Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Literatura e Casas Museo Código 710521014
Titulación
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Pena Sueiro, Nieves
Correo electrónico
nieves.pena.sueiro@udc.es
Profesorado
Pena Sueiro, Nieves
Correo electrónico
nieves.pena.sueiro@udc.es
Web
Descrición xeral Análisis do papel que desempeñan as casas museo na conservación e memoria do legado que deixaron os diferentes autores.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 – Estar capacitado para investigar en temas de patrimonio cultural e bibliográfico documental
A2 CE2 – Coñecer e manexar as técnicas museográficas e historiográficas
A5 CE5 – Estar capacitado para a xestión en museos
A6 CE6 – Estar capacitado para a xestión en arquivos históricos e bibliotecas patrimoniais
A8 CE8 – Estar capacitado para a posta en valor e a difusión do patrimonio culturale bibliográfico documental
A10 CE10 – Estar capacitado para deseñar, xestionar e organizar exposicións permanentes e temporais
A11 CE11 – Estar capacitado para a xestion no ámbito do turismo cultural e patrimonial
A15 CE15 – Ter capacidade para catalogar e organizar coleccións patrimoniais
B2 CB7 – Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos nunha base ou oportunidade de resolución de problemas en contornos novos ou poco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B4 CB9 – Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sin ambigüidades
B6 CG1 – Expresarse correctamente, tanto de xeito oral como escrita nas linguas oficiais da comunidade autónoma
B11 CG7 – Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da súa vida
C1 CT1 – Capacidade de análise e síntese
C3 CT3 – Habilidades para localizar e analizar información de fontes diversas
C5 CT5 – Capacidade de innovar
C6 CT6 – Capacidade de organización e planificación

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Coñecer a tipoloxía museística e valorar as casas museo do seu entorno AP1
AP2
AP5
AP6
AP8
AP10
AP15
BP6
Adquirir os coñecementos necesarios para a creación, o deseño e a xestión dunha casa museo AP1
AP2
AP5
AP8
AP10
BP2
BP4
BP11
CP3
CP5
CP6
Relacionar un autor e/ou obra literaria con seu entorno socio-cultural Ser capaz de valorar o patrimonio cultural inmaterial e material e poder afrontar unha reflexión sobre a historia da cultura e os instrumentos para a sua conservación AP1
AP5
AP6
AP8
AP11
AP15
BP2
BP6
BP11
CP1

Contidos
Temas Subtemas
1.O concepto de casa-museo. 1.1. Definición
1.2. Evolución no tempo
1.3. Categorización e funcións
2. As casas-museo: exemplos e tipos.
2.1. Casas de personalidades
2.2. Consagradas a épocas artísticas
2.3. Casas museos de personaxes de ficción
2.4. Otras
3.. As casas-museo e o seu patrimonio. conservación, museización e difusión.
3.1. Montaxes museográficos: recuperación ou recreación
3.2. O público e o privado
3.3. As estratexias de visibilización das casas museo
4. Casas museo de escritores.
Estudo de casos e realización propostas dentro da contorna.
4.1. Visualización e valoración sobre o terreo dos casos
4.2 Elaboración de propostas, xustificación e discusión.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B11 C3 C5 1 0 1
Sesión maxistral A1 A2 B4 B6 B11 6 12 18
Lecturas A1 A2 A5 A8 A10 A11 A15 B2 C1 C3 0 8 8
Saídas de campo A1 A2 A10 B2 C3 8 10 18
Estudo de casos A6 A8 A10 B2 B4 B11 C6 3 3 6
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A2 A8 A10 A11 B6 C3 C5 C6 3 20 23
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación do contido e avaliación dos coñecementos previos do alumnado, así como avaliación da sua disposición fronte a materia. Valoración das necesidades específicas do alumnado.
Sesión maxistral Nestas sesións daránse as claves teóricas e describiránse conceptos básicos para fixar as nocións fundamentais que se precisan para o desenvolvimento do resto das metodoloxías de aprendizaxe.
Lecturas Será preciso realizar diferentes lecturas sobre os contidos da materia e tamén lecturas de textos literarios relacionados cos casos analizados e co proxecto de investigación que realizará o alumno.
Saídas de campo Actividades desenvolvidas fora da aula e no entorno das casa museo de escritores da contorna, e que proporcionarán a observación sistemática e directa da museización ca finalidade de por en relación todos os coñecemntos adquiridos e poder elaborar exitosamente o proxecto de investigación final.
Estudo de casos A partir da visualización ou visita a algunhas casas museos, e da lectura de fragmentos literarios, estudaráse a relación do texto e a museización proposta, avaliando e xustificando o resultado final.
Investigación (Proxecto de investigación) Se propoñen situacións que requiren do estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
No proxecto de investigación amósanse as habilidades logradas nas outras metodoloxías utilizadas e ponse de manifesto a autonomía fronte a aprendizaxe e as capacidades de desenvolvemento dos coñecementos adquiridos nun contexto real.

Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición
Será preciso atender de maneira individual o alumno na resolución dos problemas que poidan xurdir na realización do seu proxecto.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A6 A8 A10 B2 B4 B11 C6 Capacidade de obxectivar os datos observados e de identificar a súa pertenenza o patrimonio e a memoria histórica. 20
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A2 A8 A10 A11 B6 C3 C5 C6 Requírese orixinalidade e rigor. Se valorará a capacidade de utilizar todos os recursos ofrecidos perante as saídas de campo, e os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais e no estudo de casos e lecturas nun proxecto novo que propoña unha museización razoada de contidos relacionados ca literatura. 40
Saídas de campo A1 A2 A10 B2 C3 Se valorará a capacidade de observación,recopilación de datos, e posta en relación dos mesmos, así como a utilización da observación na proposta do proxecto de investigación e o estudio de casos posterior. 40
 
Observacións avaliación

Os traballos entregaránse nas datas oficiais establecidas polos centros para a realización das probas escritas, tanto na primeira oportunidade coma na segunda.

Para aprobar a materia será preciso que os traballos,ademáis de uns contidos adecuados, se presenten correctamente en papel e versión electrónica,  e e coa adecuada corrección ortográfica, e de redacción. Os traballos han de ser orixinais e poderán ser sometidos o programa de detección de plaxios suscrito por la UDC.

Estableceránse medidas para atender a alumnos con dispensa académica recoñecida.

Aqueles/as alumnos /as que teñan algún tipo de excepcionalidade para vir a clase, legalmente concedida, que falen ca profesora á comezos de curso para establecer  os sistemas de avaliación correspondentes.


Fontes de información
Bibliografía básica

Caso, A.,Las casas de los poetas muertos  Barcelona, Planeta, 2013.
Jiménez- Blanco, Mª D.,Una historia del museo en nueve conceptos, Madrid, Cátedra, 2014.
Llonch, M. y J. Santacana, J., Claves de la museografía didáctica, Milenio, 2011.
Magadan Díaz, M. y J. Rivas García, Turismo literario, Septem Ediciones, 2011.

Se proporcionarán  lecturas literarias fragmentarias de lectura obligatoria.

Bibliografía electrónica

ACAMFE, Asociación de Casas Museo y Fundaciones de Escritores, http://www.museosdeescritores.com/
RUTAS LITERARIAS DE LA ASOCIACIÓN DE CASAS-MUSEO Y FUNDACIONES DE ESCRITORES http://www.museosdeescritores.com/ESP_II/publicaciones/rutas_literarias.pdf

http://www.casasmuseo.es/index.htm

Casas museo europeas: http://museocerralbo.mcu.es/web/docs/casa-museo/enlaces-casas-museo-europeas.pdfhttp://www.icom-ce.org/recursos/ICOM_CE_Digital/01/ICOMCEDigital01.pdf

http://www.icom-ce.org/recursos/ICOM_CE_Digital/01/ICOMCEDigital01.pdf

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías