Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Patoloxía e Rehabilitación Código 670G01029
Titulación
Grao en Arquitectura Técnica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións Arquitectónicas
Coordinación
Iglesias Martinez, Maria Cruz
Correo electrónico
cruz.iglesias@udc.es
Profesorado
Alonso Carro, Guillermo Carlos
Fernandez Prado, Ruben
Iglesias Martinez, Maria Cruz
Correo electrónico
guillermo.alonso.carro@udc.es
ruben.fprado@udc.es
cruz.iglesias@udc.es
Web
Descrición xeral A partir do proceso de degradación que sofren os edificios e o ambiente urbano, unha vez concluídas as obras da súa execución e comezada a súa vida útil, analizaranse as intervencións necesarias para frear ou evitar o proceso tendo en conta as particularidades das intervencións.
Analizaranse os diferentes tipos de lesións que orixinan os procesos de deterioración dos materiais e elementos construtivos e potenciarase a adquisición de habilidades para interpretar, a partir de datos analíticos e da observación, os síntomas ou lesións dos distintos fenómenos de deterioración que actúan incluída a súa interacción e estimar as causas que os orixinaron, incluíndo os procesos de deterioración das diferentes familias de materiais.
Farase especial fincapé na metodoloxía a seguir baseada nunha etapa preliminar de observación, de recoñecemento e toma de datos e unha etapa posterior de análise de datos e reconstrución do proceso patolóxico e das súas causas, para posteriormente avaliar a magnitude do proceso patolóxico no informe do diagnóstico e definir unha proposta de actuación que deberá establecer ou non a necesidade de medidas preventivas en caso necesario.
Farase unha introdución ás técnicas de inspección e ensaios específicas que se poden utilizar na toma de datos no estudo do proceso patolóxico.
Abordarase a partir dos diferentes procesos patolóxicos que se poden desenvolver, as técnicas de intervención dos sistemas estruturais: cimentación, estruturas de fábrica e armazóns de madeira, aceiro e formigón e noutros elementos non estruturais.

Para afianzar os coñecementos expostos nas clases expositivas, as actividades a desenvolver nas clases interactivas que se formularán ao longo do curso: o estudo patolóxico e a intervención, farán referencia a un mesmo edificio na medida dos posible. En caso necesario, analizaranse puntualmente outros edificios relacionados coa materia obxecto do bloque.

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Coñecer as técnicas e procesos de restauración, rehabilitación, acondicionamento, patoloxía, mantemento e conservación dos edificios en xeral e en particular aqueles específicos do patrimonio cultural constituído pola arquitectura popular e histórica galega.
A5 Coñecer a evolución histórica dos materiais, tecnoloxías, procedementos, métodos, sistemas e elementos construtivos.
A18 Dirixir e xestionar o proceso de execución da obra.
A19 Aplicar as técnicas, interpretar resultados e tomar decisións para o control da calidade da obra.
A20 Aplicar as técnicas de xestión da calidade, xestión medioambiental e construción sustentable.
A24 Planificar e xestionar a conservación, mantemento, explotación e uso do edificio así como a inspección técnica do mesmo.
A29 Elaborar estudos, certificados, ditames, documentos e informes técnicos.
A31 Redactar, analizar, controlar, xestionar e desenvolver proxectos técnicos.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Capacidade de organización e planificación.
B3 Capacidade para a procura, análise, selección, utilización e xestión da información.
B5 Capacidade para a resolución de problemas.
B6 Capacidade para a toma de decisións.
B7 Capacidade de traballo en equipo.
B8 Capacidade para traballar nun equipo de carácter interdisciplinario.
B11 Recoñecemento e apreciación da diversidade e a multiculturalidade.
B12 Razoamento crítico.
B16 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B21 Motivación pola calidade.
B22 Sensibilidade cara a temas de seguridade laboral, accesibilidade, sustentabilidade e medioambiente.
B27 Capacidade de comunicación a través da palabra e da imaxe.
B28 Capacidade de improvisación e adaptación para enfrontarse a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer procesos, métodos e técnicasde restauración, rehabilitación, acondicionamento.Coñecer patoloxías, mantemento e conservación dos edificios en xeral e en particular con alusións concretas uo espécificas o patrimonio inmobiliario xa sea a escala mundial,estatal, rexional uo provincial. Coñecer a lexislación de obrigado cumplemento sobre da materia en estudo A4
Coñecer a evolución histórica dos materiais, tecnoloxías, procedementos, métodos, sistemas e elementos construtivos. A5
Dirixir e xestionar o proceso de execución da obra A18
Aplicar as técnicas, interpretar resultados e tomar decisións para o control da calidade da obra. A19
Aplicar as técnicas de xestión da calidade, xestión ambiental e construción sostible. A20
Planificar e xestionar a conservación, mantemento, explotación e uso do edificio así como a inspección técnica deste. A24
Elaborar estudos, certificados, ditames, documentos e informes técnicos. A29
Redactar, analizar, controlar, xestionar e desenvolver proxectos técnicos. A31
Capacidade de análise e síntese. B1
Capacidad de organización y planificación B2
Capacidade para a busca, análise, selección, utilización e xestión da información. B3
Capacidade para a resolución de problemas B5
Capacidade para a toma de decisións. B6
Capacidade de traballo en equipo. B7
Capacidade para traballar nun equipo de carácter interdisciplinar. B8
Recoñecemento e apreciación da diversidade e a multiculturalidade. B11
Razoamento crítico. B12
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. B16
Motivación pola calidade. B21
Sensibilidade cara a temas de seguridade laboral, accesibilidade, sostibilidade e medioambiente B22
Capacidade de comunicación a través da palabra e da imaxe. B27
Capacidade de improvisación e adaptación para enfrontarse a novas situacións. B28
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma. Potenciarase o uso de linguas estranxeiras, como por exemplo o inglés. C1
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. C5
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C8

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE TEMÁTICO 1. A ACCIÓN RESTAURADORA E REHABILITADORA. O MANTEMENTO

1. A degradación dos edificios e do espazo urbano: a intervención
- O proceso degradatorio
-A intervención: restaurar, rehabilitar e reparar. Diferenzas con conservación e mantemento
- Accións necesarias en calquera intervención

2. A acción restauradora
- O Patrimonio: evolución e modalidades, causas de destrución, ferramentas de protección
- Criterios de intervención en restauración: doutrinas, documentos e cartas internacionais. Restauración activa e pasiva: exemplos. Tipos de intervención
- Organismos xestores

3. A acción rehabilitadora
- A rehabilitación dos edificios: esixencias básicas, actuacións e tipos de intervención; graos e alcance da rehabilitación; criterios da intervención
- A rehabilitación, rexeneración e renovación urbana
- Xestión da rehabilitación
INTERACTIVA 1.1. Análise crítica de diversas actuacións
- Identificación e análise de intervencións no patrimonio arquitectónico con diferentes criterios: información fotográfica.

INTERACTIVA 1.2. INTERVENCIÓN NUN EDIFICIO
Trátase de analizar, dunha forma xeral, a necesidade de intervir sobre un edificio ou conxunto, ou sobre algún elemento significativo, do noso patrimonio construído elixido o alumno.
Analizaranse e describirán para o mesmo, dunha forma xeral, as accións necesarias en calquera intervención:
- Actuacións previas: estudos previos de información sobre o edificio e a súa contorna (históricos, arquitectónicos, urbanísticos, etc.), esbozos, definición métrica do estado actual, fotografías
BLOQUE TEMÁTICO 2. PROCESOS PATOLOGICOS E METODOLOXÍA DE ESTUDO

1. Lesións nos elementos construtivos: físicas (humidade, erosión, sucidade), mecánicas (deformacións, gretas, fisuras, desprendementos, deslizamientos, xiros e asentos, erosións, organismos), químicas (eflorescencias, oxidación e corrosión, organismos, erosión)

2. Os procesos patolóxicos. Factores intrínsecos e extrínsecos que contribúen á deterioración dos materiais : biolóxicos, físico-químicos e mecánicos

3. A metodoloxía no estudo patolóxico: observación, recoñecemento e toma de datos, análises de datos e reconstrución do proceso patolóxico. Identificación de causas e avaliación da magnitude do proceso Informe o diagnóstico. Conclusións. Proposta de actuación.

4. Técnicas de diagnóstico e inspección e ensaios.

Madeira.Técnicas de diagnóstico e inspección e ensaios. Inspección mediante catas e pozos. Ensaios ou inspeccións non destrutivas e e. destrutivos. Diagnóstico do estado xeral do elemento construtivo: higrómetro, termohigrómetro, auscultación endoscópica e termografía infravermella.
Aplicación de técnicas de inspección en estruturas de madeira: inspección visual, identificación de puntos singulares e técnicas básicas de inspección: xilohigrómetro, calas, t. endoscópocas, punzón, trade, gubia, martelo e termografía infravermella.
E. non destrutivos: arranque de parafusos, pilodyn, resistógrafo, resistencia ao paso da corrente eléctrica, asignación visual de clases resistentes, velocidade de propagación de ondas ultrasónicas, vibracións inducidas e ensaios de elementos estruturais, identificación de especie e probas de carga.

Aceiro. Aplicación de técnicas de inspección non destrutivas: Ensaio de líquidos penetrantes, e. de partículas magnéticas, e. de corrosión e e. de ultrasóns.

Formigón. Ensaios Non destrutivos: determinación do índice de rebote, determinación da velocidade dos impulsos ultrasónicos, medida da velocidade de corrosión e determinación do grao de carbonatación.
Ensaios destrutivos: probetas testemuña e determinación da forza de arrancamiento
INTERACTIVA 2.1 e 2.2. PROCESOS PATOLÓXICOS: ESTUDOS PREVIOS
Trátase de analizar, dunha forma xeral, a necesidade de intervir sobre un edificio ou conxunto, ou sobre algún elemento significativo, do noso patrimonio construído elixido o alumno.
Analizaranse e describirán para o mesmo, dunha forma xeral, as accións necesarias en calquera intervención:
- Actuacións previas: estudos previos de información sobre o edificio e a súa contorna (históricos, arquitectónicos, urbanísticos, etc.), esbozos, definición métrica do estado actual, fotografías
- Estudo construtivo: sistemas construtivos utilizadas

NTERACTIVA 2.3. UTILIZACIÓN E MANEXO DE TÉCNICAS DE DIAGNÓSTICO.
Técnicas non destrutivas para diagnosticar problemas de humidade: termo-higrómetros, cámaras termográficas, esclerómetro, ultrasóns
TÉCNICAS DE DIAGNÓTICO DE PROCESOS DE ALTERACIÓN DO FORMIGÓN: Procesos de degradación físico-mecánicos e químicos. Aplicación e uso das diferentes técnicas de estimación da súa resistencia no laboratorio.
Procesos de carbonatación, ataque por ións cloruro e corrosión de armaduras.
Estimación da resistencia do formigón. A Norma UNE-EN 13791: Avaliación da resistencia a compresión in-situ en estruturas e elementos prefabricados de formigón.
Ensaios Non destrutivos: determinación do índice de rebote, determinación da velocidade dos impulsos ultrasónicos, medida da velocidade de corrosión e determinación do grao de carbonatación.
Ensaios destrutivos: probetas testemuña e determinación da forza de arrancamiento
Caso práctico de estimación de resistencia do formigón a través da avaliación conxunta de datos procedentes de ensaios destrutivos e non destrutivos.
BLOQUE TEMÁTICO 3. PROCESOS PATOLOGICOS DOS MATERIAIS E ELEMENTOS CONSTRUTIVOS

1. Os procesos de alteración dos materiais porosos.
Propiedades mecánicas e físicas: a estrutura de poros
O movemento da auga dentro dos materiais porosos. O movemento da auga líquida e o movemento da auga en forma de vapor
Factores de deterioración: auga, contaminantes atmosféricos, sales solubles e organismoa vivos. Factores intrínsecos aos materiais e factores externos.
Procesos de deterioración: mecánicos (tipo de cargas, concentración de cargas e as dilataciobnes térmicas. O problema das traccións nos materiais fráxiles), físicos (xeo-desxeo, cristalización de sales), químicos (disolución, hidratación, hidrólisis) e biogeoquímicos. O problema do ácido carbónico e do ácido sulfúrico nos materiais pétreos.

2. O diagnóstico de humidades
Tipos e características: Humidades de capilaridad e de condensación. Causas e patróns de comportamento
Técnicas e procedemento de diagnóstico.E non destrutivos (NDT) e e. minimamente destrutivos (MDT) Inspeccións visuais: lesións. Ensaios de monitorización: temperatura e humidade ambiente.
Determinación do contido de humidade dos materiais. Métodos indirectos. Termografía IR, métodos baseados en propiedades eléctricas dos materiais e medida da HR en perforacións. Métodos directos: métodos gravimétricos.
Identificación de fluxos de auga. Protocolo de toma de datos
Estudo de casos

3. Principios de funcionamento das fábricas tradicionais e contemporáneo
Características dos sistemas de fábricas.
Diferenzas entre fábricas contemporáneas e fábricas tradicionais.
O papel dos morteiros de albanelaría: requisitos das súas propiedades
Os muros de sillería e os muros de mampostería: a importancia do revestimento.
A construción con barro: tapia, adobe, cob e divisións interiores: barrotillo, pllabarro e encestado
Avaliación dos morteiros de cal, cemento e mixtos en revocos e xuntas
Os morteiros de barro: propiedades e influencia no ambiente interior

4. Os procesos de alteración das rocas.
Natureza e características petrogéficas, particularidades dos granitos e técnicas de diagnóstico.
Principais axentes de deterioración: a auga, os contaminantes atmosféricos, os sales solubles e organismos colonizadores. Os procesos de deterioración: p. mecánicos, físicos (xeo-desxeo, cristalización de sales), químicos (disolución, hidrólisis, complejación, hidratación) e biolóxicos
Os procesos de limpeza e consolidación.
A compatibilidade dos morteiros de albanelaría. O problema do yeso

5. Os procesos de alteración da madeira.
Procesos de deterioración biótico e abiótico na madeira. Durabilidad natural da madeira. Normativa. Identificación de puntos críticos que se poden presentar nos diferentes elementos construtivos. A protección fronte axentes bióticos e abióticos.

Intervención en estruturas de madeira
- Reestruturación de armazóns verticais: Substitución de zonas lesionadas, reforzos con escuadrías de madeira, reforzos con elementos metálicos, adición de prótese, creación de seccións mixtas
- Reestruturación de armazóns horizontais: substitución, apontoamentos, reforzo con elementos metálicos, adición de prótese, creación de forxados mixtos madeira-formigón
- Reestruturación de armazóns inclinadas


Os procesos de alteración dos materiais metálicos.
A corrosión química ou ambiental e a corrosión electrolítica. Factores determinantes da corrosión: humidade, sustancias captadoras de electróns, a condutividade iónica do medio, formación de películas, as heteroxeneidades.
A prevención: sistemas de protección. Preparación de superficies e sistemas de pintura recomendados segundo a agresividade ambiental.
INTERACTIVA 3.1. CIRCUÍTO GUIADO POLA CIDADE (establecerase día e hora en horario lectivo)
Clasificación e recoñecemento de diferentes tipos de lesións en materiais diversos: pedra, morteiros, madeira.
Lesións e síntomas por perda de material, ganancia ou sucidade, actividade de organismos biolóxicos, lesións da estrutura e humidades

INTERACTIVA 3.2. Estudo patolóxico dun edificio. Identificación de lesións e humidades sobre o edificio elixido:

- Análise e elección de fichas de toma de datos, que permitan desenvolver unha metodoloxía adecuada no estudo patolóxico de estrutúraa
- Identificación de materiais e elementos construtivos diversos.
- Observación, recoñecemento e toma de datos de lesións en muros ou cerramentos, cuberta, instalacións e estrutura de madeira.
- Representación de lesións: aplicación a diferentes elementos construtivos do edificio: muro de fábrica e estrutura de madeira
- Representación en planos e documentación fotográfica
- Individualización das técnicas de inspección e diagnóstico de humidades
Lectura da documentación
Exposición e entrega de traballos


INTERACTIVA 3.3. PRÁCTICA NO TALLER
Amasado de morteiros e execución de revocos de cal e varro
Análise e identificación dos diferentes tipos de cal. O ciclo do cal.
O papel das areas no revogo. A importancia da granulometría.

Estudo patolóxico dun edificio. Diagnóstico
Lectura da documentación
Análise das lesións ou formas de alteración en muros tradicionais como consecuencia do uso de MORTEIROS INADECUADOS seleccionando edificios con lesións representativas
Entrega de traballos

INTERACTIVA 3.4. Estudo patolóxico dun edificio. Diagnóstico de procesos en MUROS
Lectura da documentación
1. Análise das lesións ou formas de alteración en muros tradicionais como consecuencia do uso de MORTEIROS INADECUADOS seleccionando edificios con lesións representativas
2. Análise das lesións ou formas de alteración en muros tradicionais de PEDRA identificando os procesos de alteración e os hipotéticos axentes causantes no edificio de estudo. Valorarase a presentación doutros casos de estudo de edificios de pedra que presenten distintos tipos de alteración.
Exposición e entrega de traballos

INTERACTIVA 3.5. Estudo patolóxico dun edificio. Diagnóstico de procesos en ESTRUTURA DE MADEIRA
Lectura da documentación
Análise das lesións ou formas de alteración en estruturas de madeira.
- Identificación a partir das lesións no edificio de estudo, dos procesos de alteración e os hipotéticos axentes causantes. Valorarase a presentación doutros casos de estudo de edificios con elementos de madeira que presenten distintos tipos de alteración.
-Identificación da durabilidad natural das especies de madeira na forxado/cuberta do edificio e análise da súa relación coas causas de deterioración

Describir o estado reformado da estrutura, analizando e describindo o procedemento de intervención nos diferentes elementos que integran a estrutura de madeira/aceiro, a fin de reparar e reforzar as armazóns verticais e inclinadas e os forxados, ou expor a súa substitución. Para iso buscarase información adicional á exposta na bibliografía, en catálogos e empresas especializadas nos traballos de reforzo en estruturas de madeira/aceiro
- Valorar os traballos necesarios para reparar tanto a lesión como a causa que a produciu
- Representar mediante detalles construtivos enlazados, o estado final da estrutura do edificio estudado, unha vez levada a cabo a intervención reparadora
Exposición e entrega de traballos
BLOQUE TEMÁTICO 4. PROCESOS PATOLÓXICOS E TÉCNICAS DE INTERVENCIÓN

1.CRITERIOS XERAIS DE LESIÓNS EN ESTRUTURAS
- Introdución á reparación estrutural: causas, intervención e reparación.
- Medición, análise, descrición e representación no informe
- Introdución á reparación estrutural
- Proceso de intervención na reparación

2.LESIÓNS ESTRUTURAIS EN CIMENTACIÓN
- Causas, intervención e reparación
- Estudos xeotécnicos, alteracións do chan, afeccións externas
- Tipoloxías de asentos, gretas e fisuras
- Recalces e reforzos. Substitucións. Fases na actuación.
- Consolidación do chan en rehabilitación
INTERACTIVA 4.1. IDENTIFICACIÓN DE GRETAS E FISURAS EN EDIFICIOS
Realizarase a práctica sobre casos reais de distintos edificios. O alumno exporá e entregará un estudo de lesións variadas de distintos elementos estruturais de diferentes edificios, tratando de cubrir unha ampla tipoloxía de lesións estruturais sen ser necesaria unha gran profundidade no estudo das mesmas, que deberá conter polo menos:
- Descrición do elemento construtivo afectado, subsistema, elemento, identificación do material, estado do mesmo, descrición da lesión, función afectada, relación con outros elementos construtivos, etc.
- Diagnoses da causa ou posibles causas que puideron producir a lesión e relación con outras lesións, tanto directas como indirectas. Débese indicar a información solicitada da propiedade e usuarios así como lecturas realizadas.
- Describir a solución adoptada para a reparación estrutural describindo o procedemento de intervención. Definir os distintos elementos que a compoñen, as súas características e relacións con outros sistemas construtivos afectados.
- Definir outras actuacións auxiliares. Especificar se se deben adoptar medidas urxentes e indicar cales.
- Cualificar a importancia e perigo da mesma para un uso determinado indicando posibles consecuencias pola non intervención e a repercusión no uso do edificio.
- Medir e orzar a reparación. Cuantificar o tempo de execución.
- Definir graficamente a lesión e representar con detalles construtivos o estado final tras a reparación incluíndo os demais sistemas construtivos afectados.
- Especificar tipo de ensaios a realizar, previos á reparación, durante a mesma e posteriores para comprobacións.
3.LESIÓNS ESTRUTURAIS EN MUROS DE CARGA E ESTRUTURAS DE PEDRA EN XERAL
- Análise, diagnóstico e reparación
- Causas de lesións máis frecuentes en muros, arcos, bóvedas
- Intervención en muros: tipos de reparación, substitucións, tipos de reforzos con elementos engadidos, apertura de ocos.
- Intervencións específicas en arcos, bóvedas e cúpulas.
INTERACTIVA 4.2. ESTUDO DE LESIÓN ESTRUTURAL NUN SISTEMA CONSTRUTIVO DE PEDRA
O alumno exporá e entregará un caso real dunha lesión que afecte a un elemento construtivo de pedra. Tratarase coa máxima profundidade técnica e de detalle que sexa posible incluíndo polo menos os seguintes puntos:
- Descrición do elemento construtivo afectado, subsistema, elemento, identificación do material, estado do mesmo, descrición da lesión, función afectada, relación con outros elementos construtivos, etc.
- Diagnoses da causa ou posibles causas que puideron producir a lesión e relación con outras lesións, tanto directas como indirectas. Débese indicar a información solicitada da propiedade e usuarios así como lecturas realizadas.
- Describir a solución adoptada para a reparación estrutural describindo o procedemento de intervención. Definir os distintos elementos que a compoñen, as súas características e relacións con outros sistemas construtivos afectados.
- Definir outras actuacións auxiliares. Especificar se se deben adoptar medidas urxentes e indicar cales.
- Cualificar a importancia e perigo da mesma para un uso determinado indicando posibles consecuencias pola non intervención e a repercusión no uso do edificio.
- Medir e orzar a reparación. Cuantificar o tempo de execución.
- Definir graficamente a lesión e representar con detalles construtivos o estado final tras a reparación incluíndo os demais sistemas construtivos afectados.
- Especificar tipo de ensaios a realizar, previos á reparación, durante a mesma e posteriores para comprobacións.
4.LESIÓNS ESTRUTURAIS EN FORMIGÓN ARMADO
- Lesións nos elementos principais da estrutura: cimentación, pilares, muros, forxados e outros, tipoloxías básicas de fisuras e gretas.
- Análise, diagnóstico e reparación
- Soluciones de reforzo de elementos estruturais
- Reparación de formigón armado en procesos físico-químicos
INTERACTIVA 4.3. ESTUDO DE LESIÓN ESTRUTURAL EN SISTEMA DE FORMIGÓN ARMADO
O alumno exporá e entregará un caso real dunha lesión que afecte a un elemento construtivo de formigón armado. Tratarase coa máxima profundidade técnica e de detalle que sexa posible incluíndo polo menos os seguintes puntos:
- Descrición do elemento construtivo afectado, subsistema, elemento, identificación do material, estado do mesmo, descrición da lesión, función afectada, relación con outros elementos construtivos, etc.
- Diagnoses da causa ou posibles causas que puideron producir a lesión e relación con outras lesións, tanto directas como indirectas. Débese indicar a información solicitada da propiedade e usuarios así como lecturas realizadas.
- Describir a solución adoptada para a reparación estrutural describindo o procedemento de intervención. Definir os distintos elementos que a compoñen, as súas características e relacións con outros sistemas construtivos afectados.
- Definir outras actuacións auxiliares. Especificar se se deben adoptar medidas urxentes e indicar cales.
- Cualificar a importancia e perigo da mesma para un uso determinado indicando posibles consecuencias pola non intervención e a repercusión no uso do edificio.
- Medir e orzar a reparación. Cuantificar o tempo de execución.
- Definir graficamente a lesión e representar con detalles construtivos o estado final tras a reparación incluíndo os demais sistemas construtivos afectados.
- Especificar tipo de ensaios a realizar, previos á reparación, durante a mesma e posteriores para comprobacións.
5.A ENVOLVENTE:
- Rehabilitación enerxética, impermeabilización e lesións estruturais
- Diferenciación de distintas causas orixe de lesión nun mesmo elemento de fachada.
- Influencia do deseño, materiais, mantemento, prevención

6.INTERVENCIÓN EN LESIÓNS DA ENVOLVENTE: CUBERTA
- Lesións máis comúns por tipoloxía de cubertas, exemplos
- Restauración, recuperación, consolidación e complementación de zonas inacabadas
- Intervención en cubertas inclinadas
- Cubertas planas: elementos
- Análises, diagnóstico e reparación
7.INTERVENCIÓN EN LESIÓNS DA ENVOLVENTE: FACHADAS
- Lesiones máis comúns, exemplos
- Pontes térmicas, filtracións, condensación, encontros carpintarías, etc
- Análises, diagnóstico e reparación
- Técnicas de intervención en cerramentos e revestimentos exteriores
- Influencia do deseño arquitectónico na deterioración de fachadas
- Conservación e mantemento: a sucidade da fachada.
INTERACTIVA 4.4. ESTUDO DE LESIÓN QUE AFECTE Á ENVOLVENTE DO EDIFICIO DE ESTUDO
O alumno exporá e entregará un caso real dunha lesión que afecte a un elemento construtivo da envolvente do edificio e en concreto á súa capacidade de illamento térmico, impermeabilización ou integridade dos seus materiais, tratando de buscar a conxunción de todas elas. Tratarase coa máxima profundidade técnica e de detalle que sexa posible incluíndo polo menos os seguintes puntos:
- Descrición do elemento construtivo afectado, subsistema, elemento, identificación do material, estado do mesmo, descrición da lesión, función afectada, relación con outros elementos construtivos, etc.
- Diagnoses da causa ou posibles causas que puideron producir a lesión e relación con outras lesións, tanto directas como indirectas. Débese indicar a información solicitada da propiedade e usuarios así como lecturas realizadas.
- Describir a solución adoptada para a reparación estrutural describindo o procedemento de intervención. Definir os distintos elementos que a compoñen, as súas características e relacións con outros sistemas construtivos afectados.
- Definir outras actuacións auxiliares. Especificar se se deben adoptar medidas urxentes e indicar cales.
- Cualificar a importancia e perigo da mesma para un uso determinado indicando posibles consecuencias pola non intervención e a repercusión no uso do edificio.
- Medir e orzar a reparación. Cuantificar o tempo de execución.
- Definir graficamente a lesión e representar con detalles construtivos o estado final tras a reparación incluíndo os demais sistemas construtivos afectados.
- É obrigatoria a realización de sección construtiva completa da *envolvente do edificio.
- Especificar tipo de ensaios a realizar, previos á reparación, durante a mesma e posteriores para comprobacións.
BLOQUE TEMÁTICO 5. PROXECTO DE INTERVENCIÓN, MANTEMENTO E IEE

1.IEE INFORME DE AVALIACIÓN DO EDIFICIO
- Estado de conservación
- Condiciones básicas de accesibilidade
- Certificación enerxética
- Normativa

2.MANTEMENTO
- Criterios xerais. Custos
- Desde o proxecto, documentación do seguimento de obra
- O libro do edificio: mantemento preventivo
- Plan de mantemento
INTERACTIVA 5.1. REALIZACIÓN DUN INFORME DE AVALIACIÓN DO EDIFICIO OBXECTO DE ESTUDO DURANTE O CURSO E FORMULACIÓN DUN PLAN DE MANTEMENTO.
O alumno exporá e entregará un Informe de Avaliación do Edificio (IEE) obxecto de estudo durante o curso de acordo ao modelo oficial do RDL 7/2015.
Concluirase coa presentación dun plan de mantemento no que deben figurar todas aquelas medidas a levar a cabo no futuro para que o edificio cumpra a función do uso que se lle dará. Farase referencia ás indicacións respecto diso contempladas no CTE e describiranse periodicidades das operacións de mantemento a realizar.
3.PROXECTO DE REHABILITACIÓN:
- O proxecto específico de rehabilitación
- A rehabilitación nas normas
- Tipoloxía de proxectos de rehabilitación. Xurisprudencia.

4.NORMATIVA EN REHABILITACIÓN
- Normas Xerais
- Patrimonio
- Camiño de Santiago
- Criterios de actuación en edificación existente
-----

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A4 A5 A20 A24 A29 B8 B11 B12 B16 B21 B22 30 34 64
Traballos tutelados A4 A18 A19 A20 A24 A29 A31 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B12 B16 B22 B27 B28 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 20 32 52
Presentación oral A4 A24 A29 A31 B1 B2 B3 B7 B12 B16 B27 6 20 26
Proba mixta A4 A5 A19 A24 A29 A31 B12 3 0 3
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é coñecida tamén como "conferencia", "método expositivo" ou "lección maxistral". Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactuar dun modo ordenado, formulando cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Todas estas metodoloxías potencian o traballo autónomo do alumno será necesario que supervisar e/ou resolver dúbidas. A atención personalizada desenvolverase durante as clases interactivas programadas e no horario de titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A4 A5 A19 A24 A29 A31 B12 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento nas que haberá que analizar e desenvolver, razoando, as cuestións obxecto de exame. Esta análise poderase acompañar de debuxos e detalles construtivos. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
70
Traballos tutelados A4 A18 A19 A20 A24 A29 A31 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B12 B16 B22 B27 B28 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
30
 
Observacións avaliación

A avaliación da signatura terá en conta, en calquera convocatoria, tanto o traballo continuado do alumno durante o curso (avaliación continua) como a avaliación obtida no exame final da materia. O alumno aprobará a materia cando obtendo un 5 na avaliación continua, obtivese OBRIGATORIAMENTE unha nota superior ou igual a 5 no exame final.

A nota final estará formada polo 30% da avaliación continua e o 70% do exame en todos os casos.  Se non se cumpren as condicións para optar á avaliación continua a nota final estará formada só polo 70% da nota obtida no exame.

Para optar á avaliación continua é necesario a asistencia de polo menos ao 80% das clases expositivas e ao 80% das clases interactivas, e é OBRIGATORIO a realización de TODOS os traballos e a súa presentación. A non realización dun dos traballos orixina a perda do dereito á avaliación continua. A nota final neste caso estaría formada polo 70% da nota do exame. No caso da realización de todos os traballos e de faltar EXCEPCIONALMENTE (só cando así o crea o profesor) á exposición dun deles, reducirase á metade a nota do traballo, a condición de que este sexa presentado polo resto do grupo e estes certifiquen a súa participación. En ningún caso poderase faltar a 2 exposicións.

A avaliación continua inclúe o traballo desenvolvido nas clases interactivas, o traballo autónomo xeneral do alumno desenvolvido durante o curso, os traballos tutelados e as presentacións orais. O copiar de internet  ou doutros traballos suporá a cualificación dun 0 na avaliación continua final.

A avaliación das clases interactivas realizarase da maneira seguinte

0: a non asistencia a clase

1: asistencia a clase e non se realizou o traballo persoal

2: asistencia a clase e o traballo realizado é moi insuficiente

4: asistencia a clase pero o traballo realizado é insuficiente, non completo.

6: asistencia a clase e o traballo realizado é bo pero incompleto nunha pequena parte.

8: asistencia a clase e o traballo realizado realizado é bo e inclúe achegas ao tema por parte do alumno.

10: poderase obter só como nota final cando se obtiveron de forma sistemática 8 nas clases interactivas e asistise con regularidade a clase

En canto á cualificación do exame final, esta estará formada polo 40% da nota obtida na proba obxectiva ou test e o 60% da nota obtida nas preguntas de desenvolvemento, a condición de que se alcance unha valoración superior ao 40% en cada unha das partes (1.6 puntos na proba obxectiva e 2.4 na proba de desenvolvemento). Cando non se alcancen estes mínimos en cada unha das partes, o exame estará automaticamente suspenso e non poderá ter unha cualificación superior a un 4.

Caso particular: alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial

O proceso de avaliación para estes alumnos será o descrito para o resto de alumnos en ambas as convocatorias, salvo que:

1. Non se lles esixirá a asistencia a clases expositivas, pero se ás interactivas e terán que realizar as mesmas actividades que os seus compañeiros

2.  Poderán elixir libremente o grupo de interactivas, tendo en conta que cando se trate dunha presentación de traballos en grupo, terao que facer no grupo asignado para facela conxuntamente cos seus compañeiros.


Fontes de información
Bibliografía básica

MIRAVETE, A., 1995; 2002. Los nuevos materiales en la construcción. 2ª edn. Zaragoza: Antonio Miravete.

ORÚS ASSO, F., 1985. Materiales de construcción. 7ª edn. Madrid: Dossat.

Fuego

DB SI 19 feb 2010

RD 842/2014

UNE EN 13501-1/2007 A1 2010. Reaccion fuego

UNE EN 13501-2/2009 A1 2010. Resistencia al fuego

UNE EN 13943/2012. Vocabulario

 

Sostenibilidad

BAÑO NIEVA, 2005. Guía de construcción sostenible.

 Ley 22/2011, de 28 de julio, de residuos y suelos contaminados

REAL DECRETO 105/2008, de 1 de febrero, por el que se regula la producción y gestión de los residuos de construcción y demolición

ORDEN MAM 304/2002, de 8 de febrero, por la que se publican las operaciones de valorización y eliminación de residuos y la lista europea de residuos

 

MORÁN DEL POZO, J.M., 2011. Estado actual de la gestion de residuos de construccion y demolicion: limitacione. Informes de la construcción vol.63, 521, pag 89-95.

Madera

PERAZA SANCHEZ, 2010. Guia de la madera. Tomo I. Productos básicos y carpintería. Madrid: Aitim.

PERAZA SÁNCHEZ, F. and ASOCIACIÓN DE INVESTIGACIÓN TÉCNICA DE LAS INDUSTRIAS DE LA MADERA Y EL CORCHO, 2001. Protección preventiva de la madera. Madrid: Asociación de Investigación Técnica de las Industrias de la Madera y Corcho.

UNE 56414/1998. Clasificación de los productos protectores

UNE 56416/1988. Métodos de tratamiento de la madera

UNE EN 335/2013. Clases de uso

UNE EN 350-2/1995. Guía de durabilidad natural de la madera

UNE EN 351-1/2008. Clasificación de la penetración de los protectores

UNE EN 460/1995. Durabilidad

UNE EN 599-2/1996

UNE EN 844-2, 3, 7, 10, 11. Terminología

DB SE_M.

Lignumfacile.  Madera en el exterior tratamientos y conservación

Morteros

IGLESIAS MARTÍNEZ, M.C., 2007. Ancient building requirements and the evaluation of different limecement mortars compositions, Actas 2º Congresso Nacional de Argamassas de construcao, 2007 2007, Apfac.

IGLESIAS MARTÍNEZ, M.C., 1996. Análisis de la variación de la composición de los morterosutilizados en los muros de fábrica tradicionales: la compatibilidad de los morteros tradicionales de cal y la incompatibilidad de los morteros de cemento en el funcionamiento constructivo y estructural de los muros de fábrica tradicionales. A. DE LAS CASAS, S. HUERTA, E. RABASA., ed. In: Actas del Primer Congreso Nacional de Historia de la Construcción. 1996, Instituto Juan de Herrera, CEHOPU.

IGLESIAS MARTÍNEZ, M.C., 1996. Análisis del doble papel de los morteros tradicionales decal utilizados en los muros de fábrica tradicionales: su función decorativa y su función protectiva, Actas del Primer Congreso Nacional de Historia de la Construcción. 1996, Instituto Juan de Herrera, CEHOPU.

PRADO FERNÁNDEZ, A., 1962. Revestimientos continuos, conglomerados. Madrid: Instituto Eduardo Torroja de la Construcción y del Cemento.

REICHEL, A., KÖPE, C. and HOCHBERG, A., 2007. Enlucidos, revocos, pinturas y recubrimientos : detalles, productos, ejemplos. Barcelona: Gustavo Gili.

VALDEHITA ROSELLÓ, M.T., 1976. Morteros de cemento para albañilería. Madrid: Instituto Eduardo Torroja de la Construcción y el Cemento.

Pinturas

GARCÍA CASTÁN, J. and ANSPI, FEDERACIÓN NACIONAL DE EMPRESARIOS PINTORES, ED, 1996. Manual de la pintura en la construcción. 3ª edn. Barcelona: ANSPI, Federación Nacional de Empresarios Pintores.

GONZÁLEZ MARTÍN, J., 2003. La pintura en la construcción. 4ª edn. Madrid: Fundación Escuela de la Edificación.

AETEPA, 1993. Cuadernos de tecnología de pinturas

Plásticos y materiales compuestros

 ESTEBAN PACIOS, M.I. and FERNÁNDEZ DE PIÉROLA, I., 2000. Macromoléculas : [guía didáctica]. 1¯ edn. Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia.

GÓMEZ ANTÓN, M.R. and GIL BERCERO, J.R., 1998. Los plâasticos y el tratamiento de sus residuos. 1¯ reimp edn. Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia.

GÓMEZ ANTÓN, M.R. and GIL BERCERO, J.R., 1996. Los plásticos y la gestión de sus residuos. Parte 1 Introducción. Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia.

GÓMEZ ANTÓN, M.R. and GIL BERCERO, J.R., 1996. Los plásticos y la gestión de sus residuos. Parte II. La gestión de los residuos plásticos. Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia.

GÓMEZ ANTÓN, M.R., 2003. Los plásticos como materiales de nuestro tiempo. Beneficios medioambientales en VIII Jornadas Ambientales. Universidad de Salamanca

VIGIL MONTA?, M.R., PASTORIZA MARTÍNEZ, A. and FERNÁNDEZ DE PIÉROLA, I., 2002. Los plâasticos como materiales de construcciâon. Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia.

ANTEQURA; P.  1998. Los materiales compuestos de fibra de vidrio. Ed. INO Reproducciones S.A. Zaragoza.

MELERO COLUMBRI, F. 1993. Materiales y procesos avanzados. Madrid: Ed. Dayton.

INSTITUTO DE CIENCIAS DE LA CONSTRUCCIÓN EDUARDO TORROJA. 2001. Materiales compuestos avanzados en la construcción. ICCET

OLIVARES SANTIAGO, M., 2003. Los composites:características y aplicaciones en la edificación. Informes de la Construcción vol 54, nº 484

REVUELTA, M. 2005. Materiales de construcción. Madrid: Fuego Editores  (materiales bituminosos)

FERNÁNDEZ LÓPEZ; F. 1997. Introducción a la química de materiales. Madrid: Ed. Rugarte

IRVIN I. RUBIN. 7998. Materiales plásticos: propiedades y aplicaciones. Mexico: Ed. Noriega Editores.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Materiais I/670G01003
Dereito Privado da Edificación/670G01005
Construción I/670G01009
Construción II/670G01011
Materiais II/670G01012
Instalacións I/670G01014
Construción III/670G01017
Estructuras I/670G01019
Materiais III/670G01016

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Proxectos Técnicos I/670G01023

Materias que continúan o temario
Métodos experimentaís de inspección de Estructuras/670G01039
Patrimonio Arquitectónico galego/670G01041

Observacións

Ademais da bibliografía aquí incluida, durante o curso, podrase facer referencia a outros textos máis concretos sobor dos bloques temáticos desenrolados. Para un mellor aproveitamento das clases interactivas, o alumno dispondrá de unhas fichas guía ,elaborados por el profesor, o obxeto de fixar a especificidade dos traballos de campo, é o seu alcance.

 

 

 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías