Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Dereito Privado da Edificación Código 670G01005
Titulación
Grao en Arquitectura Técnica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Coordinación
Raposo Arceo, Juan Jesus
Correo electrónico
juan.raposo.arceo@udc.es
Profesorado
Raposo Arceo, Juan Jesus
Correo electrónico
juan.raposo.arceo@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta asignatura trátase de acadar que os alumnos sexan capaces de desenvolverse con soltura no mundo das normas que regulan as relacións e conflictos entre as persoas privadas que interactúan o mercado da construcción, no que terán que desenvolver a súa actividade técnica cando rematen os seus estudos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A14 Adquirir os coñecementos necesarios sobre xestión urbanística e dereito aplicado á edificación.
A16 Coñecer e aplicar as técnicas de avaliación e prevención de riscos, deseño de estudos e planes, así como dos procesos de coordinación da seguridade e saúde laboral na edificación.
A34 Realizar asesoramentos inmobiliarios.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B5 Capacidade para a resolución de problemas.
B7 Capacidade de traballo en equipo.
B15 Adaptación a novas situacións.
B25 Hábito de estudo e método de traballo.
B27 Capacidade de comunicación a través da palabra e da imaxe.
B28 Capacidade de improvisación e adaptación para enfrontarse a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento das principais institucións xurídicas no ámbito do Dereito da edificación A14
A16
A34
B1
B5
B7
B15
B25
B27
B28
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Capacidade para a localización e manexo básico de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais) A14
A34
B7
C1
Familiaridade no manexo de escrituras, memorias, contratos e outros documentos xurídicos A14
A34
B7
C1
Resolución de problemas básicos no ámbito do Dereito da edificación A14
A34
B7
C1
Aplicación dun pensamento crítico, lóxico e creativo A14
A34
B7
C1
Traballo de forma autónoma con iniciativa e de forma colaborativa A14
A34
B7
C1

Contidos
Temas Subtemas
PARTE I INTRODUCCIÓN
LECCIÓN 1ª.- INTRODUCCIÓN AO DEREITO DA CONSTRUCCIÓN I. O Dereito privado da construcción como un sector do Dereito civil patrimonial. Delimitación co Dereito público da construcción. Referencia a normativa de seguridade e saúde.
II. As fontes do Dereito privado da construcción.
III. O suxeito do Dereito privado da construcción: Definición e caracteres distintivos da persoa física e da persoa xurídica.
IV. O dereito de propiedade privada e a facultade de construir do propietario.
A. A propiedade e a categoría dos dereitos reais.
B. Panorama das facultades que compoñen o dereito de propiedade.
C. A comunidade de bens
D. A segregación de facultades do propietario e os dereitos reais sobre cousa allea.
V. O contrato. Trascendencia no sector da construcción.
A. Concepto e elementos integrantes dun contrato.
B. Validez e eficacia do contrato: os dereitos de crédito.
C. Cumprimento, incumprimento e resolución dos contratos.

PARTE II OS DEREITOS REAIS QUE INCLÚEN A FACULTADE DE CONSTRUIR BÉNS INMOBLES
LECCIÓN 2ª.- A CONFIGURACIÓN XURÍDICA DO DEREITO DE PROPIEDADE E OS LÍMITES DA FACULTADE DE CONSTRUIR I. A evolución do dereito de propiedade privada e dos seus límites ao longo do século XX
II. A configuración actual do contido da facultade de construir do propietario. Os límites derivados da ordenación do territorio e da ordenación urbanística.
a) A noción de edificabilidade.
b) A declaración de obra nova.
c) As licenzas de obras
III. O Rexistro da propiedade
A. Finalidade e modo de funcionamento do Registro
B. Actos relativos ao exercicio da facultade de construir con reflexo rexistral.
LECCIÓN 3ª.- OUTROS DEREITOS REAIS DIRECTAMENTE RELACIONADOS CO SECTOR DA CONSTRUCCIÓN I. O dereito de superficie
II. O dereito de vó e de sobreelevación.
III. O dereito de subedificación.
PARTE III A ARTICULACIÓN XURÍDICO-PRIVADA DO PROCESO CONSTRUCTIVO
LECCIÓN 4ª.- CONTRATO DE OBRA INMOBILIARIA (I): CONCEPTO E OS SUXEITOS I. O contrato de obra: a diferencia entre as obrigas de medios a as de resultado
II. As normas que regulan o contrato de obra no Dereito español
III. Os suxeitos do contrato de obra: o dono da obra e o contratista
IV. Auxiliares dos suxeitos do contrato de obra
V. A cesión do contrato de obra.
VI. A subcontratación no contrato de obra.
VII. Os axentes da edificación
A. O promotor
B. O constructor
C. O Arquitecto proyectista
D. O Arquitecto director das obras.
E. O Arquitecto director da execución da obra
F. O encargado de obra e o resto de persoal que intervén na realización da mesma.
LECCIÓN 5ª.- CONTRATO DE OBRA INMOBILIARIA (II): A FORMACIÓN, PERFECCIÓN E RISCOS NO CONTRATO I. A fase de formación do contrato de obra: relevancia e efectos.
II. A forma do contrato de obra.
III. A perfección do contrato de obra.
IV. Os riscos no contrato de obra.
V. Especial referencia ós contratos de obra pública.
LECCIÓN 6ª.- CONTRATO DE OBRA INMOBILIARIA (III): AS OBRIGAS PRINCIPAIS DERIVADAS DO CONTRATO DE OBRA I. A cargo do contratista:
A. A realización da obra pactada
a) A definición da obra no contrato: Relevancia do Proxecto e da Licencia de Obras.
b) Os materiais a empregar na obra
c) As modificacións de obra.
B. O inicio dos traballos e a posta da obra a disposición do comitente no prazo acordado
a) O inicio da execución da obra: o significado da Acta de Replanteo
b) O remate da obra de edificación: o certificado de fin de obra e a súa relevancia.
c) O retraso na entrega do resultado. Cláusulas penais e as condicións resolutorias incluidas no contrato.
II. A cargo dos técnicos:
A. Do Arquitecto proxectista
B. Do Arquitecto director da obra
C. Do Arquitecto director da execución da obra.
D. A relevancia do Libro de Órdenes.
III. A cargo do dono da obra:
A. O pago do prezo
a) Formas de fixación dos prezos e cláusulas de revisión.
b) O pago mediante certificacións de obra: o papel dos técnicos nas certificacións
c) Consecuencias do impago das certificacións de obra ou do prezo final da obra realizada.
B. A recepción da obra.
a) Concepto, forma e consecuencias da recepción da obra.
b) Recepción provisional e recepción definitiva.
c) Recepción da obra e vicios constructivos.
d) Recepción da obra e vicios de legalidade urbanística.
LECCIÓN 8ª. SERVIDUMES CIVIS E LEGAIS Os límites derivados das relacións de veciñanza con outros fundos.
a) Límites que impoñen distancias mínimas entre construccións.
b) A medianería.
c) Mecanismos jurídicos do propietario para defenderse frente ao incumprimento das normas sobre límites dispostos en interés privado.
C. Servidumes legais en materia de montes, carreteras, etc.
LECCIÓN 7ª.- O CONTRATO DE SERVIZOS PROFESIONAIS DOS ARQUITECTOS TÉCNICOS I. Calificación xurídica do contrato de servizos profesionais dos técnicos da construcción
II. As partes do contrato de servizos profesionais.
III. A forma do contrato: as follas de encargo do COAAT.
IV. Os honorarios profesionais
A. Cuantía e forma de pago: a función das táboas de honorarios do COAAT
B. Os remedios a disposición do Arquitecto técnico en caso de impago
a) Remedios xerais
b) A intervención do COAAT
c) A acción directa contra o dono da obra.
V. As obrigas contractuais do Arquitecto técnico
A. O contido da función de dirección da execución da obra na LOE e no Código Técnico.
B. A aprobación das certificacións de obra
C. A certificación do fin da obra.
VI. A extinción do contrato de servizos profesionais: o desistimento libre das partes.
VII. Outros contratos relacionados co fenómeno edificatorio: a xestión de proxectos.
PARTE IV A PROPIEDADE SOBRE AS CONSTRUCCIÓNS E AS RESPONSABILIDADES DOS AXENTES DA EDIFICACIÓN FRENTE AOS TITULARES DAS MESMAS
LECCIÓN 9ª.- CONTRATOS DE ADQUISICIÓN DA PROPIEDADE E DOUTROS DEREITOS SOBRE OS EDIFICIOS E CONSTRUCCIÓNS I. O contrato de compraventa dun inmoble de natureza urbán
II. A opción de compra e o contrato de reserva
III. O contrato de permuta de solar por edificación futura
IV. O dereito de aproveitamento por quendas.
V. O contrato de arrendamento urbán
VI. Referencia á contratación pública
VII. Análise da Lei de vivenda de Galicia

LECCIÓN 10ª.- A PROPIEDADE DOS EDIFICIOS DIVIDIDOS EN PISOS E LOCAIS I. Natureza jurídica da propiedade horizontal
II. Elementos comúns, privativos e «procomunais»
III. Réxime xurídico
A. A constitución do réxime de propiedade horizontal: o título constitutivo
B. Dereitos e obrigas de cada propietario
C. Réxime de administración e de representación: A xunta de propietarios
IV. A extinción do réxime de propiedade horizontal.
V. As urbanizacións privadas.

LECCIÓN 11ª.- A RESPONSABILIDADE DOS AXENTES DA EDIFICACIÓN FRENTE AOS SUCESIVOS ADQUIRENTES E TITULARES DE DEREITOS SOBRE AS CONSTRUCCIÓNS I. O réxime de responsabilidade do Código Civil
A. Reclamacións dos adquirentes dos inmobles frente ao promotor
a) A responsabilidade pola entrega dun inmoble con defectos de cabida: a doctrina dos corpos certos.
b) A responsabilidade pola existencia de cargas ou gravámenes ocultos.
c) A responsabilidade pola presencia de irregularidades urbanísticas no inmoble.
d) A acción de regreso do promotor frente aos técnicos e subcontratistas.
e) Os supostos de autopromoción.
B. Reclamacións frente a vendedores non profesionais
II. O réxime de responsabilidade por vicios constructivos contido na LOE
A. Clases de vicios constructivos e prazos de garantía
B. Natureza e reparto da responsabilidade entre os axentes da edificación.
C. Intereses e danos resarcibles.
D. A acción para esixir a responsabilidade.
III. Os seguros de responsabilidade civil.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba de resposta breve A14 B1 B5 B7 B25 1 1 2
Sesión maxistral A16 B1 B27 B28 C1 C4 C5 C6 C7 C8 30 30 60
Estudo de casos A34 B1 B5 B7 B15 B25 B27 30 51 81
Análise de fontes documentais A34 B1 B5 B25 C3 2 2 4
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de resposta breve Consistirá na resolución de cuestionarios que incidirán nos conceptos básicos da materia. Deberán elexir unha de catro respostas posibles nun total de 25 preguntas. As respostas positivas valerán 0,4 e as negativas -0,2 e o mínimo de respostas será de 20. As que falten para as 20 considerase erradas.
Sesión maxistral Consistirá na exposición por parte do profesor dos aspectos fundamentais dos temas que conforman o programa da asignatura. Coa base da exposición realizada polo profesor, o alumno terá que facer un "árbol" de concetos para cada un dos temas impartidos.
Estudo de casos Trátase de que os alumnos apliquen os coñecementos teóricos mediante o estudio e resolución de casos que xa foron resoltos polos Tribunais ou que ben son susceptibles de plantearse na práctica. Os casos deberán ser fritos polos alumnos na clase e, nalguns casos, completados fora de ela. A sus valoración dependerá da complexidad, siendo o mais valorado a pratica de analice xurídico de posibilidades edificatorias da finca.
O profesor sinalara os casos que se fagan en equipos, nunca superiores a tres miembros, e individuáis.
Análise de fontes documentais Consistirá no manexo de textos legais, xurisprudencias e doutrinais para a súa comprensión a fin de que os alumnos poidan desenvolver esta competencia no seu futuro profesional.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Análise de fontes documentais
Proba de resposta breve
Descrición
Ademáis das indicacións de carácter xeral, os alumnos recibirán de maneira individualizada ou por grupos de traballo as orientacións que sexan precisas para o correcto desenvolvemento dos seus traballos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A16 B1 B27 B28 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Consistirá na exposición por parte do profesor dos aspectos fundamentais dos temas que conforman o programa da asignatura. Coa base da exposición realizada polo profesor, o alumno terá que facer un "árbol" de concetos para cada un dos temas impartidos. 20
Estudo de casos A34 B1 B5 B7 B15 B25 B27 Trátase de que os alumnos apliquen os coñecementos teóricos mediante o estudio e resolución de casos eminentemente practicos vencellados coa problematica que afecta os alumbnos.
Os coas serán valorados en función da sua dificultade sendo o de maior puntuación os relativos o estudio técnico dunha finca, e desoís o contrato de servizos, o de servidumes, e o rexime de atribucions dos arquitectos tecnicos.
40
Proba de resposta breve A14 B1 B5 B7 B25 Consistirá na resolución de cuestionarios que incidirán nos conceptos básicos da materia. Deberán elexir unha de catro respostas posibles nun total de 25 preguntas. As respostas positivas valerán 0,4 e as negativas -0,2 e o mínimo de respostas será de 20. As que falten para acabar ese numero consideran erradas.
Os alunos que non fagan evaluación continua serán examinados oralmente.

40
 
Observacións avaliación

- Alumnos de avaliación única: todos aqueles que non cumpran os requisitos esixidos, serán obxeto dun exame específico con preguntas de desenvolvemento.

Fontes de información
Bibliografía básica CARRASCO PERERA, A., CORDERO LOBATO, E. y GONZÁLEZ CARRASCO, C. (2008). Derecho de la construcción y la vivienda. Madrid. Dilex
BARCIA LAGO, M. (2010). Introducción al Derecho privado de la edificación. Madrid. Dykinson
LACRUZ BERDEJO et alia (Última edición). Nociones de Derecho civil patrimonial. Madrid. Dykinson

Bibliografía complementaria:

José-Manuel Ruiz-Rico Ruiz/María Luisa Moreno Torres-Herrera: “CONCEPTOS BÁSICOS DE DERECHO CIVIL”. Editorial Tirant lo Blanch, Valencia-2009.

Carlos Lasarte: “CURSO DE DERECHO CIVIL PATRIMONIAL. INTRODUCCIÓN AL DERECHO”. Editorial Tecnos (Grupo Anaya, S.A.) 2009.

Ignacio de Cuevillas Matozzi/Jaime de Castro García/Rocío González García-Mier: “INSTITUCIONESDE DERECHO CIVIL PATRIMONIAL”. Editorial Tecnos (Grupo Anaya, S.A.) 2009.

Emilio M. Beltrán/Fco. Javier Orduña (Directores): “CURSO DE DERECHO PRIVADO”; Editorial Tirant Lo Blanch, Valencia-2009.

Legerén Molina, Antonio, "Doctrina del Tribunal Superior de Justicia de Galicia", Foro Galego, nº 201, A Coruña, 2012 

Legerén Molina, Antonio, "Doctrina del Tribunal Superior de Justicia de Galicia", Foro Galego, nº 202, A Coruña, 2013

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías