deseño construtivo.
B31 CG26 Deseñar, planificar, executar e avaliar proxectos tecnolóxicos, científicos ou de xestión nun marco de sustentabilidade.
B32 CG27 Analizar e comparar as prestacións de distintas alternativas tecnolóxicas, e seleccionar as solucións máis adecuadas con criterios de sustentabilidade e eficiencia.
B33 CG28 Xestionar a explotación do edificio, implementando as melloras necesarias para adecuar os parámetros ambientais e enerxéticos.
C6 CT06 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT07 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 CT08 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O finalizar a materia, o estudante será capaz de coñecer e escoller solucións técnicas e sistemas construtivos tradicionais con criterios de sustentabilidade e eficiencia para a obra nova ou a rehabilitación. AM1
AM3
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM7
BM12
BM17
BM18
BM22
BM24
BM25
BM26
BM27
BM28
BM29
BM30
BM31
BM32
BM33
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
INTRODUCIÓN. PUNTO DE VISTA ARQUITECTURA TRADICIONAL. O clima na arquitectura
O usuario
Resposta da arquitectura
Estratexias pasivas tradicionais da edificación
Normativa aplicable
COMPATIBILIDADE DOS MATERIAIS E USO EN SISTEMAS CONSTRUTIVOS TRADICIONAIS E INNOVADORES. Materiais tradicionais.
Materiais actuais.
Casos.
SISTEMAS MIXTOS CON MATERIAIS TRADICIONAIS E INNOVADORES. Conceptos.
Tipos
SOLUCIÓNS TÉCNICAS E SISTEMAS CONSTRUTIVOS TRADICIONAIS Pormenorización de técnicas e sistemas.
MÉTODOS DE ELECCIÓN DE MATERIAIS E SISTEMAS CONSTRUTIVOS CON CRITERIOS DE SUSTENTABILIDADE E EFICIENCIA. Criterios.
Casos.
CASOS PRÁCTICOS E EXEMPLOS DE OBRAS CONSTRUÍDAS. Relación de casos relevantes.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 B1 B5 B22 B25 B26 B27 B28 B29 B30 C6 C7 C8 9 0 9
Traballos tutelados A3 A1 B33 B32 B31 B30 B29 B28 B27 B26 B25 B24 B22 B18 B17 B12 B7 B5 B4 B3 B2 B1 C6 C7 C8 0 53 53
Aprendizaxe colaborativa A3 A1 B33 B32 B31 B30 B29 B28 B27 B26 B25 B24 B22 B18 B17 B12 B7 B5 B4 B3 B2 B1 C6 C7 C8 9 0 9
Presentación oral B4 B12 B17 B24 3 0 3
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Realizarase unha exposición dos contidos a través de medios audiovisuais.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

O longo do curso, o alumno desenrolará un traballo en equipo que concluirá cunha breve presentación oral ante os seus compañeiros. Para a súa realización, platésaxe dous tipos de traballo alternativos entre os que poderá optar. No entanto, os profesores orientarán ao alumno en relación co tema que propoña, e resérvanse o dereito de reaxustar os temas con fins docentes.

a) Proposta técnica de aplicación dun sistema de arquitectura tradicional pasiva para unha edificación-construción existente actual.
Estudaranse os seguintes aspectos:
- Descrición, composición e aplicacións.
- Deseño do sistema construtivo. Viabilidade técnica da proposta.
- Durabilidad da proposta.
- Melloras que proporciona a nova aplicación.
- Valoración da solución de reciclaxe do material de refugallo.
- Sustentabilidade na produción industrial do material/sistema construtivo.

Cada equipo poderá expor libremente calquera proposta que se axuste aos requisitos xerais establecidos. No entanto, os profesores orientarán aos alumnos en relación co tema que propoñan, e resérvanse o dereito de reaxustar os temas con fins docentes.

b) Estudo en profundidade dunha estratexia pasiva tradicional, composto por:
- Materiais utilizados.
- Sistemas construtivos existentes estudados
- Posibles aplicacións do sistema á edificación actual cun tratamento enerxético, construtivo, de deseño e innovación.
Elixirase algún dos sistemas construtivos do temario propostos polo profesor para este fin.

NOTA:
Existe a posibilidade de que un mesmo traballo sexa desenvolvido conxuntamente nas materias ?Estratexias sustentable con solucións construtivas tradicionais? e ?Estratexias construtivas en arquitectura pasiva e bioclimática?. Para iso, o tema proposto deberá cumprir os requisitos establecidos nas guías docentes de ambas as materias simultaneamente, e deberá ser aprobado polos profesores da materia antes do seu inicio. Nese caso, o traballo deberá ter unha extensión e un nivel de desenvolvemento acorde co tempo de dedicación previsto na planificación de ambas as materias.
Aprendizaxe colaborativa O sistema de desenrolo do traballo tutelado será unha combinación entre o traballo da casa e o seguimento na aula por parte do profesor.
O traballo na aula trátase dun conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Presentación oral Realizarase unha presentación do traballo tutelado diante dos compañeiros, o profesor fomentará a participación na discusión achega do tema tras a presentación.
Será obrigatoria a presentación dun traballo académico escrito, unha presentación tipo power-point e un panel resumen en tamaño A1 sobre cartón pluma.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Presentación oral
Descrición
O alumno será atendido en horario de tutorías para aclaracións acerca dos temas tratados nas actividades expostas.
O profesor realizará un seguimento con atención a grupos de traballo guiándoos no desenvolvemento dos mesmos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A1 B33 B32 B31 B30 B29 B28 B27 B26 B25 B24 B22 B18 B17 B12 B7 B5 B4 B3 B2 B1 C6 C7 C8 Realizarase en grupo outorgando a mesma nota a todos os compoñentes do mesmo. Os profesores resérvanse o dereito de asignar cualificacións diferentes a cada compoñente, cando detecten diferenzas no nivel de traballo de cada un. 50
Sesión maxistral A3 B1 B5 B22 B25 B26 B27 B28 B29 B30 C6 C7 C8 Será obligatoria la asistencia al menos de un 80% de las sesiones. 20
Presentación oral B4 B12 B17 B24 Valoraranse as destrezas dos alumnos así como os medios audiovisuais, maquetas, paneis, mostras a escala real, etc. que se utilicen na mesma. 30
 
Observacións avaliación

A materia exponse cun sistema de avaliación continua, para o que é importante a asistencia do alumno ás actividades expostas. Este tipo de avaliación desenvólvese co apoio da atención personalizada do profesor, con especial relevancia do traballo desenvolvido durante o curso, que conclúe coa presentación oral do mesmo. Esta avaliación continua conforma a primeira oportunidade de superar a materia. No caso de que non se alcance un mínimo nas actividades propostas ofreceranse dúas opcións ao alumno que constitúen a segunda oportunidade de superar a materia: refacer o traballo chegando a unha maior profundidade técnica do tema tratado e a súa presentación a través da plataforma de teleformación nas datas designadas para ese efecto, ou ben a realización dun exame final.


Fontes de información
Bibliografía básica CARIDE ZUÑIGA, IGNACIO (2015). ARQUITECTURA PASIBA EN LA COSTA ATLÁNTICA: ZONA DE ESTUDIO RIAS BAIXAS. UDC. REPOSITORIO
DE LLANO CABADO, PEDRO (1983). ARQUITECTURA POPULAR EN GALICAI: A CASA MARIÑEIRA, A CASA DAS AGRAS, A CASA DO VIÑO E AS CONSTRUCIÓNS ADXETIVAS. SANTIAGO DE COMPOSTELA: COAG
DE LLANO CABADO, PEDRO (1989). ARQUITECTURA POPULAR EN GALICIA: A CASA-VIVIENDA E AS SERRAS.. SANTIAGO DE COMPOSTELA: COAG
DE LLANO CABADO, PEDRO (2006). ARQUITECTURA POPULAR EN GALICIA: RAZÓN Y CONSTRUCCIÓN.. A CORUÑA: EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA
CAAMAÑO SUÁREZ, MANUEL (2006). AS CONSTRUCCIÓNS DA ARQUITECTURA POPULAR: PATRIMONIO ETNOGRÁFICO DE GALICIA.. A CORUÑA: HERCULES EDICIONES
IÑAKI Y SEBASTIÁN URKIA LUS (2007). ENERGÍA RENOVABLE PRÁCTICA. PAMPLONA: PAMIELA

Bibliografía complementaria

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Proxectos de i+d+i:relación investigación empresa/670503002
Traballo de Fin do Mestrado/670526027
Smart Cities. Tecnoloxías emerxentes para cidades sostibles/670526014
Técnicas de aforro e uso eficiente da enerxía nos edificios: rehabilitación enerxética/670526025
Sistemas e instalacións baseadas en enerxías renovables e microcoxeración/670526011
Técnicas de montaxe e integración dos sistemas de enerxías renovables/670526012
Tecnoloxías estruturais ecoeficientes e métodos de cálculo/670526022
Estratexias construtivas en arquitectura pasiva e bioclimática/670526010

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías