Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Xestión da Cadea de Subministración de Moda I: Aprovisionamento Código 710G03005
Titulación
Grao en Xestión Industrial da Moda
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Primeiro Obrigatoria 9
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Rey Ares, Lucía
Correo electrónico
lucia.rey.ares@udc.es
Profesorado
Mato Santiso, Vanessa
Rey Ares, Lucía
Correo electrónico
vanessa.mato@udc.es
lucia.rey.ares@udc.es
Web
Descrición xeral A xestión da cadea de subministro trata sobre a organización e deseño de todos os procesos necesarios, tanto internos como externos, para que unha empresa produza e entregue os bens e servicios demandados polos seus clientes nas condiciones de lugar, tempo, calidade e custo requiridas. Nesta materia introdúcense os conceptos teóricos básicos e as metodoloxías prácticas que permiten a resolución de diversos problemas que xorden na xestión da cadea de subministro da moda.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
- Non se realizan modificacións.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Todas as indicadas na guía docente, que pasan a realizarse de xeito non presencial, a través das ferramentas dispoñibles na UDC.

*Metodoloxías docentes que se modifican
- Non se realizan modificacións.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: canle que o alumnado poderá empregar para facer consultas, solicitar titorías virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.

- Moodle: esta canle emprégase para, semanalmente, poñer a disposición do alumnado o material (presentacións, casos prácticos, exercicios...) e requirir a entrega de actividades -segundo o calendario de entregas previsto-. Disporase dun foro de carácter máis xeral, que se empregará como canle de comunicación principal do profesorado co alumnado. Ademais, o alumnado disporá dun foro específico para formular dudas e preguntas relacionadas coa materia.
O alumnado poderá facer uso deste mecanismo de atención personalizada diariamente, segundo a súa necesidade.

- Microsoft Teams: cada semana realizaranse a través desta canle sesións expositivas e interactivas para o avance dos contidos teóricos e as actividades previstas; sesións que se realizarán na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de clases da facultade. Tamén se realizará a través desta vía o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”, así como a realización de titorías a demanda do alumnado.

- Microsoft Stream: esta ferramenta porá a disposición do alumnado, na canle da materia, os vídeos das clases expositivas e interactivas, para a súa consulta asíncrona, así como os vídeos do seminario celebrado no marco da materia -se este se realizase-.

4. Modificacións na avaliación
- Mantéñense as metodoloxías indicadas na guía docente (entre elas a proba mixta, que se realizaría de forma non presencial), agás as referencias ao cómputo da asistencia e participación activa nas clases, que só se realizarán respecto das sesións que tiveron lugar de xeito presencial até o momento no que se suspendeu a actividade presencial. De ser o caso, o peso da participación activa nas clases na nota final (10%) engadiríase ao dos traballos tutelados, cuxo peso na nota final pasaría a ser dun 30%.

*Observacións de avaliación:
- As indicadas na guía docente.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios. O alumnado disporá dos materias de traballo (en concreto, presentacións, casos prácticos e exercicios) de forma dixitalizada en Moodle. Así mesmo, as fontes de información da guía docente xa recollen algún recurso aos que o alumnado pode acceder de xeito gratuíto dende a rede.


Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Desenvolver destrezas para as relacións interpersoais e a interactuación con axentes do contorno e interno (clientes, provedores, medios, colaboradores...).
A9 Dominar o proceso loxístico dunha empresa de moda desde unha perspectiva global, abarcando desde o aprovisionamento ata o proceso produtivo e mais o transporte, con especial incidencia nos procesos principais propios da industria téxtil: selección de tecidos e materiais, padronaxe, confección etc....
A13 Coñecer o impacto da tecnoloxía nos distintos procesos da industria téxtil.
B1 Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 Que o estudantado desenvolvera aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B8 Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos e operacións.
B9 Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os conceptos básicos da xestión da cadea de subministro. A3
A9
B1
B2
B3
B4
B5
B8
B9
C2
C3
C7
C8
C9
Coñecer a cadea de subministro da moda. A9
B1
B2
B3
B4
B5
B8
B9
C2
C3
C7
C8
C9
Saber resolver problemas da xestión da cadea de subministro. A3
A9
A13
B1
B2
B3
B4
B5
B8
B9
C2
C3
C7
C8
C9

Contidos
Temas Subtemas
Xestión da Cadea de Subministro. Introdución: operacións, cadea de subministro e loxística.
Estratexia da cadea de subministro.
Deseño da cadea de subministro.
Indicadores de rendemento.
Cadea de subministro da moda. As cadeas de suministro de moda mundiais.
Materiais.
Desenvolvemento de productos de moda.
Procesos.
Tecnoloxías.
Previsión e planificación da demanda. Conceptos básicos.
Previsións a curto e longo prazo.
Tendencia e estacionalidade.
Previsión da demanda para novos produtos.
Previsión da demanda para produtos de moda.
Aprovisionamento. Fontes de aprovisionamento.
Selección de provedores.
Métodos de aprovisionamento.
Procesos de aprovisionamento.
Contratos de subministro.
Indicadores de rendemento.
Ordes de compra Cantidade Económica de Pedido.
O modelo 'newsvendor' aplicado aos productos de moda.
Indicadores de rendemento.
Coordinación da cadea de suministro.
O 'efecto látego'
Planificación de requirimentos de material. Niveis de planificación.
Plan mestre de producción.
Lista de materiais.
A metodoloxía MRP.
Tamaño de lote.
ERP.
Distribución. A rede de distribución.
O transporte.
Costes loxísticos.
Indicadores de rendemento.
Manexo de materiais e almacenaxe. Almacéns e sistemas de almacenaxe.
Equipos de manipulación
Sistemas de transporte interno para produtos textís.
Clasificadores.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas A3 A9 A13 B1 B2 B3 B5 B8 B9 C2 C8 C9 6.5 12.5 19
Prácticas a través de TIC A9 A13 B1 B2 B3 B5 B8 B9 C3 C8 C9 16 36 52
Traballos tutelados A3 A9 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C3 C7 C8 C9 1 49 50
Proba mixta A3 A9 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C3 C8 C9 0 25 25
Seminario A3 A9 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C3 C7 C8 C9 3 0 3
Estudo de casos A3 A9 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C3 C7 C8 C9 3 30.5 33.5
Discusión dirixida B1 B2 B3 B4 B9 C2 2 4 6
Foro virtual B2 B4 B5 C2 0 5 5
Sesión maxistral A3 A9 A13 B1 B2 B3 B5 B8 B9 C3 C8 C9 31.5 0 31.5
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Resolución de problemas na clase.
Prácticas a través de TIC Resolución de problemas prácticos mediante ordenador.
Traballos tutelados Traballo a realizar en grupo a proposta do profesorado.
Proba mixta Examen parcial e final da materia.
Seminario Seminario sobre un tema da materia.
Estudo de casos Resolución individual ou en grupo de casos propostos polo profesorado.
Discusión dirixida Mediante esta dinámica abordaránse diferentes temáticas enfocadas a que o alumnado reflexione sobre diferentes aspectos da materia e adopte unha posición crítica.
Foro virtual Foro que o alumnado poderá empregar para formular preguntas e resolver dúbidas; así como para propoñer debates ou compartir información de interese no marco desta materia.
Sesión maxistral Clases de exposición dos conceptos teóricos da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba mixta
Estudo de casos
Solución de problemas
Prácticas a través de TIC
Descrición
A atención personalizada farase en horario de titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A9 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C3 C7 C8 C9 Avaliación do traballo en grupo proposto polo profesorado. 20
Proba mixta A3 A9 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C3 C8 C9 Examen parcial (15%) e examen final (15%) dos contidos da materia.

O exame parcial terá un carácter voluntario, polo que o alumnado que decida non presentarse a este, deberá presentarse ao exame final, que terá un peso do 30% na nota final da materia. Igual condición rexe para o alumnado que suspenda o exame parcial.
30
Estudo de casos A3 A9 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C3 C7 C8 C9 Avaliación dos casos propostos polo profesorado para a súa resolución individual ou en grupo. 10
Sesión maxistral A3 A9 A13 B1 B2 B3 B5 B8 B9 C3 C8 C9 Valorarase a asistencia e participación activas nas sesións maxistrais e nas actividades realizadas nas sesións interactivas (por exemplo, participación en debates ou discusións dirixidas na aula, resolución de actividades e prácticas a través de TICs, resposta a preguntas formuladas...). 10
Prácticas a través de TIC A9 A13 B1 B2 B3 B5 B8 B9 C3 C8 C9 A finais do curso, o alumnado deberá completar unha práctica/exame que cubrirá diferentes aspectos das prácticas a través de TIC realizadas na aula.
30
 
Observacións avaliación

Criterios de avaliación

Para poder aprobar a materia será preciso obter unha nota mínima de 3,5 puntos sobre 10 na parte de proba mixta, nas prácticas a través de TIC e no traballo tutelado. En caso de non cumprirse este requisito, a cualificación será de "Suspenso", aínda cando a nota media de todas as actividades a avaliar outorgase unha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

Será requisito indispensable para ser avaliado/a a asistencia regular, con participación activa e aproveitamento, ás sesións presenciais (e/ou non presenciais, se fose o caso) e aos diferentes seminarios organizados.

Con respecto á cualificación de "Non presentado", so serán cualificadas con "Non Presentado" as persoas que se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final, con independencia da nota acadada nestas actividades.

Os criterios de avaliación indicados serán válidos tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación. O alumnado que supere unha parte da materia mediante unha proba mixta (exame parcial), a nota obtida so terá validez durante o curso actual. Se un/a alumno/a que ten liberada unha parte da materia non consegue aprobar a materia no seu conxunto nas datas oficiais dos exames da avaliación ordinaria e extraordinaria, a súa cualificación final será de suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos.

Se houbese alumnado que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios que na segunda oportunidade.

Información adicional

O comportamento fraudulento en cualquera dos apartados sometidos a valoración suporá a calificación de "Suspenso (0)" na avaliación final.

Está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información (móbiles, reloxos intelixentes...).

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá comunicar ao inicio do curso a súa situación á profesora da materia, á fin de establecer un plan e calendario de traballo. O sistema de avaliación será o seguinte: proba mixta (30%), prácticas a través de TIC (30%), traballos tutelados (20%) e estudo de casos (20%). O traballo tutelado deberá realizarse en grupo.


Fontes de información
Bibliografía básica Ballou, R.H. (2004). Business Logistics Management. Pearson
Londrigan, M.P. (2018). Fashion Supply Chain Management. Bloomsbury Publishing Inc
Nayak, R., Padhye, R. (2015). Garment Manufacturing Technology. Woodhead Publishing
Bureau veritas formación (2011). Logística Integral. FC EDITORIAL
Verma, R., Boyer, K.K. (2010). Operations & Supply Chain Management. World class theory and practice.. South-Western CENGAGE Learning
Collier, D.A., Evans, J.R. (2011). Operations Management. South-Western CENGAGE Learning
Monczka, R.M., Handfield, R.B. (2015). Purchasing and Supply Chain Management. South-Western CENGAGE Learning
Quayle, M. (2006). Purchasing and Supply Chain Management: Strategies and Realities. Hershey: IGI Global [Base de datos EBSCO]

O profesorado da materia poderá proporcionar bibliografía adicional en cada un dos temas.

Bibliografía complementaria Sridhar Tayur, Ram Ganeshan & Michael Magazine (1999). Quantitative Models for Supply Chain Management. Kluwer Academic Publishers


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Xestión da Cadea de Subministración de Moda II: Xestión de Operacións/710G03017
Xestión da Cadea de Subministración de Moda III: Loxística e Transporte/710G03019

Observacións
Recoméndase a revisión e seguimento do curso da materia en Moodle, onde se compartirán os materiais empregados na aula e se informará das actividades a realizar.

Dada a imposibilidade de usar as aulas de informática durante as sesións interactivas por mor das restriccións de aforo impostas pola COVID-19, o alumnado da materia deberá asistir ás clases interactivas con ordenador portátil ou tableta electrónica, para así poder realizar as actividades previstas. 

Para cumprir co obxetivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e socialmente” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol", fomentarase, na medida do posible, que a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia sexa en formato virtual e/ou soporte informático, a través de Moodle e sen necesidade de imprimilos; e de non ser posible, recoméndase a impresión en papel reciclado, a dobre cara e evitando o uso de materiais plásticos.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías