Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Formas Políticas da Antigüidade Grecorromana Código 710537028
Titulación
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Alonso Troncoso, Victor
Correo electrónico
v.alonso.troncoso@udc.es
Profesorado
Alonso Troncoso, Victor
Correo electrónico
v.alonso.troncoso@udc.es
Web http://www.gal/es/estudios/masteres/artes-humanidades/master-universitario-arqueologia-ciencias-antiguedad
Descrición xeral A materia estuda as formas superiores de goberno en Grecia e Roma, dende os pazos micénicos ata as monarquías xermánicas da Antigüidade tardía. Ao mesmo tempo que procura familiarizar ao alumno co manexo contrastado das fontes grecolatinas (textuais, arqueolóxicas e numismáticas), a materia constitúe unha iniciación á historia das institucións e á historia do poder na Antigüidade, estivese este artellado política ou apolíticamente, coas súas correspondentes nomoloxías, ideoloxías, iconografías e escenografías.
A materia persegue dous obxectivos nomeadamente: explicaren os sinais de identidade orixinarios da civilización europea, no proceso de politización grecorromano, e mellorar o espírito crítico do alumno fronte aos poderes constituídos no mundo contemporáneo, tanto nas democracias como nas autocracias e teocracias.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 (CE-1) Ser capaz de preparar e redactar informes históricos e arqueolóxicos, adaptándose ao tipo de actividade que se desenvolva.
A2 (CE-2) Ser capaz de colaborar na xestión de coleccións e museos.
A4 (CE-4) Ser capaz de participar activamente na organización de tarefas de xestión cultural.
B5 (CB-10) que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
B6 ( CG-1) Que os estudantes demostrasen unha comprensión sistemática dun campo de estudo e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo;
B7 ( CG-2) Que os estudantes demostrasen a capacidade de concibir, deseñar, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con seriedade académica;
B8 ( CG-3) Que os estudantes realizasen unha contribución a través dunha investigación orixinal que amplíe as fronteiras do coñecemento desenvolvendo un corpus substancial, do que parte mereza a publicación referenciada a nivel nacional ou internacional;
B9 ( CG-4) Que os estudantes sexan capaces de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas;
B13 ( CG-8) Que sexan capaces de relacionar a cultura clásica coa doutros períodos históricos.
B15 ( CG-10) Que a súa formación avanzada contribúa ao desenvolvemento cultural europeo a través da correcta transmisión e interpretación crítica do patrimonio histórico e cultural do mundo clásico
C1 ( CT-1) Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, que inclúe o acceso por Internet, vendo as súas enormes posibilidades e potenciando a capacidade discriminatoria do alumno sobre os seus contidos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
AM1
AM2
AM4
BM5
BM6
BM7
BM8
BM9
BM13
BM15
CM1

Contidos
Temas Subtemas
1. As primeiras realezas: Grecia minoica e homérica, a Roma dos reis
2. O nacemento da política: polis gregas e res publica romana
3. Alexandre Magno e a basileia helenística
4. Imperium Romanum: o Principado
5. Imperium Romanum: o Dominado
6. Os reinos xermánicos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida A2 A1 A4 B5 B6 B7 C1 6 0 6
Seminario A2 A1 A4 B5 B6 B7 4 0 4
Proba obxectiva A2 A1 A4 B5 B6 B7 1 49 50
Sesión maxistral A2 A1 A4 B8 B9 B13 B15 15 0 15
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Discutiranse na aula algúns apartados do programa, previo reparto dos materiais ad hoc polo profesor.
Seminario Traballaranse na aula ou na biblioteca fontes e bibliografía da materia
Proba obxectiva Exame dos contidos impartidos e vistos na aula
Sesión maxistral Desenrolo do temario polo profesor

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Discusión dirixida
Proba obxectiva
Sesión maxistral
Descrición
O profesor fará en todo momento un seguimento persoalizado da participación do alumno na clase. Haberá tamén titorías para o alumnado que así o requira.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A2 A1 A4 B5 B6 B7 Ver abaixo en observacións o sistema de avaliación 8
Discusión dirixida A2 A1 A4 B5 B6 B7 C1 Ver abaixo en observacións o sistema de avaliación 12
Proba obxectiva A2 A1 A4 B5 B6 B7 Ver abaixo en observacións o sistema de avaliación 50
Sesión maxistral A2 A1 A4 B8 B9 B13 B15 Ver abaixo en observacións o sistema de avaliación 30
 
Observacións avaliación

OBSERVACIÓNS

A cualificación final será o resultado de ponderaren dúas avaliacións:

· control de asistencia á clase e seguimento da participación do alumno na aula (na sesións maxistrais, seminarios e discusións dirixidas): 50% da cualificación final. (Se un alumno, por dispensa oficial, non pode asistir a estas actividades docentes presenciais, terá que facer a lectura e recensión dun libro sobre a materia da asignatura proposto polo profesor). Máximo da puntuación neste apartado: 10

· exame final escrito sobre a materia impartida en clase polo profesor: 50% da nota final. Máximo da puntuación neste apartado: 10 

O alumno que deba presentarse en segunda convocatoria, porque a súa cualificación media final non chegue a 5, terá que:

· recuperar a asistencia e participación na aula, so se está suspenso neste apartado, mediante a lectura e recensión dun libro sobre a materia da asignatura proposto polo profesor: 50% da cualificación final. (Se é alumno con dispensa oficial, terá que refacer a recensión do libro encomendado). Máximo de puntuación neste apartado: 10 

· facer o exame escrito, so se está suspenso neste apartado: 50% da cualificación final. Máximo de puntuación neste apartado: 10.


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía básica y complementaria

BÁSICA

G. Alföldy, Nueva historia social de Roma, Sevilla 2014.

M. I. Finley, El nacimiento de la política, Madrid 1986.

C. Meier, La nascita della categoria del politico in Grecia, Bolonia 1988.

A. Stewart, Faces of Power: Alexander's Image and Hellenistic Politics, Berkeley 1993.

R. Syme, La revolución romana, Madrid 1989.

M. Weber, La ciudad, Madrid 1987.

P. Zanker, Augusto y el poder de las imágenes, Madrid 1992.

COMPLEMENTARIA

F. R. Adrados, Ilustración y política en la Grecia clásica, Madrid 1966.

V. Alonso Troncoso, "Polis e imperium", en M. Artola (ed.), Historia de Europa, I, Madrid 2007, 179-243.

A. Biscardi, Diritto greco antico, Varese 1982.

P. Brown, El mundo de la Antigüedad tardía. De Marco Aurelio a Mahoma, Madrid 2012.

G. Busolt, Griechische Staatskunde, I-II, Múnich 1920-1926.

A. Caballos Rufino, E. Melchor Gil (eds.), De Roma a las provincias. Las élites como instrumento de proyección de Roma, Sevilla 2014.

P. Carlier, La royauté en Grèce avant Alexandre, Estrasburgo 1984.

A. Chaniotis, La era de las conquistas. El mundo griego de Alejandro a Adriano (336 a.C. – 138 d. C.), Barcelona 2018.

F. Coulanges, La ciudad antigua, Madrid 1968.

A. D'Ors, Derecho privado romano, Pamplona 2004.

J. G. Droysen, Alejandro Magno, México 1988.

V. Ehrenberg, The Greek State, Londres 1974.

F. J. Fernández Nieto (coord.), Historia antigua de Grecia y Roma, Valencia 2005.

L. García Iglesias, Los orígenes del pueblo griego, Madrid 1997.

L. García Moreno, La construcción de Europa. Siglos V-VIII, Madrid 2001.

L. Gernet, Droit et institutions en Grèce antique, París 1968.

F. Gschnitzer, Historia social de Grecia, Madrid 1987.

P. López Barja, F. J. Lomas Salmonte, Historia de Roma, Madrid 2004.

F. Marco Simón, F. Pina Polo, J. Remesal Rodríguez (eds.), Autorretratos. La creación de la imagen personal en la Antigüedad, Barcelona 2016.

J. Martínez-Pinna, Los orígenes de Roma, Madrid 1999.

F. Millar, The Emperor in the Roman World (31 BC - AD 337), Londres 1977.

Th. Mommsen, Historia de Roma, I-IX, Madrid 1876-1877.

J. M. Roldán Hervás, Historia de Roma. I: La República romana, Madrid 1981.

P. Veyne, Le pain et le cirque, París 1976.

É. Will, El mundo griego y el Oriente. I: El siglo V (510 - 403), Madrid 1997.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Non hai materia de grao ou posgrao que constitúa unha condición sine qua non pra cursar esta materia do mestrado. Iso si, ademáis de obrigatoria, a asistencia ás clases é moi aconsellable pra a comprensión do temario e pra superar a avaliación final. 


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías