Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Literatura Medieval Galego-Portuguesa Código 710476007
Titulación
Mestrado Universitario en Patrimonio Cultural: A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Estudo da lituratura medieval galego-portuguesa a través dos seus textos e autores máis representativos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer o patrimonio cultural do Noroeste peninsular dende un punto de vista diacrónico.
A2 Estar capacitado para investigar en temas de patrimonio cultural eurorrexional.
A3 Coñecer os diferentes bens e recursos patrimoniais que identifican tanto a Galicia como ó Norte de Portugal, para o desenvolvemento de convenios de colaboración e conservación conxuntos.
A5 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento en temas eurorrexionais.
A7 Coñecer as producións literarias de Galicia e Norte de Portugal.
A9 Coñecer os textos historiográficos como fontes literarias e as técnicas historiográficas.
B10 Capacidade de xestión da información relevante.
B16 Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade no ámbito do exercicio
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o patrimonio cultural do Noroeste peninsular dende un punto de vista diacrónico. AI1
Estar capacitado para investigar en temas de patrimonio cultural eurorrexional. AI2
Coñecer os diferentes bens e recursos patrimoniais que identifican tanto a Galicia como ó Norte de Portugal, para o desenvolvemento de convenios de colaboración e conservación conxuntos. AI3
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento en temas eurorrexionais. AI5
Coñecer as producións literarias de Galicia e Norte de Portugal. AI7
Coñecer os textos historiográficos como fontes literarias e as técnicas historiográficas. AI9
Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade no ámbito do exercicio BI15
Capacidade de xestión da información relevante. BI9
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. CM3
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. CM6
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. CM7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. Literatura e Idade Media. 1.1 A mentalidade medieval.
1.2 A cultura medieval.
2. A Lírica profana. 2.1 A cultura trobadoresca. Caracterización xeral.
2.2 A transmisión codicolóxica. Xéneros e autores.
2.3 O amor cortés. A Cantiga de amor.
2.4. A Cantiga de amigo
2.5 A Cantiga de escarnho e maldizer. Outro xéneros.


3. A Lírica relixiosa. 3.1 As Cantigas de Santa María. A cuestión da autoría.
3.2 Códices. Estrutura.
3.3 Cantigas de loor e cantigas narrativas.
4. A prosa medieval. 4.1 Prosa historiográfica, didáctica e de ficción.
4.2 As crónicas e a historiografía ibérica. Traducións da historiografía alfonsí. Os Livros de Linhagens.
4.3 A Materia de Bretaña.
4.4 A Materia de Troia.
4.5 A prosa Xacobea.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC 4 6 10
Proba mixta 3 9 12
Lecturas 1 10 11
Sesión maxistral 11 20 31
Traballos tutelados 2 8 10
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC O alumnado deberá utilizar os recursos en rede que se inclúen no Paso 8 desta Guía para a realización de traballos que esixen a consulta desas bases de datos.
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes....
Lecturas No Paso 8 desta Guia, está a relación de obras que o/a alumno/a debe ler ao longo do curso.
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesorado explica a contextualización e os elementos necesarios do temario para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior.
Traballos tutelados Texto(s) orai(s) e/ou escrito(s) en que o alumnado analizará, seguindo un roteiro fornecido pola profesora, algunha(s) da(s) obra(s) de lectura obrigada.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Prácticas a través de TIC
Descrición
Durante as horas de atendemento do profesorado, o/a alumno/a recibirá toda a guía e axuda que precise para a realización dos seus traballos tutelados e das prácticas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados Texto(s) orai(s) e/ou escrito(s) en que o alumnado analizará, seguindo un roteiro fornecido pola profesora, algunha(s) da(s) obra(s) de lectura obrigada. 25
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes.... 50
Lecturas No Paso 8 desta Guia, está a relación de obras que o/a alumno/a debe ler ao longo do curso, e cuxa lectura será avaliada a través da proba mixta e dos traballos tutelados. 25
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica TAVANI, G. (1988). A Poesía Lírica Galego-Portuguesa. Vigo. Galaxia
LANCIANI, G. e TAVANI, G. (orgs.) (1993). Dicionário da Literatura Medieval Galega e Portuguesa. Lisboa, Ed. Caminho
MARTINS, M. (1980). Estudos de Cultura Medieval. Lisboa, Brotéria
BREA, M. (coord.) (2000). Galicia. Literatura. A Idade Media. XXX.. A Coruña, Hércules
PENA, X. R. (2002). Historia da Literatura Medieval Galego-Portuguesa. Compostela, Ed. Sotelo Blanco
RODRIGUES LAPA, M. (1981). Lições de Literatura Portuguesa. Época Medieval. Coimbra, Coimbra Editora
BUESCU, Mª L. Carvalhão (1990). Literatura portuguesa medieval.. Lisboa, Universidade Aberta.
RESENDE DE OLIVEIRA, A. (2001). O Trovador Galego-Português e o seu Mundo. Lisboa, Editorial Notícias
RESENDE DE OLIVEIRA, A. (1995). Trobadores e Xograres (Contexto Histórico). Vigo. Xerais

Obras de lectura obrigatoria:

Antoloxía de Cantigas de Amor
Antoloxía de Cantigas de Amigo
Antoloxía de Cantigas de escarnho e maldizer
Antoloxía de Cantigas de Santa María
Antoloxía de prosa literaria medieval.

Centro de Investigación Ramón Piñeiro: http://www.cirp.es/

Biblioteca Virtual Galega:http://bvg.udc.es/

Outras:

http://www.youtube.com/watch?v=nSyO6gb3iPY&feature=related

http://www.historiaviva.org/cantigas/indice.shtmlhttp://www.cervantesvirtual.com/Buscar.html?texto=Cantigas+de+Santa+Mariahttp://www.youtube.com/watch?v=J9yFtY6UXzc&feature=related

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías