Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Xestión de Empresas e Institucións Culturais Código 710G01008
Titulación
Grao en Humanidades
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Fernandez Travieso, Carlota
Correo electrónico
carlota.ftravieso@udc.es
Profesorado
Fernandez Travieso, Carlota
Correo electrónico
carlota.ftravieso@udc.es
Web http://http://pdi.udc.es/es/File/Pdi/XY7EL
Descrición xeral A materia ten por obxecto introducir ao estudantado nas cuestións relativas á xestión das empresas e entidades do ámbito da cultura. Ao finalizar o curso o alumnado deberá dominar os conceptos e fundamentos principais da xestión cultural.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento, comprensión e valoración das organizacións culturais, as súas tipoloxías e as principais características A1
A4
A5
A14
B3
B4
B5
B10
B11
B13
B21
B22
C1
C4
C8
Coñecemento da xestión e administración das organizacións culturais e dos seus recursos humanos, materiais e tecnolóxicos. A4
A5
A14
A16
A18
B2
B4
B5
B11
B13
B17
C4
C5
C7
Coñecemento e habilidades no uso das tecnoloxías da información e a documentación, en relación á xestión e prestación de bens e servizos das organizacións. A17
A18
B1
B16
B17
B19
C3
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Unidade I. Conceptos e fundamentos 1.1 Cultura, patrimonio cultural e xestión da cultura. 1.2. Institucións e organizacións culturais. 1.3. Lexislación e política cultural.
Unidade II. Procesos e recursos da xestión cultural 2.1. O xestor cultural. 2.2. As industrias culturais. 2.3. O uso social da cultura e do patrimonio cultural. 2.4. Mercado cultural e turismo cultural.

Unidade III. Deseño e xestión de proxectos culturais 3.1. Metodoloxía de deseño de proxectos culturais. 3.2. Xestión orzamentaria e financieira. 3.3 Desenvolvemento e avaliación. 3.4. Promoción e difusión.

Unidade IV. Perspectivas e tendencias 4.1. Cultura 2.0 .4.2. Crowdsourcing e voluntariado 4.3. Novas formas de financiación da cultura. 4.4. Cooperación cultural.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A4 A5 A14 A16 A17 B1 C4 21 20 41
Proba obxectiva B1 B2 B3 B10 B11 2 30 32
Prácticas a través de TIC B1 B2 B5 C3 C8 6 6 12
Seminario A18 B1 B2 B3 B4 B5 B10 B11 B13 B16 C6 6 20 26
Saídas de campo B16 B19 C5 2 2 4
Traballos tutelados A1 A4 A5 A14 A16 A17 A18 B1 B3 B4 B5 B10 B11 B13 B16 B17 B21 B22 C1 C7 1 32 33
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos básicos da materia, elaborados e expostos pola docente, que pode apoiarse en medios audiovisuais.
Proba obxectiva Método de avaliación escrita dos coñecementos e habilidades adquiridos polo alumnado, puidendo combinar distintos tipos de preguntas.
Prácticas a través de TIC Actividades de carácter práctico, que permiten ao alumnado aprender de forma efectiva a teoría dun ámbito de coñecemento mediante a utilización das TIC, facilitando así a aprendizaxe e o desenvolvimento das súas habilidades.
Seminario Técnica que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, participación, elaboración de documentos e conclusións.
Saídas de campo Visitas a entidades e empresas culturais que permitan complementar os conceptos estudados en clase.
Traballos tutelados Realización por parte do alumnado, de traballos autónomos, relacionados coa materia, baixo a vixilancia e seguimento da profesora.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Proba obxectiva
Traballos tutelados
Descrición
As titorías da materia permitirán ao alumnado resolver dúbidas sobre os contidos, a forma de preparar o exame, os seminarios e calquera outra actividade orientada ao longo do curso.

Con carácter xeral, e en todas as metodoloxías aplicadas, se empregarán as titorías presenciais, o correo electrónico e a plataforma Moodle da UDC.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A18 B1 B2 B3 B4 B5 B10 B11 B13 B16 C6 Realizaranse seminarios sobre cuestións teóricas do temario e estudos de casos co obxectivo de profundizar e consolidar os contidos.
A profesora orientará a lectura de varios documentos sobre un tema, que serán obxecto de discusión nas sesións interactivas.
A avaliación implica a entrega dun documento escrito e a participación no seminario.
As instruccións detalladas de cada actividade serán proporcionadas pola docente ao longo do curso.
20
Proba obxectiva B1 B2 B3 B10 B11 Realizarase un exame final teórico-práctico sobre os contidos vistos nas sesións maxistrais e nas interactivas. Combinará preguntas de resposta libre e preguntas tipo test.
Na súa corrección valoraranse tanto a capacidade do alumnado para sintetizar, desenvolver, comparar ou relacionar de forma autónoma o contido teórico-práctico da materia, como a expresión, corrección ortográfica e presentación.
40
Sesión maxistral A1 A4 A5 A14 A16 A17 B1 C4 Valorarase a asistencia e participación nas aulas.

10
Traballos tutelados A1 A4 A5 A14 A16 A17 A18 B1 B3 B4 B5 B10 B11 B13 B16 B17 B21 B22 C1 C7 Realizarase un traballo en grupo consistente na planificación dun evento ou proxecto cultural, que será presentado oralmente. As instruccións precisas serán proporcionadas pola docente ao comezo do curso.
Valorarase a adecuación do traballo presentado ao tema propuesto, o contido, a coherencia da súa estructura, a redacción e a presentación.
Non serán avaliados os traballos presentados fóra de prazo.
30
 
Observacións avaliación

- Para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo da mesma.

- Aqueles/as alumnos/as que teñan algún tipo de excepcionalidade para asistir a clase legalmente concedida, que falen coa profesora a comezos do curso para establecer as titorías e os sistemas de avaliación correspondentes.

- Os/as alumnos/as con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de asistencia a clase terán que elaborar o traballo tutelado (cualificación: 50%) e realizarán unha proba final escrita dos contidos teóricos e prácticos da materia (cualificación: 50%).


Fontes de información
Bibliografía básica CHIAVENATO, I. (2011). Administración de recursos humanos: el capital humano de las organizaciones . México: McGraw-Hil
PADULA PERKINS, J. E. (2015). Aproximaciones a la gestión cultural. Gijón: Ediciones Trea
MUÑOZ-SECA, B.; RIVEROLA, J. (2011). Arte y eficiencia: el sector de la cultura visto desde la empresa. Pamplona: EUNSA
ANDER-EGG, E.; AGUILAR IBÁLEZ, M. (2000). Cómo elaborar un proyecto: guía para diseñar proyectos sociales y culturales. Buenos Aires: Lumen
FERNÁNDEZ LÓPEZ, S. (2007). Cómo gestionar la comunicación en organizaciones públicas y no lucrativas. Madrid: Narcea
ZUBIRIA SAMPER, S.; ABELLO TRUJILLO, I. (2001). Conceptos básicos de administración y gestión cultural. Madrid: OEI
TONO MARTÍNEZ, J. (2007). Conceptos y experiencias de la Gestión Cultural. Madrid: Ministerio de Cultura
AMAT i SALAS, J. M. (2013). Control 2.0: una nueva perspectiva del control de gestión menos financiera y más cualitativa. Barcelona: Profi
BARBOLLA, D. et al. (2010). Cultura 2.0: técnicas de investigación en entornos digitales. Barcelona: UOC
DRUCKER, P. F. (1996). Dirección de instituciones sin fines de lucro: teoría y práctica. Barcelona : El Ateneo
MARTINELL, A. (2001). Diseño y elaboración de proyectos de cooperación cultural. Madrid: Organización de Estados Iberoamericanos para la Educación, la Ciencia y la Cultura
SOLDEVILA, P. et al. (2008). El cálculo del presupuesto para entidades no lucrativas: una aplicación práctica. Barcelona: Associació Catalana de Comptabilitat i Direcció
GARCÍA CUETOS, P. (2012). El patrimonio cultural: conceptos básicos. Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza
MEJÍA LÓPEZ, J. (2008). Estructuras y principios de gestión del patrimonio cultural municipal. Gijón: Trea
RIALP-CRIADO, A. (2003). Fundamentos teóricos de la organización de empresas : un enfoque interdisciplinar. Madrid: Pirámide
MOREIRA, E. (2003). Gestión cultural. Buenos Aires: Longseller
MAAS MORENO, M. (2006). Gestión cultural, comunicación y desarrollo: teoría y práctica. México: Conaculta
ORDUÑA-MALEA, E. et al. (2014). Gestión cultural: innovación y tendencias. Valencia: Tirant Humanidades
PORRET GELABERT, M. (2012). Gestión de personas: manual para la gestión del capital humano en las organizaciones. Madrid: ESIC
BONET, L.; CASTAÑER, X.; FONT, J. (eds.) (2007). Gestión de proyectos culturales. Análisis de casos. . Barcelona: Ariel
BALLART HERNÁNDEZ, J.; JUAN I TRESSERRAS, J. (2001). Gestión del patrimonio cultural. Barcelona: Ariel
MARTÍ i GRAU, J.; PASCUAL, J. (2009). Gestión y políticas culturales. Barcelona: UOC
CEBRIÁN HERREROS, M.; MAESTRO BACKSBACKA, J, RUBIO MORAGA, A. L. (eds.) (2011). Industrias culturales: el modelo nórdico como referencia para España. Madrid: Comunicación Social
CUERVO GARCÍA, A. (dir.) (2008). Introducción a la Administración de Empresas. Madrid: Thomson Civitas
LACARRIEU, M.; ÁLVAREZ, M. (comp.) (2002). La (indi)gestión cultural. Una cartografía de los procesos culturales contemporáneos. Buenos Aires: Ciccus
FIGUEIRAS VIDAl, A. R. (ed.) (2010). La sociedad de la información y el conocimiento. Madrid: Instituto de España
QUEROL, Mª Á. (2010). Manual de gestión del patrimonio cultural. Madrid: Akal
COLBERT, F.; CUADRADO, M. (2003). Márketing de las Artes y la Cultura. Barcelona: Ariel
MUNILLA CABRILLANA, G.; ROS HIJAR, .(coords.) (2002). Organización y gestión de empresas culturales. Barcelona: UOC
MUNILLA CABRILLANA, G. et al. (coords.) (2005). Patrimonio digital: un nuevo medio al servicio de las instituciones culturales. Barcelona: UOC
POSE PORTO, H.; FRAGUELA VALE, R. (2006). Planificación estratéxica en cultura. A Coruña: Deputación Provincial de A Coruña
GONZÁLEZ DOMÍNGUEZ, F.J.; GANAZA VARGAS, J.D. (coord.) (2010). Principios y fundamentos de gestión de empresas. Madrid: Pirámide
GÓMEZ DE LA IGLESIA, R. (2004). Público y privado en la gestión cultural. Vitoria-Gasteiz: Xabide
GALLARDO GALLARDO, E. (2015). Qué es y cómo gestionar el crowdfunding. Barcelona: UOC
CANO DE MAUVESÍN FABARÉ, J. M. (2005). Turismo cultural: manual del gestor de patrimonio. Córdoba: Almuzara
TURBAU, I. (2011). ¿Por dónde empiezo? Guía práctica para programar, financiar y comunicar eventos culturales . Barcelona: Ariel
Bibliografía complementaria

A profesora proporcionará nas clases bibliografía específica sobre os diversos temas e actividades a desenvolver.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fundamentos de Teoría e Xestión da Información /710G01005
Antropoloxía Social Aplicada/710G01080

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Sistema do Coñecemento: Filosofía. Ciencia e Tecnoloxía/710G01006

Materias que continúan o temario
Socioloxía da Cultura e do Patrimonio/710G01027

Observacións

- Os/as estudantes Erasmus ou de programas de mobilidade bilateral deberán contactar coa profesora durante a primeira semana de clases.


- Os/as estudantes que non poidan asistir a clases con regularidade deberán comunicarse coa profesora na primeira semana lectiva do cuatrimestre para organizar un plan de traballo.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías