Identifying Data 2020/21
Subject (*) Records Management Code 710G02023
Study programme
Grao en Información e Documentación
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatory 6
Language
Spanish
Teaching method Hybrid
Prerequisites
Department Humanidades
Coordinador
Fernandez Travieso, Carlota
E-mail
carlota.ftravieso@udc.es
Lecturers
Fernandez Travieso, Carlota
Ruiz Astiz, Javier
Suárez Golán, Fernando
E-mail
carlota.ftravieso@udc.es
j.ruiz.astiz@udc.es
f.suarez.golan@udc.es
Web
General description Estudo e análise da produción documental das administracións públicas e a xestión dos arquivos administrativos para o seu acceso, uso, avaliación e difusión.
Contingency plan 1- Modificacións nos contidos

Trataranse os mesmos temas, aínda que algúns de xeito máis simplificado e/ou a través de tarefas prácticas.

2- Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Proba mixta presencial: Substitúese por unha avaliación síncrona on line, utilizándose para tal fin Moodle e coordinación a través de vídeo-conferencia a través de Microsoft Teams. Os alumnos que non podan realizar a proba a través dos medios previstos, deben comunicar ós docentes da materia tal circunstancia ofrecendo unha motivación con suficiente antelación. Para causas debidamente xustificadas, poderá, eventualmente, organizarse un sistema de avaliación alternativo.
- Sesión maxistral (presenciais): substituída por docencia non presencial asíncrona, reforzo das comunicacións a través do foro de novas de moodle, reatroalimentación das actividades en moodle e dispoñibilidade on line para consultas e seguimento do alumnado.
- Traballos tutelados: A exposición oral prevista pasará a realizarse a través dunha video-conferencia en Teams.
- Presentación oral: Desaparece.
- Portafolios: Incorpórase a posibilidade de realizar dentro desta metodoloxía test en moodle ou Google Forms para controlar o seguimento do temario.

3- Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Ferramentas: Correo electrónico, Microsoft Teams. Moodle (retroalimentación formativa das actividades)
Temporalización: Aténdese ao alumnado diariamente, de luns a venres. Rógase que, en primeira instancia, a comunicación establézase a través do correo electrónico ou do chat de Teams. Será posible concertar citas para videoconferencias a través de Teams.

4- Modificacións na avaliación
-Presentación oral: Peso na cualificación: 0%. A desaparición desta metodoloxía resulta nun aumento do valor do Portafolios do 10%.
-Portafolios: Peso na cualificación: 40%. Aumenta o seu valor inicial do 10%. Para os alumnos que realizasen presentacións durante as clases presenciais, poderá considerarse como xa conseguido a parte que corresponda desa porcentaxe. En canto aos criterios de valoración non hai cambios
- Traballos tutelados: Peso na cualificación: 30%. Non hai cambios nos criterios de valoración.
- Proba mixta (on line): Peso na cualificación 40%. Pasará a realizarse a través de medios telemáticos. En canto aos criterios de valoración non hai cambios.

*Observacións de avaliación:
As mesmas que no caso de non ser necesaria a aplicación deste plan de continxencia.

5- Modificacións da bibliografía ou webgrafía

O material preciso para preparar a materia (apuntes, gravacións das clases e/ou referencias web aos textos que son imprescindibles) se colgarán na plataforma moodle ou darase acceso a eles a través de enlaces de Internet.
Polo demais, non hai cambios en relación coas fontes empregadas.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecemento da natureza da información e dos documentos, dos seus diversos modos de produción e do seu ciclo de xestión, dos aspectos legais e éticos do seu uso e transferencia, e das fontes principais de intormación en calquera soporte, e ao longo do tempo.
A2 Coñecemento, comprensión, aplicación e valoración dos principios teóricos e metodolóxicoa, e das técnicas para a planificación, organización e avaliación de sistemas, unidades e servizos de información.
A3 Coñecemento, comprensión e aplicación dos principios teóricos e metodolóxicos, e das técnicas para a creación e eutentificación, reunión, selección, organización, representación, preservación, recuperación, acceso, difusión e intercambio, e avaliación da información e dos recursos informáticos.
A4 Coñecemento, comprensión e aplicación dos principios teóricos e metodolóxicos para o estudo, a análise, a avaliación e a mellora dos procesos de produción, transferencia e uso da información e da actividade científica.
A5 Coñecemento e aplicación das tecnoloxías da información que se emplea nas unidades e servizos de información e nos procesos e transferencia da información.
A7 Habilidades para analizar, asesorar e formar a produtores, usuarios e clientes de servizos de información, así como nos procesos de negociación e comunicación
A8 Habilidades na obtención, tratamento e interpretación de datos sobre unidades e servizos de información, dos procesos de produción, transferencia e uso da información e da actividade científica.
B1 Que os estudantes demostrasen posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da bas da educación secundaria xera, e adoitan encontrare a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamán algún aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado como non especializado
B5 Que os estudantes desenvolverán aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender os estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Capacidade de análise e de sintese aplicaa á xestión e organización da información
B7 Capacidade da xestión da información relevante
B8 Capacidade deuso e adaptación de diversas técnicas de comunicación oral e escrita cos usuarios da información
B9 Habilidades no uso de software xenérico
C1 Expresarse correctamente tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficicais da comunidade autónoma
C2 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas a os que deben de enfrontarse
C6 Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida
C9 Resolver problemas de forma efectiva
C10 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo
C11 Traballar de xeito autónomo con iniciativa
C15 Capacidade de organización e planificación do traballo propio
C18 Capacidade para a adaptación a cambios no contorno

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecemento da natureza, tipoloxía, modos de produción e ciclos de xestión da documentación producida polas administracións públicas. A1
A2
A3
A5
A7
A8
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C1
C5
C6
C15
Coñecemento da estructura, características e funcións dos arquivos administrativos públicos de España e Galicia. A2
A3
A4
A5
A7
B1
B2
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C5
C9
Coñecemento dos principios e métodos que rixen a creación e o funcionamento dos arquivos de oficina e dos arquivos intermedios. A1
A2
A3
A5
A7
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C1
C5
C18
Coñecemento teórico-práctico da xestión, análise, tratamento e descripción dos documentos administrativos. A1
B2
B6
C2
C5
C10
C11

Contents
Topic Sub-topic
1. A Administración Pública, o sistema de arquivos e a xestión de documentos 1.1 A Administración Pública española
1.2 O Sistema Español de Arquivos
2. A documentación administrativa 2.1 Que é un documento de arquivo?
2.2 Tipoloxía de documentos administrativos
2.3 O expediente administrativo
3. A xestión de documentos 3.1 Xestión de documentos administrativos
3.2 A normalización: ISO 15489 e 30300-30301
4. Os procedementos de uso dos documentos administrativos 4.1 A identificación
4.2 Clasificar documentos de arquivo
4.3 A ordenación de documentos
4.4 Descrición de documentos
5. Os procedementos de arquivo dos documentos administrativos 5.1 A transferencia de documentos
5.2 Valoración, selección e eliminación
5.3 Instalación e conservación de documentos
6. A información en poder da Administración Pública. Subministración de información e dereito de acceso 6.1 O acceso aos documentos de arquivo
6.2 A difusión

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A1 A2 B2 B3 B4 B7 C5 21 21 42
Mixed objective/subjective test A3 B1 B3 B4 B5 B8 C1 2 20 22
Student portfolio A2 A5 A7 B2 B4 B6 B8 B9 C1 C2 C9 C10 C11 C15 C18 12 35 47
Oral presentation B3 B4 C1 9 0 9
Supervised projects A4 A8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C1 C6 1 25 26
 
Personalized attention 4 0 4
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral dos contidos esenciais correspondentes aos temas do programa, que poderá ser apoiada por medios audiovisuais. Proposta de exemplos e modelos. Resposta a dúbidas e preguntas.
Mixed objective/subjective test Método de avaliación dos coñecementos e habilidades adquiridos polo alumnado, puidendo combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta curta (pechada ou non) e outras algo máis extensas para que o alumno reflexione sobre os contidos tratados na materia.
Student portfolio Portafolios do alumno cartofol que reúne virtualmente (a través da plataforma moodle) os traballos dos alumnos, tales coma resumos, comentarios, análises ou respostas a preguntas sobre lecturas, vídeos, conferencias, etc. que permitirán profundar sobre os contidos traballados e actividades de carácter práctico que permiten ao alumnado aprender de forma efectiva a teoría dun ámbito de coñecemento.
Oral presentation Ao longo das aulas procurarase a interación entre o alumnado e profesorado de xeito ordeado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Os alumnos terán que falar de/expoñer os traballos que se incluirán no portafolios.
Supervised projects Realización por parte do alumnado dun traballo autónomo orientado á aplicación teórica/práctica dos contidos da materia, baixo a supervision e seguemento dos docentes. Proporcionaranse instrucións precisas para a súa realización. Será obrigatorio consensuar o tema deste traballo cos docentes dentro do plazo que se estableza a tal fin. Os alumnos exporán o seu traballo na aula.

Personalized attention
Methodologies
Student portfolio
Guest lecture / keynote speech
Supervised projects
Mixed objective/subjective test
Description
As titorías da materia permitirán ao alumnado resolver dúbidas sobre os contidos, a forma de preparar o exame, traballos tutelados, traballos do portafolios e calquera outra actividade orientada ao longo do curso.

Empregaranse preferentemente as titorías presenciais e o correo electrónico e o chat de Teams. Acordándose previamente cos docentes, poderánse tamén realizar titorías por video-conferencia a través de Teams.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Student portfolio A2 A5 A7 B2 B4 B6 B8 B9 C1 C2 C9 C10 C11 C15 C18 Valorarase a adecuación ás pautas marcadas para cada actividade, o contido, as achegas por parte dos alumnos, a coherencia da súa estructura, a redacción e presentación. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos.

A nota mínima necesaria para que o portafolios faga media co resto de metodoloxías e un 4 sobre 10. Con unha nota inferior nesta metolodoloxía suspenderase a materia.

Non se avaliarán actividades presentadas fora de prazo ou que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
30
Supervised projects A4 A8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C1 C6 Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas persoais, a claridade na formulación e estrutura, a capacidade de síntese, a redacción e presentación, fontes e bibliografía utilizada.

A nota mínima necesaria para que o traballo faga media co resto de metodoloxías e un 4 sobre 10. Cunha nota inferior nesta metolodología suspenderase a materia.

Non se avaliarán traballos presentados fóra de prazo ou que incumpran as indicación prescritas para a súa elaboración.
20
Mixed objective/subjective test A3 B1 B3 B4 B5 B8 C1 Valorarase a adecuación das respostas ás preguntas plantexadas, o nivel de coñecementos demostrado, a ausencia de erros, as achegas persoais, así como a capacidade do alumnado para sintetizar, desenvolver, comparar ou relacionar de forma autónoma o contido teórico-práctico da materia. Terase en conta a expresión, corrección ortográfica e presentación, que poderán restar puntos.

A nota mínima necesaria para que ou exame faga media co resto de metodoloxías e un 4 sobre 10. Con unha nota inferior nesta metolodoloxía suspenderase a materia.
40
Oral presentation B3 B4 C1 Terase en conta a participación nas aulas expoñendo o traballo propio e outras achegas de interese por parte dos estudantes reflexionando sobre os temas propostos pola profesora ou plantexando dúbidas de forma constructiva. 10
 
Assessment comments

Para aprobar a materia é preciso obter unha nota media de 5 sobre
10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no
apartado de avaliación, sempre e cando se obteña un mínimo de 4 sobre 10 en
cada unha das probas mencionadas: exame, traballo tutelado e portafolios.  

Cada un dos traballos do portafolios cualificaranse sobre 10 e
farán media aritmética entre eles. De ser entregados fora de prazo ou copiados
serán considerados como non presentados e serán cualificados cun 0. Este será
tamén o caso dos traballos tutelados non consensuados coa profesora no prazo
que se estableza. 

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade unicamente os
estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Respectaranse as
mesmas condicións e porcentaxes da primeira oportunidade. Gardaranse as notas
relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación
que resultasen aprobadas, polo que os alumnos poderán recuperarán só a
parte/partes que teñan suspensas. Para anos posteriores, deberán presentarse
novos traballos, o seu contido acordarase cos docentes. Será obrigatorio
comunicar ós docentes como se abordará á avaliación nesta segunda oportunidade.
Será obrigatorio presentar o traballo tutelado e portafolios como mínimo 15
días antes da data fixada para a proba obxectiva pola Facultade de
Humanidades. 


ALUMNOS CON ADICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE
ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA

Terán que
acordar unha titoría na primeira semana de clase co fin de establecer
un plan de traballo axeitado. Terán que decidir se se acollen aos prazos de
presentación de traballos da avaliación continua que serán comunicados ao longo
do curso a través de plataforma Moodle ou se realizan unha entrega final de
todos os traballos conxuntamente como mínimo 15 días antes da proba obxectiva á
que desexan presentarse. Poderán ser dispensados da participación nas aulas (o
10% de"presentación oral"), tendo neste caso o portafolios o valor do
40%. 


Sources of information
Basic CRUZ MUNDET, José Ramón (dir.) (2011). Administración de documentos y archivos. Textos fundamentales. Madrid: Coordinadora de Asociaciones de Archiveros y Gestores de Documentos
VÁZQUEZ MURILLO, Manuel (2008). Administración de documentos y archivos: planteos para el siglo XXI (3ª ed.). Buenos Aires: Alfagrama
TABOADA CARDOSO, Federico; NIELSEN DE ALLENDE, Mónica (2006). Archivística y normalización: norma ISO 15489. Buenos Aires: Alfagrama
CORTÉS ALONSO, Vicenta (2007-2008). Archivos de España y América: materiales para un manual. Madrid: FCE
McKEMMISH, Sue (ed.) (2007). Archivos: gestión de registros en sociedad. Cartagena: Corbalán
CRUZ MUNDET, José Ramón (2011). Diccionario de archivística. Madrid: Alianza
DIRECCIÓN DE LOS ARCHIVOS ESTATALES (1995). Diccionario de terminología archivística (2ª ed.) (en línea: https://www.mecd.gob.es/cultura-mecd/areas-cultura/archivos/mc/dta/portada.html). Madrid: Ministerio de Cultura, Subdirección General de Archivos Estatales
LÓPEZ GÓMEZ, Pedro; GALLEGO DOMÍNGUEZ, Olga (2007). El documento de archivo. Un estudio. A Coruña: Universidade da Coruña
RIVERO ORTEGA, Ricardo (2008). El expediente administrativo. De los legajos a los soportes electrónicos (2ª ed.). Navarra: Thomson, Aranzadi
CRUZ MUNDET, José Ramón (2006). Gestión del conocimiento en las organizaciones. Madrid: Fundación Sánchez Ruipérez, Pirámide
GARCÍA PITA, Marina; QUIROGA BARRO, Gabriel (2013). Guía de los archivos de la Xunta de Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
CRUZ MUNDET, José Ramón; MIKELARENA PEÑA, Fernando (1989). Información y documentación administrativa. Madrid: Tecnos
ROBERGE, Michel (2002). L'essentiel de la gestion documentaire. Quebec: Editions Gestar
PÉREZ TENESSA, Antonio; LA HOZ, Esperanza (2001). La Administración General del Estado (Organigramas y Legislación). Madrid: Consejo de Estado, BOE
GARCÍA PALACIOS, Joaquín (dir.) (2010). La terminología archivística. Gijón: Trea
HEREDIA HERRERA, Antonia (2010). Lenguaje y vocabulario archivísticos: algo más que un diccionario. Sevilla: Junta de Andalucía
SANCHÍS MORENO, Francisco (1999). Los archivos de oficina: una síntesis para su gestión. Valencia: Tirant lo Blanch
ALBERCH FUGUERES, Ramón (2003). Los archivos entre la memoria histórica y la sociedad del conocimiento. Barcelona: UOC
NOGUERA, M., NIETO LOZANO, Á., VALLE JUAN, M. Á. (2014). Los archivos parlamentarios: qué son y cómo se tratan. Gijón: Ediciones Trea
CAPELL I GARRIGA, Emilia (2009). Manual d'arxivística i gestió documental. Lleida: Associació d'Arxivers de Catalunya
MINISTERIO PARA LAS ADMINISTRACIONES PÚBLICAS (2003). Manual de documentos administrativos. Madrid: Tecnos
FERNÁNDEZ GIL, Paloma (1997). Manual de organización de archivos de gestión en las oficinas municipales. Granada: CEMCI
CONDE VILLAVERDE, Maria Luisa (1992). Manual de tratamiento de archivos administrativos. Madrid: Ministerio de Cultura
GRUPO DE ARQUIVEIROS DE GALICIA (2010). Norma Galega de Descripción Arquivística: NOGADA. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural
NÚÑEZ FERNÁNDEZ, Eduardo (1999). Organización y gestión de archivos. Gijón: Trea
MOLINA NORTES, Juana; LEYVA PALMA, Victoria (1996). Técnicas de archivo y tratamiento de la documentación administrativa. Guadalajara: ANABAD Castilla-La Mancha, 1996
FUNDACIÓN OLGA GALLEGO (2015). Transparencia vs. Corrupción: os arquivos e a democracia (Actas das I Xornadas Olga Gallego de Arquivos) . A Coruña: Fundación Olga Gallego
HEREDIA HERRERA, Antonia (2007). ¿Qué es un archivo?. Gijón: Trea

Berning Prieto, Antonio David, “Los documentos administrativos en soporte electrónico en la nueva regulación del procedimiento administrativo y su relación con la ciencia archivística”, Revista TRIA, 22 (2018), pp. 71-90. 

Llansó Sanjuan, Joaquim, “La norma ISO 15489-1 de 2016: luces y sombras para la gestión de documentos en las organizaciones”, Boletín de la ANABAD, Tomo 68, 3-4 (2018), pp. 410-428.

Llansó Sanjuan, Joaquim, “La normalización en gestión de documentos y archivos. Los archivos, a escena”, Revista TRIA, 20 (2016), pp. 161-180.

Llansó Sanjuan, Joaquim, “La Norma ISO 15489 de gestión de documentos: características, estructura y modelo de implantación del sistema”, RAM: revista de la Asociación de Archiveros de la Comunidad de Madrid, 4 (2009), pp. 116-141.

Llansó Sanjuan, Joaquim, “Camino a Itaca. El papel de la normalización en el periplo profesional del archivero para la construcción de su identidad”, Tabula: revista de archivos de Castilla y León, 12 (2009), pp. 205-236.

Moro Cabero, Manuela, “La gestión de documentos electrónicos en la norma ISO 15489 sobre gestión de documentos administrativos”, Tabula: revista de archivos de Castilla y León, 5 (2002), pp. 97-130.

Complementary

Os profesores proporcionarán nas clases bibliografía específica sobre os diversos temas e actividades a desenvolver.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Archiving/710G02017
Legal Aspects of Access to Information/710G02020

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Administration of Archives/710G02034
Arquivos de empresas/710G02035

Other comments

- Os/as estudantes Erasmus ou de programas de mobilidade bilateral deberán contactar cos profesores durante a primeira semana de clases.


- Os/as estudantes que non poidan asistir a clases con regularidade deberán comunicarse cos profesores na primeira semana lectiva do cuatrimestre para organizar un plan de traballo.


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.