Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Xestión Sustentable da Cadea de Valor da Moda Código 710G03018
Titulación
Grao en Xestión Industrial da Moda
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Escourido Calvo, Manuel
Correo electrónico
manuel.escourido@udc.es
Profesorado
Escourido Calvo, Manuel
Correo electrónico
manuel.escourido@udc.es
Web http://https://humanidades.udc.es/estudos/gim
Descrición xeral O obxectivo principal desta materia é que os estudantes aprendan a aplicar os principios da sustentabilidade á cadea de valor da industria da moda.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer os fundamentos básicos de xestión dunha empresa de téxtil/moda, tanto a nivel estratéxico como operativo e funcional.
A2 Coñecer os aspectos da contorna que inflúen na evolución do mundo da moda e as súas empresas, con especial incidencia no impacto das cuestións económicas e legais.
A16 Incorporar criterios de sostibilidade nos procesos de toma de decisión da empresa (e por extensión aos mercados de moda).
A17 Saber implantar programas de responsabilidade social corporativa (nos mercados de moda).
B1 Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 Que o estudantado desenvolvera aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B6 Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa en contornos interdisciplinares.
B8 Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos e operacións.
B9 Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Analizar, comprender e aplicar criterios de sustentabilidade en todas as áreas da cadea de valor da industria da moda e as súas empresas para a toma de decisións estratéxicas e operativas. Extender a sustentabilidade cara a unha aplicación de responsabilidade social en todos os ámbitos da compañía, así como nas súas relacións cos grupos de interese. A1
A2
A16
A17
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B9
C2
C4
C5
C6
C7
C8
C9
Comprender a importancia da xestión da cadea de valor como elemento estratéxico das empresas da industria da moda e a súa relevancia para as áreas de negocio. Comprender a importancia da sustentabilidade como enfoque para xerar valor económico, social e ambiental que contribúa ao benestar a longo prazo da sociedade. A1
A2
A16
A17
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B9
C2
C4
C5
C6
C7
C8
C9

Contidos
Temas Subtemas
PARTE I. XESTIÓN DA CADEA DE VALOR DA INDUSTRIA DA MODA. 01. Cadea de valor: concepto, elementos e xestión estratéxica.
02. Cadea de valor da industria da moda e as súas empresas.
03. Xestión da cadea de valor e sustentabilidade.
PARTE II. O MODELO DE MODA CIRCULAR. 04. Moda circular: materiais, procesos, sistemas e produción.
05. Moda circular: deseño circular e pensamento no deseño.
06. Moda circular: comunicación, mercadotecnia e valores.
07. Moda circular: mercados e persoas de consumo sostible.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A2 C2 C4 3 0 3
Lecturas A1 A2 A16 A17 B5 B9 C2 C5 C8 5 0 5
Proba de resposta múltiple B1 B5 B9 C6 C9 2 25 27
Sesión maxistral A1 A2 A16 A17 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 25 45 70
Presentación oral B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 15 20 35
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Eventos científicos e/ou divulgativos Para familiarizarse cos estudos de caso presentados por profesionais da materia, os estudantes tamén deben asistir a actividades prácticas complementarias (conferencias, seminarios, talleres, etc.). Deberían reflexionar sobre o contido e producir unha análise, que será sometida a avaliación.
Lecturas Para complementar as conferencias, facilitaranse análises, textos e lecturas e / ou tarefas prácticas baseadas nunha variedade de temas. Os estudantes deben traballar en grupo para responder a preguntas establecidas.
Proba de resposta múltiple Proba individual ou proba de elección múltiple. Cada resposta incorrecta diminuirá a puntuación da proba.
Sesión maxistral Os contidos do programa teórico da materia presentaranse en sesións maxistrais, normalmente coa axuda de medios audiovisuais. As diapositivas utilizadas poranse a disposicón dos estudantes. O profesor supervisará a asistencia á sesión. A asistencia regular é unha obriga no procedemento de avaliación.
Presentación oral Nas clases prácticas, o grupo designado polo profesor deberá presentar as actividades sinaladas e o traballo / proxecto correspondente en grupo. Os membros do grupo deberán responder ás preguntas formuladas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Presentación oral
Descrición
Os estudantes poderán facer calquera pregunta mentres traballan nos estudos de caso ou nas lecturas que deben presentar. Tamén poden facer preguntas sobre temas explicados na clase. O profesor ten asignada dispoñibilidade para realizar tutorías.


ATENCIÓN Á DIVERSIDADE:
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise a adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Humanidades.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A16 A17 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 ASISTENCIA: 10% da nota final.

A asistencia ás sesións maxistrais, así como a clases prácticas, representarán o 10% da nota final. Tamén se valorará a asistencia en función da participación na clase (debate, pregunta, resposta, opinión razoada).
10
Proba de resposta múltiple B1 B5 B9 C6 C9 PROBA DE OPCIÓNS MÚLTIPLES: 50% da nota final.

Test ou proba de elección individual. Cada resposta incorrecta reducirá a puntuación final.
50
Presentación oral B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 LECTURAS E PRESENTACIÓN ORAL: 40% da nota final.

Presentaranse informes orais sobre as lecturas, análises bibliográficas e traballos prácticos, así como a realización dun proxecto final ou traballo. Faranse en grupo.

Os criterios de avaliación inclúen comprobar a inclusión e aplicación da parte teórica, a calidade e claridade da presentación, a precisión e calidade das respostas, a calidade das fontes primarias e secundarias utilizadas e a revisión da literatura correspondente.
40
 
Observacións avaliación
Avaliación 1a Oportunidade.

No desenvolvemento da parte práctica (traballs/proxectos en equipo) (40% nota) serán avaliad@s: aplicación das bases teóricas, calidade de presentación, precisión e claridade de exposición e calidade das respostas, fontes primarias e secundarias usadas e revisión bibliográfica.

Para a avaliación da parte teórica recurrirase a un exame tipo test (proba obxecta de múltiple resposta) (50% nota) con varias alternativas de resposta, onde os erros restarán puntuación para evitar o "efecto lotería". A fórmula é NOTA = (respostas correctas x 1) - (erros/k-1), con k= numero de opcións de resposta. Os puntos obtidos netos trasladanse a unha nota en escala 0-10.

Dedicación a tempo parcial e dispensa académica (exención de asistencia): no caso de alumn@s con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, empregaránse as plataformas Moodle e MS Teams, así como o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, mais terán a mesma obriga de realizaren actividades e de acudiren a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo. Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de fechas compatible coa súa dedicación.

O proceso de avalaición de 2a oportunidade é exactamente o mesmo que para a 1a oportunidade: gárdase a nota práctica (obtida nos traballos/proxectos) e @ alumn@ fará un novo exame tipo test, de idénticas características ás descritas anteriormente.

En caso de convocatoria extraordinaria, a avaliación será únicamente con exame tipo test (proba obxecta de múltiple resposta) (100% nota) con varias alternativas de resposta, onde os erros restarán puntuación en base á formula PUNTOS NETOS = (respostas correctas x 1) - (erros/k-1) con k= numero de opcións de resposta. Os puntos netos obtidos netos trasladanse a unha nota en escala 0-10.

Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado, non concorrese ás distintas actividades de avaliación (continua/practica e/ou exame/test) que se establezan para o curso académico.

PLAXIO/COPIA. A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia na
correspondente convocatoria, invalidando así calquera cualificación obtida en
todas as actividades de avaliación da convocatoria extraordinaria.


Fontes de información
Bibliografía básica
Fletcher, K. and Grose, L. (2012): “Fashion and Sustainability: Design for Change”, Laurence King Publishing, London (UK). Gardetti, M. A. and Torres, A. L. (2013): “Sustainability in Fashion and Textiles: Values, Design, Production and Consumption”, Greenleaf Publishing, Sheffield (UK).
Bibliografía complementaria
Burns, L. D. (2019): “Sustainability and Social Change in Fashion”, Fairchild Books, Bloomsbury Publishing Plc, London (UK). Little, T. (2018): “The Future of Fashion: Understanding Sustainability in the Fashion Industry”, New Degree Press, Potomac (USA). Black, S. (2013): “The Sustainable Fashion Handbook”, Thames & Hudson, London (UK).

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fundamentos de Xestión da Empresa de Moda/710G03004
Xestión da Cadea de Subministración de Moda I: Aprovisionamento/710G03005

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Xestión da Cadea de Subministración de Moda II: Xestión de Operacións/710G03017

Materias que continúan o temario
Xestión da Cadea de Subministración de Moda III: Loxística e Transporte/710G03019

Observacións

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostido e cumprir co obxetivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do Plan de Acción Green Campus Ferrol a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia se solicitarán en formato virtual e/o soporte informático (a entrega farase a través de moodle  ou email, en formato dixital sin necesidad de imprimilos). En caso de ser necesario realizalos en papel:  non se empregarán plásticos, as impresións serán dobre cara, utilizarase papel reciclado, evitarase a impresión de borradores e debderase ter enb conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos personais e profesionais.

Incuirase a perspectiva de xénero na materia, na linguaxe, nas intervencións, na identificación, modificación e corección de prexuizos sexistas e/ou discriminación de xénero.

Facilitarase a plena integración do alumnado/profesorado con diversidade funcional.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías