Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Xestión da Cadea de Subministración de Moda II: Xestión de Operacións Código 710G03017
Titulación
Grao en Xestión Industrial da Moda
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Crespo Pereira, Diego
Correo electrónico
diego.crespo@udc.es
Profesorado
Crespo Pereira, Diego
Mato Santiso, Vanessa
Correo electrónico
diego.crespo@udc.es
vanessa.mato@udc.es
Web http://https://humanidades.udc.es/estudos/gim
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Desenvolver destrezas para as relacións interpersoais e a interactuación con axentes do contorno e interno (clientes, provedores, medios, colaboradores...).
A9 Dominar o proceso loxístico dunha empresa de moda desde unha perspectiva global, abarcando desde o aprovisionamento ata o proceso produtivo e mais o transporte, con especial incidencia nos procesos principais propios da industria téxtil: selección de tecidos e materiais, padronaxe, confección etc....
A13 Coñecer o impacto da tecnoloxía nos distintos procesos da industria téxtil.
B1 Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 Que o estudantado desenvolvera aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B8 Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos e operacións.
B9 Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os conceptos básicos da xestión de operacións A3
A9
A13
B1
B2
B3
B4
B5
B8
B9
C2
C7
C8
Saber resolver problemas relacionados coa xestión de operacións A9
A13
B1
B2
B3
B4
B8
B9
C3
C7
C9
Familiarización coas tecnoloxías empregadas para a xestión de operacións A3
A9
A13
B2
B3
B8
B9
C2
C3
C8
C9

Contidos
Temas Subtemas
Deseño de procesos e planficación da capacidade Introducción á estratexia de operacións. Productividade. Capacidade e utilización. Planificación da capacidade a longo prazo. Modelos de colas.
Métodos cuantitativos para a xestión de operacións Optimización lineal. Problemas non lineais. Solver. Metaheurística. Modelado e simulación.
Xestión de inventarios Conceptos principais. Tipos. Clasificación ABC.
Custes de inventario Custes de mantemento. Custes de pedido. Custes de oportunidade.
Modelos de inventario Métodos baseados na cantidade económica de pedido. Stocks de seguridade. Políticas de revisión continua e periódica. Métodos baseados no modelo 'Newsvendor'.
Xestión de proxectos Tarefas. Recursos. Custes.
Planificación Planificación dun solo servidor. Servidores paralelos. Flow line scheduling. Prioridades
Lean enterprise Just in Time. Lean manufacturing. Tipos de desperdicios. Métodos para evitar desperdicios. Metodoloxía 5S.
Xestión da calidade ISO 9001. Metodoloxía six-sigma.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A9 A13 B1 B2 C3 C8 20 10 30
Traballos tutelados A9 B2 B3 B4 B8 B9 C2 C7 C9 1 36 37
Prácticas a través de TIC A9 A13 B1 B3 B4 B8 B9 C3 C8 C9 11 18 29
Solución de problemas A9 B3 B4 B8 B9 C3 C7 C9 8 12 20
Proba mixta A3 A9 A13 B1 B2 B3 B5 B9 C2 C9 1 19 20
Proba práctica A3 A9 A13 B1 B2 C3 C8 1 10 11
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases de exposición dos conceptos teóricos da materia
Traballos tutelados Traballos a realizar a proposta do profesorado
Prácticas a través de TIC Resolución de problemas prácticos mediante software (Excel, ProjectLibre, Flexsim, QuantumXL)
Solución de problemas Resolución de problemas na aula
Proba mixta Examen sobre os contidos da materia
Proba práctica Exame con ordenador sobre casos prácticos da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
En horario de titorías, o alumnado poderá reunirse co profesorado para aclarar as dúbidas da materia, así como dos traballos tutelados propostos

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A3 A9 A13 B1 B2 C3 C8 Proba práctica usando o software visto na materia. 30
Sesión maxistral A9 A13 B1 B2 C3 C8 Asistencia e participación activa nas clases e seminarios. 5
Traballos tutelados A9 B2 B3 B4 B8 B9 C2 C7 C9 Avaliación dos traballos propostos polo profesorado. 25
Prácticas a través de TIC A9 A13 B1 B3 B4 B8 B9 C3 C8 C9 Entrega de tarefas realizadas en clase ou de forma autónoma polo alumnado. 10
Proba mixta A3 A9 A13 B1 B2 B3 B5 B9 C2 C9 Exame sobre os contidos teóricos da materia. 30
 
Observacións avaliación

Criterios
de avaliación

Segunda
oportunidade



Os
criterios de avaliación en segunda oportunidade serán os mesmos que en
primeira. O alumno terá unha segunda oportunidade para realizar a proba mixta e
a proba práctica. Se a cualificación do alumno en primeira oportunidade nalgunha
das dúas probas é superior a 4, non será necesario que repita a proba e
daráselle a opción de conservar a nota obtida previamente. Os traballos
tutelados, clases maxistrais e prácticas a través de TIC, por ser avaliados de
forma continua, non poderán ser recuperados.

Convocatoria
adiantada.



Se
houbese alumnado que quixese presentarse á convocatoria adiantada de decembro
(Art. 19 "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións
dos estudos de grao e máster universitario"), o alumnado que se presente a
esta convocatoria deberá realizar a proba mixta (35% da nota), a proba práctica
(40% da nota), e o traballo tutelado (25% da nota).O traballo de curso deberá
realizarse de forma individual.



Para
poder aprobar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade de
avaliación, será preciso obter unha nota mínima de 3,5 puntos sobre 10 na parte
de proba mixta e a proba práctica.

Cualificación
“non presentado”



Asignarase
a cualificación "Non Presentado" ás persoas que non se presenten ao
exame final (proba práctica e proba mixta) en primeira oportunidade, segunda
oportunidade ou convocatoria adiantada.

Alumnado
con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia



O
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia deberá comunicar ao comezo do curso a súa situación
ao profesorado da materia, para así poder establecer un plan e calendario de
traballo. O sistema de avaliación será o seguinte: proba mixta (35%), proba
práctica (30%), traballos tutelados (25%) e prácticas a través de TIC (10%). O
traballo tutelado deberá realizarse en grupo.

Nota
mínima



Para
poder aprobar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade de
avaliación, será preciso obter unha nota mínima de 3,5 puntos sobre 10 na parte
de proba mixta e a proba práctica.

Para poder aprobar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación, requerirase unha asistencia mínima do 80% das clases salvo causa xustificada. En caso de que a nota media sexa de 5 ou superior, a cualificación do alumno que non cumpla este criterio será de 4,5 SUSPENSO. O alumnado con dedicación a tempo parcial non estará suxeito a este requerimento.

Información
adicional.



O
comportamento fraudulento en calquera dos apartados sometidos a avaliación
supoñerá a cualificación de "Suspenso (0)" na avaliación final. Está
prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de
avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou
almacenamento de información (móbiles, reloxos intelixentes...).


Fontes de información
Bibliografía básica Londrigan, Michael P. (2018). Fashion supply chain management. Bloomsbury Publishing Inc
Collier, D.A., Evans, J.R. (2017). OM: Operations and supply chain management. Boston: Centage Learning
Verma, Boyer (2010). Operations & Supply Chain Management. World class theory and practice.. Pearson
Heizer, J., Render, B. (2013). Operations Management. Pearson
Slack, Nigel; Chambers, Stuart; Johnston, Robert (2007). Operations Management. Pearson

O profesorado da materia proporcionará bibliografía específica para cada un dos temas.

Bibliografía complementaria Heizer, J., Render, B. (2015). Dirección de la producción y de operaciones. Decisiones estratégicas. Prentice Hall
Alessandra Vecchi (2017). Advanced Fashion Technology and Operations Management. Business Science Reference


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xestión da Cadea de Subministración de Moda I: Aprovisionamento/710G03005

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Xestión da Cadea de Subministración de Moda III: Loxística e Transporte/710G03019

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostido e cumprir co obxetivo da acción número 5: “Docencia e investigación saludable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol", fomentarase, na medida do posible, que a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia sexa en formato virtual e/ou soporte informático, a través de Moodle e sen necesidade de imprimilos.

No caso de ser necesaria a entrega en papel seguiranse as seguintes pautas:

  1. Non se empregarán plásticos
  2. Realizaranse impresións a dobre cara
  3. Empregrase papel reciclado
  4. Evitarase a impresión de borradores


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías