Identifying Data 2022/23
Subject (*) Formal Cataloguing of Electronic Documents Code 710G02022
Study programme
Grao en Información e Documentación
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatory 6
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Humanidades
Coordinador
Fernandez Travieso, Carlota
E-mail
carlota.ftravieso@udc.es
Lecturers
Fernandez Travieso, Carlota
E-mail
carlota.ftravieso@udc.es
Web http://pdi.udc.es/es/File/Pdi/4S46G
General description Esta disciplina busca introducir ao alumno nos procesos e técnicas da Análise Documental de recursos electrónicos de especial relevancia dentro do ámbito da Documentación como disciplina científica. Profunda e amplía os coñecementos adquiridos na materia de Análise Documental e céntrase nos seguintes elementos:
a) Os conceptos e formulacións teóricas centrais no estudo da catalogacíón asistida dos documentos electrónicos especiais.
b) Estudo do marco de normalización con particular atención ao formato MARC 21
c) Aténdese aos procesos catalográficos; abórdanse os seus niveis operativos, e estúdanse os procesos de catalogación descritiva MARC
d) Búscase a aplicación práctica do estudado no marco conceptual e metodolóxico técnico.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A4 Coñecemento, comprensión e aplicación dos principios teóricos e metodolóxicos para o estudo, a análise, a avaliación e a mellora dos procesos de produción, transferencia e uso da información e da actividade científica.
A7 Habilidades para analizar, asesorar e formar a produtores, usuarios e clientes de servizos de información, así como nos procesos de negociación e comunicación
A8 Habilidades na obtención, tratamento e interpretación de datos sobre unidades e servizos de información, dos procesos de produción, transferencia e uso da información e da actividade científica.
B1 Que os estudantes demostrasen posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da bas da educación secundaria xera, e adoitan encontrare a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamán algún aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B5 Que os estudantes desenvolverán aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender os estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Capacidade de análise e de sintese aplicaa á xestión e organización da información
B9 Habilidades no uso de software xenérico
C2 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C8 Aprender a aprender
C10 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo
C12 Traballar de xeito colaborativo
C15 Capacidade de organización e planificación do traballo propio

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
a) Profundar en contidos de catalogación asistida por computador reforzando aspectos da práctica catalográfica sobre casos especiais na descrición de monografías e publicacións seriadas. A4
A7
A8
B3
B5
B6
C2
C8
b) Coñecer as características, aplicación e limitacións dos principais sistemas SIGB comerciais con especial atención a aplicacións catalográficas. A7
A8
B1
B3
B5
B6
B9
C2
C8
C10
c) Profundar en aspectos de aplicación de estándares IBERMARC e MARC 21 e coñecer as características e as limitacións deses sistemas. A4
A8
B1
B2
B3
C2
d) Abordar as razóns que explican os límites de aplicación dos sistemas expertos nas tarefas de catalogación orixinal. B1
B2
B3
B5
B6
B9
C2
C8
C12
C15
e) Saber caracterizar os denominados “documentos especiais” e coñecer e aplicar os instrumentos prescriptivos necesarios para o seu procesamento documental. A4
A8
B2
B3
B6
B9
C2
C8
C10
e) Abordar a caracterización e evolución histórica dos catálogos en liña. A4
A7
B2
B5
B6
B9
C2
C8
C10
C12
C15

Contents
Topic Sub-topic
I. INTRODUCCIÓN - Definición de catalogación
- A catalogación como operación da cadea documental e a análise documental
- Un paso previo á catalogación: A descrición bibliográfica
- Fases da catalogación.
- Finalidade da catalogación
-Definición de rexistro bibliográfico ou ficha catalográfica
-Partes do rexistro bibliográfico
- O catálogo e os seus obxectivos
- A normalización no marco da análise formal
- MARC 21 (estrutura e terminoloxía)
II. DEFINICIÓN, CARACTERÍSTICAS E TIPOS DE RECURSOS ELECTRÓNICOS -Tipoloxía dos recursos electrónicos
-Recursos continuados
-Codificación dos recursos electrónicos nas posicións 06 e 07 da cabeceira e nos campos 008, 006 e 007
III. DESCRIPCIÓN E ESTRUCTURA DOS RECURSOS ELECTRÓNICOS - Fontes de información dos recursos electrónicos
- Fontes de información das publicacións seriadas e os recursos integrables
- A lingua e escritura da descrición, omisións, abreviaturas, uso de maiúsculas, erratas, símbolos, etc.
- Cambio de título
- Directrices de CONSER
IV. AS ÁREAS DA DESCRIPCIÓN BIBLIOGRÁFICA - Área de título e mención de responsabilidade
- Área de edición
- Área de material
- Área de publicación, distribución, etc.
- Área de descrición física
- Área de serie
- Área de notas
- Área de número normalizado e condicións de adquisición
V. OS PUNTOS DE ACCESO - Puntos de acceso bibliográficos
- Puntos de acceso de materia
- Clasificación dos recursos electrónicos

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Mixed objective/subjective test B2 B3 B5 B6 B9 C2 C8 C10 C12 C15 2 40 42
Supervised projects A4 A8 B1 2 30 32
Student portfolio A7 B3 C2 10 0 10
Oral presentation A7 B6 C10 9 0 9
Guest lecture / keynote speech B2 B3 B6 B9 C8 C10 C12 C15 21 0 21
 
Personalized attention 4 0 4
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Mixed objective/subjective test Método de avaliación dos coñecementos e habilidades adquiridos polo alumnado, puidendo combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta curta (pechada ou non) e outras algo máis extensas para que o alumno reflexione sobre os contidos tratados na materia.
Supervised projects Realización por parte do alumnado dun traballo autónomo orientado á profundización nos contidos da materia, baixo a vixilancia e seguemento da profesora. Proporcionaranse instrucións precisas para a súa realización. Exporase na aula.
Student portfolio Cartofol que reúne virtualmente (a través da plataforma moodle) os traballos dos alumnos, fundamentalmente consistentes en resumo, comentario ou respostar a preguntas sobre lecturas, vídeos, conferencias, etc. que permitirán profundar sobre os contidos traballados e actividades de carácter práctico e exercicios de catalogación.
Oral presentation Ó longo das aulas procurarase a interación entre o alumnado e profesorado de xeito ordeado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Os alumnos terán que falar de/expoñer os traballos que se incluirán no portafolios.

Non se imparten aulas durante o curso 2022-2023.
Guest lecture / keynote speech Exposición oral dos contidos básicos da materia, elaborados e expostos pola docente, que pode apoiarse en medios audiovisuais. Proposta de exemplos e modelos. Resposta a dúbidas e preguntas.

Non se imparten aulas durante o curso 2022-2023.

Personalized attention
Methodologies
Mixed objective/subjective test
Student portfolio
Supervised projects
Description
As titorías da materia permitirán ao alumnado resolver dúbidas sobre os contidos, a forma de preparar o exame, traballos tutelados, traballos do portafolios e calquera outra actividade orientada ao longo do curso.

Empregaranse preferentemente as titorías presenciais e o correo electrónico e o campus virtual. Acordándose previamente coa profesora, poderanse tamén realizar titorías por vídeo-conferencia a través de Teams.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test B2 B3 B5 B6 B9 C2 C8 C10 C12 C15 Realizarase un exame final teórico-práctico sobre os contidos vistos nas sesións maxistrais e nas interactivas. Incluirá un exercicio de catalogación dun recurso electrónico con MARC 21. 40
Student portfolio A7 B3 C2 Valorarase adecuación do portafolios presentado aos temas propostos para cada actividade, o contido, as achegas por pare dos alumnos, a coherencia da súa estructura, a redacción e presentación. Poderán especificarse criterios de avaliación máis concretos no momento da presentación das actividades aos alumnos. 25
Oral presentation A7 B6 C10 Expoñerase o traballo tutelado. Farase chegar un power point con voz á a profesora dentro do prazo que indicará. 10
Supervised projects A4 A8 B1 Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas persoais, a claridade na formulación e estrutura, a capacidade de síntese, a redacción e presentación, fontes e bibliografía utilizada.
25
 
Assessment comments

Ao tratarse dunha materia da que non se imparten aulas durante o curso 2021-2022, será obrigatorio para TODO O ALUMNADO acordar unha titoría NAS DÚAS PRIMEIRAS SEMANAS DO CUADRIMESTRE  co fin de establecer un plan de traballo idóneo. Establecerase entón un calendario para consensuar o tema do traballo tutelado e das prácticas do portafolios que o precisen e realizar as entregas. 

Para aprobar a materia é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación, a condición de que se obteña un mínimo de 4 sobre 10 en cada unha das metodoloxías. Se a nota nalgunha destas metodoloxías é inferior a 4 suspenderase a materia. 

De non concurrir nalgunha das metodoloxías, a cualificación será de non presentado (N. P.).

Cando sexa necesario acordar un tema, non se avaliarán as entregas non consensuadas coa profesora, como mínimo, 15 días antes do final das aulas do periodo lectivo do cuatrimestre. 

Cando se teña feito unha das entregas do portafolios, as restantes prácticas desa metodoloxía non entregadas nos prazos que se establezan cualificaranse cun 0. Este será tamén o caso dos traballos que non cumpran coas instrucións prescritas para a súa elaboración ou que fosen copiados ou plaxiados. 

SEGUNDA OPORTUNIDADE:  

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Para aprobar, respectaranse as mesmas condicións e porcentaxes da primeira oportunidade. Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas, polo que os alumnos poderán recuperarán só a parte/partes que teñan suspensas. 

Será obrigatorio comunicar á docente como se abordará á avaliación nesta segunda oportunidade. Non se avaliaran os traballos que non teñan sido consensuados, como mínimo, quince días antes da data fixada para o exame pola Facultade de Humanidades. Será responsabilidade dos estudantes contactar coa profesora para tal fin. Para presentarse ao exame é requisito imprescindible entregar previamente os traballos das restantes metodoloxías.

ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA: 

Avaliaranse polo mesmo sistema que o resto do alumnado.


Sources of information
Basic (2004). Anglo-American Cataloguing Rules. Chicago: American Library Association
Estivill Rius, A., (2006). Catalogación de recursos electrónicos. Gijón: Trea
Herrero Pascual, C., (2002). Catalogación para formato IBERMARC. Murcia: Diego Marín
(2016). Formato MARC21 para registros bibliográficos. Biblioteca Nacional de España
Díez Carrera, C., (dir) (2005). La catalogación de materiales especiales. Gijón: Trea
Bereijo, A., (2003). Las Ciencias de lo Artificial y las Ciencias de la Documentación: incidencia de la Predicción y la Prescripción, en González, W. J.. (ed.) Racionalidad, Historicidad y Predicción en Herbert A. Simon, . A Coruña: Netbiblo
Martínez García, M., y Olarán Múgica, Mª., (2005). Manual de catalogación en formato IBERMARC y MARC 21. Madrid: Arco-Libros
(2013). MARC21 Bibliographic Format. National Library of Canada
(1999). Reglas de Catalogación. Madrid: Ministerio de Educación y Cultura

Complementary (). Cataloguer´s toolbox. <http://www.mun.ca/library/cat/>
(). Cataloguing tools by format. <http://www.mun.ca/library/cat/formtool.html>
(). MARC 21: MARC standards. <http://www.loc.gov/marc/>
(). TPOT: Technical Processing Online Tools. <http://tpot.ucsd.edu/>
Furrie, B., (). Understanding MARC bibliographic: Machine-Readable Cataloging. <http://www.loc.gov/marc/umb/>

Os profesores poderán proporcionarán nas clases bibliografía específica para cada un dos temas e actividades a desenvolver, co fin de adecuar e actualizar de maneira continua os contidos da materia.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Document Analysis/710G02013
Descriptive Cataloguing of Special Documents/710G02019

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Document Analysis/710G02013

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.