Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Xestión da Cadea de Subministración de Moda III: Loxística e Transporte Código 710G03019
Titulación
Grao en Xestión Industrial da Moda
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Crespo Pereira, Diego
Correo electrónico
diego.crespo@udc.es
Profesorado
Crespo Pereira, Diego
Correo electrónico
diego.crespo@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia céntrase nos conceptos fundamentais da xestión da logística dentro do ámbito da cadea de subministro.

Competencias do título
Código Competencias do título
A9 Dominar o proceso loxístico dunha empresa de moda desde unha perspectiva global, abarcando desde o aprovisionamento ata o proceso produtivo e mais o transporte, con especial incidencia nos procesos principais propios da industria téxtil: selección de tecidos e materiais, padronaxe, confección etc....
A13 Coñecer o impacto da tecnoloxía nos distintos procesos da industria téxtil.
B1 Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 Que o estudantado desenvolvera aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B6 Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa en contornos interdisciplinares.
B7 Capacidade para analizar tendencias (razoamento crítico).
B8 Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos e operacións.
B9 Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento sobre os métodos de planificación loxística nas empresas de moda. A9
A13
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C3
C7
C8
C9

Contidos
Temas Subtemas
Conceptos básicos en logística e distribución Planificación loxística. Servizo a clientes. Procesos loxísticos. Custos e análise. Subcontratación de servizos loxísticos.
Transporte de mercadorías. Loxística internacional. Elección modal. Transporte marítimo. Transporte aéreo. Transporte por ferrocarril e multimodal. Transporte por estradas. Selección de vehículos e custos. Planificación de rutas. Forwarding de mercadoría internacional. Impacto ambiental.
Planificación de redes loxísticas Análise e definición de opcións. Modelos loxísticos. Sistemas de información xeográfica.
Xestión de almacéns. Xestión de inventarios e almacéns. Procesos de almacén. Métodos de picking de pedidos. Sistemas de xestión de almacén. Distribución en pranta.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C3 C7 C8 C9 21 19 40
Prácticas a través de TIC A9 A13 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C3 C7 C9 12 17 29
Traballos tutelados A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C3 C7 C8 C9 1 29 30
Solución de problemas A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C3 C7 C8 C9 6 14 20
Proba mixta A9 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C3 1 13 14
Proba práctica A9 A13 B3 C3 C7 C8 C9 1 16 17
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clase expositiva sobre os contidos da materia.
Prácticas a través de TIC Resolución de prácticas e casos de estudio mediante software como Excel e QGIS.
Traballos tutelados Traballo en grupo sobre un caso proposto polo profesor da materia.
Solución de problemas Solución de problemas e casos de estudo sobre os contidos da materia.
Proba mixta Examen final teórico-práctico da materia.
Proba práctica Exame final práctico da materia no que o alumno deberá resolver casos coa axuda do ordenador.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Prácticas a través de TIC
Solución de problemas
Descrición
En horario de titorías, o alumnado poderá reunirse co profesorado para aclarar as dúbidas da materia, así como dos traballos tutelados propostos

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A9 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C3 Exame final da materia. 30
Proba práctica A9 A13 B3 C3 C7 C8 C9 Proba práctica usando Excel e / ou QGIS. 35
Sesión maxistral A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C3 C7 C8 C9 Asistencia e participación activa nas clases. 2
Traballos tutelados A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C3 C7 C8 C9 Avaliación do traballos propostos en clase. 30
Prácticas a través de TIC A9 A13 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C3 C7 C9 Asistencia a clases e entrega de casos propostos. 3
 
Observacións avaliación

Criterios de avaliación

Segunda oportunidade



Os
criterios de avaliación en segunda oportunidade serán os mesmos que en
primeira. O alumno terá unha segunda oportunidade para realizar a proba mixta e
a proba práctica. Se a cualificación do alumno en primeira oportunidade
nalgunha das dúas probas é superior a 4, non será necesario que repita a proba
e daráselle a opción de conservar a nota obtida previamente.

Convocatoria adiantada.



Se
houbese alumnado que quixese presentarse á convocatoria adiantada de decembro
(Art. 19 "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións
dos estudos de grao e máster universitario"), o alumnado que se presente a
esta convocatoria deberá realizar a proba mixta (35% da nota), a proba práctica
(35% da nota), e os traballos tutelados (30% da nota).O traballo de curso deberá
realizarse de forma individual.



Para
poder aprobar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade de
avaliación, será preciso obter unha nota mínima de 3,5 puntos sobre 10 na parte
de proba mixta e a proba práctica, incluso se a nota media das actividades fora
maior a 5 (nese caso a nota será de SUSPENSO 4,5).

Cualificación “non presentado”



Asignarase
a cualificación "Non Presentado" ás persoas que non se presenten ao
exame final (proba práctica e proba mixta) en primeira oportunidade, segunda
oportunidade ou convocatoria adiantada.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia



O
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia deberá comunicar ao comezo do curso a súa situación
ao profesorado da materia, para así poder establecer un plan e calendario de
traballo. O sistema de avaliación será o seguinte: proba mixta (35%), proba
práctica (35%) e traballos tutelados (30%).

Nota mínima



Para
poder aprobar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade de
avaliación, será preciso obter unha nota mínima de 3,5 puntos sobre 10 na parte
de proba mixta e a proba práctica, incluso se a nota media das actividades fora
maior a 5 (nese caso a nota será de SUSPENSO 4,5).

Para poder aprobar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación, requerirase unha asistencia mínima do 80% das clases salvo causa xustificada. En caso de que a nota media sexa de 5 ou superior, a cualificación do alumno que non cumpla este criterio será de 4,5 SUSPENSO. O alumnado con dedicación a tempo parcial non estará suxeito a este requerimento.

Información adicional.



O
comportamento fraudulento en calquera dos apartados sometidos a avaliación
supoñerá a cualificación de "Suspenso (0)" na avaliación final, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria. Está
prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de
avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou
almacenamento de información (móbiles, reloxos intelixentes...).


Fontes de información
Bibliografía básica John Fernie, David B Grant (2015). Fashion Logistics. Kogan Page
Tsang Ming Choi (2012). Fashion Supply Chain Management. Business Science Reference
TC Edwin Cheng, Tsan Ming Choi (2010). Innovative Quick Response Programs in Logistics and Suply Chain Management. Springer
Paul Myerson (2012). Lean Supply Chain Logistics Management. Mc Graw Hill
Alan Rushton & others (2017). The handbook of logistics and distribution management. Kogan Page
Gwynne Richards (2014). Warehouse Management. Kogan Page

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xestión da Cadea de Subministración de Moda II: Xestión de Operacións/710G03017

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostido e cumprir co obxetivo da acción número 5: “Docencia e investigación saludable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol", fomentarase, na medida do posible, que a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia sexa en formato virtual e/ou soporte informático, a través de Moodle e sen necesidade de imprimilos.

No caso de ser necesaria a entrega en papel seguiranse as seguintes pautas:

  1. Non se empregarán plásticos
  2. Realizaranse impresións a dobre cara
  3. Empregrase papel reciclado
  4. Evitarase a impresión de borradores


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías