Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Patrimonio e Documentación Audiovisual Código 710521029
Titulación
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Fernandez Travieso, Carlota
Correo electrónico
carlota.ftravieso@udc.es
Profesorado
Fernandez Travieso, Carlota
Correo electrónico
carlota.ftravieso@udc.es
Web http://http://pdi.udc.es/es/File/Pdi/4S46G
Descrición xeral A materia ten como obxectivo principal dotar ao alumnado de recursos e competencias teórico/prácticos para o desempeño das distintas tarefas relacionadas coa xestión da documentación audiovisual. Ensinaráselles a ponderar recursos e fontes especializadas na materia e a analizar e avaliar a calidade da información con especial orientación a maximizar a rendibilidade socio-económica dos fondos documentais.
Así mesmo promoverase o coñecemento da importancia da escolla e conservación dos contidos audiovisuais como legado patrimonial de extraordinario valor socio-cultural.
Plan de continxencia 1- Modificacións nos contidos
Mantéñense os contidos propostos, contemplando a eventual redución da súa extensión en virtude do desenvolvemento e evolución da materia e as conxunturas eventuais que se poidan producir.

2- Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
- Portafolios
- Estudos de casos

*Metodoloxías docentes que se modifican:
- Sesión maxistral (presenciais): substituida por docencia non presencial asíncrona, reforzo das comunicacións a través do foro de novas de moodle, reatroalimentación das actividades en moodle e dispoñibilidade on line para consultas e seguimento do alumnado.
- Proba mixta presencial: Substitúese por unha avaliación síncrona on line, utilizándose para tal fin Moodle e coordinación a través de vídeo conferencia a través de Microsoft Teams. Os alumnos que non podan realizar a proba a través dos medios previstos, deben comunicar á docente da materia tal circunstancia ofrecendo unha motivación con suficiente antelación. Para causas debidamente xustificadas, poderá, eventualmente, organizarse un sistema de avaliación alternativo.
- Presentación oral: poderá solicitarse aos alumnos un power point con voz para substituir a exposición dos estudos de casos.

3- Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Ferramentas: Correo electrónico, Microsoft Teams, Moodle (retroalimentación formativa das actividades)
Temporalización: Aténdese ao alumnado diariamente, de luns a venres. A comunicación en primeira instancia establecerase a través do correo electrónico ou do chat de Teams. Será posible concertar citas para vídeo-conferencias a través de Teams.

4- Modificacións na avaliación:
Mantense o peso na cualificación de todalas metodoloxías. Non ha variación nos criterios de valoración.
*Observacións de avaliación:
As mesmas que no caso de non ser necesaria a aplicación deste plan de continxencia.

5- Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
O material preciso para preparar a materia (apuntes, gravacións das clases e/ou referencias web aos textos que son imprescindibles) se colgará na plataforma moodle ou darase acceso a eles a través de enlaces de Internet.
Polo demais, non hai cambios en relación coas fontes empregadas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 – Estar capacitado para investigar en temas de patrimonio cultural e bibliográfico documental
A3 CE3 – Saber manexar e aplicar as novas tecnoloxías no eido do patrimonio cultural e bibliográfico documental
A7 CE7 – Coñecer o marco xurídico e as institucións que regulan a protección e conservación do patrimonio cultural e bibliográfico-documental
B2 CB7 – Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos nunha base ou oportunidade de resolución de problemas en contornos novos ou poco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B5 CB10 – Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de se en gran medida autodirixido ou autónomo
B10 CG6 – Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información disponible para resolver os problemas cos que deben de enfrontarse
B12 CG8 – Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C3 CT3 – Habilidades para localizar e analizar información de fontes diversas
C8 CT8 – Traballar de forma colaborativa
C9 CT10 – Incorporas as TIC no proceso de investigación e a xestión da información, no análise de datos e a difusión e comunicación de resultados
C10 CT11 – Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica profesional

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento das características particulares da documentación audiovisual e as súas tipoloxías. AP3
BP10
CP8
CP10
Coñecemento das técnicas e normas de xestión, clasificación, descrición e conservación da documentación audiovisual. AP1
BP5
CP3
Coñecemento dos recursos de información especializados en patrimonio audiovisual desde o punto de vista da recuperación de información. AP3
BP2
BP12
CP10
Coñecemento do marco legal-legal para o acceso, explotación e conservación do patrimonio audiovisual. AP7
BP2
CP3
CP9

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Documentación audiovisual. 1.1. Definición, características e tipoloxías da documentación audiovisual.
1.2. Breve percorrido pola historia da documentación audiovisual.
1.3. Patrimonio audiovisual: concepto, valor e papel de filmotecas, servizos de documentación en televisións e Internet.
1.4. Soportes e formatos audiovisuais.
Tema 2. Fontes para a producción audiovisual. 2.1. Grandes depósitos audiovisuais, hemerotecas, arquivos e bancos de imaxes fixas e en movemento.
2.1.1 Proceso de búsqueda e recuperación de imaxes.
2.1.2 Adquisición e Condicións legais de uso, difusión e explotación.
Tema 3. A cadea documental aplicada aos documentos audiovisuais. 3.1. Fases da cadea documental: Funcións de entrada, tratamento, saída e difusión e mantemento en filmotecas e servizos de documentación de televisións.

3.2. Especificidade do análise de documentos audiovisuais
3.2.1 A normalización e descripción dos documentos
audiovisuais.
3.2.2 Análise de documentos audiovisuais.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta B10 2 0 2
Sesión maxistral B5 B12 C10 8 5 13
Portafolios do alumno A3 A7 B2 1 18 19
Presentación oral B10 C8 2 0 2
Estudo de casos A1 C3 C8 C9 5 30 35
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Método de avaliación dos coñecementos e habilidades adquiridos polo alumnado, puidendo combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta curta (pechada ou non) e outras algo máis extensas para que o alumno reflexione sobre os contidos tratados na materia.
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos básicos da materia, elaborados e expostos pola docente, que pode apoiarse en medios audiovisuais. Abordaranse cuestións teóricas e prácticas necesarias para o desenvolvemento e resolución dos estudos de caso propostos.
Portafolios do alumno Cartafol que reúne virtualmente (a través da plataforma moodle) os traballos dos alumnos: resumos, recensiones críticas, test de google forms... cos que se demostrará o seguimento das sesións maxistrais e actividades desenvolvidas.
Presentación oral Ó longo das aulas procurarase a interación entre o alumnado e profesorado de xeito ordeado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Os alumnos terán que falar de/expoñer os estudos de casos.
Estudo de casos Os estudantes enfrontaranse ao estudo e resolución de casos prácticos relacionados coa xestión, descrición, indicación e recuperación de documentación audiovisual

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Estudo de casos
Descrición
As titorías da materia permitirán ó alumnado resolver dúbidas sobre os contidos, a forma de preparar a proba oral, os traballos tutelados, traballos do obradoiro, lecturas e calquera outra actividade orientada ao longo do curso.

Empregaránse preferentemente as titorías presenciais, o correo electrónico e o chat de Teams. Acordándose previamente coa profesora, poderase tamén realizar titorías por vídeo-conferencia a través de Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A3 A7 B2 Valorarase a adecuación ás pautas marcadas para cada actividade, o contido, as achegas por parte dos alumnos, a coherencia da súa estrutura, a redacción e presentación. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos. 30
Estudo de casos A1 C3 C8 C9 Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas persoais, a claridade na formulación e estrutura, a capacidade de síntese, a redacción e presentación, fontes e bibliografía utilizada.
Será imprescindible acordar o tema coa profesora dentro do prazo establecido a tal fin.
Poderá requirirse a súa exposición na clase.
60
Presentación oral B10 C8 Terase en conta a participación nas aulas expoñendo o traballo propio e outras achegas de interese por parte dos estudantes reflexionando sobre os temas propostos pola profesora ou expondo dúbidas de forma construtiva. 10
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

Para aprobar a materia é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación. Será imprescindible obter un mínimo de 5 sobre 10 no portafolios e nos estudos de casos, de non ser así a nota global da materia non será superior aun 4,9. Cada un dos traballos do portafolios e cada un dos estudos de casos cualificaranse cunha nota sobre 10 e farán media aritmética entre elas. De ser entregados fóra de prazo ou copiados os traballos serán considerados coma non presentados e serán cualificados cun 0.

SEGUNDA OPORTUNIDADE: 

Poderán presentarse á segunda oportunidade unicamente os estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Realizarase unha proba mixta (exame) co valor do 40% e entregaránse os estudos de casos (60%). Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas, polo que os alumnos poderán recuperarán só a parte/partes que teñan suspensas. Será obrigatorio comunicar á profesora cómo se abordará a avaliación nesta segunda oportunidade. Será obrigatorio presentar os estudos de caso como mínimo 15 días antes da data fixada para a proba obxectiva pola facultade. Para presentarse ao exame é requisito imprescindible ter presentado previamente os estudos de casos. 

ALUMNOS CON ADICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA: 

Terán que acordar unha titoría nos primeiros días de clase co fin de establecer un plan de traballo axeitado. 
Na primeira oportunidade, terán que decidir, de acordo coa profesora, se se acollen aos prazos de presentación de traballos que serán comunicados ao longo do curso a través de plataforma Moodle ou se realizan unha entrega final de todos os traballos conxuntamente. De non realizarse esa primeira titoría na que se acordará unha data de entrega alternativa, entenderase que o alumno opta por presentar os traballos na mesmas datas que o resto do alumnado. Poderán ser dispensados da participación nas aulas (o 10% de "presentación oral"), tendo neste caso o portafolios o valor do 40%. Na segunda oportunidade, non haberá diferencias no sistema de avaliación en relación co proposto para o resto do alumnado.

Fontes de información
Bibliografía básica LÓPEZ DE SOLÍS, Iris (2013). El film researcher. Barcelona: UOC
(). Centro de Conservación y Restauración de Filmoteca Española. <http://www.culturaydeporte.gob.es/cultura/areas/cine/mc/fe/ccr/inicio.html> [Consulta 24/06/2019].
CARIDAD, Mercedes, Tony Hernández, David Rodríguez y Belén Pérez (2011). Documentación Audiovisual. Madrid: Síntesis
CALDERA-SERRANO, Jorge y Pilar Arranz-Escacha (2012). Documentación audiovisual en Televisión. Barcelona: UOC.
(). Filmoteca Española. <http://www.culturaydeporte.gob.es/cultura/areas/cine/mc/fe/portada.html> [Consulta 24/06/2019.
(1998). Los materiales especiales en las Bibliotecas. Coordinado y dirigido por Carmen Díez Carrera. . Gijón: Trea.
CASTILLO POMEDA, José María. (2004). Televisión y lenguaje audiovisual.. Madrid: Instituto Oficial de Radio y Televisión
Codina, Lluís. (2011). «Entender los bancos de imágenes» . El profesional de la información, juliol-agost 2011, vol. 20, núm. 4.

A profesora poderá proporcionarán nas clases bibliografía específica para cada un dos temas e actividades a desenvolver, co fin de adecuar e actualizar de maneira continua os contidos da materia.

Bibliografía complementaria

Directorios de legislación sobre propiedad intelectual. Página del Ministerio de Cultura de España. URL: http://www.mcu.es/propiedadInt/index.html

FIAF Cataloguing Rules. &lt;https://www.fiafnet.org/images/tinyUpload/E-Resources/Commission-And-PIP-Resources/CDC-resources/FIAF_Cat_Rules.pdf&gt; [Consulta 20/06/2019]

Linares, Juan, Codina, Lluis, Abadal, Ernest e Guallar, Javier. "Periodismo en bases de datos y buscabilidad de la información"- Revista Hipertest.net. Anuario académico sobre Documentación digital y comunicación interactiva , nº 14, 2016, pp.1-61

Reglas de Catalogación del Ministerio de Educación y Cultura (1995). &lt;http://www.bne.es/media/Perfiles/Bibliotecarios/reglas-catalogacion.pdf&gt; [Consulta 20/06/2019]


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías