Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Documentación Xeral Código 710G02011
Titulación
Grao en Información e Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Perez Rodriguez, Maria Antonia
Correo electrónico
antonia.perezr@udc.es
Profesorado
Perez Rodriguez, Maria Antonia
Correo electrónico
antonia.perezr@udc.es
Web http://www.udc.es
Descrición xeral Estudio do concepto de información documental e dos elementos do proceso de documentación, así como da sociedade da información e das redes e dos sistemas de información onde se xestionan diferentes tipoloxías de documentos.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento dos principios científicos e técnicos da Documentación no sentido amplio do termo, tendo en conta a contextualización social de cada etapa histórica. A1
A3
B1
B4
B5
C1
C4
C5
Coñecemento do desenvolvemento e evolución da documentación e o seu papel ao servizo dos mecanismos de producción e transmisión do saber. A1
A3
B1
B3
B4
B5
C1
C4
C5
Coñecemento, comprensión e aplicación dos modelos teóricos e prácticos da ciencia documental aplicadas á diferente tipoloxía de documentos e por tanto de servizos de información. A1
A3
A6
B1
B4
B5
B7
C1
C2
C4
C5
Coñecemento dos conceptos que construen o corpus teórico da documentación e achegamento á obtención das habilidades que se precisan para a práctica profisional da labor do profesional da informació, en especial para o seu traballo na sociedade da información. A1
A3
A8
B4
B5
C1
C4
C5
Obter a formación e habilidades para desempeñar as funcións no traballo que se require nos diferentes centros de información. Tamén para levalo a cabo ca responsabilidade e eficacia que exixe a actual sociedade da información. A1
A3
B4
B5
B6
C1
C4
C5
C6
C7
C8
Coñecemento, comprensión e aplicación das bases teórico-técnicas necesarias para o desenvolvemento profisional dos documentalistas no ámbito dos diferentes centros de información. A1
A3
B1
B4
B5
C1
C4
C5
C10
C11
C12
C13
C15
Coñecementos teóricos e prácticos para implementar os procedementos de búsqueda, localización, selección e avaliación da información no entorno da sociedade da información. A1
A3
B4
B5
C1
C4
C5

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Contextualización e desenvolvemento dos arquivos, bibliotecas e centros de centros de documentaciòn 1.1 Oríxenes, Idade antiga e medieval
1.2 Idade Moderna e seculo XIX
1.3 Paul Otlet e La Fontaine. Instituto Internacional de Bibliografía
1.4 Biblioteconomía, Archivistica e Documentación
Tema 2. Principais escolas da Documentación e a súa pegada no Estado español 2.1 Documentación en Estados Unidos
2.2 Documentación en Alemania
2.3 Documentación na URSS
2.4 Documentación en Gran Bretaña
Tema 3 A Sociedade da Información 3.1 Características. Fortalezas, debilidades e oportunidades
3.2 Datos, información e coñecemento. A información como ben económico
3.3 Evolución das funcións do profesional da información: de conservador a content curator.
Tema 4. O Documento e os servizos de documentación 4.1Concepto e características dos documentos e dos centros de documentación
4.2 A cadea documental e as súas fases


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 B1 C4 16 0 16
Traballos tutelados B3 B4 B5 3 30 33
Obradoiro B4 B5 C4 3 0 3
Presentación oral B6 B7 C1 9 18 27
Proba obxectiva A3 A6 C2 C5 C8 C10 C11 4 36 40
Lecturas A3 A8 C6 C7 C12 C13 C15 6 18 24
 
Atención personalizada 7 0 7
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Lecturas
Descrición
- Obradoiro: Resolución de dúbidas, corrección de traballos, orientación nas buscas bibliográficas e de recursos, comentarios ás lecturas
- Sesión maxistral: plantexamentos, enfoques e visualización dos contidos da materia que se ampliarán nas cuestións que os alumnos puideran formular nas titorías.
- Traballos tutelados: Resolución de dúbidas mediante o correo electrónico e as titorías, individuais ou en grupo. Farase especial fincapé na cooperación para a elaboración dos guions e nas buscas de bibliografía para os traballos.
- Proba obxectiva: preguntas teóricas e casos prácticos a resolver sobre o contido da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B3 B4 B5 Traballo individual que constará da búsqueda de bibliografía (libros, capítulos de libros e artigos en revistas) en todo tipo de soportes e a rede publicada nos últimos seis anos sobre a temática de cada un dos temas do apartado Contidos.

Este traballo enviarase por correo electrónico e entregarase sobre papel na data acordada na aula.
Efectuar cada un dos alumnos os traballos anteriores é indispensabel para superar a materia. Estos non subirán nota cando o discente non aprobe o examen da materia.
15
Presentación oral B6 B7 C1 Exposición e debate na aula dos contidos das lecturas propostas nos módulos correspondentes 15
Lecturas A3 A8 C6 C7 C12 C13 C15 Serán 4 lecturas. Avaliarase a entrega na data establecida, con resumo, análise, comentario e opinión sobre o asunto tratado. 30
Proba obxectiva A3 A6 C2 C5 C8 C10 C11

O examen constará de parte teórica e práctica:
Teórica: Preguntas breves e preguntas de desenrolo dos temas da materia.
Práctica: Sobre os temas da materia

E indispensabel superar a parte teórica e a práctica para acadar o aprobado. De non aprobar a parte teórica, xa non se calificará a parte práctica da proba obxectiva.
40
 
Observacións avaliación

Efectuar cada un dos alumnos os traballos anteriores é
indispensabel para superar a materia. E estos non subirán nota cando o
discente non conquira aprobar a proba obxectiva (examen).

No caso de non ter aprobada a materia mediante avaliación continua e o
exame/proba, o/a alumno/a fará a/as correspondente/s proba/s
obxectiva/as  que está/n fixada/s no calendario oficial de exames
aprobado e publicado pola facultade de Humanidades e Documentación.












Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías