Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Topografía [En extinción] Código 670G01020
Titulación
Grao en Arquitectura Técnica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Expresión Gráfica Arquitectónica
Coordinación
Losada Pérez, Carlos
Correo electrónico
c.losada@udc.es
Profesorado
Losada Pérez, Carlos
Correo electrónico
c.losada@udc.es
Web http://euat.udc.es
Descrición xeral Introdución á Topografía.
Manexo de instrumentos topográficos.
Comprensión de mapas e planos topográficos.
Encargo de traballos topográficos e supervisión.

Competencias do título
Código Competencias do título
A7 Coñecer e aplicar as técnicas e equipos topográficos para a toma de datos, procesamento, representación, replanteo, levantamento gráfico e restitución.
B2 Capacidade de organización e planificación.
B4 Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
B15 Adaptación a novas situacións.
B21 Motivación pola calidade.
B27 Capacidade de comunicación a través da palabra e da imaxe.
B30 Sensibilidade cara a temas relacionados coa protección, conservación e posta en valor do patrimonio cultural e arquitectónico.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Introdución á topografía A7
Manexo de instrumentos topográficos. A7
B2
B4
B15
Comprensión de mapas e planos topográficos. A7
B27
Encargo de traballos topográficos e supervisión. A7
B2
B4
B15
B21
B27
B30
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1 SISTEMA DE REFERENCIA Sistema de referencia global. Coordenadas xeográficas. Superficie de referencia: esfera, elipsoide e geoide. Sistema de referencia local.
2 PROXECCIÓN CARTOGRÁFICA Proxeccións perspectivas: ortográfica, escenográfica, estereográfica e gnomónica. Proxeccións desarrollables: cónica e cilíndrica. Proxección conforme de Lambert. Proxección conforme de Mercator. Proxección UTM. Cuadrícula UTM.
3 REPRESENTACIÓN CARTOGRÁFICA Entidades cartográficas. Partes do mapa: marxe, marco e corpo. Designación e numeración de follas. Escala numérica e gráfica. Vértices xeodésicos. Esquema de Nortes. División administrativa. Designación dun punto. Coordenadas UTM. Xeografía física: relevo, hidrografía, vexetación. Xeografía humana: poboacións, vías de comunicación. Accidentes do terreo.
4 REPRESENTACIÓN TOPOGRÁFICA Representación planimétrica: coordenadas rectangulares, ortogonales, polares, bipolares angulares, bipolares lineais. Representación altimétrica: planos acoutados. Curvas de nivel e nube de puntos.
5 LÍMITES TOPOGRÁFICOS Límites planimétricos: erro lineal e periférico. Límite altimétrico: erro de esfericidad.
6 SISTEMAS DE MEDIDA TOPOGRÁFICA Sistemas de medida angular: sexagesimal, centesimal e lineal. Medidas angulares. Método de reiteración. Método de repetición. Media Bessel. Medida de distancias. Distancia horizontal e xeométrica. Medida directa con cinta. Medida indirecta: estadímetros e distanciómetros.
7 CAMBIOS DE SISTEMAS DE COORDENADAS Cambio de coordenadas polares a cartesianas. Cambio de coordenadas cartesianas a polares. Cambio de sistema polar local a global. Desorientación. Cambio de sistema cartesiano local a global.
8 MÉTODOS ALTIMÉTRICOS Orixe da rede altimétrica. Superficie de referencia altimétrica. Erro combinado de esfericidad e refracción. Nivelaciones curtas e longas. Nivelación xeométrica e trigonométrica. Método do punto medio. Método do punto extremo. Nivelación xeométrica composta. Método de estacións recíprocas. Itinerarios altimétricos. Erro de peche e tolerancia.
9 MÉTODOS PLANIMÉTRICOS Rede xeodésica. Rede topográfica. Referencia de estación. Ligazón coa rede, ligazón entre estacións. Desorientación. Método de radiación. Método de itinerario. Poligonación. Método de intersección. Erros topográficos.
10 MEDICIÓNS DO TERREO Cálculo de superficies: métodos gráficos de descomposición en triángulos, fórmula de Heron, fórmula do trapecio, fórmula de Bèzout, método da cuadrícula e métodos analíticos por coordenadas polares ou cartesianas. O perfil longitudinal. Perfís transversais. Cálculo de volumes por superficies de nivel. Cálculo de volumes por perfís transversais: perfís consecutivos en desmonte ou terraplén, tránsito de desmonte a terraplén, perfís a media ladeira.
11 TRAZAS DE OBRA Trazado de aliñacións. Trazado de perpendiculares: escuadra de carpinteiro, triángulo exipcio, arcos de circunferencia, escuadra óptica, teodolito.
Control horizontal: liña base principal e auxiliares. Control vertical: bancos de nivel. Replantexo clásico. Sinais de control. Miras auxiliares. Pontes de referencia.
12 TRAZADO DE ESTRADAS Trazado de liña de rasante: rectas, curvas circulares e clotoides. Acordos horizontais. Acordos verticais circulares e parabólicos. O peralte.
13 SISTEMAS GLOBAIS DE NAVEGACIÓN POR SATÉLITE (GNSS) Sistema GPS, GLONASS e Galileo. Segmentos do sistema GPS: espacial, control e usuario. Esquema de funcionamento. Medida de distancias. Códigos do sistema. Fontes de erro de medida. Método diferencial.
14 FOTOGRAMETRÍA Fotogrametría aérea. Fotogrametría terrestre. Restitución fotogramétrica.
PR1 TEODOLITO ÓPTICO Práctica de campo. Manexo do teodolito óptico. Estacionamento e Orientación. Media Bessel. Métodos de Repetición e Reiteración.
PR2 NIVELACIÓN Práctica de campo: Nivelación simple, método do punto medio. Itinerario altimétrico.
PR3 AGRIMENSURA Práctica de campo: Superficie horizontal do terreo. Método de radiación e fórmula de Herón.
PR4 MÉTODO DE RADIACIÓN Practica de campo: levantamento topográfico por radiación. Curvado do terreo
PR 5 MÉTODO DE POLIGONACIÓN Práctica de campo: Itinerario pechado desorientado. Ligazón coa rede topográfica/ xeodésica. Cálculo dos vértices en coordenadas UTM.
PR 6 NAVEGACIÓN POR SATÉLITE Práctica de campo: levantamento topográfico mediante GPS topográfico diferencial.
PR 7 FOTOGRAMETRÍA Práctica de gabinete: restitución fotogramétrica por xeometría e/ou nube de puntos.
PR 8 TRAZAS DE OBRA Práctica de campo: trazas de obra con estacas por coordenadas polares ou cartesianas.
PR9 REPRESENTACIÓN DO TERREO Práctica de gabinete: perfil longitudinal, perfís transfersales, planos acoutados de movemento de terras, cálculo de superficies e volumes.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A7 15 15 30
Saídas de campo A7 B2 B15 30 0 30
Traballos tutelados A7 B4 B21 B27 B30 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 0 30 30
Solución de problemas A7 15 30 45
Proba obxectiva A7 B1 B16 4 0 4
Proba práctica A7 4 0 4
Análise de fontes documentais A7 0 5 5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición dos conceptos teóricos topográficos, así como os métodos para o levantamento e representación do terreo.
Saídas de campo Manexo de instrumentos topográficos por equipos de alumnos reducidos de entre 3 e 5 alumnos.
Traballos tutelados Tras a toma de lecturas de campo, o grupo de alumnos de cada equipo realizará un traballo, que entregará ao comezo da clase práctica seguinte.
Solución de problemas Terminada a exposición teórica mostrarase aos alumnos a resolución de exercicios prácticos, aos que se enfrontarán nas clases interactivas.
Proba obxectiva Realizarase unha proba de coñecementos teóricos da materia e de aplicación das diferentes técnicas topográficas.
Proba práctica Avaliación dos coñecementos prácticos para o manexo da instrumentación topográfica e toma de datos de campo.
Análise de fontes documentais Os alumnos dispoñen dunha biblioteca na Escola. Animarase ao alumno a completar os seus apuntamentos mediante a consulta de bibliografía recomendada de cada tema.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Descrición
O alumno disporá dun horario de tutorías, para resolver as dúbidas que lle xurdan durante o estudo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A7 B1 B16 Proba Teorico - Práctica: Avaliación dos coñecementos adquiridos, mediante unha proba teórica de preguntas curtas ou de desenvolvemento. Resolución de problemas mediante a aplicación de metodoloxías topográficas. 50
Traballos tutelados A7 B4 B21 B27 B30 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avalíase a entrega dos traballos propostos durante o curso, a análise dos datos, a solución achegada e a presentación. 25
Proba práctica A7 Proba Práctica: Manexo da instrumentación topográfica para a obtención de datos de campo. 25
 
Observacións avaliación

Aptitude na materia: Será cualificado APTO, aquel alumno que obteña unha cualificación mínima de 50 puntos, suma da cualificación de traballos tutelados, proba práctica e proba obxectiva.

Traballos tutelados: Recolleranse e puntuarán as prácticas de campo e traballos de gabinete realizadas, en grupo ou individualmente, así como os exercicios de reforzo propostos. Poderán convalidarse parcialmente ou na súa totalidade, por outros traballos ou exercicios realizados polo alumno, a criterio do profesor. A recollida dos traballos require a asistencia e participación nas clases, a condición de que sexa factible.

Proba práctica: Realizaranse dúas probas prácticas para avaliar a capacidade no manexo da instrumentación e a obtención das lecturas necesarias. Igualmente poderá solicitarse a resolución gráfica ou analítica cos datos obtidos. No caso de que a situación sanitaria non permita a súa realización, substituiranse por traballos tutelados.

Proba obxectiva: O alumno demostrará os seus coñecementos teóricos describindo a metodoloxía ou a aplicación topográfica sobre a que se formulen as preguntas. Unha serie de problemas topográficos deberá resolver gráfica e analiticamente, na que se permitirá o manexo de computadores e documentación técnica.


Fontes de información
Bibliografía básica J. T. Cueli López (2011). Fotogrametría práctica - Tutorial Photomodeler. Santander: Tantin
José Antonio Pardiñas García (2000). Instrumentación para la topografía y su cálculo.
F. Domínguez García-Tejero (1997). Topografía abreviada. Mundi-Prensa
Rubén Martínez Marín (2011). Topografía aplicada. Bellisco
B. Austin Barry (1996). Topografía aplicada a la construcción. Limusa
Rafael Ferrer Torío (1996). Topografía aplicada a la ingeniería. IGN
Ignacio de Corral (1996). Topografía de obras. UPC
Antonio González Cabezas (2008). Topografía y replanteos. Club Universitario de Alicante

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xeometría Descritiva [Extinguida]/670G01004
Expresión Gráfica Arquitectónica I [Extinguida]/670G01008
Construción I [Extinguida]/670G01009

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Construción II [En extinción]/670G01011
Expresión Gráfica Arquitectónica II [En extinción]/670G01013
Xeometría da Representación [En extinción]/670G01018

Materias que continúan o temario
Construción III [En extinción]/670G01017
Proxectos Técnicos I [En extinción]/670G01023
Proxectos Técnicos II [En extinción]/670G01027
Medicions, Orzamentos e Control Económico [En extinción]/670G01030
Proxecto Fin de Grao/670G01036

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías