// Fin modificacion
Identifying Data 2020/21
Subject (*) Certification of acoustic quality and acoustic projects in building Code 670526018
Study programme
Mestrado Universitario en Edificación Sostible (Plan 2017)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Optional 3
Language
Spanish
Galician
Teaching method Hybrid
Prerequisites
Department Física e Ciencias da Terra
Coordinador
Nogueira Lopez, Pedro Fernando
E-mail
pedro.nogueira@udc.es
Lecturers
Nogueira Lopez, Pedro Fernando
E-mail
pedro.nogueira@udc.es
Web
General description A materia suma o coñecemento e a aplicación das certificacións de calidade acústica nun contexto nacional e internacional e as súas relacións coas certificacións de sostibilidade na Edificación, xunto con metodoloxías para o desenvolvemento de proxectos acústicos de diverso tipo.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
Non se realizan cambios
2. Metodoloxías
Metodoloxías docentes que se modifican
Os estudantes presenciais seguirán as metodoloxías dos estudantes da modalidade non presencial
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Mediante as plataformas oficiais da UDC aplicadas na modalidade non presencial
-Correo electrónico
-Moodle
-Teams
4. Modificacións na avaliación
Os estudantes presenciais seguirán os criterios de avaliación dos estudantes da modalidade non presencial
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizan cambios

Study programme competencies
Code Study programme competences
A42 CE42 Coñecer o marco normativo e os parámetros básicos que interveñen nos problemas do control do ruído na edificación
A43 CE43 Coñecer e utilizar a metodoloxía do DBHR para a formulación de proxectos acústicos de illamento e acondicionamento, así como ferramentas de apoio e tecnoloxías de medición e de modelización e predición do comportamento acústico
A44 CE44 Coñecer e utilizar o Informe de Avaliación do Edificio, parte acústica, como ferramenta de diagnose
A45 CE45 Ser capaz de aplicar solucións acústicas para a rehabilitación e mellora das condicións existentes nos edificios
A46 CE46 Coñecer e aplicar os procedementos de realización de certificacións acústicas e valoracións dos parámetros acústicos nas certificacións de sustentabilidade da edificación
B3 CB03 Ser capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 CB04 Saber comunicar conclusións ?e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan? a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 CB05 Posuír as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
B6 CG01 Capacidade de análise e síntese.
B7 CG02 Capacidade de organización e planificación.
B8 CG03 Coñecementos informáticos relativos ao ámbito do programa formativo.
B9 CG04 Capacidade de xestión da información.
B10 CG05 Resolución de problemas.
B11 CG06 Toma de decisións.
B12 CG07 Traballo en equipo.
B14 CG09 Razoamento crítico.
B21 CG16 Motivación pola calidade.
B22 CG17 Sensibilidade cara a temas ambientais.
B24 CG19 Orientación ao cliente.
C1 CT01 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 CT03 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT04 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 CT06 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT07 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Recoñecer os problemas do ruído na contorna, de illamento e de acondicionamento acústico na edificación. AC42
AC43
AC44
AC45
AC46
BC3
BC4
BC5
BC6
BC7
BC8
BC9
BC10
BC11
BC12
BC14
BC21
BC22
BC24
CC1
CC2
CC4
CC6
CC7
Coñecer e aplicar metodoloxías para a diagnose e a realización de proxectos de acondicionamento e de illamento acústico no marco do Documento Básico de Protección contra o ruído do Código Técnico da Edificación en España. AC42
AC43
AC44
AC45
AC46
BC3
BC4
BC5
BC6
BC7
BC8
BC9
BC10
BC11
BC12
BC14
BC21
BC22
BC24
CC1
CC2
CC4
CC6
CC7
Coñecer a utilización básica de tecnoloxías avanzadas e ferramentas de apoio para as medicións acústicas e a realización de proxectos acústicos. AC42
AC43
AC44
AC45
AC46
BC3
BC4
BC5
BC6
BC7
BC8
BC9
BC10
BC11
BC12
BC14
BC21
BC22
CC1
CC2
CC4
CC6
CC7
Realizar diagnoses acústicas previas á intervención mediante a utilización do Informe de Avaliación do Edificio, Parte Acústica. AC42
AC43
AC44
AC45
AC46
BC3
BC4
BC5
BC6
BC7
BC8
BC9
BC10
BC11
BC12
BC14
BC21
BC22
BC24
CC1
CC2
CC4
CC6
CC7
Coñecer solucións para a rehabilitación e mellora das condicións acústicas dos edificios. AC42
AC43
AC44
AC45
AC46
BC3
BC4
BC5
BC6
BC7
BC8
BC9
BC10
BC11
BC12
BC14
BC21
BC22
BC24
CC1
CC2
CC4
CC6
CC7
Coñecer os esquemas de certificación acústica existentes no marco europeo. AC42
AC43
AC44
AC45
AC46
BC3
BC4
BC5
BC6
BC7
BC8
BC9
BC10
BC11
BC12
BC14
BC21
BC22
BC24
CC1
CC2
CC4
CC6
CC7
Coñecer os parámetros acústicos que interveñen nos principais esquemas de certificación da sostibilidade na edificación e realizar a súa avaliación. AC42
AC43
AC44
AC45
AC46
BC3
BC4
BC5
BC6
BC7
BC8
BC9
BC10
BC11
BC12
BC14
BC21
BC22
BC24
CC1
CC2
CC4
CC6
CC7
Coñecer e utilizar tecnoloxías avanzadas de enxeñaría acústica e o seu emprego na diagnose, realización e optimización de proxectos. AC42
AC43
AC44
AC45
AC46
BC3
BC4
BC5
BC6
BC7
BC8
BC9
BC10
BC11
BC12
BC14
BC21
BC22
BC24
CC1
CC2
CC4
CC6
CC7

Contents
Topic Sub-topic
1. Medicións e Certificacións de Calidade Acústica na Edificación.
1.1 Medicións Acústicas: CTE, actividades, ambientais, ruído laboral, estudos acústicos, outras.
1.2. Certificacións de Calidade Acústica no contexto nacional e internacional.
2. Proxectos Acústicos na Edificación Sostible. 2.1 Acústica nas Certificacións de Sostibilidade da Edificación.
2.2 Tecnoloxías para a Optimización de Proxectos Acústicos.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Case study A42 A43 A44 A45 A46 B3 B4 B5 B6 B10 B11 B12 B21 B22 B24 C1 C4 C6 3 1.5 4.5
Problem solving A42 A43 A44 A45 A46 B3 B4 B6 B7 B8 B10 B14 C1 C2 3 3 6
ICT practicals A43 A44 A45 A46 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 3 3 6
Supervised projects A42 A43 A44 A45 A46 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B14 B21 B22 B24 C1 C2 C4 C6 6 12 18
Events academic / information A42 A43 A44 A45 B3 B5 B22 C4 C6 C7 3 4.5 7.5
Objective test A42 A43 A44 A45 A46 B4 B8 B10 C1 C2 3 3 6
Laboratory practice A42 A43 A44 A45 A46 B10 B11 B12 3 1.5 4.5
Guest lecture / keynote speech A42 A43 A44 A46 B7 B9 B14 C7 10 10 20
 
Personalized attention 2.5 0 2.5
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Case study Presentación, discusión, procura de solucións alternativas sobre proxectos, informes, certificacións ou avaliacións acústicas, xa realizados.
Problem solving Resolución e exposición polo estudante de exercicios e/ou problemas prácticos relacionados coa materia, cos recursos que se indiquen na materia.
ICT practicals Realización e informe de casos prácticos ou proxectos mediante ferramentas tecnolóxicas dispoñibles para a materia ou poidan ser accesibles aos estudantes.
Supervised projects Traballos ou Proxectos de realización individual ou de grupo en desenvolvemento dalgún problema relevante en relación coa materia.
Events academic / information Participación activa en eventos científicos ou de divulgación que se realicen no Máster, na unversidad ou en emprazamentos externos, por exemplo, visitas guiadas de interese científico-técnico.
Objective test Probas obxectivas breves que o profesor poderá propor periodicamente na aula para realización persoal. Serán do tipo exercicios prácticos e/ou cuestións teóricas ou de razoamento.
Os exames das oportunidades oficiais de avaliación son tamén probas obxectivas, dunha duración que será establecida polo Centro no seu calendario.
Laboratory practice Utilización de instrumentación e equipos para medicións e avaliacións acústicas e realización de informes.
Guest lecture / keynote speech Presentación polo profesor dos conceptos e leis físicas asociados aos fundamentos dos bloques temáticos. Ademais, o estudante terá á súa disposición diverso material relacionado coa materia na plataforma Moodle.

Personalized attention
Methodologies
ICT practicals
Supervised projects
Description
O obxectivo principal é o seguimento individual da comprensión da materia e a consecución dos resultados de aprendizaxe. Os resultados serán tratados individualmente con cada estudante para axudarlle na súa progresión académica. A atención personalizada tamén levará a cabo mediante tutorías. Nelas non só resolveranse as dúbidas do estudante, senón tamén se tentará orientarlle sobre o modo en que estuda e traballa a materia.

Nas diversas metodoloxías que se apliquen, supervisarase o traballo individual e guiarase ao estudante no desenvolvemento da actividade concreta.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
ICT practicals A43 A44 A45 A46 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 Realización e informe de casos prácticos ou proxectos mediante ferramentas tecnolóxicas dispoñibles para a materia ou poidan ser accesibles aos estudantes. 10
Supervised projects A42 A43 A44 A45 A46 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B14 B21 B22 B24 C1 C2 C4 C6 Traballos ou Proxectos de realización individual ou de grupo en desenvolvemento dalgún problema relevante en relación coa materia. 40
Events academic / information A42 A43 A44 A45 B3 B5 B22 C4 C6 C7 Participación activa en eventos científicos ou de divulgación que se realicen no Máster, na unversidad ou en emprazamentos externos, por exemplo, visitas guiadas de interese científico-técnico. 10
Objective test A42 A43 A44 A45 A46 B4 B8 B10 C1 C2 Probas obxectivas breves que o profesor poderá propor periodicamente na aula para realización persoal. Serán do tipo exercicios prácticos e/ou cuestións teóricas ou de razoamento.
Os exames das oportunidades oficiais de avaliación son tamén probas obxectivas, dunha duración que será establecida polo Centro no seu calendario.
20
Laboratory practice A42 A43 A44 A45 A46 B10 B11 B12 Utilización de instrumentación e equipos para medicións e avaliacións acústicas e realización de informes. 10
Case study A42 A43 A44 A45 A46 B3 B4 B5 B6 B10 B11 B12 B21 B22 B24 C1 C4 C6 Presentación, discusión, procura de solucións alternativas sobre proxectos, informes, certificacións ou avaliacións acústicas, xa realizados. 5
Problem solving A42 A43 A44 A45 A46 B3 B4 B6 B7 B8 B10 B14 C1 C2 Resolución e exposición polo estudante de exercicios e/ou problemas prácticos relacionados coa materia, cos recursos que se indiquen na materia. 5
 
Assessment comments

NOTA: As porcentaxes anteriores da aplicación informática da guía, debido ás súas limitacións, son orientativos e aplicaranse con flexibilidade, sempre dentro dos límites mínimos e máximos establecidos na memoria da titulación. Os estudantes serán informados e exporase en Moodle a concreción das actividades e a súa relación coa avaliación con antelación ao comezo da docencia da materia.

O estudante dispón de dúas metodoloxías de avaliación : Avaliación Continua (Ordinaria) e Avaliación Final.

Avaliación Continua:

A condición para ser avaliado nesta modalidade é a esixencia dunha asistencia mínima do 80% a todas as clases. Se non se satisfixo a condición do 80% de asistencia, a avaliación da materia será exclusivamente Final, nas oportunidades de exame oficiais da universidade.

A avaliación continua persegue a avaliación das competencias adquiridas polo estudante mediante a análise dos resultados de diferentes actividades individuais ou de grupo que se programarán ao longo do curso.

As actividades desenvolveranse preferentemente no horario asignado á materia. Aquelas que dependan de recursos externos ou se realicen fose do Centro poderán ser unha excepción, aínda que en calquera caso serán comunicadas con antelación suficiente.

As cualificacións da Avaliación Continua aplicaranse na primeira oportunidade de avaliación da materia. En caso de suspender, o estudante deberá presentarse á Avaliación Final na segunda oportunidade.

Avaliación Final:

Exame teórico-práctico de toda a materia, correspondente coas oportunidades oficiais ordinarias e extraordinarias de avaliación da universidade, nas datas fixadas polo Centro. Poderá constar de probas prácticas e de utilización de recursos experimentais ou de enxeñaría. Alcanza o 100% da cualificación da materia. En primeira oportunidade ordinaria pode presentarse calquera estudante que non siga a Avaliación Continua por motivos recoñecidos pola universidade. En segunda oportunidade e extraordinarias, será a única aplicable.


Sources of information
Basic Bartí Domingo, Robert (2009). Acústica ambiental : análisis, legislación y soluciones. Madrid : Sociedad Española de Acústica
Rodríguez Rodríguez, Francisco José (2008). Guía acústica de la construcción. Madrid : CIE-Dossat
Avilés López, Rodrigo; Perera Martín, Rocío (2017). Manual de acústica ambiental y arquitectónica. Paraninfo

Revistas de Acústica

Sitios webs de interés


Acústica y Sonido

Portal web creado polo Grupo de Acústica e Son da Escola de Enxeñaría Técnica de Telecomunicación da Universidade Católica de Murcia con obxecto de divulgar coñecementos relacionados coa materia e crear un espazo de intercambio de coñecementos aberto ao público e de libre participación.

Acoustic FAQ (Frequently Asked Questions)

Esta páxina dá información sobre diferentes tipos de recursos (listaxes de direccións Web, software sobre acústica dispoñible na rede, libros e revistas sobre acústica), cuestións sobre acústica básica, sobre vibracións, sobre acústica arquitectónica e sobre cuestións diversas, e aínda que o nivel é moi elemental, pode resultar interesante examinar estes textos, sobre todo para aqueles cuxa profesión é a docencia.

Acústica WEB

Páxina moi interesante creada por David Casadevall cunha clara vocación divulgativa e construída como punto de encontro para arquitectos, construtores, enxeñeiros, físicos, músicos,  melómanos, estudantes, profesores e curiosos que estean interesados no mundo da ciencia acústica. Consta dunha serie de apartados moi recomendables que inclúen: Normativa, Webs educativas, Libros, Dicionario, Ligazóns e un Observatorio de novidades acústicas e musicais.

AENOR

A Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR) é unha entidade privada sen fins lucrativos, que se creou en 1986. A súa actividade contribúe a mellorar a calidade e competitividade das empresas, os seus produtos e servizos.
Construarea

Construarea

Servizo on-line pertencente a Reed Business Information, o maior grupo editorial de prensa profesional en España e Portugal. Forma parte do gran elenco de publicacións da área de Construción de Reed Business Information, tales como a revista líder Arte e Cemento, BEC (Boletín Electrónico da Construción), Detail, NCC (Novos Catálogos Construción), e-NCC (Edición Electrónica de NCC), Cerámicaplus, Roc Máquina, PEC Produtos Equipos Construción, entre outras.

Graduate Program in Acoustics. Pennsylvania State University

Esta páxina proporciona información específica sobre o Graduate Program in Acoustics que oferta dita Universidade, podendo desde esta mesma páxina acceder a máis de 40 direccións relacionadas coa Acústica como son, entre outras, a Acoustical Society of América , o MTI Media Lab (Massachusets Institute of Technology), a Ocean Acoustic Lab (Woods Hole Oceanographic Institution), University of Southampton, dentro da cal se atopa o Institute of Sound and Vibration Research, o Departament of Applied Acoustics of the Chalmers University, o Acoustics Research Laboratory do Langley Research Center e un longo ecétera de Centros relacionados coa investigación acústica.

International Standard Organization - ISO

Páxina oficial da ISO

Nuevos Grupos de la Comisión Europea sobre el ruido

Nesta dirección pódese atopar unha referencia á creación de dous novos grupos de traballo sobre o ruído, que se engaden ao sete xa existentes. Os novos grupos IX e X abordarán o tema do control da emisión sonora por parte de ferrocarrís e automóbiles. Ao parecer, a petición elevada por diferentes países membros para que se crease tamén un grupo de traballo para a emisión de aeronaves foi rexeitada pola comisión.

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

A materia é obrigatoria para o estudiantado que escolla a especialidade de:"Certificación da sostibilidade na edificación". Está aberta a estudantes doutras especialidades, ou aos que deciden non seguir un itinerario de especialidade en particular.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.