Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Prácticas Externas (Prácticum) Código 710G02052
Titulación
Grao en Información e Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Computación
Humanidades
Coordinación
Ameneiros Rodríguez, María Rocío
Correo electrónico
rocio.ameneiros@udc.es
Profesorado
Ameneiros Rodríguez, María Rocío
Rodriguez Luaces, Miguel
Correo electrónico
rocio.ameneiros@udc.es
miguel.luaces@udc.es
Web
Descrición xeral A realización de prácticas externas permite o contacto do alumnado co ámbito laboral, coñecendo a realidade das unidades de información, os seus profesionais e usuarios.
-Para a súa realización, tal como figura na Memoria do Grao de Información e Documentación, o estudante debe aprobar 180 ECTS.
-O marco lexislativo do Practicum recóllese no Real Decreto 592/2014, do 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios. Neste documento defínense os deberes e dereitos do estudante, do titor de prácticas, así como os mecanismos de avaliación e seguimento.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento da natureza da información e dos documentos, dos seus diversos modos de produción e do seu ciclo de xestión, dos aspectos legais e éticos do seu uso e transferencia, e das fontes principais de intormación en calquera soporte, e ao longo do tempo.
A2 Coñecemento, comprensión, aplicación e valoración dos principios teóricos e metodolóxicoa, e das técnicas para a planificación, organización e avaliación de sistemas, unidades e servizos de información.
A3 Coñecemento, comprensión e aplicación dos principios teóricos e metodolóxicos, e das técnicas para a creación e eutentificación, reunión, selección, organización, representación, preservación, recuperación, acceso, difusión e intercambio, e avaliación da información e dos recursos informáticos.
A4 Coñecemento, comprensión e aplicación dos principios teóricos e metodolóxicos para o estudo, a análise, a avaliación e a mellora dos procesos de produción, transferencia e uso da información e da actividade científica.
A5 Coñecemento e aplicación das tecnoloxías da información que se emplea nas unidades e servizos de información e nos procesos e transferencia da información.
A6 Coñocemento da realidade nacional e internacional en materia de políticas e servizos de información e das industrias da cultura
A7 Habilidades para analizar, asesorar e formar a produtores, usuarios e clientes de servizos de información, así como nos procesos de negociación e comunicación
A8 Habilidades na obtención, tratamento e interpretación de datos sobre unidades e servizos de información, dos procesos de produción, transferencia e uso da información e da actividade científica.
B1 Que os estudantes demostrasen posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da bas da educación secundaria xera, e adoitan encontrare a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamán algún aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado como non especializado
B5 Que os estudantes desenvolverán aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender os estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Capacidade de análise e de sintese aplicaa á xestión e organización da información
B7 Capacidade da xestión da información relevante
B8 Capacidade deuso e adaptación de diversas técnicas de comunicación oral e escrita cos usuarios da información
B9 Habilidades no uso de software xenérico
C1 Expresarse correctamente tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficicais da comunidade autónoma
C2 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C3 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solución baseadas no coñecemento e orientadas cara o ben común
C4 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C5 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas a os que deben de enfrontarse
C6 Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida
C7 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C8 Aprender a aprender
C9 Resolver problemas de forma efectiva
C10 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo
C11 Traballar de xeito autónomo con iniciativa
C12 Traballar de xeito colaborativo
C13 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional
C14 Comunicarse de xeito efectivo nun contorno de traballo
C15 Capacidade de organización e planificación do traballo propio
C16 Capacidade de integración en equipos multidisciplinares
C17 Recoñecemento da diversidade y multiculturalidade no ámbito do exercicio profesional
C18 Capacidade para a adaptación a cambios no contorno
C19 Capacidade de dirección e liderazgo
C20 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
1. Aplicar os coñecementos de carácter teórico e práctico adquiridos no Grao. A1
A3
A4
B2
B4
B5
C1
C3
C5
C8
C11
C12
2. Describir, analizar e valorar a estrutura, funcións e servizos do centro no que se desenvolven as prácticas. A2
A6
B1
B3
B7
C2
C6
3. Coñecer os sistemas e programas de xestión documental do centro. A5
B6
B9
4. Adquirir metodoloxías e hábitos de traballo, así como criterios de actuación en situacións reais. A7
C15
5. Identificar, analizar e resolver os problemas dos usuarios reais. B8
C4
C10
C13
C14
C17
C19
C20
6. Traballar en equipo, asumindo responsabilidades e participando na resolución de problemas. A8
C7
C9
C16
C18

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución 1.1. Carácter e obxecto das prácticas
2. Pautas para a realización das prácticas 2.1. Requisitos
2.2. Normas de actuación nos centros de prácticas
3. Xestión das prácticas 3.1. Selección de centros por parte da Facultade
3.2. Presentación dos centros
3.3. Distribución dos alumnos
3.4. Tramitación de convenios por parte da Facultade
4. Pautas para a elaboración da memoria final de prácticas 4.1. Explicación teórica
4.2. Guión da memoria final de prácticas
5. Prácticas 5.1. Presentación dos alumnos
5.2. Desenvolvemento das prácticas
6. Presentación de informes e memorias 6.1. Informes dos titores dos centros
6.2. Memorias finais dos alumnos
6.3. Avaliación global

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C7 C10 C11 C15 C20 4 38 42
Prácticas de laboratorio A2 A5 A6 A7 B8 B9 C2 C3 C4 C5 C9 C12 C13 C14 C16 C17 C18 C19 0 250 250
Sesión maxistral A1 A3 A4 A8 B4 C6 C8 6 0 6
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Ao finalizar o período de prácticas, cada alumno presentará á titora académica unha memoria de prácticas na que describa de forma detallada as tarefas e actividades realizadas, así como unha reflexión sobre a formación recibida. Dita memoria elaborarase seguindo as pautas formais e de contido indicadas pola titora académica.
Prácticas de laboratorio Prácticas desenvolvidas polos alumnos nas unidades de información coas que a UDC ten convenio. O traballo dos alumnos estará supervisado pola titora académica (profesora da Facultade) e o titor profesional (persoa responsable do centro).
Sesión maxistral Exposición oral por parte da profesora, complementada co uso de medios audiovisuais, coa finalidade de transmitir a información fundamental referida ás prácticas: procedementos, deberes e dereitos do alumno, sistema de avaliación, titorización, etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Prácticas de laboratorio
Descrición
Resolver dúbidas, ampliar formulacións e suxerir distintas formas de traballo que axuden aos alumnos na súa aprendizaxe. Seguimento personalizado e constante de cada unha das tarefas desenvolvidas polos alumnos.

Este tipo de atención terá especial peso no traballo tutelado (memoria), para o cal a profesora irá marcando as pautas a seguir en cada caso, podendo propoñer as variacións ou modificacións necesarias.

Na medida do posible, intentarase facilitar a atención personalizada a aqueles alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C7 C10 C11 C15 C20 Memoria final de prácticas. Entregarase na data indicada pola profesora.
Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo, con faltas de ortografía ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
50
Prácticas de laboratorio A2 A5 A6 A7 B8 B9 C2 C3 C4 C5 C9 C12 C13 C14 C16 C17 C18 C19 Informes do titor do centro no que se realicen as prácticas. 50
 
Observacións avaliación

-A avaliación das prácticas queda regulada polo establecido nos artigos 13, 14 e 15 do Real Decreto 592/2014, do 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios:


"El tutor de la entidad colaboradora realizará y remitirá al tutor académico de la universidad un informe final, a la conclusión de las prácticas, que recogerá el número de horas realizadas por el estudiante y en el cual podrá valorar los aspectos referidos, en su caso, tanto a las competencias genéricas como a las específicas, previstas en el correspondiente proyecto formativo".


“El estudiante elaborará y hará entrega al tutor académico de la universidad una memoria final, a la conclusión de las prácticas".


"El tutor académico de la universidad evaluará las prácticas desarrolladas de conformidad con los procedimientos que establezca la universidad, cumplimentando el correspondiente informe de valoración".


-A elaboración e entrega da memoria axustarase ás pautas formais e de contido indicadas pola profesora, así como aos prazos establecidos. 


-Requisitos imprescindibles:


--Para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo da mesma, é dicir, se un alumno non supera o traballo tutelado non se lle avaliarán as prácticas e viceversa. 


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías