Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Museos e Novas Tecnoloxías Código 710521009
Titulación
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Gestal Pose, Marcos
Correo electrónico
marcos.gestal@udc.es
Profesorado
Dorado de la Calle, Julian
Gestal Pose, Marcos
Correo electrónico
julian.dorado@udc.es
marcos.gestal@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia presentaranse e estudiaranse as novas tecnoloxías relacionadas co acceso, visualización e presentación de información e datos multimedia e acceso virtual a museos. Tamén estudiaranse técnicas TIC de virtualización dos fondos dos museos para facilitar o acceso público.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías

*Metodoloxías docentes que se manteñen

• Sesión maxistral
• Traballos tutelados
• Proba obxectiva

*Metodoloxías docentes que se modifican

Non se modifican as metodoloxías empregadas. Mudarase a súa realización á plataforma TEAMS. A proba obxetiva realizarase a través de teams/moodle.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

Correo electrónico: Diariamente. Resolución de consultas, solicitude de titorías e seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Segundo necesidades. Contidos necesarios para a realización da materia. Publicación de novas para informar de eventos de interese, calificacións, etc.
– Teams: 1 sesión semanal na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Seguimento de traballos tutelados e realización de titorías.

4. Modificacións na avaliación

Non se modifican os conceptos e porcentaxe de avaliación. A asistencia poderase avaliar mediante pequenos test relativos ós conceptos vistos en cada unha das sesións.

*Observacións de avaliación:

Preguntarase a todolos alumnos mediante moodle, previamente ó examen, se teñen algunha problemática de conexión para realizar o exame de forma síncrona. No caso de que algún alumno teña problemas, realizarse o exame de forma telefónica.
En caso de que os problemas se produzan durante a realización do exame, tamén se recurrirá ó exame oral mediante chamada telefónica.
Calquera eventualidade do alumno coa realización do exame síncrono terá que ser comunicada ós profesores á maior brevidad para poder articular unha solución da forma máis rápida posible.
Para a evaliación de segunda oportunidade, o alumno poderá entregar os traballos tutelados que se avaliarán baixo os mesmos criterios empregados durante o primeiro cuatrimestre.



5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Non se modifica a bibliografía

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 CE10 – Estar capacitado para deseñar, xestionar e organizar exposicións permanentes e temporais
A13 CE13 – Estar capacitado para deseñar novos recuros para museos, arquivos e bibliotecas no ámbito da Sociedade do Coñecemento
A14 CE14 – Contribuír ao deseño e mellora de dontenedores e de proxectos culturais e patrimoniais
B1 CB6 – Posuir e comprender os coñecementos que acheguen una base u oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7 – Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos nunha base ou oportunidade de resolución de problemas en contornos novos ou poco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B8 CG3 – Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicación (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida
B10 CG6 – Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información disponible para resolver os problemas cos que deben de enfrontarse
C5 CT5 – Capacidade de innovar
C9 CT10 – Incorporas as TIC no proceso de investigación e a xestión da información, no análise de datos e a difusión e comunicación de resultados
C10 CT11 – Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica profesional

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber diseñar unha solución innovadora para un museo con uso intensivo de TICs AP10
AP13
AP14
CP5
Coñecer as novas tecnoloxías e as súas capacidades, para a súa implantación nos museos BP8
BP10
CP9
CP10
Saber evaluar as novas tecnoloxías que aparezan no futuro e o seu posible uso na mellora ou creación de museos. BP1
BP2
CP10

Contidos
Temas Subtemas
Introducción Introduccion
Novas tecnoloxías no ámbito dos Museos Novas tecnoloxías relacionadas co acceso, visualización e presentación da información e datos multimedia

Información xeoespacial

Ferramentas colaborativas
Ferramentas de promoción de contidos Ferramentas de promoción de contidos
Introducción ó modelado 3D Introducción ó modelado 3D

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B1 12 12 24
Traballos tutelados A10 A13 A14 C5 5 20 25
Proba obxectiva B1 B2 B8 B10 C9 2 2 4
Prácticas a través de TIC B2 B8 B10 C9 C10 10 10 20
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases de contidos teóricos e prácticos na aula
Traballos tutelados Realización por parte do alumno dun traballo sobre temas da materia que será dirxido polo profesor nas fases de selección do traballo, prantexamento, desenrolo e presentación
Proba obxectiva Exame escrito de preguntas curtas sobre os contidos da materia
Prácticas a través de TIC Localización de recursos en Internet, proba de tecnoloxías e desenrolo de recursos dixitais

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Prácticas a través de TIC
Descrición
Sesións cos alumnos para definir e traballar no avance dos traballos.
Desenrolo de prácticas na aula para creación de contidos dixitais
As titorías realizaranse a través de TEAMS

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral B1 Asistencia activa ás sesións maxistrais 10
Traballos tutelados A10 A13 A14 C5 Revisión traballos tutelados propostos ó / polo alumno 50
Proba obxectiva B1 B2 B8 B10 C9 Exame teórico 40
 
Observacións avaliación
Para superar a materia, o alumno deberá obter unha calificación mínima de 5 sobre 10 no resultado de combinar as calificaciòns da proba obxectiva e os traballos tutelados. Para poder facer a media entre as dúas notas o alumno deberá obter unha nota mínima de 3,5 na proba obxectiva. Se non obtén esta nota mínima, a nota da materia será a correspondente a nota da proba obxectiva.

Criterios particulares de evaluación e asistencia para alumnos con matrícula a tiempo parcial: En caso de non poder asistir de forma xustificada as aulas o alumno debe falar co profesor para levar a cabo os traballos tutelados e facer unha evaluación do traballo realizado nas aulas.

Na segunda oportunidade, mantense a nota obtida no traballo tutelado, non podendo volver a obter nota xa que resulta da evaluación continua do traballo durante os créditos da materia. O alumno pode voltar a facer o exame da proba obxectiva, sendo os criterios para obter a nota total os indicados ó principio deste apartado.


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías