Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Xestión da Información Fundamentos e Teoría Código 710G02073
Titulación
Grao en Información e Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Alfaya Lamas, Elena
Correo electrónico
elena.alfaya@udc.es
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Materia que achega unha visión global e introductoria á teoría e xestión da información, e que proporciona os coñecementos e técnicas básicas para a recuperación da información e a súa representación a nivel de usuario.


Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecemento da natureza da información e dos documentos, dos seus diversos modos de produción e do seu ciclo de xestión, dos aspectos legais e éticos do seu uso e transferencia, e das fontes principais de intormación en calquera soporte, e ao longo do tempo.
A2 Coñecemento, comprensión, aplicación e valoración dos principios teóricos e metodolóxicoa, e das técnicas para a planificación, organización e avaliación de sistemas, unidades e servizos de información.
A3 Coñecemento, comprensión e aplicación dos principios teóricos e metodolóxicos, e das técnicas para a creación e eutentificación, reunión, selección, organización, representación, preservación, recuperación, acceso, difusión e intercambio, e avaliación da información e dos recursos informáticos.
A5 Coñecemento e aplicación das tecnoloxías da información que se emplea nas unidades e servizos de información e nos procesos e transferencia da información.
A6 Coñocemento da realidade nacional e internacional en materia de políticas e servizos de información e das industrias da cultura
B1 Que os estudantes demostrasen posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da bas da educación secundaria xera, e adoitan encontrare a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamán algún aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B5 Que os estudantes desenvolverán aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender os estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Capacidade de análise e de sintese aplicaa á xestión e organización da información
B7 Capacidade da xestión da información relevante
C1 Expresarse correctamente tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficicais da comunidade autónoma
C2 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C5 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas a os que deben de enfrontarse
C6 Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida
C8 Aprender a aprender
C9 Resolver problemas de forma efectiva
C18 Capacidade para a adaptación a cambios no contorno

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Iniciarse no coñecemento da orixe e evolución da información e da tipoloxía documental ao longo do tempo. A1
A2
A6
B1
B5
C5
Coñecer as principais institucións documentais e as características dos seus fondos. A1
A2
A5
A6
B1
C18
Recoñecer as necesidades de información e aprender a identificalas e definilas. A3
A5
B5
C1
C8
Distinguir as principais estratexias de procura para obter información empregando distintos recursos de información. A3
A5
B6
B7
C2
C4
C6
C9
Coñecer e manexar ferramentas bibliográficas. A3
A5
B6
B7
C2
C9
C18
Iniciarse na descrición e análise de circuítos e procesos de información en organizacións de diferente carácter e complexidade. A1
A2
A6
B6
B7
C4
C9
C18

Contidos
Temas Subtemas
1. INTRODUCIÓN Á TEORÍA DA INFORMACIÓN 1.1. Introdución: Das orixes da escritura á sociedade da información e do coñecemento
1.2. Conceptos principais.
2. TIPOLOXÍA DE BIBLIOTECAS, ARQUIVOS E MUSEOS 2.1. Concepto, funcións e tipoloxía de bibliotecas, centros de documentación, arquivos e museos.
2.2 Definición e tipos de documentos.
3. MANEXO DE FERRAMENTAS BIBLIOGRÁFICAS 3.1 Normas e estilos de citación e referencia bibliográfica.
3.2 Xestores bibliográficos.
3.3 Pautas de elaboración dunha bibliografía para traballos académicos.
4. BÚSQUEDA E RECUPERACIÓN DA INFORMACIÓN 4.1. Introdución á selección, recuperación e avaliación da información.
4.2. Estratexias de búsqueda de información.
5. XESTIÓN DA INFORMACIÓN NAS ORGANIZACIÓNS 5.1 Introdución: Conceptos, antecedentes e tendencias.
5.2 Principios da xestión de información.
5.3 Procesos e fases.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A1 A6 B1 B5 B8 C1 2 20 22
Sesión maxistral A5 A6 B2 C4 C5 C6 23 4 27
Traballos tutelados A2 A3 A5 B6 B7 C1 C2 C8 C9 C18 6 45 51
Lecturas A1 A6 B7 C8 8 20 28
Prácticas a través de TIC A2 A3 A5 B1 B2 B7 C1 C2 C9 8 12 20
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva
Método de avaliación dos coñecementos adquiridos polo alumnado. Haberá unha proba final obxectiva que computará para a cualificación global. Poderá tamén realizarse probas de autoevaluación para os diversos bloques temáticos.
Sesión maxistral
Desenvolvemento expositivo dos contidos esenciais correspondentes aos temas en que se divide o programa. Visualización de exemplos e modelos. Resposta a dúbidas e preguntas.
Traballos tutelados
Estarán orientados á aplicación dos conceptos e técnicas da materia de forma autónoma por parte do alumnado, contando sempre coa atención personalizada e seguimento da docente. Os traballos serán individuais e elaboraranse de acordo coas pautas formais e de contido proporcionadas pola profesora.

Lecturas
Inclúese baixo este epígrafe o resumo e comentario de lecturas, vídeos, conferencias, etc. Trátase de actividades que permiten profundar nos contidos traballados.
Prácticas a través de TIC
Actividades de carácter práctico que permiten ao alumnado aprender de forma efectiva a teoría dun ámbito de coñecemento. Realizaranse procuras bibliográficas, procuras de información e consultas a diferentes recursos accesibles a través de Internet.


Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Descrición
Realizaranse tutorías individualizadas ou en grupo, nas que se abordarán dúbidas, ou outras cuestións vinculadas cos contidos da materia.

Este tipo de atención terá especial peso nos traballos tutelados, para os cales a docente irá marcando as pautas a seguir en cada caso, podendo propor as variacións ou modificacións necesarias.

Apoio directo ás cuestións expostas no desenvolvemento das diferentes prácticas.

Con carácter xeral, e en todas as metodoloxías aplicadas, utilizaranse as tutorías presenciais, o correo electrónico e a plataforma informática da UDC.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A1 A6 B7 C8 Avaliarase a entrega na data establecida, síntese e reflexión persoal do asunto tratado.
10
Prácticas a través de TIC A2 A3 A5 B1 B2 B7 C1 C2 C9 Avaliaranse as prácticas de acordo coa asistencia e a execución das prácticas sinaladas.

10
Traballos tutelados A2 A3 A5 B6 B7 C1 C2 C8 C9 C18 Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas, a resolución de problemas, fontes e bibliografía utilizada, e entrega no prazo establecido.
40
Proba obxectiva A1 A6 B1 B5 B8 C1 Valorarase a adecuación das respostas ás preguntas expostas, os coñecementos, a ausencia de erros, a achega persoal, así como a claridade, síntese e orde na exposición, e a presentación.
40
 
Observacións avaliación

A realización dos traballos tutelados é requisito imprescindible para presentarse á proba obxectiva. Para aprobar a materia deberán superarse tanto a proba obxectiva como os traballos tutelados. As notas dos traballos tutelados, individuais e en grupo, en caso de ser positivas, conservarase para as dúas probas sucesivas do ano académico; en caso de nota negativa, e tamén para as dúas probas sucesivas, poderase/n reelaborar o/o traballo/s presentado/s inicialmente ou presentar un novo traballo, sempre de acordo coa profesora.
As entregas das prácticas e lecturas terán que presentarse na data establecida. Nestes casos, non hai opción á súa repetición nin entrega posterior.


Fontes de información
Bibliografía básica RODRÍGUEZ BRAVO, Blanca (2011). Apuntes sobre representación y organizació de la información. Gijón: Trea
PONJUÁN DANTE, Gloria (2007). Gestión de información: dimensiones e implementación para el éxito organizaciona. Gijón: Trea
LÓPEZ YEPES, José Luís (2011). La sociedad de la documentación. Madrid: Fragua
CORDON GARCÍA, José Antonio et al (2012). Libros electrónicos y contenidos digitales en la sociedad del conocimiento: mercado, servicios y derechos. Madrid: Pirámide
CRUZ MUNDET, José Ramón (2005). Manual de Archivística. Madrid: Fundación Germán Sánchez-Ruipérez
LÓPEZ YEPES, José Luís, coord. (2006). Manual de Ciencias de la Documentación. Madrid: Pirámide
MAGÁN WALS, José Antonio, ed. (2004). Tratado básico de biblioteconomía. Madrid: Universidad Complutense

Bibliografía complementaria Boletín de la ANABAD (). . Madrid: ANABAD
El Profesional de la Información (). . Barcelona
Revista Española de Documentación Científica (). .
Revista General de Información y Documentación (). . Madrid: Universidad Complutense
Anales de Documentación (). http://revistas.um.es/analesdoc/index. Murcia: Universidad de Murcia
BiD (). http://www.ub.es/biblio/bid/. Barcelona: Universidad de Barcelona
Pecia Complutense (). http://www.ucm.es/BUCM/pecia/. Madrid: Universidad Complutense

A bibliografía básica incrementarase ao longo do curso coa bibliografía básica e complementaria de cada tema, que incluirá artigos de revistas especializadas e recursos en Internet


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Bibliografía e Fontes de Información/710G02014
Fontes de Información Especializadas/710G02024
Natureza e Evolución das Unidades de Información/710G02031
Fontes de Información en Ciencia e Tecnoloxía/710G02037

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías