Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Tendencias Globais en Moda: Transformación Dixital e Sustentabilidade Código 710G03008
Titulación
Grao en Xestión Industrial da Moda
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Análise Económica e Administración de Empresas
Empresa
Socioloxía e Ciencia Política da Administración
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Rey García, Marta
Correo electrónico
marta.reyg@udc.es
Profesorado
Crespo Pereira, Verónica
Rey García, Marta
Taboadela Alvarez, Obdulia
Correo electrónico
veronica.crespo@udc.es
marta.reyg@udc.es
obdulia.taboadela@udc.es
Web
Descrición xeral
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
– Sesión maxistral (realizarase de forma virtual, preferiblemente a través de Teams)
– Sesións interactivas para desenvolver e presentar estudos de caso (realizarase de forma virtual, preferiblemente a través de Teams)
– Proba de resposta múltiple (realizarase de forma virtual, preferiblemente a través de Moodle)

*Metodoloxías docentes que se modifican
– Se elimina o requisito de asistencia a partir da suspensión da actividade presencial
– Seminarios: en caso de non realizarse a avaliación destes coñecementos se incorporará a metodoloxía dos “Estudos de caso”.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Moodle: De uso para consultar os materiais do curso, solicitar tutorías e facer o seguimento dos estudos de caso.
– Teams: sesións para titorías individuais ou en grupo reducido

4. Modificacións na avaliación
Non se realizarán cambios

*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.

1. SITUACIÓNS:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente

2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
Mantéñense os mesmos que figuran na guía docente

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. As lecturas obligatorias se porán a disposición dos alumnos en formato dixital.

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 Ser capaz, con base no coñecemento do contorno social, de deseñar e pór en marcha estratexias de márketing eficaces, que consideren especialmente as variables de comunicación e distribución: mensaxes, medios, canles, relación co cliente etc...
A13 Coñecer o impacto da tecnoloxía nos distintos procesos da industria téxtil.
A14 Ter unha perspectiva clara do papel das persoas na organización, e coñecer as ferramentas de xestión de recursos humanos necesarias para conseguir delas a máxima implicación e rendemento.
A15 Coñecer e asumir a perspectiva ética e os valores imprescindibles en que debe descansar o mundo da moda e as súas empresas.
A16 Incorporar criterios de sostibilidade nos procesos de toma de decisión da empresa (e por extensión aos mercados de moda).
A17 Saber implantar programas de responsabilidade social corporativa (nos mercados de moda).
A18 Coñecer as linguaxes plásticas e visuais no ámbito do deseño da industria da moda, para entender e interpretar as creacións artísticas de prendas de moda.
B1 Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 Que o estudantado desenvolvera aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B6 Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa en contornos interdisciplinares.
B7 Capacidade para analizar tendencias (razoamento crítico).
B8 Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos e operacións.
B9 Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións.
B10 Capacidade de comprensión da dimensión social e histórico-artística do deseño e a industria da moda, vehículo para a creatividade e a busca de solucións novas e efectivas.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Coñecer as tendencias globais que están a transformar a cadea de valor da moda A14
A15
A16
A17
A18
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9
- Comprender a importancia de cumplir coa regulación e autorregulación na industria da moda A14
A15
A16
A17
B6
B7
B8
B9
B10
C7
- Coñecer os mecanismos e ferramentas que poden mellorar a trazabilidade e a transparencia nas cadeas de suministro de moda A13
B8
B9
C3
C8
- Coñecer a importancia da experiencia de cliente en moda, os seus antecedentes a as suas consecuencias A8
B7
B8
B9
C3
- Comprender os efectos da transformación dixital da distribución de moda para aproveitar as suas oportunidades A13
B3
C3
C8
Comprender as transformaciones en curso na industria da moda B2
B4
B5
B6
B7
Comprender novas formas de xestión, especialmente na industria da moda A14
A15
A16
A17
B3
B6
B7
B8
B9
C3
C4
C7
C8
Comprender as novas tendencias en automatización e disrupción dixital A8
A13
B6
B7
Comprender novas formas de comercialización e comportamento do consumidor A8
A13
A15
A16
B2
B3
B7
B8
B9
C3
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Globalización e complexidade na cadea de valor da moda Definición de cadea de valor da moda
Globalización da producción e consumo de moda
Complexidade: externalización e deslocalización
Sustentabilidade social e medioambiental: consumo responsable e responsabilidade social corporativa (RSC) Conceptos clave
Modelos de negocio sustentables en moda
Consumo responsable
Cumprimento normativo: regulación e autorregulación na industria da moda Definición e orixe do cumprimento normativo
Hard law vs soft law na industria da moda
Alianzas, normas e estándares internacionais
Trazabilidade da cadea de suministro da moda Trazabilidade e transparencia na cadea de suministro
Ferramentas e mecanismos para a trazabilidade para a sustentabilidade
Experiencia de cliente Definición de experiencia de cliente
Repensando a experiencia do cliente de moda: omnicanalidade e nova viaxe de cliente
Transformación dixital das tendas físicas O novo papel da tenda física no paradigma omnicanal
Aplicacións dixitais nas tendas físicas
Economía colaborativa e economía circular Conceptos clave
Aplicacións prácticas de economía colaborativa en moda
Aplicacións prácticas de economía circular en moda
Disrupción dixital, intelixencia artificial e automatización Conceptos clave
Novos retos da transformación dixital para as empresas de moda
Novos paradigmas e grupos de interés
Customización Definición, orixe e evolución
From "just in case" a "just in time": a gran transformación na producción e consumo

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A13 A14 A15 A16 A17 A18 B1 B7 B9 C2 C3 12 24 36
Seminario B9 C5 C6 C9 8 16 24
Proba de resposta múltiple A8 B10 3 21 24
Sesión maxistral A14 A15 A16 A17 B2 B3 B4 B5 B6 B8 C4 C7 C8 21 42 63
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Se utilizarán diferentes materiais (casos prácticos, materiais audiovisuais, lecturas) tanto na aula para complementar a docencia teórica e teórico-práctica (prácticas individuais), como fora da aula para preparar os proxectos prácticos en equipo que constitúen o obxeto da avaliación continua, e que poderán versar sobre organizacións reais.
Seminario A asistencia a todas as sesións da asignatura, incluidos os seminarios, as presentacións de todos os proxectos prácticos de equipo e as conferencias invitadas, é obligatoria dado o seu carácter evaluable.
Proba de resposta múltiple Examen tipo test de resposta múltiple donde unha sola opción é correcta e as respostas incorrectas penalizan.
Sesión maxistral Se explicarán na aula os fundamentos dos contidos da asignatura utilizando apoios audiovisuais, discusións dirixidas, casos prácticos e outras metodoloxías interactivas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Descrición
A atención personalizada mediante titorías individuais e titorías en grupo reducido proporcionarase vía Teams, previa solicitude vía email/Moodle.

Se facilitará atención personalizada para resolver dúbidas específicas sobre os contidos da asignatura, recomendar recursos bibliográficos e documentais adicionais para o estudo de casos, e dar seguemento ó proxecto práctico en equipo. Igualmente nos seminarios se poden atender dúbidas individualmente, ademais de ter lugar unha aprendizaxe colaborativa.

Na plataforma virtual da UDC se depositarán e/ou indicarán os casos e demáis material docente imprescindible para facilitar ó alumnado o seguemento das sesións de docencia teórica ou interactiva, co seu calendario. O material será comentado e ampliado na aula cos alumnos asistentes de xeito interactivo, e os casos e demáis materias prácticos asignados serán, primeiro, presentados polos equipos de alumnos responsables, e despóis, obxeto de discusión dirixida en plenario. Por tanto se recomenda a tódolos alumnos tanto a asistencia como a lectura dos devanditos materiais con antelación á sesión que corresponda. Asimesmo se recomenda ós alumnos a asistencia as tutorías para resolver de modo personalizado cualquera dúbida sobre os casos e demáis traballos susceptibles de avaliación continua.

O obxectivo da atención personalizada consistirá en resolver dúbidas relativas á preparación dos proxectos e casos prácticos, tanto no caso dos alumnos matriculados en réximen de dedicación a tempo completo como no caso de alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A13 A14 A15 A16 A17 A18 B1 B7 B9 C2 C3 A calificación obtida nos proxectos prácticos de equipo ponderará 30% da calificación final. Todos os participantes de cada equipo obterán a mesma calificación 30
Seminario B9 C5 C6 C9 A asistencia a tódalas sesións é obligatoria, incluidos seminarios e conferencias, e será debidamente avaliada. A asistencia ás sesións suporá un máximo do 10% da calificación final.
10
Proba de resposta múltiple A8 B10 Realizaráse un examen tipo test administrado vía Moodle, donde solo unha opción é correcta. As respostas incorrectas penalizan un tercio do valor das correctas. É estrictamente necesario aprobar o examen (esto é, obter unha calificación igual ou superior a 5, nunha escala de 0-10) para aprobar a materia.

Todos os materiais e contidos tratados na aula, tanto presencial como virtualmente, ou recomendados en moodle, ben a través de seminarios e conferencias ou a través de sesións interactivas (sexan discusións de casos, plenarias ou en equipo, ou seminarios), incluidas as discusións de prácticas individuais ou as presentacións de proxectos de equipo, son susceptibles de ser preguntados no examen.

É importante que os estudantes se preparen individualmente para o examen utilizando todos os materiais dispoñibles na plataforma virtual (diapositivas, lecturas, materiais multimedia) e as notas que tomen na aula para comprender os exemplos reais utilizados para ilustrar os contidos do curso e desenvolver os seus propios pensamento crítico e criterio profesional.

É crucial que os estudantes complementen estes materiais coa revisión individual das lecturas suxeridas, e así aclarar calquera dúbida.
60
 
Observacións avaliación
A participación en seminarios, conferencias e sesións ordinarias presenciais (ata 10% da calificación final) poderá controlarse aleatoriamente.

Os criterios de avaliación aplicaránse tanto á primeira como á segunda oportunidade, incluidos estudantes Erasmus e de intercambio.

Os estudantes matriculados a tempo parcial e con "dispensa académica de exención de asistencia" terán as seguintes ponderacións: 100% virá do examen.

Os estudantes que suspendan o examen de test recibirán a calificación do examen como calificación final.

As calificacións obtidas polos estudantes na avaliación continua como resultado dos proxectos prácticos en equipo (ata 30%) e asistencia (ata 10%) serán válidas solo durante o curso académico en cuestión.

Está prohibido o acceso ás aulas de examen con calquer dispositivo de transmisión e/ou almacenamento de datos (teléfonos móviles, reloxes intelixentes, etc.).

Fontes de información
Bibliografía básica Garcia-Torres, S., Albareda, L., Rey-Garcia, M. and Seuring, S. (2019). Traceability for Sustainability–Literature Review and Conceptual Framework.. Supply Chain Management: An International Journal. Vol. 24(1) 85-106.
Rey-García, M., Regueiro Otero, A., Mato-Santiso, V. (2018). "The Challenges of Digital Transformation for Fast-Fashion Brands: A Proposal for an Operational Tool to Measure Omni-Channel Integration. Advances in National Brand and Private Label Marketing, Springer, 95-103
Ellen MacArthur Foundation (2017). A New Textiles Economy: Redesigning fashion’s future.
Stewart, R., Niero, M. (2018). Circular economy in corporate sustainability strategies: A review of corporate sustainability reports in the fast-moving consumer goods sector. Business Strategy and the Environment
Garcia-Torres, S., Rey-Garcia, M. and Albareda-Vivo, L. (2017). Effective Disclosure in the Fast-Fashion Industry: from Sustainability Reporting to Action.. Sustainability, 9(12), pp. 2256.
Karamchandani, A Kubzansky, M, Frandano, P. (2009). Emerging Markets, Emerging Models. MARKET-BASED SOLUTIONS TO THE CHALLENGES OF GLOBAL POVERTY. Monitor Company Group
Caro, F., and Martínez-De-Albéniz, V. (2014). How fast fashion works: Can it work for you, too. IESE Insight, 21(21), 58-65.
REY-GARCIA, M. Y FOLGUEIRA SUÁREZ, T. (2019). http://www.catedrafundacionarecesdcuniovi.es/publicaciones-libros-publicados-es.html. El reto de la moda sostenible
McKinsey & Company (2019). https://cdn.businessoffashion.com/reports/The_State_of_Fashion_2019.pdf. The state of fashion 2019.
The Business of Fashion. Revista internacional de referencia (). https://www.businessoffashion.com. Acceso via Biblioteca Casa do Patín UDC
Modaes.es. Fuente nacional de referencia (). https://www.modaes.es. Acceso contenidos premium vía Biblioteca Casa do Patín UDC
Battilana, J; Lee, M.; Walker, J. Y Dorsey; Ch. (2012). In search of the Hybrid Ideal. Stanford Social Innovation Review, pp.51-55
Rey-Garcia, M., Lirola-Walton, E. & Mato-Santiso, V. (2017). La transformación digital de la distribución comercial: la tienda física, de caja brick and mortar a nodo omnicanal”. En Trespalacios Gutiérrez, J. A.; Vázquez Casielles, R.; Estrada Alonso, E. y González Mieres, C. (e
Aitken, Sally (). Seduction in the City: The birth of shopping. .
GARCÍA-TORRES, Sofía, y REY GARCÍA, Marta (2020). Sostenibilidad para la competitividad de la industria de la moda española: hacia una moda circular, digitalizada, trazable y colaborativa. . En REY GARCÍA, Marta, Coord, Información Comercial EspañolaEspañola (ICE), Revista de Economía, 912,
Deloitte (2016). The Deloitte Consumer Review. CX marks the spot: Rethinking the consumer experience to win..
Prahalad, C.K., Hart, S.L. (2002). The fortune at the bottom of the Pyramid. Strategy+Business, issue 26
Fogliatto, F.S.m, da Silveira, J.C, Borenstein, D. (2012). The mass customization decade: An updated review of the literature . International Journal of Production Economics Volume 138, Issue 1, pp 14-25
(). The True Cost.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fundamentos de Economía: Industria da Moda/710G03003

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Xestión Sustentable da Cadea de Valor da Moda/710G03018

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías