Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Patrimonio e Documentación Audiovisual Código 710521029
Titulación
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Perez Rodriguez, Maria Antonia
Correo electrónico
antonia.perezr@udc.es
Profesorado
Perez Rodriguez, Maria Antonia
Correo electrónico
antonia.perezr@udc.es
Web
Descrición xeral 1. Dotar ao alumnado de recursos teóricos e prácticos para realizar a documentación audiovisual, ensinaráselles a ponderar os recursos e fontes a analizar e evaluar a calidade da información e a extraer rendabilidade socioeconómica dos fondos documentais.
2. Asi mesmo se lles fará ver a importancia da escolla e conservacións dos documentos audiovisuais e que esos fondos constiúen un ben patrimonial tanto para os medios de comunicación como empresas privadas ou públicas, como para o conxunto da sociedade.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 – Estar capacitado para investigar en temas de patrimonio cultural e bibliográfico documental
A3 CE3 – Saber manexar e aplicar as novas tecnoloxías no eido do patrimonio cultural e bibliográfico documental
A13 CE13 – Estar capacitado para deseñar novos recuros para museos, arquivos e bibliotecas no ámbito da Sociedade do Coñecemento
A15 CE15 – Ter capacidade para catalogar e organizar coleccións patrimoniais
B2 CB7 – Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos nunha base ou oportunidade de resolución de problemas en contornos novos ou poco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B5 CB10 – Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de se en gran medida autodirixido ou autónomo
B8 CG3 – Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicación (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida
B9 CG5 – Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
B10 CG6 – Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información disponible para resolver os problemas cos que deben de enfrontarse
B12 CG8 – Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C3 CT3 – Habilidades para localizar e analizar información de fontes diversas
C6 CT6 – Capacidade de organización e planificación
C8 CT8 – Traballar de forma colaborativa
C9 CT10 – Incorporas as TIC no proceso de investigación e a xestión da información, no análise de datos e a difusión e comunicación de resultados
C10 CT11 – Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica profesional

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Estar capacitado para investigar en temas de patrimonio cultural e bibliográfico documental Saber manexar e aplicar as novas tecnoloxías no eido do patrimonio cultural e bibliográfico documental AP1
AP3
Estar capacitado para deseñar novos recuros para museos, arquivos e bibliotecas no ámbito da Sociedade do Coñecemento Ter capacidade para catalogar e organizar coleccións patrimoniais AP13
AP15
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos nunha base ou oportunidade de resolución de problemas en contornos novos ou poco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo BP2
BP5
BP8
BP9
BP10
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras BP12
Habilidades para localizar e analizar información de fontes diversas Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica profesional CP3
CP6
CP8
CP9
CP10

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: A documentación audiovisual e periodística como recurso cultural e como ben socioeconómico e patrimonial. 1.1. Etapas da documentación audiovisual
1.2. Principios, características, funcións e valor partimonial da documentación audiovisual.
1.3 Receptores da información audiovisual xerada por diferentes entidades
Tema 2: A cadea documental aplicada aos documentos audiovisuais e a súa reversión na sostenibilidade do patrimonio cultural 2.1.Fases da cadea documental.
2.2 Especificidade da análise dos documentos audiovisuais

Tema 3: Documentación en cine e fotografía.
3.1 Características e funcións
3.2 Aplicacións no eido patrimonial

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A13 A15 B2 B5 B10 C3 13 0 13
Traballos tutelados A1 A3 B5 B8 B9 C3 C8 C9 C10 1 20 21
Proba obxectiva A1 B12 C6 C3 2 20 22
Lecturas B12 C6 0 15 15
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adoita reservarse a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
Lecturas O docente facilitará lecturas recomendadas

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A3 B5 B8 B9 C3 C8 C9 C10 Traballo individual de busca de fontes de información sobre o parimonio audiovisual. As súas características serán explicadas pola profesora. . 20
Lecturas B12 C6 Lecturas dun mínimo de tres artigos dos que haberá que realizar o resumo, unha analise e un comentario 30
Proba obxectiva A1 B12 C6 C3 Preguntas breves e desenrolo dos contidos impartidos 50
 
Observacións avaliación

É imprescindible aprobar a proba obxectiva para superar esta materia. O traballo individual e as lecturas so sumarán á proba obxectiva se esta está aprobada.

Aqueles/as alumnos /as que teñan algún tipo de excepcionalidade para vir a clase legalmente concedida, que falen co/a pofesor/a á comezos de curso para establecer as titorías e os sistemas de avaliación correspondentes


Fontes de información
Bibliografía básica

Debido a problemas técnicos, a bibliografía básica será entregada pola profesora o primeiro día de aulas.

Bibliografía complementaria

ALBORNOZ, L., “Las industrias culturales como concepto”. Observatorio, ano 2, nº 2. Buenos Aires: OIC de Buenos Aires, 2000

BORDIEU, P., El amor al arte. Barcelona: Paidós, 2003

BUSTAMANTE, E. (coord), Hacia un nuevo sistema mundial de comunicación. Industrias culturales en la era digital, Gedisa: Barcelona, 2003

BUSTAMANTE, E., Alternativas en los medios de comunicación digitales, Barcelona: Gedisa, 2008

CUADRADO, M. (coord), Mercados culturales. Doce estudios de marketing, Barcelona: Universitat Ouberta de Catalunya, 2010

Dachary, Alfredo: De la sociedad del espectáculo a la globalización. México: Universidad de Guadalajara-México, 2006

Ewen, Stuart: Todas las imágenes del consumismo. La política del estilo en la cultura contemporánea. México: Grijalbo. 1998,

EUROSTAT: Cultural statistics, 2007 edition. Bruxelas: European Comission, 2007.

Mattelart, A.: Diversidad, cultura, mundialización. Barcelona: Paidós, 2006

Mattelart, A.: La invención de la comunicación. Barcelona: Boch, 1995

Warnier,J.P.: La mundialización de la cultura. Barcelona: Gedisa, 2005

Yúdice, George: “Las industrias culturales: más allá de la lógica puramente económica, el aporte social”. Madrid: Pensar Iberoamérica. 2004.

Zallo, Ramón: Economía de la cultura y la comunicación. Madrid: Akal. 1988.VV.AA.: Economía y Cultura. La tercera cara de la moneda. Bogotá: Convenio Andrés Bello. 2002.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías