Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Medicións Acústicas na Edificación Código 670G01138
Titulación
Grao en Arquitectura Técnica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Nogueira Lopez, Pedro Fernando
Correo electrónico
pedro.nogueira@udc.es
Profesorado
Nogueira Lopez, Pedro Fernando
Correo electrónico
pedro.nogueira@udc.es
Web
Descrición xeral A Acústica é unha parte da Física que trata da produción, transmisión, recepción, audición e control do son. Se ben o seu interese no ámbito da Edificación vén de antigo, na actualidade fíxose patente no marco normativo actual. Así neste sentido, o Código Técnico da Edificación establece regras e procedementos que permiten cumprir as esixencias básicas de protección fronte ao ruído.
O obxectivo principal da materia Medicións Acústicas na Edificación consiste en formar ao alumno na disciplina da Acústica, de modo que adquira os fundamentos teóricos e prácticos básicos e necesarios para a súa práctica profesional tendo en conta a lexislación vixente.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Adquirir os coñecementos fundamentais sobre matemáticas, estatística, física, química e acústica como soporte para o desenvolvemento das habilidades e destrezas propias da titulación.
A40 A0.5 Coñecemento dos fundamentos teóricos e principios básicos aplicados á edificación, da mecánica de fluídos, a hidráulica, a electricidade e o electromagnetismo, a calorimetría e higrotermia, e a acústica.
A47 A2.1 Coñecemento dos materiais e sistemas construtivos tradicionais ou prefabricados empregados na edificación, as súas variedades e as características físicas e mecánicas que os definen.
A50 A2.4 Aptitude para identificar os elementos e sistemas construtivos, definir a súa función e compatibilidade, e a súa posta en obra no proceso construtivo.
A56 A3.1 Capacidade para aplicar a normativa técnica ao proceso da edificación, e xerar documentos de especificación técnica dos procedementos e métodos construtivos de edificios.
A74 A6.1 Capacidade para aplicar as ferramentas avanzadas necesarias para a resolución das partes que comporta o proxecto técnico e a súa xestión.
A76 A6.3 Aptitude para redactar documentos que forman parte de proxectos de execución elaborados en forma multidisciplinar.
B5 Capacidade para a resolución de problemas.
B16 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B31 B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B32 B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B33 B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B34 B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B35 B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer conceptos básicos de Acústica. A1
A40
Saber relacionar conceptos de Acústica coa Arquitectura Técnica. A47
A50
A56
B5
B16
B31
B32
B33
B34
B35
Capacidade de resolución de problemas derivados das súas actividades profesionais sobre a base dos coñecementos adquiridos na materia. A50
A56
A74
A76
B5
B16
C3
C6
C7
C8
C9
Comprender e valorar a importancia dos coñecementos básicos adquiridos na materia como unha ferramenta útil para o seu desenvolvemento na profesión. B32
B33
B34
C6
C7
C8
C9

Contidos
Temas Subtemas
Introdución Cadea de comunicación acústica
M.A.S. e M.O.
Leis básicas do son
Enxeñaría acústica Acústica fisiológica
Acústica física
Acústica arquitectónica
Acústica xeométrica
Difusión sonora
Fontes sonoras
Acondicionamento acústico Materiais acústicos
Normativa
Illamento acústico Introdución ao illamento acústico.
Illamento acústico a ruído aéreo en edificación.
Índices de Illamento.
Comportamento acústico dos sistemas construtivos.
Illamento acústico "in situ". Recomendacións de actuación en edificación.
Protección acústica da envolvente do edificio fronte ao ruído exterior.
Ruído de instalacións.
Ruído de impactos e o seu illamento.
Avaliación e xestión do ruído ambiental Introdución e aspectos xerais.
Niveis de perturbación por ruído. Calidade acústica ambiental.
Lexislación e normativas.
Lexislación e normativas.
Documento básico HR Protección fronte ao Ruído.
Informe de Avaliación do Edificio (IEE). Parte IV Acústica-Protección contra o ruído
Medicións acústicas Equipos de medida
Medidas de ruído ambiental
Medidas do illamento
Medidas de parámetros acústicos en recintos
Medidas de absorción acústica en materiais
Informes e fichas de cumprimento.
Certificación da calidade acústica dos edificios Esquema de certificación acústica dos edifcios en España: norma UNE 74201

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A40 A47 B16 C3 C8 16 36 52
Seminario A50 A56 A74 A76 B5 B31 B34 B35 10 30 40
Traballos tutelados B32 B33 C6 C7 C9 4 12 16
Proba obxectiva A1 A40 A47 A50 A56 A74 B5 B16 B31 B32 C3 1.5 0 1.5
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación dos conceptos e leis asociados aos fundamentos da Acústica.
Seminario Resolución de exercicios de xeito participativo e manexo de instrumentos de medida.
Traballos tutelados Realización de varios traballos nos que se busca que o alumno desenvolva de forma autónoma algunha actividade que previamente fixera durante os seminarios. O profesor fará un seguimento da progresión do alumno.
Proba obxectiva Con esta proba búscase que o alumno responda por escrito cuestións teórico-prácticas valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.). Implica un estudo amplo e profundo dos contidos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O obxectivo fundamental será a realización dun seguimento da comprensión da materia por parte dos alumnos. Resolveranse as dúbidas formuladas e cuestións prácticas entregadas aos alumnos.

ALUMNOS A TEMPO PARCIAL: os alumnos que se acollan á modalidade de matrícula a tempo parcial recibirán unha orientación específica para planificar as súas tarefas de xeito semanal.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A50 A56 A74 A76 B5 B31 B34 B35 Seguimento das actividades propostas na aula desenvolvidas individualmente ou en pequenos grupos, valorándose a participación activa 25
Proba obxectiva A1 A40 A47 A50 A56 A74 B5 B16 B31 B32 C3 A proba obxectiva terá lugar nas datas oficiais de exame da primeira e segunda oportunidade. 50
Traballos tutelados B32 B33 C6 C7 C9 No que denominamos modalidade de avaliación continua, realizarase un seguimento das actividades propostas desenroladas individualmente ou en pequenos grupos. 25
 
Observacións avaliación

O alumno poderá ser avaliado de dous modos diferentes: ou ben a través dunha "avaliación continua" ou ben a través dunha "avaliación final".

A) AVALIACIÓN CONTINUA.
O traballo do alumno será avaliado de forma continua a través dos traballos tutelados propostos e a través da resolución de cuestións, problemas e casos prácticos. As cualificacións de avaliación continua, que supoñen o 50% da materia, só se aplicarán no caso de satisfacer un 80% de asistencia ás clases. Nese caso, o 50% restante obterase na proba obxectiva final da materia.

B) AVALIACIÓN FINAL.
Calquera alumno (tanto con matrícula ordinaria como con matrícula a tempo parcial) terá dereito a seguir a avaliación final. Esta avaliación terá en conta unicamente o resultado obtido na realización dunha proba obxectiva dos contidos de toda a materia. A nota recibida neste exame supoñerá o 100 % da cualificación da materia e conseguirase o aprobado ao alcanzar un mínimo de 5,0 puntos. Esta proba obxectiva coincidirá coas oportunidades oficiais de xuño e xullo.

NON PRESENTADO A cualificación de “Non Presentado” figuraralle a aqueles alumnos que non se presenten á proba obxectiva final das correspondentes oportunidades oficiais.

Son de aplicación e convén consultar as "Normas de Avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario" da UDC, que regulan os procedementos e o réxime disciplinario.


Fontes de información
Bibliografía básica García-Rebull Salgado, José Fernando (). Física y tecnología del sonido. Santiago : Tórculo
Arau, Higini (1999). ABC de la acústica arquitectónica. Barceloa : Ceac
(2009). Acústica ambiental : análisis, legislación y soluciones. Madrid : Sociedad Española de Acústica
Valero Granados, Santiago (2011). Acústica aplicada al interiorismo : [acondicionamiento acústico en locales de uso público]. [Barcelona] : Arquifon
Bartí Domingo, Robert (2010). Acústica medioambiental. San Vicente (Alicante) : Editorial Club Universitario
(2007). BOE numero 254 de 23/10/2007: RD 1371/2007 de 19 de octubre, por el que se aprueba el documento básico "DB-HR Protección frente al ruido" del Código Técnico de la Edificación y se m.
Rodríguez Rodríguez, Francisco José (2008). Guía acústica de la construcción. Madrid : CIE-Dossat
Avilés López, Rodrigo; Perera Martín, Rocío (2017). Manual de acústica ambiental y arquitectónica. Paraninfo

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Matemáticas I [Extinguida]/670G01001
Matemáticas II [Extinguida]/670G01006
Fisica Aplicada II [Extinguida]/670G01007

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías