Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Fundamentos Físicos das Instalacións de Edificación Código 670G01108
Titulación
Grao en Arquitectura Técnica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Nogueira Lopez, Pedro Fernando
Correo electrónico
pedro.nogueira@udc.es
Profesorado
Nogueira Lopez, Pedro Fernando
Correo electrónico
pedro.nogueira@udc.es
Web
Descrición xeral De acordo coa ORDE ECI/3855/2007, de 27 de decembro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Arquitecto Técnico, nesta materia perséguese: o coñecemento dos fundamentos teóricos e principios básicos aplicados á edificación, da mecánica de fluídos, a hidráulica, a electricidade e o electromagnetismo, a calorimetría e higrotermia, e a acústica.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non serán modificados
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Adaptaranse mediante métodos telemáticos: sesións maxistrais, solución de problemas, probas obxectivas.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Suprímense prácticas de laboratorio e eventos de formación presenciais.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
oodle, email, Teams: semanalmente, material docente: copias de bibliografía, leccións, exercicios e cuestións, tarefas entregables; permanentemente, atención individual mediante mail ou medio solicitado polo estudante
4. Modificacións na avaliación
A metodoloxía escollida permite ser aplicada sen maior modificación que as probas finais, que se realizarían de forma non presencial, e a adaptación da avaliación continua por medios telemáticos.
*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizan modificaciones

Competencias do título
Código Competencias do título
A40 A0.5 Coñecemento dos fundamentos teóricos e principios básicos aplicados á edificación, da mecánica de fluídos, a hidráulica, a electricidade e o electromagnetismo, a calorimetría e higrotermia, e a acústica.
A47 A2.1 Coñecemento dos materiais e sistemas construtivos tradicionais ou prefabricados empregados na edificación, as súas variedades e as características físicas e mecánicas que os definen.
A56 A3.1 Capacidade para aplicar a normativa técnica ao proceso da edificación, e xerar documentos de especificación técnica dos procedementos e métodos construtivos de edificios.
A60 A3.5 Coñecemento dos procedementos e técnicas para avaliar a eficiencia enerxética dos edificios.
A76 A6.3 Aptitude para redactar documentos que forman parte de proxectos de execución elaborados en forma multidisciplinar.
B31 B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B32 B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B33 B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B34 B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B35 B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
1. Coñecer e aplicar os fundamentos teóricos e principios básicos da mecánica de fluídos, a hidráulica, a electricidade e o electromagnetismo, a calorimetría e higrotermia, e a acústica, ao contexto da edificación. A40
A47
A56
A60
A76
B31
B32
B33
B34
B35
C8
C9
2. Aplicar os conceptos e métodos da Física á compresión dos avances tecnolóxicos aplicados á edificación, a súa interacción con outras ramas da Ciencia e a Técnica e ao seu impacto na sociedade. A40
A47
A56
A60
A76
B31
B32
B33
B34
B35
C3
C6
C7
C8
C9
3. Aplicar os conceptos e métodos da Física ás materias técnicas específicas da súa formación. A56
A60
A76
B32
B33
B34
B35
C7
C9
4. Comprender, interpretar e aplicar as metodoloxías e técnicas experimentais de Física na súa formación continua e labor profesional. A56
A76
B32
B34
B35
C3
C6
C7
C8
C9

Contidos
Temas Subtemas
1. Mecánica de Fluídos: propiedades físicas, hidrostática e hidrodinámica de fluídos ideais.
2. Hidráulica: fluídos reais, viscosidade, modos de circulación, perda de carga en circuítos hidráulicos.
3. Electromagnetismo: carga, campo, potencial, indución electromagnética, ondas electromagnéticas, propiedades físicas da luz.
4. Electricidade: corrente continua, corrente alterna, circuítos eléctricos.
5. Calorimetría: calor e temperatura, propiedades térmicas da materia, principios da Termodinámica, transferencia de calor nos elementos da edificación.
6. Higrotermia: propiedades do aire, diagrama psicométrico, transferencia de humidade nos elementos da edificación, acondicionamento ambiental.
7. Acústica: principios físicos do son, medida do son, illamento e acondicionamento acústico na edificación, acústica ambiental, control do ruído.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A40 2 0 2
Análise de fontes documentais A40 A47 A76 B32 B33 B34 C3 2 2 4
Solución de problemas A40 A47 A56 A60 A76 B31 B32 B34 C3 C6 20 35 55
Sesión maxistral A40 A47 A60 A76 B31 B33 B35 C6 C7 C8 25 40 65
Estudo de casos A40 A47 A56 A60 A76 B31 B32 B33 B34 B35 C6 C7 C8 2 3 5
Prácticas de laboratorio A40 A47 A56 A60 A76 B31 B32 B33 B34 B35 C6 C7 C8 C9 5 10 15
Proba obxectiva A40 A47 A56 A60 A76 B31 B32 C9 4 0 4
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da materia
Análise de fontes documentais Procura de información, utilización e redacción de documentos
Solución de problemas Realización de exercicios e traballos prácticos na aula, de forma individual ou en equipo
Sesión maxistral Sesións expositivas dos contidos
Estudo de casos Casos prácticos relacionados cos contidos
Prácticas de laboratorio Prácticas experimentais en laboratorio ou mediante a utilización de TIC
Proba obxectiva Probas obxectivas tipo respostas breves, múltiples ou resolución de problemas

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Solución de problemas
Prácticas de laboratorio
Análise de fontes documentais
Descrición
En todas as actividades de carácter "saber facer" recoméndase a consulta e o seguimento personalizado das tarefas a realizar, utilizando as tutorías individuais da materia. A avaliación continua procurará tamén o seguimento individual das aprendizaxes.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A40 A47 A56 A60 A76 B31 B32 C9 Prueba escrita de caracter teórico y práctico. Se valorará la calidad de sus resultados, la correcta justificación de las respuestas y la utilización correcta de la notación y terminología científica y técnica 100
Estudo de casos A40 A47 A56 A60 A76 B31 B32 B33 B34 B35 C6 C7 C8 Se valorará la capacidad del estudante de plantear y resolver cuestiones, situaciones y problemas, así como la utilización correcta de la notación y terminología científica y técnica. 0
Solución de problemas A40 A47 A56 A60 A76 B31 B32 B34 C3 C6 Se valorará la capacidad del estudante de plantear y resolver problemas, así como la utilización correcta de la notación y terminología científica y técnica. 0
Prácticas de laboratorio A40 A47 A56 A60 A76 B31 B32 B33 B34 B35 C6 C7 C8 C9 Se valorará la calidad de la documentación o informe presentado: la calidad de la fundamentación, de los resultados y conclusiones, de la metodología desarrollada y de la utilización correcta de la notación y terminología científica y técnica 0
Análise de fontes documentais A40 A47 A76 B32 B33 B34 C3 Se valorará la capacidad del estudiante de manejar fuentes de información de calidad, ser capaz de realizar tareas de búsqueda, organización y elaboración de información documental 0
 
Observacións avaliación
NOTA: As porcentaxes anteriores da aplicación informática da guía son
exclusivamente da modalidade de Avaliación Final da materia, en base
aos exames oficiais (probas obxectivas).
O estudante dispón de
dúas metodoloxías de avaliación, entre as cales poderá elixir
libremente: Avaliación Continua e Avaliación Final.

Avaliación Continua:

A
condición para ser avaliado nesta modalidade é a participación no
conxunto de actividades individuais ou de grupo que se programarán ao
longo do curso, segundo a planificación que realice o profesorado da
materia.

A avaliación continua persegue a avaliación das
competencias adquiridas polo estudante mediante a análise dos resultados
de diferentes actividades individuais ou de grupo que se programarán ao
longo do curso. Entre elas: cuestións teóricas ou prácticas, titorías,
estudo de casos, prácticas experimentais ou mediante Tics, problemas,
seminarios e xornadas científicas e técnicas, ou visitas externas. Non
se manteñen resultados de cursos anteriores.

O profesorado
indicará a principio de cada curso a programación concreta das
actividades e o seu valor na avaliación global, de acordo co establecido na memoria de verificación da titulación
. O conxunto alcanzará o
100% da cualificación da materia.

As actividades desenvolveranse
preferentemente no horario asignado á materia. Aquelas que dependan de
recursos externos ou se realicen fora do Centro poderán ser unha
excepción, aínda que en calquera caso serán comunicadas con antelación
suficiente.

As cualificacións da Avaliación Continua aplicaranse
na primeira oportunidade de avaliación da materia. En caso de non
alcanzar o mínimo da cualificación prevista en algunha actividade, o
estudante deberá presentarse á Avaliación Final.

Avaliación Final:

Exame
teórico-práctico de toda a materia, correspondente coas oportunidades
oficiais ordinarias e extraordinarias de avaliación da universidade, nas
datas fixadas polo Centro. Permite acadar o 100% da cualificación da
materia. En primeira oportunidade ordinaria pode presentarse calquera
estudante que non siga a Avaliación Continua. En segunda oportunidade e
extraordinarias, será a única aplicable.


Fontes de información
Bibliografía básica Rafael Almagro Andrade. (2010). Física aplicada a la edificación. Madrid. García-Maroto
Valiente Cancho, Andrés (2013). Física aplicada: 192 problemas útiles. Madrid. García-Maroto
Tipler, Paul Allen. (2011). Física para la Ciencia y la Tecnología. Barcelona. Reverté
B. Blasco Laffón et al. (2008). Fundamentos Físicos de la Edificación II. Madrid. Delta
A. Durá Domenech et al. (2004). Fundamentos Físicos de las Construcciones Arquitectónicas II. Universidad de Alicante

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías