Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Medicións acústicas na edificación Código 670G01040
Titulación
Grao en Arquitectura Técnica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Segade Zas, Luisa Maria
Correo electrónico
luisa.segade@udc.es
Profesorado
Nogueira Lopez, Pedro Fernando
Segade Zas, Luisa Maria
Correo electrónico
pedro.nogueira@udc.es
luisa.segade@udc.es
Web
Descrición xeral A Acústica é unha parte da Física que trata da produción, transmisión, recepción, audición e control do son. Se ben o seu interese no ámbito da Edificación vén de antigo, na actualidade fíxose patente no marco normativo actual. Así neste sentido, o Código Técnico da Edificación establece regras e procedementos que permiten cumprir as esixencias básicas de protección fronte ao ruído.
O obxectivo principal da materia Medicións Acústicas na Edificación consiste en formar ao alumno na disciplina da Acústica, de modo que adquira os fundamentos teóricos e prácticos básicos e necesarios para a súa práctica profesional tendo en conta a lexislación vixente.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Adquirir os coñecementos fundamentais sobre matemáticas, estatística, física, química e acústica como soporte para o desenvolvemento das habilidades e destrezas propias da titulación.
A9 Deseñar, calcular e executar instalacións de edificación.
A29 Elaborar estudos, certificados, ditames, documentos e informes técnicos.
A35 Deseñar sistemas de acondicionamento acústico e verificar e avaliar o comportamento acústico dos edificios.
B4 Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
B5 Capacidade para a resolución de problemas.
B6 Capacidade para a toma de decisións.
B8 Capacidade para traballar nun equipo de carácter interdisciplinario.
B16 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B29 Actitude vital positiva fronte ás innovacións sociais e tecnolóxicas.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer conceptos básicos de Acústica. A1
Saber relacionar conceptos de Acústica coa Arquitectura Técnica. A9
A35
B5
B16
Capacidade de resolución de problemas derivados das súas actividades profesionais sobre a base dos coñecementos adquiridos na materia. A9
A29
A35
B4
B5
B6
B16
C1
C3
Comprender e valorar a importancia dos coñecementos básicos adquiridos na materia como unha ferramenta útil para o seu desenvolvemento na profesión. B8
B29
C5
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
Introdución Cadea de comunicación acústica
M.A.S. e M.O.
Leis básicas do son
Enxeñaría acústica Acústica fisiológica
Acústica física
Acústica arquitectónica
Acústica xeométrica
Difusión sonora
Fontes sonoras
Acondicionamento acústico Materiais acústicos
Normativa
Illamento acústico Introdución ao illamento acústico.
Illamento acústico a ruído aéreo en edificación.
Índices de Illamento.
Comportamento acústico dos sistemas construtivos.
Illamento acústico "in situ". Recomendacións de actuación en edificación.
Protección acústica da envolvente do edificio fronte ao ruído exterior.
Ruído de instalacións.
Ruído de impactos e o seu illamento.
Avaliación e xestión do ruído ambiental Introdución e aspectos xerais.
Niveis de perturbación por ruído. Calidade acústica ambiental.
Lexislación e normativas.
Lexislación e normativas.
Documento básico HR Protección fronte ao Ruído.
Informe de Avaliación do Edificio (IEE). Parte IV Acústica-Protección contra o ruído
Medicións acústicas Equipos de medida
Medidas de ruído ambiental
Medidas do illamento
Medidas de parámetros acústicos en recintos
Medidas de absorción acústica en materiais
Informes e fichas de cumprimento.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A9 A35 B29 C5 C6 C8 21 32.97 53.97
Seminario A1 A29 A35 B4 B5 B6 B8 B16 B29 C1 C3 21 63 84
Proba práctica A1 A9 A35 B4 B5 B6 B8 B16 C1 C3 3.5 4 7.5
Proba obxectiva A1 A9 A35 B5 B6 B16 C1 1.5 0 1.5
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación na aula dos conceptos e leis asociados aos fundamentos da Acústica.
Seminario Resolución de exercicios de xeito participativo na aula e manexo de instrumentos de medida.
Proba práctica Realizarase varias probas nas que se busca que o alumno desenvolva algunha actividade que previamente fixera durante as clases prácticas.
Proba obxectiva Con esta proba búscase que o alumno responda por escrito cuestións teórico-prácticas valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.). Implica un estudo amplo e profundo dos contidos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba práctica
Descrición
O obxectivo fundamental será a realización dun seguimento da comprensión da materia por parte dos alumnos. Resolveranse as dúbidas formuladas e cuestións prácticas entregadas aos alumnos.

ALUMNOS A TEMPO PARCIAL: os alumnos que se acollan á modalidade de matrícula a tempo parcial recibirán unha orientación específica para planificar as súas tarefas de xeito semanal.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A9 A35 B5 B6 B16 C1 No que denominamos modalidade de avaliación continua, realizarase unha proba obxectiva parcial en datas do período de actividade académica docente e que supoñerá o 35% da calificación. No caso de seguir a modalidade de avaliación final, a avaliación consistirá exclusivamente nunha proba obxectiva que terá lugar nas oportunidades oficiais de xuño e xullo e que supoñerán o 100% da calificación. 35
Proba práctica A1 A9 A35 B4 B5 B6 B8 B16 C1 C3 Seguimento das actividades propostas na aula desenroladas individualmente ou en pequenos grupos. 65
 
Observacións avaliación

O alumno poderá ser avaliado de dous modos diferentes: ou ben a través dunha "avaliación continua" ou ben a través dunha "avaliación final".

A) AVALIACIÓN CONTINUA.

O traballo do alumno será avaliado de forma continua a través da súa participación activa nas aulas de docencia interactiva e a través da resolución de cuestións, problemas e casos prácticos formulados nas probas obxectivas parciais.

Así, a avaliación poderase desglosar do seguinte modo:

a1) Proba obxectiva parcial (máximo 3,5 puntos): realizarase unha proba obxectiva parcial ao longo do curso que supoñerá unha puntuación máxima de 3,5 puntos. Será requisito alcanzar un mínimo de 1 punto na proba xa que de non o facer o alumno perderá a posibilidade de seguir a modalidade de avaliación continua.

a2) Resolución de probas prácticas propostas na aula (máximo 6,5 puntos): plantexaránse durante as sesións de docencia interactiva e realizaránse dentro ou fuera da aula.

Para seguir a modalidade de avaliación continua, será requisito indispensable a asistencia a un mínimo do 80% das clases de docencia expositiva e interactiva.

Aqueles alumnos que a través destes apartados cumpran os requisitos mínimos e alcancen un mínimo de 5 puntos, terán aprobado a materia. No caso contrario, poderán acollerse á modalidade de avaliación final.

B) AVALIACIÓN FINAL.

Calquera alumno (tanto con matrícula ordinaria como con matrícula a tempo parcial) terá dereito a seguir a avaliación final, aínda que inicialmente tivese optado por realizar a avaliación continua. Esta avaliación terá en conta unicamente o resultado obtido na realización dunha proba obxectiva dos contidos de toda a materia. A nota recibida neste exame supoñerá o 100% da cualificación da materia e conseguirase o aprobado ao alcanzar un mínimo de 5 puntos. Esta proba obxectiva coincidirá coas oportunidades oficiais de xuño e xullo.

A cualificación de "non presentado" figuraralle a aqueles alumnos que, non tendo aprobado seguindo a modalidade de avaliación continua, non se presenten á proba final das correspondentes oportunidades oficiais.


Fontes de información
Bibliografía básica García-Rebull Salgado, José Fernando (). Física y tecnología del sonido. Santiago : Tórculo
Arau, Higini (1999). ABC de la acústica arquitectónica. Barceloa : Ceac
(2009). Acústica ambiental : análisis, legislación y soluciones. Madrid : Sociedad Española de Acústica
Valero Granados, Santiago (2011). Acústica aplicada al interiorismo : [acondicionamiento acústico en locales de uso público]. [Barcelona] : Arquifon
Bartí Domingo, Robert (2010). Acústica medioambiental. San Vicente (Alicante) : Editorial Club Universitario
(2007). BOE numero 254 de 23/10/2007: RD 1371/2007 de 19 de octubre, por el que se aprueba el documento básico "DB-HR Protección frente al ruido" del Código Técnico de la Edificación y se modifica .
Rodríguez Rodríguez, Francisco José (2008). Guía acústica de la construcción. Madrid : CIE-Dossat
Avilés López, Rodrigo; Perera Martín, Rocío (2017). Manual de acústica ambiental y arquitectónica. Paraninfo

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Matemáticas I/670G01001
Matemáticas II/670G01006
Fisica Aplicada II/670G01007

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías