Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Socioloxía Código 710G01007
Titulación
Grao en Humanidades
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral A materia de Socioloxía ten como obxectivo xeral introducir aos alumnos nos conceptos e fundamentos teóricos e empíricos que permiten o coñecemento científico das sociedades. A análise da realidade social, exercida desde a elaboración teórica e práctica da investigación sociolóxica, fundaméntase na idea de explicar o mundo social que nos rodea e contribuír á comprensión dos procesos de cambio. O obxetivo último é despertar nos alumnos o interese pola Socioloxía como ciencia social, proporcionarlles as ferramentas que lles serán necesarias no seu estudo e ofrecerlles unha visión de conxunto do que trata a área de coñecemento da Socioloxía.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñocemento das producións culturais da Humanidade (Arte, Pensamento, Literatura e Institucións)
A3 Coñocemento do espazo e do territorio
A5 Coñecemento de estratexias de desenvolvemento cultural e medioambiental
A6 Coñecemento do comportamento humano individual e social
A7 Coñecemento sincrónico y diacrónico de diversas realidades culturais actuáis
A8 Coñocemento básico da realidade socio-política contemporánea
A11 Coñecemento das técnicas e métodos de traballo e análise das ciencias humanas e sociais
A12 Uso correcto, oral e escrita, das linguas propias
A17 Innovación na presentación e difusión da cultura
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como ciudadano e como profesional
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo
B8 Comunicación oral e escrita nas linguas propias
B10 Capacidade de análise e de síntese.
B11 Capacidade de xestión da información relevantes.
B12 Capacidade de integración en equipos multidisciplinares
B13 Recoñecemento da riqueza da diversidade e da multiculturalidade
B14 Saber traballar con equipos internacionais
B16 Capacidade para a adaptación a cambios no contorno
B17 Capacidade para emprender melloras e propoñer innovacions
B19 Motivación e compromiso cara á calidade nas actuacións profesionais
B20 Creatividade e orixinalidade no pensamento e na práctica
B21 Sensibilidade social, senso da xustiza e da equidade e sensibilidade cara á desigualdade
B22 Sensibilidade polo medio ambiente e a súa protección.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento acerca das bases da Socioloxía A1
A3
A8
A11
A12
B1
B2
B3
B5
B7
B8
B10
B21
C1
C3
C7
Coñeocemento teórico e aplicado acerca das bases dos sistemas socioculturais e os seus compoñentes (poboación, cultura, estratificación social, organización, institución sociais, cambio social, conflito social, movementos sociais, globalización) A5
A6
A7
A17
B4
B6
B11
B12
B13
B14
B16
B17
B19
B20
B22
C4
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. O estudo científico das sociedades humanas

As sociedades humanas na natureza. A ciencia. As ciencias sociais. A investigación social. O proceso de investigación. Metodoloxía e técnicas.
Tema 2. A socioloxía como ciencia social A socioloxía, produto social. As orixes do pensamento sociolóxico. O período clásico. A importancia dos paradigmas e os niveis de análise. As diferentes perspectivas.
Tema 3. As sociedades humanas como sistemas
socioculturais
As sociedades humanas como sistemas. Os catro compoñentes das sociedades humanas. A poboación. A cultura. A organización social. A institucións sociais.
Tema 4. Sociedade e Cultura ¿Que é a cultura?. Os compoñentes da cultura. Diversidade cultural. O cambio cultural. Asimilacionismo, multiculturalismo e interculturalismo. Cultura e liberdade.
Tema 5. Proceso de socialización A socialización. Teorías sobre a socialización. Axentes de socialización. Socialización e ciclo de vida (as idades como construción social). A resocialización.
Tema 6.Conceptos e proxección social Concepto de rol. Concepto de status. Conxunto e conflito de roles. Tipos e inconsistencia de status.
Tema 7.- Control social, desviación e delito Conceptos importantes. Sistemas de control social. Teorías da desviación (e o delito). Enfoques centrados no individuo. Enfoques bioloxicistas. Enfoques psicoloxicistas. Enfoques sociolóxicos. Perspectivas feministas.
Tema 8. Sistemas de estratificación social Introdución. Sistemas de estratificación. Perspectivas básicas para a análise da estratificación social na práctica. A clase social. A pobreza. A estratificación global, ou a globalización da pobreza e a exclusión. Correlacións da pobreza. Outras variables da estratificación. Movilidade social: conceptos e tipos.
Tema 9. Natureza e sociedade Conceptos básicos para o estudio da poboación. Teorías do crecemento da poboación. Poboación, urbanización e medio ambiente. A urbanización como modo de vida. A socioloxía e o medio ambiente; conceptos importantes. Un novo impulso civilizatorio. Factores que inflúen no déficit medioambiental. Medio ambiente e sociedade do risco. O novo ambientalismo. Fitos do ambientalismo contemporáneo. Actitudes ante o problema medioambiental. Teorías sociolóxicas sobre o medio ambiente. Medio ambiente e turismo.
Tema 10. Os ladrillos da sociedade: grupos, redes, organizacións e institucións Os grupos sociais. As organizacións formais. A análise das organizacións. Liderazgo, poder e autoridade nos grupos sociais e as organizacións. A organización burocrática e ol mundo moderno (a burocratización del mundo). As organizacións como sistemas abertos que interactúan co entorno. As principales institucións sociais.
Tema 11. Cambio social e cultural Teorías sobre o cambio social. Factores e condicións do cambio social. Os axentes do cambio social. Planificación social. Industrialización, desenvolvemento e modernización. A posmodernidade.
Tema 12. O conflito social Conceptualización e diversidade tipolóxica. Permanencia e intensidade dos conflitos sociais. Principais teorías. A dinámica centro-periferia.
Tema 13. Movementos sociais Características. Clasificación dos movementos sociais. Principais teorías. Elites e líderes sociales. Os grupos de presión. O voluntariado e o movemento asociativo. Movementos sociais e perspectiva de xénero.
Tema 14. Comportamento colectivo Concepto e formas. A multitude, as masas e os públicos. Diversas teorías. A propaganda. A opinión pública.
Tema 15. A globalización ¿Que é a globalización?. Dimensións da globalización. Globalización e sociedad do risco. A sociedade mediática. Tendencias e perspectivas de futuro.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A1 A3 A5 A6 A7 A8 A11 A12 A17 B22 B21 B20 B19 B17 B16 B14 B13 B12 B11 B10 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 2 146 148
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Os alumnos terán que superar un exame nas datas oficialmente establecidas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Descrición
O estudantado poderá consultar en titorías todas as dúbidas que lle xurdan.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A3 A5 A6 A7 A8 A11 A12 A17 B22 B21 B20 B19 B17 B16 B14 B13 B12 B11 B10 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Os alumnos terán que superar un exame nas datas oficialmente establecidas. 100
 
Observacións avaliación

Aqueles alumnos que teñan semipresencialidade ou algún tipo
de excepcionalidade legalmente concedida para vir a clase, que falen co pofesor a comezos de curso
para establecer as titorías e os sistemas de avaliación correspondentes.


Fontes de información
Bibliografía básica Iglesias de Ussel y Trinidad Requena (2005). Leer la sociedad. Una introducción a la Sociología General . Madrid.Tecnos
Lenski, G. y otros (1997). Sociedades humanas. Introducción a la macrosociología. Méjico. Mc Graw-Hill
Horton, P.B. y Hunt, C.L (1988). Sociología. Méjico. Mc Graw-Hill
Giddens, A ( 2002). Sociología. Madrid .Alianza
Macionis, J.J. y Plummer, K (2004). Sociología. Madrid. Prentice Hall

Bibliografía complementaria
Puntualmente,nalgúns dos temas,proporcionarase ao alumno algún texto específico dun libro ou revista científica.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
O contido desta materia dotará aos alumnos dos coñecementos necesarios para cursar posteriormente Socioloxía da Cultura e do Patrimonio.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías