Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Fundamentos de Xestión da Empresa de Moda Código 710G03004
Titulación
Grao en Xestión Industrial da Moda
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Primeiro Obrigatoria 9
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Rey Ares, Lucía
Correo electrónico
lucia.rey.ares@udc.es
Profesorado
Rey Ares, Lucía
Correo electrónico
lucia.rey.ares@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia presenta unha descrición xeral do funcionamento das empresas e, en particular, das empresas de moda. Para iso, o curso comeza coa presentación dos obxectivos e funcións das empresas e do ámbito empresarial no que as empresas de moda desenvolven a súa actividade. Posteriormente, esta materia céntrase no funcionamento dos diferentes subsistemas (subsistema de administración ou xestión, operacións ou produción, comercial e financeiro) que compoñen as empresas.

Esta materia ten un carácter introdutorio e xa que logo, diferentes materias nos cursos sucesivos ampliarán as cuestións relacionadas coa xestión empresarial que se abordarán ao longo deste curso.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
- Non se realizan modificacións.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Todas as indicadas na guía docente, que pasan a realizarse de xeito non presencial, a través das ferramentas dispoñibles na UDC.

*Metodoloxías docentes que se modifican
- Saída de campo (non se realizará e, como estaba previsto inicialmente na guía docente, non computará na avaliación). En calquera caso, aínda non aplicando o plan de continxencia, a realización desta actividade estará condicionada pola evolución das condicións sanitarias.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: canle que o alumnado poderá empregar para facer consultas, solicitar titorías virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.

- Moodle: esta canle emprégase para, semanalmente, poñer a disposición do alumnado o material (presentacións, casos prácticos, exercicios...) e requirir a entrega de actividades -segundo o calendario de entregas previsto-. O alumnado disporá de dous foros nos que poderá participar: un foro de aprendizaxe, encamiñado a poñer en común dúbidas; e un foro para a proposta e debate de temas de interese sobre a materia. Ademais, disporase dun foro de carácter máis xeral, que se empregará como canle de comunicación principal do profesorado co alumnado.
O alumnado poderá facer uso deste mecanismo de atención personalizada diariamente, segundo a súa necesidade.

- Microsoft Teams: cada semana realizaranse a través desta canle sesións expositivas e interactivas para o avance dos contidos teóricos e as actividades previstas; sesións que se realizarán na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de clases da facultade. Tamén se realizará a través desta vía o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”, así como a realización de titorías a demanda do alumnado.

- Microsoft Stream: esta ferramenta porá a disposición do alumnado, na canle da materia, os vídeos das clases expositivas e interactivas, para a súa consulta asíncrona, así como os vídeos do seminario celebrado no marco da materia -se este se realizase-.

4. Modificacións na avaliación
- Mantéñense as metodoloxías indicadas na guía docente (entre elas a proba mixta, que se realizaría de forma non presencial), agás as referencias ao cómputo da asistencia e participación activa nas clases, que só se realizarán respecto das sesións que tiveron lugar de xeito presencial até o momento no que se suspendeu a actividade presencial. De ser o caso, o peso da participación activa nas clases na nota final (10%) engadiríase ao dos traballos tutelados, cuxo peso na nota final pasaría a ser dun 30%.

*Observacións de avaliación:
- As indicadas na guía docente.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios. O alumnado disporá dos materias de traballo (en concreto, presentacións, casos prácticos e exercicios) de forma dixitalizada en Moodle. Así mesmo, as fontes de información da guía docente xa recollen algún recurso aos que o alumnado pode acceder de xeito gratuíto dende a rede.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer os fundamentos básicos de xestión dunha empresa de téxtil/moda, tanto a nivel estratéxico como operativo e funcional.
A2 Coñecer os aspectos da contorna que inflúen na evolución do mundo da moda e as súas empresas, con especial incidencia no impacto das cuestións económicas e legais.
A7 Coñecer a realidade e os condicionantes sociais que inflúen no mundo da moda, con perspectiva de evolución histórica.
A8 Ser capaz, con base no coñecemento do contorno social, de deseñar e pór en marcha estratexias de márketing eficaces, que consideren especialmente as variables de comunicación e distribución: mensaxes, medios, canles, relación co cliente etc...
B1 Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 Que o estudantado desenvolvera aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B6 Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa en contornos interdisciplinares.
B7 Capacidade para analizar tendencias (razoamento crítico).
B8 Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos e operacións.
B9 Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os conceptos básicos e principios da xestión empresarial A1
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C2
C3
C4
C5
C7
C9
Analizar a contorna e a realidade que rodea ás empresas de moda A2
A7
A8
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C4
C5
C7
C8
C9
Identificar os principios de funcionamento dos diferentes subsistemas funcionais das empresas de moda A1
A8
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C4
C5
C7
C8
C9
Realizar, en equipos de traballo, unha análise preliminar da xestión empresarial dunha empresa de moda A1
A2
B1
B2
B3
B4
B6
B7
B8
C2
C3
C9

Contidos
Temas Subtemas
A empresa Concepto e natureza. A empresa como sistema
Funcións e obxectivos empresariais
Empresa e persoa empresaria
Tipos de empresas
Introdución aos enfoques de xestión empresarial
A contorna empresarial
Introdución á ética e á cultura empresarial. A Responsabilidade Social Corporativa
Subsistema directivo Introdución ás funcións directivas
A función de planificación. A planificación estratéxica
A función de organización
A función de dirección
A función de control
A administración e xestión dos recursos humanos
Subsistema de operacións Definición e conceptos principais
Obxectivos e tipos de decisións
Tipos de procesos produtivos
Os custes e o cálculo do punto morto
Subsistema comercial ou de marketing Definición e conceptos principais
Segmentación, mercados obxectivo e posicionamento
O proceso de compra en moda
O marketing-mix: produto, prezo, promoción e distribución
Subsistema financeiro Definición e conceptos principais
Os obxectivos financeiros das empresas
A estrutura económico-financeira
A función financeira


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A2 A8 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C7 C8 C9 3 26 29
Proba mixta A1 A2 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B7 B9 C5 C9 2 35 37
Estudo de casos A1 A2 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C2 C4 C5 C7 C8 5 15 20
Prácticas a través de TIC B1 B2 B7 B8 B9 C9 C3 5 10 15
Seminario A1 A2 A7 A8 B2 B4 B6 B7 B8 B9 C1 C3 C9 3 3 6
Saídas de campo A1 A2 A7 A8 B2 B3 B4 C4 C5 C8 2.5 2 4.5
Solución de problemas A1 A7 A8 B3 B5 B7 B8 B9 C8 C9 4 10 14
Foro virtual B5 C2 C3 C4 C9 0 5 5
Presentación oral B1 B2 B4 B6 B8 C2 C9 3 5 8
Discusión dirixida B3 B4 B7 B8 C2 C4 C9 4 6 10
Lecturas A1 A2 A7 B5 B9 C3 C5 0 11 11
Sesión maxistral A1 A2 A7 B8 B9 C5 31.5 31 62.5
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Análise en grupo dunha empresa de moda que será realizada ao longo do curso académico (especialmente durante o 2º cuatrimestre) e presentada na aula ao final deste.
Proba mixta Exame parcial e exame final, que poderán combinar diferentes tipoloxías de preguntas (preguntas de resposta breve, preguntas de ensaio, exercicios prácticos e preguntas obxectivas ou tipo test).
Estudo de casos Resolución, individual ou en grupo, dos casos propostos. Estes casos iranse detallando ao longo do curso, conforme ao plan de traballo.
Prácticas a través de TIC Resolución de casos prácticos, de forma individual ou en grupo, a través de programas informáticos (ex. Excel) e posibilidade de participación nun xogo de simulación virtual.
Seminario Realización de seminarios con profesionais expertos en temas da materia, sempre que sexa posible.
Saídas de campo Visita a unha empresa de moda durante o 2º cuadrimestre, sempre e cando as condicións sanitarias o permitan.
Solución de problemas Resolución de problemas de natureza teórica e práctica.
Foro virtual Existirán dous foros virtuais, a saber:
- Foro virtual de debate: canle que o alumnado poderá empregar para a proposta de debates e a participación nestes.
- Foro virtual de aprendizaxe: canle que o alumnado poderá empregar como espazo para o intercambio e a reflexión de aprendizaxes e a proposta de novas actividades.
Presentación oral Presentación oral, de forma individual ou en grupo, de traballos realizados na aula ou de estudos de casos que deberán entregarse por escrito.
Discusión dirixida Mediante esta dinámica abordaránse diferentes temáticas enfocadas a que o alumnado reflexione sobre diferentes aspectos da materia e adopte unha posición crítica.
Lecturas Lecturas sobre diferentes temáticas para abordar e/ou profundar nas cuestións abordadas na aula.
Sesión maxistral Presentación dos contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e da introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa fin de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.

Cada un dos temas irá precedido dunha contextualización, onde se detallarán os contidos que se verán en cada un deles, así como a súa relación con outras materias do Grao, dado o carácter introdutorio desta materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Estudo de casos
Foro virtual
Descrición
A atención personalizada descrita desenvolverase principalmente en torno ao traballo tutelado, e concíbese como momentos de traballo persoal coa profesora da materia para a atención e seguimento do traballo realizado por cada un dos grupos de traballo. Recoméndase a asistencia do alumnado a estas reunións, cuxa forma e momento concretos nos que terá lugar se indicarán ao longo do curso en función do plan de traballo da materia, estimándose que a primeira reunión cos grupos de traballo terá lugar ao inicio do segundo cuadrimestre. Con todo, durante o curso o alumnado poderá empregar as horas de titorías para aclarar dúbidas e cuestións sobre a materia.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grado na UDC" (Arts. 3.b e 4.5) realizará as súas actividades coa asistencia e participación nas dinámicas que se recollen nos apartados de "Planificación" e na "Atención personalizada", a través dos grupos de traballo que se conformen na materia. A actividade realizarase atendendo ás observacións de avaliación sobre a flexibilidade de asistencia-participación e os requisitos para superar a materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A7 B8 B9 C5 Valorarase a asistencia e participación activas nas sesións maxistrais e nas actividades realizadas nas sesións interactivas (exemplo, participación en debates ou discusións dirixidas na aula, resolución de actividades, resposta a preguntas formuladas...). Poderán tamén realizarse pequenos cuestionarios, sen necesidade de previo aviso, sobre os contidos vistos ao remate dalgunha das sesións expositivas ou interactivas.

10
Traballos tutelados A1 A2 A8 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C7 C8 C9 Avaliación do informe escrito e a presentación oral do traballo en grupo proposto. Esta avaliación será realizada entre iguais e pola profesora da materia, do xeito que se detalla:
- Dominio de contidos específicos: manexo da terminoloxía específica, precisión e adecuación de contidos [30%]
- Expresión escrita e presentación formal: corrección ortográfica e gramatical, coherencia, cohesión, claridade expositiva, estrutura da información, capacidade de análise e síntese da información [20%]
- Xestión da información: suficiencia e relevancia de fontes bibliográficas consultadas, consulta de fontes adicionais [15%]
- Creatividade na forma e contido [5%]
- Presentación oral: claridade expositiva, precisión, exposición ordenada de ideas, capacidade de análise y síntese da información, capacidade de resposta a posibles preguntas [20%]
- Traballo cooperativo: puntuación que cada persoa integrante dun grupo de traballo outorga ao resto de integrantes do mesmo [10%]
20
Proba mixta A1 A2 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B7 B9 C5 C9 Os exames parcial e final terán un peso dun 20 e un 25%, respectivamente, na nota final da materia.

O exame parcial terá un carácter voluntario, polo que o alumnado que decida non presentarse a este, deberá presentarse ao exame final, que terá un peso do 45% na nota final da materia. Igual condición rexe para o alumnado que suspenda o exame parcial.
45
Estudo de casos A1 A2 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C2 C4 C5 C7 C8 Avaliación dos casos propostos e realizados individual ou grupalmente.
Nalgúns dos casos propostos (a especificar durante o curso en función do plan de traballo proposto) a avaliación realizarase por pares.

No estudo de casos valorarase a coherencia e adecuación das respostas ás preguntas formuladas, a presentación formal e a expresión escrita, a consulta de fontes bibliográficas...
20
Foro virtual B5 C2 C3 C4 C9 Participación activa nos foros: (a) no foro virtual de debate valorarase a proposta de temas para debate ou a participación nos debates xa iniciados, as iniciativas propostas...; (b) no foro de aprendizaxe, valorarase a participación respostando ás dúbidas formuladas polo alumnado.

5
 
Observacións avaliación

Criterios de avaliación

Para poder aprobar a materia será preciso obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 na parte de proba mixta e do traballo tutelado. En caso de non cumprirse este requisito, a cualificación será de "Suspenso", aínda cando a nota media de todas as actividades a avaliar outorgase unha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10. 

Será requisito indispensable para ser avaliado/a a asistencia regular, con participación activa e aproveitamento, ás sesións presenciais (e/ou non presenciais, se fose o caso) e aos diferentes seminarios organizados.

Con respecto á cualificación de "Non presentado", so serán cualificadas con "Non Presentado" as persoas que se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final, con independencia da nota acadada nestas actividades.

Os criterios de avaliación indicados serán válidos tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación. O alumnado que supere unha parte da materia mediante unha proba mixta (exame parcial), a nota obtida so terá validez durante o curso actual. Se un/a alumno/a que ten liberada unha parte da materia non consegue aprobar a materia no seu conxunto nas datas oficiais dos exames da avaliación ordinaria e extraordinaria, a súa cualificación final será de suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos.

Se houbese alumnado que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios que na segunda oportunidade. 

Información adicional

O comportamento fraudulento en cualquera dos apartados sometidos a valoración suporá a calificación de "Suspenso (0)" na avaliación final.

Está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información (móbiles, reloxos intelixentes...).

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia 

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá comunicar ao inicio do curso a súa situación á profesora da materia, á fin de establecer un plan e calendario de traballo. O sistema de avaliación será o seguinte: traballos tutelados (20%), proba mixta (45%), estudo de casos (30%) e participación nos foros virtuais (5%). O traballo tutelado deberá realizarse en grupo. 


Fontes de información
Bibliografía básica LUECKE, R. (2012). Finance for Managers . Boston, Mass: Harvard Business Review Press [Disponible en EBSCO FULL TEXT Finder]
ROBBINS, S.P., DE CENZO, D.A., COULTER, M.A. (2017). Fundamentals of Management: Essential Concepts and Applications. Pearson
RUBIO DOMÍNGUEZ, P. (2012). Introducción a la gestión empresarial. B-EUMED. [Disponible en E-Libro]
MAYNAR, P., BAÑEGIL, T., GALERA, C. (2008). La Economía de la Empresa en el Espacio de Educación Superior. Madrid: McGraw-Hill
SAVIOLO, S., TESTA, S. (2007). La gestión de las empresas de moda. Barcelona: Gustavo Gili
KOTLER, P.T., KELLER, K.L. (2016). Marketing Management. Pearson
A profesora da materia poderá proporcionar bibliografía adicional en cada un dos temas.
Bibliografía complementaria CASTILLO A.M. (Dir.), ABAD, I.M., AGUIRRE, J.M., GARCÍA, J., MORENO, F., RASTROLLO, Mª.A. (2003). Introducción a la Economía y Administración de Empresas. Pirámide
https://www.modaes.es/ (). Moda.es.
BREALEY, R.A., MYERS, S.C., ALLEN, F. (2018). Principles of corporate finance. McGraw-Hill
https://www.businessoffashion.com/ (). The Business of Fashion.
BURNS, L.D., MULLETT, K.K. (2016). The Business of Fashion. Designing, Manufacturing, and Marketing. Bloomsbury Publishing Inc.
CHOW, S. (Ed) (2018). The Fashion Business Manual: an illustrated guide to building a fashion brand . Fashionary International Ltd
DILLON, S. (2018). The Fundamentals of Fashion Management. Bloomsbury Visual Arts


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Xestión da Cadea de Subministración de Moda I: Aprovisionamento/710G03005
Fundamentos de Economía: Industria da Moda/710G03003

Materias que continúan o temario
Dirección Estratéxica da Empresa de Moda/710G03030
Taller 1: Plan de Empresa de Moda/710G03032
Modelos e Técnicas de Simulación Empresarial: Xogo de Empresa/710G03026
Xestión da Cadea de Subministración de Moda II: Xestión de Operacións/710G03017
Recursos Humanos e Habilidades de Xestión en Empresas de Moda/710G03020
Márketing e Investigación de Mercados de Moda/710G03012
Xestión Contable e Financeira na Empresa de Moda/710G03015

Observacións

Esta é unha materia de carácter introdutorio na que non se precisan coñecementos previos.

Recoméndase a revisión e seguimento do curso da materia en Moodle, onde se deixarán os materiais e se informará das actividades a realizar. Tamén se recomenda a lectura frecuente da prensa económica e a asistencia ás clases interactivas con ordenador portátil ou tableta electrónica. 

Os traballos da materia entregaranse a través da aula virtual, en soporte dixital; e se non é posible, recoméndase a impresión en papel reciclado, a dobre cara e evitando o uso de materiais plásticos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías