Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Prevención e Conservación Documental Código 710G02038
Titulación
Grao en Información e Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
,
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Esta materia busca introducir al alumnado en los aspectos más relevantes de la preservación y conservación del patrimonio bibliográfico y documental, tanto material como digital: aspectos teóricos, causas de deterioro, planificación y gestión de medidas de prevención y conservación.


Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento da natureza da información e dos documentos, dos seus diversos modos de produción e do seu ciclo de xestión, dos aspectos legais e éticos do seu uso e transferencia, e das fontes principais de intormación en calquera soporte, e ao longo do tempo.
A3 Coñecemento, comprensión e aplicación dos principios teóricos e metodolóxicos, e das técnicas para a creación e eutentificación, reunión, selección, organización, representación, preservación, recuperación, acceso, difusión e intercambio, e avaliación da información e dos recursos informáticos.
A5 Coñecemento e aplicación das tecnoloxías da información que se emplea nas unidades e servizos de información e nos procesos e transferencia da información.
A8 Habilidades na obtención, tratamento e interpretación de datos sobre unidades e servizos de información, dos procesos de produción, transferencia e uso da información e da actividade científica.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B5 Que os estudantes desenvolverán aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender os estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Capacidade de análise e de sintese aplicaa á xestión e organización da información
B7 Capacidade da xestión da información relevante
C1 Expresarse correctamente tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficicais da comunidade autónoma
C5 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas a os que deben de enfrontarse
C9 Resolver problemas de forma efectiva
C11 Traballar de xeito autónomo con iniciativa
C12 Traballar de xeito colaborativo
C19 Capacidade de dirección e liderazgo

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender a terminoloxía da materia. A1
C1
Coñecer e identificar os factores de deterioro dos soportes documentais. A1
A3
Determiñar o estado de conservación dos documentos. A1
A3
B2
C9
Planificar as condicións que garanten a integridade dos documentos. A3
A8
B2
C11
C12
C19
Coñecer e seleccionar os sistemas idóneos de instalación, almacenamento e reprodución documental. A3
A5
B2
B5
B6
B7
C1
C5

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introdución á prevención e conservación documental. 1.1. Marcos conceptuais da prevención e conservación documental.
1.2. Factores de deterioración dos soportes documentais.
Tema 2. Planificación da prevención e conservación de coleccións.
2.1. Análise e planificación estratéxica da prevención e conservación de coleccións.
2.2. Edificios: planificación para á prevención e conservación de coleccións.
Tema 3. Xestión da prevención e conservación documental. 3.1. Técnicas de manipulación das coleccións: reprodución e exposicións.
3.2. A xestión de desastres.
Tema 4. Prevención e conservación de coleccións especiais. 4.1. Coleccións patrimoniais.
4.2. Recursos dixitais.
4.3. Plans e programas de cooperación nacional e internacional.



Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A1 A3 A8 B2 B6 B7 C9 C11 C12 C19 10 16 26
Lecturas A1 B5 B6 C5 2 12 14
Prácticas a través de TIC A3 A5 7 7 14
Sesión maxistral A1 A3 A8 C1 23 7 30
Traballos tutelados A1 A3 A8 B2 B6 B7 C5 C9 C11 C12 C19 2 62 64
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Análise e resolución de situacións-problemas vinculados á prevención e conservación documental cos que o alumno se pode atopar no desenvolvemento da súa actividade profesional.
Lecturas Inclúese baixo este epígrafe o resumo e comentario de lecturas, vídeos, conferencias, exposiciones, etc. Trátase de actividades que permiten profundar nos contidos traballados.
Prácticas a través de TIC Actividades de carácter práctico que permiten ao alumnado aprender de forma efectiva a teoría dun ámbito de coñecemento. Realizaranse procuras bibliográficas, procuras de información e consultas a diferentes recursos accesibles a través de Internet.
Sesión maxistral Desenvolvemento expositivo dos contidos esenciais correspondentes aos temas en que se divide o programa. Visualización de exemplos e modelos. Resposta a dúbidas e preguntas.
Traballos tutelados Estará orientado a aplicación dos conceptos e técnicas da materia de forma autónoma por parte do alumnado, contando sempre coa atención personalizada e seguimento da docente. O traballo será individual e se elaborará de acordo coas pautas formais e de contido proporcionadas pola profesora.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Este tipo de atención terá especial peso nos traballos tutelados, para os cales a docente irá marcando as pautas a seguir en cada caso, podendo propor as variacións ou modificacións necesarias.

Con carácter xeral, e en todas as metodoloxías aplicadas, utilizaranse as tutorías presenciais, o correo electrónico e a plataforma informática da UDC.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A3 A8 B2 B6 B7 C9 C11 C12 C19
Valoración da resolución, claridade expositiva e presentación dos casos.
20
Lecturas A1 B5 B6 C5
Avaliarase a entrega na data establecida, síntese e reflexión persoal do asunto tratado.
10
Prácticas a través de TIC A3 A5 Avaliaranse as prácticas de acordo coa asistencia e a execución das prácticas sinaladas.
10
Sesión maxistral A1 A3 A8 C1 Terase en conta a participación e as achegas de interese por parte dos estudantes.
10
Traballos tutelados A1 A3 A8 B2 B6 B7 C5 C9 C11 C12 C19 Computará a adecuación as pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenrolo, as iniciativas, a resolución de problemas, fontes e bibliografía utilizada, entrega do traballo no prazo establecido. Tamén computará a presentación oral.
50
 
Observacións avaliación

Precísase
entregar todos estudos de caso, glosario, lecturas, prácticas, traballo
tutelado, para a avaliación continua. Os estudantes que non realizaran todas
estas actividades realizarán un exame final de contidos teóricos e prácticos.




















"Aqueles/as alumnos /as
que teñan algún tipo de excepcionalidade para vir a clase legalmente concedida,
que falen co/a pofesor/a á comezos de curso para establecer as titorías e os
sistemas de avaliación correspondentes."


Fontes de información
Bibliografía básica (2013). BIBLIOTECAS y patrimonio: normas y recomendaciones sobre el acceso, tratamiento y uso de las colecciones de fondo histórico en bibliotecas españolas / compilación e índices Ramón Abad Hiraldo. Madrid: ANABAD
BELLO URGELLÈS, Carmen; BORRELL CREHUET, Àngels (2002). El patrimonio bibliográfico y documental: claves para su conservación preventiva. Gijón: Trea
TACÓN CLAVAÍN, Javier (2008). La conservación en archivos y bibliotecas: prevención y protección. Madrid: Ollero y Ramos
PRIETO GUTIÉRREZ, J. José (2013). Plan de seguridad en bibliotecas: la protección del patrimonio documental. Gijón: Trea
Bibliografía complementaria

Proporcionarase nas clases bibliografía específica para cada un dos temas.

Revistas especializadas:

Anales de Documentación.

BiD.

Boletín de la ANABAD.

Pecia Complutense.

El Profesional de la Información.

Revista española de documentación científica.

Revista general de información y documentación.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Xestión de Empresas e Institucións Culturais/710G02008
Planificación e Xestión de Unidades de Información/710G02021
Xestión da Colección/710G02027
Bibliotecas Dixitais/710G02036

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías