Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Xestión Contable e Financeira na Empresa de Moda Código 710G03015
Titulación
Grao en Xestión Industrial da Moda
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Segundo Obrigatoria 9
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Anido Martinez, Cristina
Correo electrónico
cristina.anido@udc.es
Profesorado
Anido Martinez, Cristina
Peón Pose, David Olegario
Puime Guillén, Félix
Correo electrónico
cristina.anido@udc.es
david.peon@udc.es
felix.puime@udc.es
Web
Descrición xeral A materia pretende:
• Introducir os conceptos básicos relativos ao proceso de elaboración, comunicación e interpretación da información financeira
• Formar os coñecementos e desenvolver as habilidades básicas para comprender a problemática financeira da empresa
• Proporcionar fundamentos económico-financeiros necesarios para coñecer o estado das empresas (en particular, das empresas de moda) e tomar decisións para a súa xestión
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
– Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
– Todas, ao poder aplicarse tanto na aula presencial como virtual mediante ferramentas TIC síncronas e asíncronas.

*Metodoloxías docentes que se modifican
– Non se realizarán cambios

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
CORREO ELECTRÓNICO
– De uso cotiá para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.

MOODLE
– Foro de formulación e resolución de dúbidas. A disposición do alumnado en todo momento para iniciar o proceso de formulación e resolución de dúbidas
– Difusión de materiais. A disposición do alumnado en función da evolución no contido da materia
– Actividades de autoavaliación e avaliación. Na data e no horario acordado

TEAMS
– Videoconferencias para a realización das sesións expositivas e interactivas. Semanalmente na franxa horaria que ten asignada a materia
– Videoconferencias para a atención personalizada. Na data e no horario acordado entre o docente e o estudante/equipo de traballo mediante un correo electrónico previo
– Videoconferencias para a realización das actividades de avaliación. Na data e no horario acordado

4. Modificacións na avaliación
– Non se realizarán cambios

*Observacións de avaliación:
– Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, e ademais:

– As actividades de avaliación realizaranse a través de Moodle, podendo o docente requirir a defensa oral, parcial ou total, das actividades entregadas e avaliadas.

– Solicitarase ao alumnado que estea conectado mediante unha videoconferencia en Teams dende o inicio ata o final da proba para as oportunas verificacións por parte do docente.

– No caso de acontecer problemas de conexión no momento de realizar as actividades de avaliación, realizarase posteriormente unha videoconferencia en Teams co alumnado afectado para realizar a actividade oralmente e así adaptarse aos problemas de conexión sobrevidos.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
– Non se realizarán cambios

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 Ter os fundamentos económico-financeiros necesarios para coñecer o estado dunha empresa de moda e xestionala adecuadamente desde unha tripla perspectiva de liquidez, solvencia e rendibilidade.
B1 Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 Que o estudantado desenvolvera aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B8 Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos e operacións.
B9 Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a terminoloxía contable e financeira A10
B4
Coñecer o método contable e o seu output: os estados financeiros A10
C5
Coñecer a problemática financeira da empresa A10
C5
Interpretar a información financeira co obxectivo de emitir opinións e tomar decisións A10
B1
B2
B3
B4
B9
Transmitir información contable e financeira, tanto de forma oral como escrita, nun idioma estranxeiro B1
B2
B4
C2
Utilizar ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida C5
C8
Ter a capacidade para aprender de xeito autónomo, buscando a solución a novos problemas a través da aplicación dos coñecementos adquiridos B2
B5
B8
B9
C9
Ter a capacidade para traballar en equipo de maneira consultiva B4
B5
B8
C9
Ter un comportamento ético nos negocios A10
B2
B5
C5

Contidos
Temas Subtemas
PARTE I - FINANZAS -
Fundamentos de análise das operacións financeiras Valor temporal do diñeiro
Operacións financeiras
Decisión de investimento Proxectos de investimento
Avaliación de proxectos de investimento
Decisión de financiamento Fontes financeiras
Custo das fontes financeiras
PARTE II - CONTABILIDADE -
Actividade empresarial e necesidade de información Información financeira e non financeira
Contabilidade financeira Estados financeiros
Rexistros contables 
Ciclo contable
Análise contable Contido dos estados financeiros 
Liquidez e solvencia
Rendibilidade 

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A10 B4 C2 10 10 20
Discusión dirixida B1 B2 B3 C2 14 28 42
Solución de problemas A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C9 14 28 42
Prácticas a través de TIC A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C8 C9 14 28 42
Traballos tutelados A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C8 C9 5 30 35
Foro virtual B2 B4 C2 C8 0 3 3
Proba obxectiva A10 B1 B2 B3 B4 B8 B9 C2 C9 4 16 20
Seminario B2 C2 C5 6 6 12
 
Atención personalizada 9 0 9
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición, feita polo docente, dos conceptos básicos necesarios para que o alumnado poida buscar solución aos problemas contables e financeiros tratados no programa.
Discusión dirixida Preparación dos temas formulados polo docente e participación na discusión dos mesmos.
Solución de problemas Traballo individual e en grupo, guiado polo docente, para a resolución, presentación e discusión de exercicios e casos prácticos.
Prácticas a través de TIC Traballo individual e en grupo, guiado polo docente, para a resolución, presentación e discusión de exercicios e casos prácticos mediante a utilización das TICs (folla de cálculo e outras aplicacións).
Traballos tutelados Presentación dos traballos realizados en equipo e seguindo as orientacións do docente.
Foro virtual Utilización do foro de Moodle para propor dúbidas e/ou responder ás preguntas dos compañeiros sobre calquera aspecto relacionado coa materia.
Proba obxectiva Exame parcial e exame final sobre aspectos teóricos e prácticos.
Seminario Participación en seminarios ou conferencias impartidos por expertos en temas da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Solución de problemas
Traballos tutelados
Discusión dirixida
Prácticas a través de TIC
Proba obxectiva
Descrición
A atención personalizada (titorías individuais e grupais) desenvolverase mediante videoconferencias en Teams.

Os equipos formados no marco dos traballos tutelados terán asignados sesións de atención personalizada para o seguimento do traballo realizado por cada un dos seus membros e do equipo en conxunto. O calendario das sesións de seguimento se indicará ao longo do curso en función do plan de traballo da materia.

Asemade, durante o curso o alumnado poderá empregar as horas de titorías para aclarar dúbidas e cuestións sobre a materia.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase un calendario específico de atención personalizada compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario B2 C2 C5 Avaliación das probas e/ou informes requiridos para cada seminario e conferencia, seguindo as orientacións do docente. 10
Solución de problemas A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C9 Avaliación dos casos propostos para a súa resolución, individual ou en grupo, seguindo as orientacións do docente. 10
Traballos tutelados A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C8 C9 Presentación dos traballos realizados en equipo e seguindo as orientacións do docente. Na valoración terase en conta o rigor na súa entrega e resolución, a presentación realizada e a resposta ás preguntas formuladas polo alumnado e o docente.

30
Prácticas a través de TIC A10 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C8 C9 Avaliación dos casos propostos para a súa resolución, individual ou en grupo, facendo uso das TICs e seguindo as orientacións do docente. 10
Proba obxectiva A10 B1 B2 B3 B4 B8 B9 C2 C9 As probas obxectivas valorarán aspectos teóricos e prácticos. Para poder aprobar a materia é necesario obter una nota mínima de 4 sobre 10 nas probas obxectivas. De non cumprirse este requisito, independentemente da nota de avaliación continua, a cualificación recollida na acta será a nota do exame que non supera o límite mínimo.

AVALIACIÓN DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE
No primeiro cuadrimestre, no día e hora fixados polo docente, realizarase o primeiro exame parcial que suporá o 20% da cualificación final. Para poder optar ao segundo exame parcial é necesario obter una nota mínima de 4 sobre 10 na proba.

A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase:
a) o segundo exame parcial para o alumnado que superou o primeiro parcial. O segundo exame parcial suporá o 20% da cualificación final. Para poder aprobar a materia é necesario obter una nota mínima de 4 sobre 10 na proba.
b) o exame final global para o alumnado que non superou o primeiro parcial e o alumnado que, habendo superado o primeiro parcial, renuncie á cualificación previamente obtida e o notifique por escrito con antelación ao docente para a súa autorización. O exame final global suporá o 40% da cualificación final. Para poder aprobar a materia é necesario obter una nota mínima de 4 sobre 10 na proba.

AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE
A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame final global. O exame final global suporá o 40% da cualificación final. Para poder aprobar a materia é necesario obter una nota mínima de 4 sobre 10 na proba.
40
 
Observacións avaliación

A discusión dirixida derivada dos casos e problemas propostos ten por obxecto afianzar a comprensión dos conceptos e das técnicas estudadas. Para un óptimo aproveitamento é recomendable a participación activa nas sesións e nos seminarios (organizados polo docente da materia ou pola coordinación do grao).

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia 

Seguindo as indicacións normativas, dito alumnado deberá comunicar a súa situación ao docente antes do 30 de setembro. As probas de avaliación continua (60% da cualificación final: Seminario, Solución de problemas, Traballos tutelados, Prácticas a través de TIC) agréganse nunha única proba oral a realizar previamente ao exame do período oficial de avaliación. A proba oral valorará aspectos teóricos e prácticos (incluído o manexo de ferramentas TIC) de todos os temas da materia. O estudante deberá ser capaz de explicar e demostrar razoadamente todas as súas respostas. Acordarase ao inicio do curso un calendario específico de atención personalizada compatible co plan de traballo da materia e coa súa dedicación.

Cualificación de non presentado.

Considerarase como “Non presentado” (NP) ao alumnado que:

a) non se presente á proba do período oficial de avaliación.

b) só participe de actividades de avaliación continua que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada. 

Avaliación da segunda oportunidade

Seguirá os mesmos criterios que os utilizados na avaliación da primeira oportunidade, coa excepción do alumnado que exprese a súa intención de participar nun novo proceso de avaliación continua (60% da cualificación final: Seminario, Solución de problemas, Traballos tutelados, Prácticas a través de TIC). Neste caso:

a)    É imprescindible enviar un correo electrónico ao equipo docente, antes do inicio do período de exames da segunda oportunidade, indicando a súa renuncia á cualificación previamente obtida nestas metodoloxías, e recibir a correspondente autorización.

b)    A avaliación continua (Seminario, Solución de problemas, Traballos tutelados, Prácticas a través de TIC) agrégase nunha única proba oral a realizar previamente a data oficial do exame da segunda oportunidade. A proba oral valorará aspectos teóricos e prácticos (incluído o manexo de ferramentas TIC) de todos os temas da materia. O estudante deberá ser capaz de explicar e demostrar razoadamente todas as súas respostas.

Condicións de realización dos exames

Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, non autorizado previamente polo docente.


Fontes de información
Bibliografía básica Sutton, T. (2004). Corporate financial accounting and reporting. Prentice Hall 2nd ed.
Reverte, C. (2014). Exercises of financial accounting. Ecobook
Lozano Gutiérrez, M.C., Ramón Llorens, M. C. (2017). Financial mathematics: fundamental concepts. Universidad Politécnica de Cartagena
Ortega, R. (2017). Fundamentals of financial management. ESIC
Götze, U., Northcott, D, Schuster, P. (2008). Investment appraisal, methods and models. Springer
Schoenmaker, D., Schramade, W. (2019). Principles of sustainable finance. Oxford University Press
Lev, B., Gu, F. (2016). The end of accounting and the path forward for investors and managers. Wiley

Bibliografía complementaria Jones, M.J. (2014). Accounting and finance. Wiley
Watson, D., Head, A. (2016). Corporate finance: principles and practice. Pearson 7th ed.
Phillips, F., Libby, R., Libby, P.A. (2016). Fundamentals of financial accounting. McGraw Hill 5th ed.
Brealey, R.A., Myers, S.C., Allen, F. (2018). Principles of corporate finance. McGraw Hill 12th ed.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fundamentos de Xestión da Empresa de Moda/710G03004

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Modelos e Técnicas de Simulación Empresarial: Xogo de Empresa/710G03026
Planificación e Control de Xestión en Empresas de Moda/710G03022

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías