Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Matemáticas II Código 670G01006
Titulación
Grao en Arquitectura Técnica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Tarrio Tobar, Ana Dorotea
Correo electrónico
ana.dorotea.tarrio.tobar@udc.es
Profesorado
Garcia Abel, Marta
Tarrio Tobar, Ana Dorotea
Correo electrónico
marta.gabel@udc.es
ana.dorotea.tarrio.tobar@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Adquirir os coñecementos fundamentais sobre matemáticas, estatística, física, química e acústica como soporte para o desenvolvemento das habilidades e destrezas propias da titulación.
A2 Adquirir os coñecementos fundamentais sobre os sistemas e aplicacións informáticas específicos e xerais utilizados no ámbito da edificación.
A8 Deseñar, calcular e executar estruturas de edificación.
A9 Deseñar, calcular e executar instalacións de edificación.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Capacidade de organización e planificación.
B3 Capacidade para a procura, análise, selección, utilización e xestión da información.
B4 Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
B5 Capacidade para a resolución de problemas.
B6 Capacidade para a toma de decisións.
B7 Capacidade de traballo en equipo.
B12 Razoamento crítico.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Afianzar os coñecementos de álxebra, xeometría e xeometría diferencial que posúe o alumno e cubrir as posibles lagoas en relación con algúns contidos básicos, fomentando a interrelación entre teoría e práctica. A1
B1
B2
B3
B5
B6
B7
B12
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Adquirir os coñecementos fundamentais sobre os sistemas e aplicacións informáticas específicos e xerais utilizados no ámbito da edificación. A2
Adquirir os conceptos básicos e técnicas fundamentais do cálculo, relacionar ditos conceptos entre sí e dominar a terminoloxía propia da materia. A1
A8
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B12
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Coñecer algúns modelos matemáticos indispensables na formulación e resolución de problemas relacionados coa construción. A1
A8
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B12
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Deseñar, calcular e executar instalacións de edificación. A9

Contidos
Temas Subtemas
TEMA I.- CONCEPTOS BÁSICOS DE ÁLXEBRA LINEAR
I.1.- Espazos vectoriais. Definicións e propiedades básicas. Subespazos.
I.2.- Combinación linear de vectores. Bases, dimensión.
I.3.- Ecuacións dun subespacio. Intersección e suma de subespacios.
I.4.- Aplicacións lineares. Definicións e conceptos básicos. Núcleo, imaxe, propiedades.

TEMA II.- MATRICES E DETERMINANTES
II.1.- Matrices. Definicións. Matriz asociada a unha aplicación. Operacións con matrices. Matriz de cambio de base.
II.2.- Determinantes. Definicións e propiedades básicas. Cálculo da inversa dunha matriz. Rango dunha matriz.

TEMA III.- SISTEMAS DE ECUACIÓNS LINEARES. III.1.- Sistemas de ecuacións lineares. Definicións e conceptos básicos. Condicións de compatibilidade. Teorema de Rouché-Frobenius. Resolución de sistemas: Regra de Cramer. Método de Gauss.
III.2.- Solución de sistemas, métodos iterativos. Métodos de Jacobi e de Gauss-Seidel. Norma dunha matriz. Converxencia dos métodos iterativos. Acotación do erro.
TEMA IV.- DIAGONALIZACIÓN IV.1. Vectores propios e valores propios
IV. 2. Diagonalización dunha matriz
TEMA V.- XEOMETRÍA AFÍN E EUCLÍDEANA NO ESPACIO V.1.- Xeometria afín. Sistemas de referencia, coordenadas. Cambio de coordenadas no plano e no espazo.
V.2.- Ecuacións da recta. Posicións relativas de rectas.
V.3.- Ecuacións do plano. Posicións relativas de planos. Posicións relativas de rectas e planos. Feixes de rectas e de planos.
V.4.- Xeometria eucllideana. Produto escalar. Ortonormalización. Produto vectorial. Produto mixto.
V.5.- Aplicacións á Xeometría. Distancias: entre puntos, dun punto a unha recta, dun punto a un plano. Entre rectas. Dunha recta a un plano. Entre planos.
TEMA VI.- TRANSFORMACIÓNS ORTOGONAIS E SIMETRÍAS VI.1.- Transformacións ortogonais.Definicións e propiedades básicas.
VI.2.- Clasificación de transformacións en R2 e en R3.
VI.3.- Formas cuadráticas. Definicións e propiedades básicas. Variedades cuadráticas.
VI.4.- Cónicas. Clasificación.
VI.5.- Cuádricas. Ecuación reducida. Clasificación.
TEMA VII.- XEOMETRÍA DIFERENCIAL DE CURVAS E SUPERFICIES. TENSORES VII.1.- Curvas no espacio euclidiano. Recta tanxente, lonxitude dunha curva.
VII.2.- Triedro de Frenet, curvatura e torsion. Caracterización de curvas planas.
VII.3.- Noción de superficie. Plano tanxente. Primeira Forma Fundamental. Área dunha superficie.
VII.4.- Segunda Forma Fundamental. Curvatura Total
Aplicacións multilineares. Tensores nunha superficie
Anexo:
Se existe posibilidade horaria e material faránse prácticas nalgúns dos temas usando o programa Maxima

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba de resposta breve A2 B1 B12 C1 C3 1 0 1
Discusión dirixida A1 A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 30 45 75
Sesión maxistral A1 A2 B3 B5 B12 C2 C6 C7 30 33 63
Proba obxectiva A1 B1 C1 3 0 3
Solución de problemas A1 A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B12 C1 C3 C7 C8 3 0 3
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de resposta breve Consistirá nunha proba final na que o alumno/a terá que responder a un exame con preguntas de resposta breve.
Discusión dirixida Resolución de exercicios e problemas na aula de maneira participativa (0.9 ECTS).
Sesión maxistral Na aula, por parte do profesor/a, farase unha exposición dos contidos da materia,
tanto da parte teórica coma da práctica
Proba obxectiva O alumnado que opte pola avaliación continua realizará ao longo do curso probas ou controis, realizados de forma escrita ou a través de plataformas TIC relativos aos diferentes temas da materia.
Solución de problemas No exame final o alumno/a deberá resolver varios exercicios, relacionados cos coñecementos expostos e adquiridos ao longo do curso


Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Sesión maxistral
Descrición
Titorías individualizadas e avaliación(probas escritas, probas prácticas de laboratorio, e presentación e defensa individual ou en grupo dos traballos académicos):

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A2 B1 B12 C1 C3 Consistirá nun exame de cuestións teóricas de resposta breve. 35
Solución de problemas A1 A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B12 C1 C3 C7 C8 Consistirá na realización dun exame, ao final do cuadrimestre, que constará de varios problemas (exercicios prácticos) 35
Proba obxectiva A1 B1 C1 Consistirá en probas presenciais de diverso tipo, escritas ou mediante plataformas TIC para o alumnado que opte pola avaliación continua con asistencia regular. 30
 
Observacións avaliación

O alumno/a  será avaliado a través dunha "evaluación continua" que constará de dúas partes

A) PRIMEIRA PARTE:

Ao longo do curso os alumnos/as deberán realizar unha serie de traballos, resolución de boletíns de problemas ou cuestionarios presenciais. Valorarase a súa participación activa: Asistencia (activa) ás clases, entrega de traballos, realización de probas a través de TIC etc.

B) SEGUNDA PARTE:

Se o alumno non supera a materia polo procedemento establecido no apartado anterior poderá facelo mediante

a realización dunha proba que conterá preguntas teóricas e prácticas.

A calificación final será a suma do 70% da proba teórico-práctica final e do 30% da nota da avaiación continua do curso.  Para que ambas notas se sumen  ten que conseguir en cada parte, a lo menos, o 33% de súa valoración.

Se o alumno/a  participa en nalgunha das tarefas programadas ao longo do curso, necesariamente será avaliado ao final do mesmo. En ningún caso calificaráselle como Non Presentado

SEGUNDA OPORTUNIDADE: Para a avaliación da asignatura na 2ª oportunidade, (Xullo),  seguiranse os mesmos criterios que na primeira  agás casos excepcionais, que serán considerados polo profesorado da materia, nos que o alumno/a poderá responder a unha proba específica.


Fontes de información
Bibliografía básica Burgos, J. (2014). Algebra Lineal. Mc Graw Hill
Grossman, S.I. (1995). Algebra Lineal. Mc Graw Hill
Castellet, M; Llerena, I. (2006). Algebra Lineal y Geometría. Reverte
Granero F. (1992). Algebra Lineal y Geometría Analítica. Mc Graw Hill
J. García Cabello (2005). Algebra Lineal. Sus aplicaciones en Economía, Ingeniería y otras Ciencias. Delta publicaciones
Díaz Hernández, Ana María Hernández García, Elvira Tejero Escribano, Luis (2012). Algebra para Ingenieros. Sanz y Torres
Larson - Hostetler (1994). Cálculo y Geometría Analítica. Mc Graw Hill
Rojo,Jesús. Martín, Isabel (2004). Ejercicios y problemas de Álgebra Lineal. Mc Graw Hill
García Abel, Marta; Tarrío Tobar, Ana Dorotea (2016). Leccións de Álxebra Linear e Xeometría (orientadas ao alumnado do Grao en Arquitectura Técnica e outras Enxeñarías). Reprografía Noroeste S.L.
Conte Winter (1992). Métodos y algoritmos básicos del Algebra Numérica. Reverté
Félix Alonso Sauz, Lucía Cerrada Canales, Carlos Gutiérrez-Cañas y Ángela Jiménez Casas, Agustín de (2014). Problemas de Algebra con esquemas teóricos. Glacsa
J. Danielson, D.A., Addison (1992). Vectors and tensors in engineering and phisics. Wesley

Bibliografía complementaria De la Villa (1998). Problemas de Algebra Lineal. Glacsa
Sanz, O. y otros (1998). Problemas de Algebra Lineal. Prentice Hall
Gómez, C. (2015). Problemas de Alxebra Linear e Xeometría. Ed. Andavira
Espada Bros (1983). Problemas resueltos de Álgebra. Eunibar


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Matemáticas I/670G01001

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

E importante que o alumno teña unha base de matemáticas de Ciencias para cursar esta materia ademais de ter aprobada a materia Matemáticas I. E moi positivo dominar a materia para despois entender e superar con éxito outras materias da carreira



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías