Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Bibliotecas Dixitais Código 710G02036
Titulación
Grao en Información e Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Computación
Humanidades
Coordinación
Perez Pais, Maria del Carmen
Correo electrónico
carmen.perez.pais@udc.es
Profesorado
Perez Pais, Maria del Carmen
Rodriguez Luaces, Miguel
Correo electrónico
carmen.perez.pais@udc.es
miguel.luaces@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo principal desta materia é introducir aos alumnos nos procesos e técnicas de planificación, construción e xestión de bibliotecas dixitais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento da natureza da información e dos documentos, dos seus diversos modos de produción e do seu ciclo de xestión, dos aspectos legais e éticos do seu uso e transferencia, e das fontes principais de intormación en calquera soporte, e ao longo do tempo.
A2 Coñecemento, comprensión, aplicación e valoración dos principios teóricos e metodolóxicoa, e das técnicas para a planificación, organización e avaliación de sistemas, unidades e servizos de información.
A3 Coñecemento, comprensión e aplicación dos principios teóricos e metodolóxicos, e das técnicas para a creación e eutentificación, reunión, selección, organización, representación, preservación, recuperación, acceso, difusión e intercambio, e avaliación da información e dos recursos informáticos.
A4 Coñecemento, comprensión e aplicación dos principios teóricos e metodolóxicos para o estudo, a análise, a avaliación e a mellora dos procesos de produción, transferencia e uso da información e da actividade científica.
A5 Coñecemento e aplicación das tecnoloxías da información que se emplea nas unidades e servizos de información e nos procesos e transferencia da información.
A6 Coñocemento da realidade nacional e internacional en materia de políticas e servizos de información e das industrias da cultura
A7 Habilidades para analizar, asesorar e formar a produtores, usuarios e clientes de servizos de información, así como nos procesos de negociación e comunicación
A8 Habilidades na obtención, tratamento e interpretación de datos sobre unidades e servizos de información, dos procesos de produción, transferencia e uso da información e da actividade científica.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado como non especializado
B5 Que os estudantes desenvolverán aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender os estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Capacidade de análise e de sintese aplicaa á xestión e organización da información
B7 Capacidade da xestión da información relevante
B8 Capacidade deuso e adaptación de diversas técnicas de comunicación oral e escrita cos usuarios da información
C1 Expresarse correctamente tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficicais da comunidade autónoma
C2 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C3 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solución baseadas no coñecemento e orientadas cara o ben común
C4 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C5 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas a os que deben de enfrontarse
C7 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C9 Resolver problemas de forma efectiva
C12 Traballar de xeito colaborativo
C16 Capacidade de integración en equipos multidisciplinares
C18 Capacidade para a adaptación a cambios no contorno

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os conceptos básicos da arquitectura tecnolóxica das bibliotecas dixitais A1
A3
A5
A6
A7
C2
C3
C4
C7
Saber xestionar o proceso de dixitalización de contidos para unha biblioteca dixital A1
A3
A5
A6
A7
B6
B7
C2
C3
C4
C7
Saber planificar, crear e xestionar unha biblioteca dixital A1
A2
A3
A5
A6
A7
A8
B2
B5
B6
B7
B8
C2
C3
C4
C5
C7
C9
C12
C16
C18
Coñecer e poder aplicar linguaxes de marcado para catalogar documentos nunha biblioteca dixital A1
A3
A5
A6
A7
C2
C3
C4
C7
Coñecer conceptos básicos de preservación dixital de documentos A1
A3
A5
A6
A7
C2
C3
C4
C7
Coñecer os principios e elementos que configuran as bibliotecas dixitais desde o punto de vista documental A2
A3
A5
A6
B2
B5
C2
C5
Coñecer e saber aplicar os principais formatos e estándares A1
A3
A4
A5
A8
B4
B5
B6
B7
C2
C9
C12
Identificar recursos de información, pautas e proxectos relativos a bibliotecas dixitais A1
A6
B7
Coñecer e comprender a terminoloxía da materia A1
A3
C1

Contidos
Temas Subtemas
Módulo de Documentación 1) Bibliotecas dixitais: concepto, características e evolución.

2) Planificación e xestión de bibliotecas dixitais.

3) A colección na biblioteca dixital: os procesos documentais.

4) Bibliotecas dixitais: avaliación, exemplos e proxectos.

Módulo de Informática 1) Arquitectura de bibliotecas dixitais

2) Creación e xestión dunda biblioteca dixital

3) Linguaxes de marcado

4) Preservación dixital

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A2 A3 A4 A5 A8 B2 B4 C1 C2 17 30 47
Lecturas A1 B2 2 10 12
Sesión maxistral A1 A6 A7 B2 C3 C4 C5 C7 21 0 21
Traballos tutelados A7 A8 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C2 C9 C12 C16 C18 2 66 68
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Análise e resolución de situacións e problemas vinculados á planificación e xestión de bibliotecas dixitais.
Lecturas Inclúese baixo este epígrafe o resumo e comentario de lecturas, vídeos, conferencias, etc. Trátase de actividades que permiten profundar nos contidos traballados.
Sesión maxistral Desenvolvemento expositivo dos contidos esenciais correspondentes aos temas en que se divide o programa. Visualización de exemplos e modelos. Resposta a dúbidas e preguntas.
Traballos tutelados Estarán orientados á aplicación dos conceptos e técnicas da materia de forma autónoma por parte do alumnado, contando sempre coa atención personalizada e seguimento dos docentes. Os traballos elaboraranse de acordo coas pautas formais e de contido proporcionadas polos profesores.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Estudo de casos
Descrición
Axuda e resolución de problemas.

Este tipo de atención terá especial peso nos traballos tutelados, para os cales os docentes irán marcando as pautas a seguir en cada caso, podendo propor as variacións ou modificacións necesarias.


Con carácter xeral, e en todas as metodoloxías aplicadas, utilizaranse as tutorías presenciais, o correo electrónico e a plataforma informática da UDC.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A7 A8 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C2 C9 C12 C16 C18 Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas, a resolución de problemas, fontes e bibliografía utilizada, e a entrega do traballo no prazo establecido.

Realizarase unha presentación oral do traballo que tamén se terá en conta na avaliación.
50
Estudo de casos A2 A3 A4 A5 A8 B2 B4 C1 C2 Valoración da resolución, claridade expositiva e presentación dos casos. 30
Lecturas A1 B2 Avaliarase síntese e reflexión persoal do asunto tratado. 10
Sesión maxistral A1 A6 A7 B2 C3 C4 C5 C7 Participación e achegas de interese por parte dos estudantes, así como a resolución e entrega des exercicios curtos que se propoñan na presentación dos diferentes temas. 10
 
Observacións avaliación
PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia é obligatorio:

  • Obter unha nota mínima gobal de 5 (sobre 10).
  • Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 5) nos traballos tutelados.
  • A presentación de todos os estudos de casos e as lecturas.
De non obter a nota mínima nos traballos tutelados ou de non presentar os estudos de casos e as lecturas, a notá máxima global da materia non será superior a un 4,9.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba escrita teórica.


SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma:

  • Traballos tutelados (50% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
  • Proba escrita teórica e práctica (50% da nota final): para recuperar a nota dos estudos de casos, as lecturas e as sesións maxistrais.
  • Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
  • Os/as estudantes con nota inferior a 2 nos traballos tutelados na primeira oportunidade deberán recuperalos obligatoriamente na segunda oportunidade para aprobar a materia.
  • Para aprobar a materia é obligatorio obter unha nota mínima de 2 sobre 5 no traballo tutelado, e de 5 sobre 10 na nota global.
  • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes.


DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases poderán, en primeira oportunidade, demostrar o seu coñecemento da materia mediante un exame teórico e práctico que valerá o 50% da nota e entregar os dous traballos tutelados. Para a segunda oportunidade, as condicións son as mesmas que as do resto do alumnado.


Fontes de información
Bibliografía básica MARTÍNEZ EQUIHUA, Sául (2007). Biblioteca digital: conceptos, recursos y estándares. Buenos Aires: Alfagrama
VOUSTSSÁS MÁRQUEZ, Juan (2006). Bibliotecas y publicaciones digitales. México: UNAM, Centro de Investigaciones Bibliotecológicas
FERRER SAPENA; Antonia; PESET MANCEBO, Fernanda; MORENO NÚÑEZ, María T.; LLORET ROMERO, Nùria (2005). Guía metodológica para la implantación de una biblioteca digital universitaria. Gijón: Trea
MORALES DEL CASTILLO, José Manuel (2011). Hacia la biblioteca digital semántica. Gijón: Trea
DÍEZ CARRERA, Carmen (2012). La biblioteca digital. Gijón: Trea

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Informática Aplicada/710G02004
Análise Documental/710G02013
Informática Documental/710G02015
Aspectos Xurídicos de Acceso á Información/710G02020
Catalogación Formal de Documentos Electrónicos/710G02022
Fontes de Información Especializadas/710G02024
Bases de Datos Documentais/710G02025

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Prevención e Conservación Documental/710G02038
Deseño de Recursos Informativos en Web/710G02039

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías