Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Fisica Aplicada II Código 670G01007
Titulación
Grao en Arquitectura Técnica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física
Coordinación
Nogueira Lopez, Pedro Fernando
Correo electrónico
pedro.nogueira@udc.es
Profesorado
Bouza Padin, Rebeca
Campoy Vazquez, Carlos
Nogueira Lopez, Pedro Fernando
Correo electrónico
rebeca.bouza@udc.es
carlos.campoy@udc.es
pedro.nogueira@udc.es
Web http://euat.udc.es
Descrición xeral Coñecementos dos fundamentos teóricos e principios básicos aplicados á edificación, da mecánica de fluídos, a hidráulica, a electricidade e o electromagnetismo, a calorimetría e higrotermia e a acústica.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O estudante adquirirá a capacidade de aplicar os conceptos e métodos da Física á compresión dos avances tecnolóxicos aplicados á Edificación, a súa interacción con outras ramas da Ciencia e a Técnica e ao seu impacto na sociedade.

O estudante adquirirá coñecementos e a capacidade de comprender, examinar, interpretar e aplicar os conceptos e métodos da higrotermia, acústica, a calorimetría e a transmisión de calor ao acondicionamento e illamento na edificación.

O estudante adquirirá coñecementos e a capacidade de comprender, analizar, interpretar e pór en práctica os conceptos da estática e dinámica de fluídos e o transporte e distribución de enerxía eléctrica ás instalacións da edificación.

O estudante adquirirá a capacidade de comprender, interpretar, analizar e aplicar a metodoloxía usual da resolución de problemas en Física no seu labor profesional.
O estudante adquirirá a capacidade de comprender, interpretar, analizar e aplicar a metodoloxía usual da resolución de problemas en Física no seu labor profesional.

Contidos
Temas Subtemas
1. Magnitudes. Unidades e dimensións. 1.1.- Magnitudes físicas. Medidas e unidades. O Sistema Internacional de Unidades (SI)
1.2.- Análise dimensional
1.3.- Cálculo de erros
2. Mecánica de Fluidos 2.1 Estática de Fluidos
2.2 Dinámica de Fluidos e Hidráulica
3. Termodinámica 3.1 Calor e Temperatura
3.2 Transferencia de Calor
3.3 Higrometría e Illamento térmico.
4. Electricidade e Magnetismo 4.1 Fundamentos físicos da corriente eléctrica e dos circuitos eléctricos.
4.2 Aplicacións do electromagnetismo na Edificación.
5. Luz e Iluminación 5.1 Fundamentos físicos da luz. Iluminación.
6. Ondas e Acústica aplicada. 6.1 Acústica aplicada á Edificación: fundamentos físicos e descripción básica do DB HR do CTE.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva 10 5 15
Solución de problemas 25 37.5 62.5
Sesión maxistral 25 37.5 62.5
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva 1.Probas obxectivas nas clases DE e DI: probas obxectivas breves que o profesor poderá propor periodicamente na aula para a súa realización persoal. Serán do tipo exercicios prácticos en clases de DI e de cuestións breves teóricas/de razoamento en clases de DE.

2.Probas obxectivas parciais teórico-prácticas: probas tipo exames parciais cuxo calendario se fixará e publicará en coordinación co Centro, con antelación ao curso. Consistirán en exercicios e/ou cuestións teóricas similares en dificultade aos vistos na docencia interactiva e expositiva.
Solución de problemas Resolución guiada de exercicios e/ou cuestións teóricas similares en dificultade aos vistos na docencia interactiva e expositiva.
Sesión maxistral Presentación dos conceptos e leis físicas asociados aos fundamentos dos bloques temáticos: Fluídos, Electromagnetismo, Son, Luz e Termodinámica. Empregarase como recurso docente presentacións con apoio da pizarra. O temario impartido nestas clases acompáñase de diversos exemplos e ilustracións para facilitar a súa comprensión. Ademais, o alumnado terá á súa disposición diverso material relacionado coa materia na plataforma Moodle.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Proba obxectiva
Descrición
O obxectivo principal é o seguimento individual da comprensión da materia e a consecución dos resultados de aprendizaxe. Resolveranse as dúbidas expostas polos alumnos e corrixiranse as probas obxectivas.

A atención personalizada tamén levarase a cabo mediante titorías. Nelas non só se resolverán as dúbidas do alumnado, senón tamén se tentará orientarlle sobre o modo en que estuda e traballa a materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva 1.Probas obxectivas nas clases DE e DI: probas obxectivas breves que o profesor poderá propor periodicamente na aula para a súa realización persoal. Serán do tipo exercicios prácticos en clases de DI e de cuestións breves teóricas/de razoamento en clases de DE.

Probas obxectivas na DE: 10%
Probas obxectivas na DI: 10%

2.Probas obxectivas parciais teórico-prácticas: probas tipo exames parciais cuxo calendario se fixará e publicará en coordinación co Centro, con antelación ao curso. Consistirán en exercicios e/ou cuestións teóricas similares en dificultade aos vistos na docencia interactiva e expositiva.

Probas obxectivas parciais: 80%
100
 
Observacións avaliación
<p>1. Probas obxectivas nas clases DE e DI:avaliación da participación activa e con aproveitamento das actividades presenciais. Para todos os estudantes, excepto aqueles de matrícula parcial. O seu peso total é do 20% da cualificación da materia. Ten carácter continuo ao longo do curso e todo estudante ten dereito a completala, aínda que só se computará se se asistiu ás sesións presenciais, tanto DE como DI, cun mínimo do 80% de asistencia.</p><p>
2. Probas obxectivas parciais teórico-prácticas: avaliación de coñecementos e destrezas adquiridas. Proponse facer unha proba aproximadamente cada 5 semanas, de modo que se programarán tres probas, a terceira na data da convocatoria de xuño. O peso total é do 80% da cualificación da materia.</p><ul>
  • As probas parciais liberan materia e deberá obterse como mínimo un 4 para liberar a materia correspondente en cada unha delas e para aprobar o curso.
  • Ademáis,debe alcanzarse o 5 na media global da materia para superar o curso (tendo en conta todos os resultados (80%&nbsp; media probas parciais + 20% restante).
  • Na data da convocatoria de xuño, ademais da programada especificamente como parte final, o estudante poderá examinarse das probas parciais pendentes.
  • Na oportunidade de xullo mantéñense as cualificacións do curso e o estudante poderá examinarse de calquera das probas pendentes.
  • </ul><p><u>Estudantes a tempo parcial:</u></p><p>A súa avaliación realizarase exclusivamente en base ás probas obxectivas parciais teórico-prácticas, cuxo peso global será do 100%, e aplicaranse os mesmos criterios que ao resto dos estudantes:</p><ul>
  • As probas parciais liberan materia e deberá obterse como mínimo un 4
    para liberar a materia correspondente en cada unha delas e para aprobar o
    curso.
  • Ademáis, debe alcanzarse o 5 na media global da materia para superar o curso.
  • Na data da convocatoria de xuño, ademais da programada especificamente como parte final, o estudante poderá examinarse das probas parciais pendentes.
  • Na oportunidade de xullo mantéñense as cualificacións do curso e o estudante poderá examinarse de calquera das probas pendentes.
  • </ul>

    Fontes de información
    Bibliografía básica Valiente Cancho, Andrés. (2013). Física aplicada : 192 problemas útiles. Madrid.García-Maroto.
    Rafael Magro Andrade (2010). Física aplicada a la edificación. Madrid.García-Maroto.
    Tipler, Paul Allen. (2011). Física para la Ciencia y la Tecnología. Barcelona. Reverté
    B. Blasco Laffón et al. (2008). Fundamentos Físicos de la Edificación II. Madrid. Delta.
    A. Durá Domenech et al. (1999). Fundamentos Físicos de las Contrucciones Arquitectónicas II. Universidad de Alicante

    Bibliografía complementaria Casadevall Planas, David (2009). Documento básico HR : protección frente al ruido : comentado y con ejemplos. Gerona: D. Casadevall
    A. Carrión Isbert (1998). Diseño acústico de espacios arquitectónicos. Barcelona. UPC

    Recomendacións
    Materias que se recomenda ter cursado previamente
    Matemáticas I/670G01001
    Fisica Aplicada I/670G01002

    Materias que se recomenda cursar simultaneamente
    Matemáticas II/670G01006

    Materias que continúan o temario
    Fisica Aplicada I/670G01002
    Medicións acústicas na edificación/670G01040

    Observacións

    (*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías