Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Sistemas e Tecnoloxías da Información Código 710G03013
Titulación
Grao en Xestión Industrial da Moda
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Rodriguez Luaces, Miguel
Correo electrónico
miguel.luaces@udc.es
Profesorado
Cortiñas Álvarez, Alejandro
Gómez Brandón, Adrián
Rodriguez Luaces, Miguel
Correo electrónico
alejandro.cortinas@udc.es
adrian.gbrandon@udc.es
miguel.luaces@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é coñecer a utilidade dos sistemas e a tecnoloxía da información nas empresas do sector textil, así como saber utilizar estos sistemas na práctica.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías

* Metodoloxías docentes que se manteñen

- Prácticas a través de TIC

- Traballos tutelados

* Metodoloxías docentes que se modifican

- Sesión maxistral. Mantense a metodoloxía e levarase a cabo mediante Teams.

- Proba mixta. Mantense a metodoloxía e levarase a cabo de xeito non presencial mediante Moodle.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

– Correo electrónico. Atención continua para resolver dúbidas e facer o seguimento do avance.

– Teams. Realización de sesións de resolución de dúbidas do alumnado baixo demanda.

– Moodle. Utilizarase para enviar mensaxes de difusión ao alumnado e para resolver dúbidas en grupo a través dos foros de discusión.

4. Modificacións na avaliación

Non se modifica a avaliación.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Non se modifica a bibliografía.

Competencias do título
Código Competencias do título
A9 Dominar o proceso loxístico dunha empresa de moda desde unha perspectiva global, abarcando desde o aprovisionamento ata o proceso produtivo e mais o transporte, con especial incidencia nos procesos principais propios da industria téxtil: selección de tecidos e materiais, padronaxe, confección etc....
A13 Coñecer o impacto da tecnoloxía nos distintos procesos da industria téxtil.
A19 Capacidade para a recollida, selección e análise de fluxos de información, integración destes nos sistemas e procesos de xestión da información da empresa, e aplicación á toma de decisións estratéxicas e operativas, sempre desde unha perspectiva ética.
B1 Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 Que o estudantado desenvolvera aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B6 Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa en contornos interdisciplinares.
B8 Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos e operacións.
B9 Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os fundamentos da tecnoloxía e os sistemas de información e comprender cómo as empresas do sector textil utilizan as tecnoloxías e os sistemas de información A9
A13
A19
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B9
C1
C2
C3
C5
C7
C8
C9
Coñocer os aspectos funcionais e técnicos dos sistemas ERP e saber utilizar sistemas ERP para xestionar empresas do sector textil A9
A13
A19
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B9
C1
C2
C3
C5
C7
C8
C9
Saber utilizar sistemas de xestión documental para xestionar o coñocemento da empresa A9
A13
A19
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B9
C1
C2
C3
C5
C7
C8
C9
Coñecer os fundamentos da vixilancia tecnolóxica nas empresas A9
A19
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B9
C1
C2
C3
C5
C7
C8
C9

Contidos
Temas Subtemas
Fundamentos dos sistemas de información Hardware
Comunicación
Software
Datos, información e coñecemento
Internet
Sistemas de información empresarial Comercio electrónico
Enterprise Resource Planning (ERP)
Sistemas de axuda á decisión
Sistemas de xestión documental
Xestión dos sistemas de información da empresa Vixilancia tecnolóxica
Desenvolvemento de sistemas de información
Seguridade informática
Tendencias presentes e futuras Big Data
Intelixencia artificial

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A9 A13 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C1 C2 C3 C5 C7 C8 C9 21 0 21
Prácticas a través de TIC A9 A13 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C1 C2 C3 C5 C7 C8 C9 6 6 12
Traballos tutelados A9 A13 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C1 C2 C3 C5 C7 C8 C9 24 72 96
Proba mixta A9 A13 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C1 C2 C3 C5 C7 C8 C9 0 21 21
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canle para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do estudantado e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto ás primeiras, recolle preguntas abertas de desenvolvemento; as segundas, poden combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
Se estima que entre o alumnado haberá diferencias notables tanto en canto á sua familiariación con conceptos e termos informáticos, como en canta ás habilidades para o manexo de ferramentas informáticas. Por iso, prevese desenvolver unha atención personalizada para as prácticas a través de TIC e para os traballos tutelados. A atención personalizada desenvolverase de forma individual mediante a realización de titorías mediante ferramentas informáticas e Internet (correo electrónico, Moodle o Teams).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A9 A13 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C1 C2 C3 C5 C7 C8 C9 Avaliarase a solución aplicada polos estudantes ao problema proposto e a interacción entre os membros do grupo 20
Proba mixta A9 A13 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C1 C2 C3 C5 C7 C8 C9 Proba escrita individual sobre contido teórico-práctico 40
Traballos tutelados A9 A13 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C1 C2 C3 C5 C7 C8 C9 Avaliarase a calidade do traballo realizado 40
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia é obligatorio:


  • Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) nos traballos tutelados.

  • Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) na proba mixta.

De non obter a nota mínima nos traballos tutelados ou na proba mixta, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,5.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma:


  • Traballos tutelados (40% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.

  • Proba escrita teórica e práctica (60% da nota final): corresponde á proba mixta e á recuperación da nota dos estudos de casos.

Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.

Os/as estudantes con nota inferior a 2 nos traballos tutelados na primeira oportunidade deberán recuperalos obligatoriamente na segunda oportunidade para aprobar a materia.

Para aprobar a materia é obligatorio obter unha nota mínima de 2 sobre 4 no traballo tutelado, e de 3 sobre 6 na proba mixta.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes.

DISPENSA ACADÉMICA

Dado que a asistencia ás sesións presenciais non é obligatoria, aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases terán as mesmas condicións que o resto do alumnado.


Fontes de información
Bibliografía básica

Stair, R., & Reynolds, G. (2013). Principles of information systems. Cengage Learning. ISBN: 9781305971776

Gómez Vieites, Á., & Suárez Rey, C. (2011). Sistemas de información: herramientas prácticas para la gestión empresarial. Ra-Ma Editorial. ISBN 978-8499641225

Sieber, S., Valor, J., & Porta, V. (2005). Los sistemas de información en la empresa actual. Aspectos Estratégicos y alternativas tácticas. McGraw-Hill. ISBN 978-8448140069

Lardent, A. R. (2001). Sistemas de información para la gestión empresaria: procedimientos, seguridad y auditoría. Prentice-Hall. ISBN: 978-9879460436

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías