Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Fundamentos Matemáticos para a Edificación Código 670G01101
Titulación
Grao en Arquitectura Técnica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Primeiro Formación básica 9
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Benitez Garcia, Marta
Correo electrónico
marta.benitez@udc.es
Profesorado
Benitez Garcia, Marta
Correo electrónico
marta.benitez@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Esta materia pretende proporcionar uns coñecementos básicos de matemáticas que resultan imprescindibles para abordar problemas científico-técnicos que surxen no ámbito da arquitectura.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non hai cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
-Sesión maxistral
-Solución de problemas
-Prácticas a través de TIC
-Proba mixta

Estas metodoloxías docentes levaranse a cabo a través do sistema de videoconferencia de Microsoft Teams no seu horario habitual.

*Metodoloxías docentes que se modifican
Non hai

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

-Correo electrónico ou chat persoal por Microsoft Teams: Diariamente. De uso para facer consultas e solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas.

-Videoconferencia en Microsoft Teams: Diariamente. De uso para realizar as sesións síncronas da materia e as titorías individuais ou de pequeno grupo.

4. Modificacións na avaliación
Non hai cambios
*Observacións de avaliación: o alumnado pode ser convocado a unha sesión de videoconferencia en Microsoft Teams para explicar o entregado na proba mixta. A puntuación de dita proba dependerá da exposición oral realizada.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai cambios

Competencias do título
Código Competencias do título
A36 A0.1 Aptitude para utilizar os coñecementos aplicados relacionados co cálculo numérico e infinitesimal, a álxebra lineal, a xeometría analítica e diferencial, e as técnicas e métodos probabilísticos e de análise estatística.
B31 B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B32 B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B33 B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B34 B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B35 B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e aplicar os conceptos relativos a espacios vectoriais, o cálculo matricial e as súas aplicacións ás aplicacións lineais e á diagonalización de matrices A36
B31
B32
B33
B34
B35
C1
C3
C6
C7
C9
Manexar con soltura as ecuacións, posicións relativas, distancias e ángulos entre rectas e planos A36
B31
B32
B33
B34
B35
C1
C3
C6
C7
C9
Coñecer e aplicar as propiedades das curvas cónicas e das superficies cuadráticas A36
B31
B32
B33
B34
B35
C1
C3
C6
C7
C9
Coñecer e aplicar os coñecementos básicos do cálculo infinitesimal nunha e varias variables: representacións gráficas, derivación e integración A36
B31
B32
B33
B34
B35
C1
C3
C6
C7
C9
Saber resolver ecuacións diferenciais básicas A36
B31
B32
B33
B34
B35
C1
C3
C6
C7
C9
Empregar os métodos numéricos en problemas como a interpolación de funcións, a resolución de ecuacións non lineais, de sistemas de ecuacións lineais, de ecuacións diferenciais ou de integrais A36
B31
B32
B33
B34
B35
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9
Manexar a xeometría diferencial elemental de curvas e superficies na arquitectura A36
B31
B32
B33
B34
B35
C1
C3
C4
C6
C7
C9
Manexar conceptos básicos da estadística nunha e dúas variables e conceptos xerais relativos a modelos de probabilidade A36
B31
B32
B33
B34
B35
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9
Coñecer e saber empregar ferramentas informáticas auxiliares A36
B32
B33
B34
B35
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9

Contidos
Temas Subtemas
I. Funcións reais de variable real I.1.- Definicións e conceptos básicos.
I.2.- Límites e continuidade.
I.3.- Interpolación de Lagrange.
I.4.- Derivación e as súas aplicacións inmediatas.
I.5.- Integración: métodos (analíticos e numéricos) e aplicacións.
II. Funcións de varias variables reais II.1.- Definicións e conceptos básicos. Introdución á topoloxía no plano e no espazo. Sistemas de coordenadas.
II.2.- Límites e continuidade.
II.3.- Derivadas parciais e direccionais. Vector gradiente e matriz xacobiana.
II.4.- Plano tanxente e recta normal. Diferenciabilidade.
II.5.- Derivadas parciais de orde superior. Matriz hessiana.
II.6.- Aplicacións da diferenciación de funcións escalares de varias variables: extremos con e sen restriccións.

III. Introdución ás ecuacións diferenciais III.1.- Definicións e conceptos básicos.
III.2.- Ecuacións de primeira orde: variables separadas, homoxéneas, exactas e lineais. Métodos analíticos de resolución.
III.3.- Métodos numéricos de resolución.
IV. Álxebra lineal IV.1.- Álxebra matricial: matrices, determinantes e propiedades. Matriz inversa.
IV.2.- Sistemas de ecuacións lineais: definicións e propiedades básicas. Métodos analíticos e numéricos de resolución.
IV.3.- Espazos vectoriais: definicións e propiedades básicas. Subespazos vectoriais. Bases, dimensión e cambio de base.
IV.4.- Aplicacións lineais: definicións e conceptos básicos. Núcleo, imaxe, matriz asociada e propiedades.
IV.5.- Autovectores e autovalores dunha matriz. Polinomio característico. Matrices diagonalizables.
V. Xeometría afín e euclideana no plano e no espazo V.1.- Espazo afín e euclideano: definicións e propiedades.
V.2.- Rectas e planos: ecuacións e posicións relativas no plano e no espazo.
V.3.- Problemas métricos no espazo: distancias, ángulos e simetrías entre subespazos afíns.
VI. Curvas e superficies VI.1.- Definicións e conceptos básicos.
VI.2.-Curvas cónicas e superficies cuádricas: ecuacións e clasificacións.
VI.3.- Introdución á xeometría diferencial de curvas: recta tanxente, lonxitude, triedro de Frenet, curvatura e torsión.
VI.4.- Introdución á xeometría diferencial de superficies: plano tanxente, primeira e segunda forma fundamental, área e curvatura total.
VII. Estatística e probabilidade VII.1.- Estatística descriptiva dunha e varias variables: definicións e conceptos básicos. Regresión e correlación.
VII.2.- Introdución ó cálculo de probabilidades: definicións e conceptos básicos. Variable aleatoria discreta e continua. Distribución binomial e normal.
Apéndice: Programa de cálculo matemático MAXIMA Prácticas co programa de software libre MAXIMA

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas A36 B31 B32 B33 B34 C1 C4 C5 C6 C7 C8 C9 35 52.5 87.5
Prácticas a través de TIC A36 B32 B33 B34 B35 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 10 10 20
Proba mixta A36 B31 B32 B33 B34 B35 C1 C3 C6 C7 C8 C9 4 0 4
Sesión maxistral A36 B31 B32 B33 B34 B35 C1 C4 C5 C6 C7 C8 C9 45 67.5 112.5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Resolución dunha situación problemática concreta e de exercicios aplicados da materia, a partir dos coñecementos que se traballaron.
Prácticas a través de TIC Resolución de exercicios da materia co apoio do software libre MAXIMA.
Proba mixta Probas realizadas de forma escrita ou co apoio das ferramentas TIC empregadas na materia, que son utilizadas para a avaliación da aprendizaxe. Constitúen un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, etc.
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos da materia co apoio do encerado e/ou de medios audiovisuais e complementada coa formulación de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Solución de problemas
Descrición
Os contidos da materia así como as distintas metodoloxías empregadas requiren que o alumnado traballe tamén autónomamente. Isto pode provocar que se lle plantexen dúbidas personalizadas que poderá resolver preguntando ó profesorado. Ademais, as prácticas serán guiadas polo profesorado que imparte a materia.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poderá facer uso das titorías como referente para o seguimento da materia e o traballo autónomo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A36 B32 B33 B34 B35 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 Participación activa na aula e traballo realizado ao longo do curso nas sesións prácticas. 20
Proba mixta A36 B31 B32 B33 B34 B35 C1 C3 C6 C7 C8 C9 Realización de probas presenciais que incluirán cuestións teórico-prácticas e exercicios prácticos. 80
 
Observacións avaliación

O alumnado que non participe nas actividades de avaliación continua ou que queira renunciar a dita nota, será avaliado (tanto na primeira como na segunda oportunidade) a través dunha única proba que se realizará na data fixada polo centro e que constituirá o 100% da avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica Alfonsa García y otros (2002). CÁLCULO II. CLAGSA
Frank Ayres, Jr (2010). CÁLCULO (5ª edición). McGraw-Hill
Alfonsa García y otros (2007). CÁLCULO I. CLAGSA
Larson - Hostetler (1999). CÁLCULO Y GEOMETRÍA ANALÍTICA. McGraw-Hill
Díaz Hernández, Ana María; Hernández García, Elvira; Tejero Escribano, Luis (2012). EJERCICIOS DE ÁLGEBRA PARA INGENIEROS. Madrid: Sanz y Torres
de Burgos, Juan (2008). FUNDAMENTOS MATEMÁTICOS DE LA INGENIERÍA (ÁLGEBRA Y CÁLCULO). Madrid: García-Maroto
Bartoll Arnau, S. y otros (2009). FUNDAMENTOS MATEMÁTICOS EN ARQUITECTURA. Editorial de la U. P. V. (Universidad Politécnica de Valencia)
García Abel, Marta; Tarrío Tobar, Ana Dorotea (2019). LECCIÓNS DE ÁLXEBRA E XEOMETRÍA (orientadas ao alumnado do Grao en Arquitectura Técnica e outras Enxeñarías). Reprografía Noroeste S.L.
García Merayo, Félix (1997). MÉTODOS NUMÉRICOS EN FORMA DE EJERCICIOS. Universidad Pontificia de Comillas
De la Villa, Agustín (2010). PROBLEMAS DE ÁLGEBRA [con esquemas teóricos]. Madrid: CLAGSA

Bibliografía complementaria Grossman, Stanley I. (2007). ÁLGEBRA LINEAL. McGraw-Hill
Simmons, George F. (1996). ECUACIONES DIFERENCIALES CON APLICACIONES Y NOTAS HISTÓRICAS. Madrid: McGraw-Hill
López de la Rica, A (1997). GEOMETRÍA DIFERENCIAL. Madrid: CLAGSA
Miller, Irwin (2004). PROBABILIDAD Y ESTADÍSTICA PARA INGENIEROS. Barcelona: Reverté


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

É importante que o alumnado teña unha base de matemáticas da área de ciencias para cursar esta materia. É moi positivo dominar a materia para despois entender e superar con éxito outras materias da carreira.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías