Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Inglés Técnico [En Extinción] Código 670G01037
Titulación
Grao en Arquitectura Técnica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Amenedo Costa, Mónica María
Correo electrónico
monica.amenedo@udc.es
Profesorado
Amenedo Costa, Mónica María
Correo electrónico
monica.amenedo@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo dos textos técnicos en inglés relacionados coa edificación

Competencias do título
Código Competencias do título
A17 Dominar de forma oral e escrita un idioma estranxeiro no nivel técnico propio do ámbito da edificación.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B3 Capacidade para a procura, análise, selección, utilización e xestión da información.
B8 Capacidade para traballar nun equipo de carácter interdisciplinario.
B9 Capacidade para traballar nun contexto internacional.
B11 Recoñecemento e apreciación da diversidade e a multiculturalidade.
B13 Compromiso ético.
B17 Creatividade e innovación.
B20 Coñecemento de outras culturas e costumes.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C6 Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
A17, B1, B9, B20, C2, C4, C8 Capacidade de análise e síntese B1
B3
B20
C2
dominar de forma oral i escrita o inglés técnico da edificación. A17
B1
C2
coñecer outras culturas B9
B17
formar un/a cidadán/a crítico/a, demócrata, aberto/a e capaz de solucionar problemas e desenvolverse no mundo B8
B9
B11
B13
C4
C7
dominar un idioma extranxeiro B20
C2
Valorar a importancia na sociedade do aprendizaxe e innovación tecnolóxica C3
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Posición e localización de edificios. Verbos de posición.
2. Formación de palabras. Plurais. Terminacións gregas e latinas. Formulas e datas.
3. Frases nominais complexas.O Artigo.
4. A voz pasiva. Pasiva impersonal no inglés técnico
5. Pretérito perfecto/ Pasado simple. Orde dos párrafos noi discurso técnico.
6. Oracións condicionais. Experimentos.
7.Oracións de relativo. A construcción -Ing.
8. Verbos Modais. Cartas..
9. Xenitivo Anglosaxon / construcción -of.
10. Idioms. Verbos con preposición.
1. Foundations. Concrete technology. Constructing a building.
2. Friction. Gravity. Surface area ratio in building construction.
3. Refrigeration. Evaporation. Convection.
4. Dead loads/live loads. Solid walling.
5. Cohesion and permeability. Elasticity.
6. Corrosion. Acoustics in architecture..
7. Skyscrapers. Detached, semidetached houses.
8. Climates in building construction. Air conditioning. Heating. Insulation.
9. Roofs. Slates.
11. Stress. Thrust/drag. Flight. Factor of safety. Levers.
12. Architects/technical architects. Description of Pirelli Buildingh/farnswotrh house by Mies van der Rohe.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas B1 B3 B11 C3 8 23 31
Discusión dirixida B8 B11 B20 C6 5 3 8
Sesión maxistral B17 C4 C7 C8 15 5 20
Proba práctica A17 B1 C2 8 20 28
Proba mixta A17 B1 C2 2 27 29
Traballos tutelados B9 B13 2 30 32
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Lectura e comprensión de textos técnicos relacionados coa construcción.
Discusión dirixida Análise de textos técnicos baseados no diferentes métodos de resolución dun problema. Ventaxas e desventxjas dos procedimientos, materiais, etc...
Sesión maxistral Análise das estructuras do inglés técnico. Estudio gramatical. Exposición de proxectos i estudio da elaboración de informes técnicos
Proba práctica Proba de clase para avaliar os coñecementos adquiridos.
Proba mixta Exame oficial con exercicios variados de uso da lengua, de resposta breve, de elección múltiple, o de maior elaboración.
Traballos tutelados Proxecto sobre un tema relacionado cos contidos da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Discusión dirixida
Descrición
O obxetivo e a adquicsición dun coñecemento avanzado oral i escrito do inglés na construcción. A comprensión e a traducción de textos serán os aspectos mais importantes do curso. As clases serán teórico prácticas e o exame final valorará a comprensión e a traducción.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B9 B13 Os estudiantes realizarán un proxecto sobre un tema relacionado coa asignatura e unna presentación oral do mismo. 20
Proba mixta A17 B1 C2 No exame oficial de maio-xuño, o alumnado realizará unha proba mixta na data anunciada na convocatoria oficial de exames. 60
Proba práctica A17 B1 C2 Os estudantes realizarán diversas tarefas prácticas ao longo do semestre. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, a calificación de cada unha das probas avaliables (proba mixta, proba práctica e traballo tutelado) deberá ser 5 sobre 10. Non se admitirán os traballos entregados fora de prazo sen causa debidamente xustificada. Os estudantes que non se presenten o día da proba mixta oficial acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.

Calquera caso de plaxio ou fraude académico significará un suspenso (0) na materia, tal e como aparece recollido no "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC":

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

OPORTUNIDADE de XULLO: 

No caso de non superar algunha das actividades de avaliación na primeira oportunidade, debernse repetir na segunda oportunidade segundo a seguinte distribución de porcentaxes: traballo tutelado e presentación oral (20), proba mixta (60%) e unha tarefa equivalente ás probas prácticas (20%). 

O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de DECEMBRO avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

Alumnado con recoñecemento de DISPENSA ACADÉMICA:

Segundo o establecido na "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):

1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento.
2. Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada, non se admitirán os traballos entregados fora de prazo sen causa debidamente xustificada.
3. A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas (actividades/traballos e/ou proba).

Atención á DIVERSIDADE: 

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro.

Igualdade de XÉNERO:

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores e de autoras e propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas. Do mesmo xeito, traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, así como formentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.


Fontes de información
Bibliografía básica www.english-online.org.uk (). .
www. learning english.net (). .
www.bellenglish.com (). .
www.usingenglish.com (). .
Thomson, A.J.; Martinet, A.V. (1993). A Practical English Grammar. Oxford: OUP
Franco Ibeas, F. (1988). Diccionario tecnológico InglésEspañol. Alhambra: Madrid
Bates,M.; Dudley Evans, T. (1982). English for Science and Technology.. Essex: Longman
Cummings, J. (1982). English for Science and Technology: Architecture and Building Construction. Essex: Longman
Waterhouse, G. (1988). English for the Construction Industry. McMillan: London
Hashemi, L. (2000). English Grammar in Use. Cambridgr: CUP
Glendenning; E.H. (1994). English in Mechanical Engineering. Oxford: OUP
Beigbeder Atienza, F. (1986). Nuevo diccionario politécnico de las lenguas española e inglesa. Castilla: Madrid

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías