Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Fisica Aplicada II Código 670G01007
Titulación
Grao en Arquitectura Técnica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Nogueira Lopez, Pedro Fernando
Correo electrónico
pedro.nogueira@udc.es
Profesorado
Nogueira Lopez, Pedro Fernando
Correo electrónico
pedro.nogueira@udc.es
Web http://euat.udc.es
Descrición xeral De acordo coa ORDE ECI/3855/2007, de 27 de decembro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Arquitecto Técnico, o plan de estudos deberá incluír, como mínimo, un conxunto de módulos. Un deles é un módulo de Formación Básica con 60 ECTS, no cal, entre outros, programaranse Fundamentos Científicos para a adquisición das competencias propias do devandito módulo. Especificamente, coa Física II perséguese: O coñecemento dos fundamentos teóricos e principios básicos aplicados á edificación, da mecánica de fluídos, a hidráulica, a electricidade e o electromagnetismo, a calorimetría e higrotermia, e a acústica.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Adquirir os coñecementos fundamentais sobre matemáticas, estatística, física, química e acústica como soporte para o desenvolvemento das habilidades e destrezas propias da titulación.
A29 Elaborar estudos, certificados, ditames, documentos e informes técnicos.
A35 Deseñar sistemas de acondicionamento acústico e verificar e avaliar o comportamento acústico dos edificios.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Capacidade de organización e planificación.
B3 Capacidade para a procura, análise, selección, utilización e xestión da información.
B5 Capacidade para a resolución de problemas.
B8 Capacidade para traballar nun equipo de carácter interdisciplinario.
B12 Razoamento crítico.
B13 Compromiso ético.
B14 Aprendizaxe autónomo.
B15 Adaptación a novas situacións.
B16 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B25 Hábito de estudo e método de traballo.
B26 Capacidade de razoamento, discusión e exposición de ideas propias.
B27 Capacidade de comunicación a través da palabra e da imaxe.
B28 Capacidade de improvisación e adaptación para enfrontarse a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O estudante adquirirá coñecementos e a capacidade de comprender, analizar, interpretar e pór en práctica os conceptos da estática e dinámica de fluídos e o transporte e distribución de enerxía eléctrica ás instalacións da edificación. A1
A29
B1
B2
B3
B8
B14
B16
B25
B26
B27
O estudante adquirirá coñecementos e a capacidade de comprender, examinar, interpretar e aplicar os conceptos e métodos da higrotermia, acústica, a calorimetría e a transmisión de calor ao acondicionamento e illamento na edificación. A1
A29
A35
B1
B2
B3
B8
B14
B16
B25
B26
B27
O estudante adquirirá a capacidade de aplicar os conceptos e métodos da Física á compresión dos avances tecnolóxicos aplicados á Edificación, a súa interacción con outras ramas da Ciencia e a Técnica e ao seu impacto na sociedade. A1
A29
B1
B2
B3
B5
B8
B12
B13
B14
B15
B16
B25
B26
B27
B28
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
O estudante adquirirá a capacidade de comprender, interpretar, analizar e aplicar a metodoloxía usual da resolución de problemas en Física no seu labor profesional. A1
A29
B5
B16

Contidos
Temas Subtemas
1. Mecánica de Fluidos e Hidráulica. 1.1 Propiedades físicas dos fluidos: líquidos e gases.
1.2 Estática de fluidos.
1.3 Dinámica de fluidos.
1.4 Aplicacións da Mecánica de Fluidos e Hidráulica.
2. Electricidade e Electromagnetismo. 2.1 Corriente eléctrica continua
2.2 Corriente eléctrica alterna
2.3 Ondas electromagnéticas: a luz como onda electromagnética.
2.4 Aplicacións da Electricidade e o Electromagnetismo.
3. Termodinámica:Calorimetría e Higrotermia. 3.1 Calor e Temperatura.
3.2 Transferencia de Calor.
3.3 Higrometría e transferencia de humedade.
3.4 Aplicacións da Termodinámica.
4. Acústica Aplicada. 4.1 Introdución á Acústica aplicada á Edificación. Documento Básico de Protección fronte ao Ruído DBHR do CTE.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A1 A35 B1 B5 B16 B26 8 17 25
Solución de problemas A1 A29 A35 B1 B2 B5 B16 B26 B27 10 15 25
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 B3 B8 B12 B13 B14 4 2 6
Traballos tutelados A1 A29 B1 B2 B3 B14 B15 B16 B25 B26 B27 B28 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 5 5 10
Prácticas a través de TIC A1 A29 B2 B3 B5 B8 B14 B16 4 2 6
Prácticas de laboratorio A1 A29 B1 B2 B3 B5 B8 B16 B26 4 2 6
Sesión maxistral A1 B1 B2 B3 B12 B26 25 37 62
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Probas obxectivas breves que o profesor poderá propor periodicamente na aula para realización persoal. Serán do tipo exercicios prácticos e cuestións teóricas/de razoamento sobre temas ou módulos do programa.
Os exames das oportunidades oficiais de avaliación son tamén probas obxectivas, dunha duración que será establecida polo Centro no seu calendario.
Solución de problemas Resolución e exposición polo estudante de exercicios e/ou problemas relacionados co programa da materia.
Eventos científicos e/ou divulgativos Participación activa en eventos científicos ou de divulgación que se realicen no centro, na unversidade ou en emprazamentos externos, por exemplo, visitas guiadas de interese científico-técnico.
Traballos tutelados Traballos ou Proxectos de realización individual ou de grupo en desenvolvemento dalgún problema relevante en relación coa materia.
Prácticas a través de TIC Realización e Informe de prácticas mediante ferramentas tecnolóxicas que se atopen dispoñibles no Centro ou poidan ser accesibles aos estudantes.
Prácticas de laboratorio Realización e Informe de prácticas experimentais utilizando recursos do Centro ou do Departamento de Física.
Sesión maxistral Presentación polo profesor dos conceptos e leis físicas asociados aos fundamentos dos bloques temáticos. O temario impartido nestas clases acompáñase de diversos exemplos e ilustracións para facilitar a súa comprensión. Ademais, o alumnado terá á súa disposición diverso material relacionado coa materia na plataforma Moodle.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Proba obxectiva
Traballos tutelados
Prácticas de laboratorio
Descrición
O obxectivo principal é o seguimento individual da comprensión da materia e a consecución dos resultados de aprendizaxe. Os resultados serán tratados individualmente con cada estudante para axudarlle na súa progresión académica. A atención personalizada tamén levará a cabo mediante tutorías. Nelas non só resolveranse as dúbidas do estudante, senón tamén se tentará orientarlle sobre o modo en que estuda e traballa a materia. Faranse titorias individuais de avaliación continua.

Nas diversas metodoloxías que se apliquen, supervisarase o traballo individual e guiarase ao estudante no desenvolvemento da actividade concreta.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A1 A29 A35 B1 B2 B5 B16 B26 B27 Resolución e exposición polo estudante de exercicios e/ou problemas relacionados co programa da materia. 0
Proba obxectiva A1 A35 B1 B5 B16 B26 Probas obxectivas breves que o profesor poderá propor periodicamente na aula para realización persoal. Serán do tipo exercicios prácticos e cuestións teóricas/de razoamento sobre temas ou módulos do programa.
Os exames das oportunidades oficiais de avaliación son tamén probas obxectivas, dunha duración que será establecida polo Centro no seu calendario.
100
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 B3 B8 B12 B13 B14 Participación activa en eventos científicos ou de divulgación que se realicen no centro, na unversidade ou en emprazamentos externos, por exemplo, visitas guiadas de interese científico-técnico. 0
Traballos tutelados A1 A29 B1 B2 B3 B14 B15 B16 B25 B26 B27 B28 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Traballos ou Proxectos de realización individual ou de grupo en desenvolvemento dalgún problema relevante en relación coa materia. 0
Prácticas a través de TIC A1 A29 B2 B3 B5 B8 B14 B16 Realización e Informe de prácticas mediante ferramentas tecnolóxicas que se atopen dispoñibles no Centro ou poidan ser accesibles aos estudantes. 0
Prácticas de laboratorio A1 A29 B1 B2 B3 B5 B8 B16 B26 Realización e Informe de prácticas experimentais utilizando recursos do Centro ou do Departamento de Física. 0
 
Observacións avaliación
NOTA: As porcentaxes anteriores da aplicación informática da guía son exclusivamente da modalidade de Avaliación Final da materia, en base aos exames oficiais (probas obxectivas).O estudante dispón de dúas metodoloxías de avaliación, entre as cales poderá elixir libremente: Avaliación Continua e Avaliación Final.

Avaliación Continua:

A condición para ser avaliado nesta modalidade é a participación no conxunto de actividades individuais ou de grupo que se programarán ao longo do curso, segundo a planificación que realice o profesorado da materia.

A avaliación continua persegue a avaliación das competencias adquiridas polo estudante mediante a análise dos resultados de diferentes actividades individuais ou de grupo que se programarán ao longo do curso. Entre elas: cuestións teóricas ou prácticas, titorías, estudo de casos, prácticas experimentais ou mediante Tics, problemas, seminarios e xornadas científicas e técnicas, ou visitas externas. Non se manteñen resultados de cursos anteriores.

O profesorado indicará a principio de cada curso a programación concreta das actividades e o seu valor na avaliación global. O conxunto alcanzará o 100% da cualificación da materia.

As actividades desenvolveranse preferentemente no horario asignado á materia. Aquelas que dependan de recursos externos ou se realicen fora do Centro poderán ser unha excepción, aínda que en calquera caso serán comunicadas con antelación suficiente.

As cualificacións da Avaliación Continua aplicaranse na primeira oportunidade de avaliación da materia. En caso de non alcanzar o mínimo da cualificación prevista en algunha actividade, o estudante deberá presentarse á Avaliación Final.

Avaliación Final:

Exame teórico-práctico de toda a materia, correspondente coas oportunidades oficiais ordinarias e extraordinarias de avaliación da universidade, nas datas fixadas polo Centro. Permite acadar o 100% da cualificación da materia. En primeira oportunidade ordinaria pode presentarse calquera estudante que non siga a Avaliación Continua. En segunda oportunidade e extraordinarias, será a única aplicable.


Fontes de información
Bibliografía básica Valiente Cancho, Andrés. (2013). Física aplicada : 192 problemas útiles. Madrid.García-Maroto.
Rafael Magro Andrade (2010). Física aplicada a la edificación. Madrid.García-Maroto.
Tipler, Paul Allen. (2011). Física para la Ciencia y la Tecnología. Barcelona. Reverté
B. Blasco Laffón et al. (2008). Fundamentos Físicos de la Edificación II. Madrid. Delta.
A. Durá Domenech et al. (2004). Fundamentos Físicos de las Contrucciones Arquitectónicas II. Universidad de Alicante

Bibliografía complementaria Casadevall Planas, David (2009). Documento básico HR : protección frente al ruido : comentado y con ejemplos. Gerona: D. Casadevall
A. Carrión Isbert (1998). Diseño acústico de espacios arquitectónicos. Barcelona. UPC


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Matemáticas I/670G01001
Fisica Aplicada I/670G01002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Matemáticas II/670G01006

Materias que continúan o temario
Medicións acústicas na edificación/670G01040

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías