Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Fundamentos de Teoría e Xestión da Información Código 710G01005
Titulación
Grao en Humanidades
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Materia que pretende proporcionar coñecementos, técnicas e habilidades esenciais, correspondentes ao mundo de Información e Documentación, para utilizar no campo académico, profesional e persoal.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñocemento das producións culturais da Humanidade (Arte, Pensamento, Literatura e Institucións)
A11 Coñecemento das técnicas e métodos de traballo e análise das ciencias humanas e sociais
A19 Coñocemento da realidade nacional e internacional en materia de políticas e servizos de información e das industrias da cultura
A20 Coñocemento e aplicación das tecnoloxías da información que se empregan nas unidades de servizos de información nos procesos de transferencia de información
A23 Coñocemento da natureza da información e dos documentos, dos diversos modos de produción e do seu ciclo de xestión, dos aspectos legais e éticos e do seu uso e transferencias, e das fontes principais de información en calquera soporte, e ao longo do tempo.
A24 Coñocemento, comprensión e aplicación dos principios teóricos e metodolóxicos e das técnicas para a planificación, organización e avaliación do sistema de unidades e servizos da información
A25 Coñecemento, comprensión e aplicación dos principios e metodolóxicos, e das técnicas e normativas para a creación e autenticación, reunión, selección, organización, representación, preservación, recuperación, acceso, difusión e intercambio, e avaliación da información e dos recursos informáticos
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B10 Capacidade de análise e de síntese.
B11 Capacidade de xestión da información relevantes.
B16 Capacidade para a adaptación a cambios no contorno
B28 CB1-Que os estudantes demostrasen posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoitan atoparse nun nivel que, se ben apoiase en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B32 CB5-Que os estudantes desenvolverán aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender os estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Iniciarse no coñecemento da orixe e evolución da información e da tipoloxía documental ao longo do tempo. A1
A19
A23
A24
B32
C6
Coñecer as principais institucións documentais e as características dos seus fondos. A1
A11
A19
A20
A23
A24
B16
B28
Recoñecer as necesidades de información e aprender a identificalas e definilas. A20
A25
B1
B32
C1
Distinguir as principais estratexias de procura para obter información empregando distintos recursos de información. A20
A25
B2
B10
B11
C3
C5
C7
Coñecer e manexar ferramentas bibliográficas. A20
A25
B2
B10
B11
B16
C3
Iniciarse na descrición e análise de circuítos e procesos de información en organizacións de diferente carácter e complexidade. A19
A23
A24
B2
B10
B11
B16
C5

Contidos
Temas Subtemas
1. INTRODUCIÓN Á TEORÍA DA INFORMACIÓN 1.1. Introdución: Das orixes da escritura á sociedade da información e do coñecemento.
1.2. Conceptos principais.
2. TIPOLOXÍAS DE BIBLIOTECAS, ARQUIVOS E MUSEOS 2.1. Concepto, funcións e tipoloxía de bibliotecas, centros de documentación, arquivos e museos.
2.2. Definición e tipos de documentos.
3. MANEXO DE FERRAMENTAS BIBLIOGRÁFICAS 3.1. Normas e estilos de citación e referencia bibliográfica
3.2. Xestores bibliográficos
3.3. Pautas de elaboración dunha bibliografía para traballos académicos.
4. BÚSQUEDA E RECUPERACIÓN DA INFORMACIÓN 4.1. Introdución á selección, recuperación e avaliación da información.
4.2. Estratexias de búsqueda de información.
5. XESTIÓN DA INFORMACIÓN NAS ORGANIZACIÓNS 5.1 Introdución: Conceptos, antecedentes e tendencias.
5.2 Principios da xestión de información
5.3 Procesos e fases

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A19 A23 A24 B28 B32 C1 2 20 22
Sesión maxistral A1 A11 A19 A20 A23 A24 A25 C5 23 4 27
Traballos tutelados A1 A19 A20 A25 B10 B11 B28 C1 C3 C5 C6 C7 6 45 51
Lecturas A19 A23 A24 B1 B16 B28 B32 C6 C7 8 20 28
Prácticas a través de TIC A20 A25 B1 B2 B10 B11 B16 C3 8 12 20
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Método de avaliación dos coñecementos adquiridos polo alumnado. Haberá unha proba final obxectiva que computará para a cualificación global. Poderá tamén realizarse probas de autoevaluación para os diversos bloques temáticos.
Sesión maxistral Desenvolvemento expositivo dos contidos esenciais correspondentes aos temas en que se divide o programa. Visualización de exemplos e modelos. Resposta a dúbidas e preguntas.
Traballos tutelados Estarán orientados á aplicación dos conceptos e técnicas da materia de forma autónoma por parte do alumnado, contando sempre coa atención personalizada e seguimento da docente. Os traballos serán individuais e elaboraranse de acordo coas pautas formais e de contido proporcionadas pola profesora.
Lecturas Inclúese baixo este epígrafe o resumo e comentario de lecturas, vídeos, conferencias, etc. Trátase de actividades que permiten profundar nos contidos traballados.
Prácticas a través de TIC Actividades de carácter práctico que permiten ao alumnado aprender de forma efectiva a teoría dun ámbito de coñecemento. Realizaranse procuras bibliográficas, procuras de información e consultas a diferentes recursos accesibles a través de Internet.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
Realizaranse tutorías individualizadas ou en grupo, nas que se abordarán dúbidas, ou outras cuestións vinculadas cos contidos da materia.

Este tipo de atención terá especial peso nos traballos tutelados, para os cales a docente irá marcando as pautas a seguir en cada caso, podendo propor as variacións ou modificacións necesarias.

Apoio directo ás cuestións expostas no desenvolvemento das diferentes prácticas.


Con carácter xeral, e en todas as metodoloxías aplicadas, utilizaranse as tutorías presenciais, o correo electrónico e a plataforma informática da UDC.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A19 A23 A24 B1 B16 B28 B32 C6 C7 Avaliarase a entrega na data establecida, síntese e reflexión persoal do asunto tratado.
10
Prácticas a través de TIC A20 A25 B1 B2 B10 B11 B16 C3 Avaliaranse as prácticas de acordo coa asistencia e a execución das prácticas sinaladas.
10
Proba obxectiva A19 A23 A24 B28 B32 C1 Valorarase a adecuación das respostas ás preguntas expostas, os coñecementos, a ausencia de erros, a achega persoal, así como a claridade, síntese e orde na exposición, e a presentación.
40
Traballos tutelados A1 A19 A20 A25 B10 B11 B28 C1 C3 C5 C6 C7 Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas, a resolución de problemas, fontes e bibliografía utilizada, e entrega no prazo establecido.
40
 
Observacións avaliación

A realización dos traballos tutelados é requisito imprescindible para presentarse á proba obxectiva. Para aprobar a materia deberán superarse tanto a proba obxectiva como os traballos tutelados. As notas dos traballos tutelados, individuais e en grupo, en caso de ser positivas, conservarase para as dúas probas sucesivas do ano académico; en caso de nota negativa, e tamén para as dúas probas sucesivas, poderase/n reelaborar o/o traballo/s presentado/s inicialmente ou presentar un novo traballo, sempre de acordo coa profesora.
As entregas das prácticas e lecturas terán que presentarse na data establecida. Nestes casos, non hai opción á súa repetición nin entrega posterior.




















"Aqueles/as alumnos /as
que teñan algún tipo de excepcionalidade para vir a clase legalmente concedida,
que falen co/a pofesor/ a á comezos de curso para establecer as titorías e os
sistemas de avaliación correspondentes."


Fontes de información
Bibliografía básica RODRÍGUEZ BRAVO, Blanca (2011). Apuntes sobre representación y organizació de la información. Gijón: Trea
PONJUÁN DANTE, Gloria (2007). Gestión de información: dimensiones e implementación para el éxito organizaciona. Gijón: Trea
LÓPEZ YEPES, José Luís (2011). La sociedad de la documentación. Madrid: Fragua
CORDON GARCÍA, José Antonio et al. (2012). Libros electrónicos y contenidos digitales en la sociedad del conocimiento: mercado, servicios y derechos.. Madrid: Pirámide
CRUZ MUNDET, José Ramón (2005). Manual de Archivística. Madrid: Fundación Germán Sánchez-Ruipérez
LÓPEZ YEPES, José Luís, coord. (2006). Manual de Ciencias de la Documentación. Madrid: Pirámide

Bibliografía complementaria (). .
Boletín de la ANABAD (). . ANABAD
Pecia Complutense (). . Madrid: Universidad Complutense
El Profesional de la Información (). .
Revista española de documentación científica (). .
Revista General de Información y Documentación (). . Madrid: Universidad Complutense
Anales de Documentación (). http://revistas.um.es/analesdoc/index . Murcia: Universidad de Murcia
BiD (). http://www.ub.es/biblio/bid/. Barcelona: Universidad de Barcelona


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Xestión de Empresas e Institucións Culturais/710G01008

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías