Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Historia da Arte e da Moda Código 710G03001
Titulación
Grao en Xestión Industrial da Moda
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Lezcano González, Mª Elvira
Correo electrónico
m.lezcano@udc.es
Profesorado
Lezcano González, Mª Elvira
Correo electrónico
m.lezcano@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ten como fin introducir ao alumnado na Historia da Arte e da Moda dun xeito reflexivo, analizando cada época cos seu propios condicionantes culturais, históricos, sociais e as súas posibilidades técnicas. Ver a moda a través da historia da arte: formas, modelos e complementos, obras, estilos, evolución, materiais, técnicas e ferramentas. Os condicionantes da moda ao longo da historia. A moda nos museos e/ou exposicións. Os deseñadores-creadores: coñecer as súas porpostas no momento de achegarse ao proxecto. A aportación da Historia da Arte á moda ao longo do tempo: entender e interpretar as creacións artísticas, valoración, xestión e productividade. A Historia da Arte como fonte para o estudo da vestimenta. Os temas acompañaranse do seu correspondente material gráfico e escrito.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non haberá modificación nos contidos en caso de confinamento.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Clase maxistral e traballos tutelados. Seminarios.

*Metodoloxías docentes que se modifican
As clases interactivas nas que se traballaba por grupos, serán sustituidas por traballo do grupo de forma virtual e atención personalizada por parte da profesora en forma de titoría grupal.

Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para
resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos
asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros
de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se
pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos
tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate
6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica
permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do
alumando para desenvolver o traballo da materia.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Ademais da titoría grupal personalizada, no caso das interactivas, proporanse outras titorías personalizadas en horarios propostos pola profesora.

4. Modificacións na avaliación

Manterase o traballo grupal con parte individual, presentados de xeito virtual e a proba obxectiva, de opción múltiple, en versión on line.

Traballos tutelados (50%): En relación cos traballos tutelados valorarase:

– A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade da exposición.
Daranse pautas para a elaboracion dos traballos na plataforma Moodle e nas clases interactivas.

*Observacións de avaliación: O traballo grupal con parte individual proporase de tal xeito que sexa posible realizalo e presentalo tanto de forma presencial como on line.

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase (Mínimo 80% do tempo).
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación

3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se farán modificacións. Se lle ofrecerán ao alumnado referencias on line para o estudo e desenvolvemento dos seus traballos.


Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer os fundamentos básicos de xestión dunha empresa de téxtil/moda, tanto a nivel estratéxico como operativo e funcional.
A2 Coñecer os aspectos da contorna que inflúen na evolución do mundo da moda e as súas empresas, con especial incidencia no impacto das cuestións económicas e legais.
A4 Dominar os fundamentos do deseño en xeral e do deseño da moda en particular, e enmarcalos no seu contexto histórico particular e xeral.
A5 Desenvolver as necesarias habilidades para a xeración de ideas creativas e innovadoras.
A7 Coñecer a realidade e os condicionantes sociais que inflúen no mundo da moda, con perspectiva de evolución histórica.
A8 Ser capaz, con base no coñecemento do contorno social, de deseñar e pór en marcha estratexias de márketing eficaces, que consideren especialmente as variables de comunicación e distribución: mensaxes, medios, canles, relación co cliente etc...
A13 Coñecer o impacto da tecnoloxía nos distintos procesos da industria téxtil.
A18 Coñecer as linguaxes plásticas e visuais no ámbito do deseño da industria da moda, para entender e interpretar as creacións artísticas de prendas de moda.
A19 Capacidade para a recollida, selección e análise de fluxos de información, integración destes nos sistemas e procesos de xestión da información da empresa, e aplicación á toma de decisións estratéxicas e operativas, sempre desde unha perspectiva ética.
B1 Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 Que o estudantado desenvolvera aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B6 Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa en contornos interdisciplinares.
B7 Capacidade para analizar tendencias (razoamento crítico).
B8 Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos e operacións.
B9 Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións.
B10 Capacidade de comprensión da dimensión social e histórico-artística do deseño e a industria da moda, vehículo para a creatividade e a busca de solucións novas e efectivas.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a evolución da Historia da Arte e da Moda dende as primeiras civilizacións ata os comezos do século XXI. A2
A4
A7
A18
B1
B3
B5
B6
B7
B10
C7
C8
Comprender o desenvolvemento e evolución da moda nas diferentes etapas ou momentos históricos a través dos estilos artísticos que se sucederon dende a Antigüidade ata a actualidade, así como a súa influencia. A2
A4
A7
A18
B1
B2
B3
B10
C7
C8
Saber valorar as principais correntes do deseño da moda actual e ao longo da Historia da Arte. A2
A4
A5
A7
A18
A19
B1
B3
B5
B7
B10
C7
C8
Relacionar e identificar imaxes - obras e deseños- (época, período, movemento artístico, etc.), para adquirir unha bagaxe conceptual básica para poder reflexionar sobre propostas, proyectos o creacións propias. Valorar, ademáis, as súas posibles influencias dentro doutras tendencias ou artes, para poder traballar por si mesmos ou como membros de equipos diversos e multidisciplinares. A2
A4
A5
A7
A18
A19
B1
B2
B3
B4
B6
B7
B10
C3
C7
C8
Desenvolver e aplicar os conceptos expostos na clase a diferentes traballos -individuais e en equipo- prácticos: obxectos, traxes, vestidos ou outros elementos relacionados coa moda. A1
A2
A4
A5
A7
A13
A18
A19
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C3
C7
C8
Elaborar e expoñer traballos en equipo relacionados cos temas explicados, aplicando os coñecementos previos dados para a súa realización. A2
A4
A5
A8
A18
A19
B1
B2
B3
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C7
C8
C9

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. Introdución.
1.1. Relación entre a Historia da Arte e a Moda: a arte como inspiradora e testemuña da indumentaria e da moda. A moda como arte.

1.2. Terminoloxía artística e relacionada coa moda.
TEMA 2. Introdución á investigación nos ámbitos da arte e da moda 2.1. Fontes para o seu estudo: bibliográficas, documentais, iconográficas, materiais
2.2. Como facer citas académicas
TEMA 3. Representación e signifcado da vestimenta na Prehistoria e Idade Antiga 3.1. Prehistoria
3.2. As antigas civilizacións: Exipto e Mesopotamia
3.3. Arte Clásica: Grecia e Roma
TEMA 4. Manifestacións artísticas e vestimenta na Idade Media 4.1. Alta Idade Media
4.2. Baixa Idade Media
TEMA 5. A Arte e a represeantación da vestimenta na Idade Moderna 5.1. Renacemento e Manierismo
5.2. Barroco e Rococó
TEMA 6. As manifestacións artísticas e a indumentaria na Idade Contemporánea

6.1. Neoclásico
6.2. Séculos XIX e XX
TEMA 7. A Interpretación do patrimonio como ferramenta de comunicación 7.1. Principios fundamentais, medios interpretativos
TEMA 8. A Historia da Arte como inspiración na moda.

8.1. Percorrido pola Historia da Arte da man do deseño de moda
8.2. Colaboracións Artistas-Deseñadores

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A2 A4 A7 B1 B2 B3 B7 C3 C8 2 6 8
Traballos tutelados A2 A4 A5 A7 A8 A18 A19 B1 B2 B3 B5 B6 B8 B9 B10 C7 C8 6 21 27
Saídas de campo A2 A4 A5 A7 A8 A13 B1 B2 B6 B7 C7 C8 2 8 10
Presentación oral A5 A8 A18 B2 B4 B7 B10 C7 C8 C9 1 3 4
Seminario A4 A5 A13 A18 B1 B2 B3 B5 B7 B10 C7 C8 4 8 12
Sesión maxistral A1 A2 A7 A18 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B10 C3 C7 29 0 29
 
Atención personalizada 60 0 60
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba escrita estilizada para a avaliación da aprendizaxe do alumnado. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigurosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento e aptitudes. A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas -de respostas múltiples ou breves-, desenvolvemento dun tema e comentario de imaxes -obras, deseños- das cales pediranse contidos e relacións coa época, estilo, obras ou autores.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Saídas de campo Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), etc.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Irá relacionada ao traballo grupal.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Traballos tutelados
Saídas de campo
Descrición
Busqueda do fomento da aprendizaxe por parte do alumnado e espíritu crítico. Durante o curso realizaranse clases interactivas nas que se prestará atencion personalizada en grupos pequeños e, se é preciso en titoria individual ou correo electrónico. Os traballos faranse de xeito progresivo, polo que esta atención e a participación do alumnado serán importantes.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A4 A5 A13 A18 B1 B2 B3 B5 B7 B10 C7 C8 Asistencia a Seminarios, Obradoiros, Encontros, Conferencias especializadas. 10%
10
Proba obxectiva A2 A4 A7 B1 B2 B3 B7 C3 C8 Consistirá nun exame final no que se desenvolverá un tema ou capítulo do programa e/ou preguntas curtas, tipo test ou comentario de imaxes. Ata un 40%. 40
Traballos tutelados A2 A4 A5 A7 A8 A18 A19 B1 B2 B3 B5 B6 B8 B9 B10 C7 C8 Valorarase o traballo en grupo e individual realizado, en función do continente e o contido do mesmo. Ata un 50%.

O traballo tutelado divídese en dúas partes: grupal e individual. Cada unha delas será valoirada nun 25% da calificación final.
50
 
Observacións avaliación

-Todas as partes
teñen que ser superadas a lo menos nun 50% para poder facer o cómputo final
.  O alumnado que suspenda o exame figurará en
actas coa calificación obtida no mesmo.

-  A asistencia a clase é obrigatoria. Para poder presentarse ao sistema de porcentaxes, o alumnado ha de asistir, como mínimo, ao 80% das clases. Aquelas persoas que non alcancen esta porcentaxe ou se acollan ao sistema de dispensa, terán que realizar unha proba escrita valorada ao 100%, pero haberán de entregar igualmente os traballos individuais propostos e aprobalos, se ben non puntuarán na nota final. 

- Os traballos
individuais de recensión bibliográfica e presentación oral estarán
directamente relacionados co traballo en grupo. As instruccións detalladas
serán explicadas pola profesora na clase e expostas na plataforma Moodle
para a súa consulta. O traballo en grupo puntuará un 25% e o individual outro 25%.

Os anteriores criterios de avaliación aplicaranse tanto na primera como na segunda oportunidade.

O alumnado que libere unha parte da materia mediante unha proba parcial, sólo terá validez para o curso actual. Se unha persoa que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materia no seu conxunto, nin en primeira nin en segunda oportunidade, a súa calificación final será suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos.

Está prohibido acceder ó aula na que se desenvolven as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/u almacenamento de información.


Fontes de información
Bibliografía básica

AMBROSE, Gavin; HARRIS, Paul. Diccionario visual de la moda. Barcelona, 2008. Editorial: Gustavo Gili.

ARGAN G. C., El Arte moderno. Del Iluminismo a los movimientos contemporaneos. Madrid. Akal, 1991. (1ª ed.: El arte Moderno 1770-1970. 2 v.).

ABERCROMBIE, S.: George Nelson: The design of modern design. Cambridge. MA.1995.

BOEHN, Max von. La moda: historia del traje en Europa: desde los orígenes del cristianismo hasta nuestros días. Con un estudio preliminar por el Marqués de Lozoya. 3ª ed. v. I, 1945 1ª Ed. Salvat. (son doce tomos)

BONET CORREA, Antonio (coord.). Historia de las Artes aplicadas e industriales en España. Madrid. Manuales Arte Cátedra, 1994, 3ª edic.

BOZAL, V., El arte del siglo XX. La construcción de la vanguardia. Edicusa. Madrid, 1978.

-- Arte del siglo XX en España. Madrid. Espasa Calpe, 1993, 2 vols.

-- Modernos y postmodernos. Madrid, Historia 16, 1993.

--Historia de las ideas estéticas. Madrid. Historia 16, 1997.

BOUCHER, F. Historia de la moda en Occidente de la Antigüedad a nuestros días. Paris, 1965.

CASTRO, C. Historia de la vestimenta a través del arte. Ed. Niebla, Huelva, 2015.

CASTELO ÁLVAREZ, Bernardo: Las Primeras Vanguardias Históricas del siglo XX. Santiago de Compostela, Tórculo Edición. 1986.

CENDÁN, Susana: La moda (no ) son siempre los demás. Interrelaciones entre moda, arte y diseño. Aldine editorial. Ferrol, 2009. ISBN: 978-84-9916-211-9

COAD, E. D.: Javier Mariscal: Designing the New Spain. Londres. 1991.

CONRAN. T.: Diseño. Barcelona. 1997.

COSGRAVE, Bronwyn: Historia de la moda. Desde Egipto hasta nuestros días. Gustavo Gili, Barcelona, 2005. 978-84-2522064-7

CHARLOTE & PETER FIELL,: Diseño del siglo XX. Nueva York. Taschen, 2005.

DESCALZO, Amalia y LEIRA, Amelia "España en sus vestidos, 1840-2000". En: FUENTES SANTOS, Mónica y GÓMEZ COCA, Amaia (coord) España Contemporánea: fotografía, pintura y moda. Catálogo de la exposición en Fundación MAPFRE. 2013, pp. 47-71. ISBN 978-84-9844-447

DESLANDRES, Y. El traje imagen del hombre. Barcelona, 1985. Editorial Tusquets

DÍAZ SÁNCHEZ, Julián (coord.): “Arte, diseño y moda; Confluencia en el sistema artístico”, en: Colección estudios. Universidad Castilla La Mancha, 2015. ISBN: 978-84-9044031-5

DORMER, P.: Diseñadores de siglo XX. Las figuras claves del Diseño y las Artes Aplicadas. Barcelona. 1993.

GOMBRICH, E.H. Historia del Arte. Madrid, 1997. Editorial: Phaidon

HAJTE, U. Historia de los Estilos Artísticos. Vol. I y II. Madrid, 2001. Editorial: Itsmo

IRELAND, Patrick John. Enciclopedia de acabados y detalles de moda. Barcelona, 2008. Ed. Parramón.

IRELAND, Patrick John Figurines para el dibujo de moda. En español. ISBN: 978-84-34232624

LAVER, J. Historia del arte y de la moda. Ed. Cátedra, Madrid, 1988. 

LAYUNO ROSAS, M.A.: Los nuevos museos en España, Madrid, Edilupa, 2002.

MANIERI ELIA, Mario,: William Morris y la ideología de la arquitectura moderna. Barcelona. Gustavo de Gili, 1977.

MASCHKE, Th, HEINEMANN. Th.: Diseño. Los clásicos del futuro. Madrid 1999.

--Mobilier Japanais. Tokio, 1985. Catálogo de Exposición.

MONROE C. BEARDSLEY y John HOSPERS: Estética, historia y fundamentos. Madrid. Cátedra, 1976, 1988.

MONTANER, J.M.: Museos para el nuevo siglo, Barcelona, G. Gili, 1995.

MONTAÑA, Jordi y MOLL, Isa,: Diseño: rentabilidad social y rentabilidad económica. Madrid. Ministerio de Ciencia y Tecnología, Fundación BCD, 2000

MOORE, K. (ed.): La gestión del museo, Gijón, Trea, 1998.

--Nouvelles Tendances : les avant-gardes de la fin du XXme siècle. París. 1986. Catálogo de Exposición.

OLIVÉ, Elisabet. Y yo, ¿qué me pongo?. Barcelona, 2010. España: Ed. Libros cúpula

PLAZA ORELLANA, Rocío. Historia de la moda en España. Córdoba, 2009. España: Ed. Almuzara

PÉREZ DE LA PEÑA, Gorka (Idea y proyecto científico. Exposición). Arquitectura religiosa contemporanea 1875-1975. Bilbao, 2004.

RAMÍREZ, J. A. (coord.) Historia del arte (vol. I). La Edad Antigua. Madrid,1997. Alianza Editorial.

RAMÍREZ, J. A. (coord.) Historia del arte (vol. II). La Edad Media. Madrid, 1996. Alianza Editorial.

RAMÍREZ, J. A. (coord.) Historia del arte (vol. III). La Edad Moderna. Madrid, 1997. Alianza Editorial.

RAMÍREZ, J. A. (Coord.) Historia del arte (vol. IV). La Edad Contemporánea. Madrid, 1997. Alianza Editorial.

RAMIREZ, Juan Antonio: Las vanguardias históricas: del Cubismo al Surrealismo. Alianza Editorial, Madrid, 2003.

REIFF ANAWALT, Patricia. Historia del vestido. Barcelona, 2008. España: Ed. Blume. ISBN 978-84- 9801299-6

SEBASTIÁN, Santiago. Mensaje del arte medieval. Córdoba, 1991. Editorial EL Almendro.

VILASECA, Estel. Desfiles de moda. Diseño, organización y desarrollo. Barcelona, 2010. Editorial: Promopress.

VVAA. Elena Rosera Caicedo (coord.) Los servicios de información y documentación en el marco de la cultura y el arte contemporáneo. Edicciones Trea. 2008.

VV.AA. Fuentes y documentos para la Historia del Arte. Arte Antiguo. Arte Medieval I y Arte Medieval II. Barcelona, 1982. Editorial Gustavo Gili.

VV.AA. Moda. Historia y estilos. Ed. Dorling Kinderlsley. London, 2015.


WEBGRAFÍA  (na presentación correspondente a cada tema  inclúense numerosas referencias fáciles de localizar na rede)

Museo del traje http://museodeltraje.mcu.es/

Victorian & Albert Museum. http://www.vam.ac.uk/

Museo Reina Sofía http://www.museoreinasofia.es/index.html

Museo Pompidou http://www.centrepompidou.fr/

MOMA http://www.moma.org/

Tate Gallery. http://www.tate.org.uk/modern/

Museo del Prado. http://www.museodelprado.es/

https://offmagazine.es/2017/01/31/los-siete-museos-de-la-moda-que-no-te-puedes-perder/


Catálogos de bibliotecas

Catálogo Biblioteca Nacional: www.bne.es/es/Catalogos/

Catálogo Biblioteca Museo del Prado: http://www.museodelprado.es/investigacion/biblioteca/acceso-al-catalogo/

Catálogo biblioteca Museo Reina Sofía: http://www.mcu.es/comun/bases/spa/brso/BRSO.html

Catálogo biblioteca do Patín. UDC.

BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA. Se complementará con bibliografía específica para cada uno de los temas del programa.  Completarase con bibliografía específica para cada un dos temas do programa nas presentacións ofrecidas pola profesora, que serán accesibles para o alumnado na plataforma Moodle.

Bibliografía complementaria

BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA: Completarase con bibliografía específica en cada tema ou apartado do programa.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Sería aconsellable quetiveran cursado materias de Historia da Arte. Coñecementos de Historia da Arte. Sensibilidade cara as manifestaciónss artísticas e estéticas, aspectos fundamentais para entender o mundo do deseño de Moda.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías