Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Planificación e Control de Xestión en Empresas de Moda Código 710G03022
Titulación
Grao en Xestión Industrial da Moda
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Enriquez Díaz, Joaquín
Correo electrónico
joaquin.enriquez@udc.es
Profesorado
Enriquez Díaz, Joaquín
Correo electrónico
joaquin.enriquez@udc.es
Web
Descrición xeral A materia introduce ao estudantado na Planificación estratéxica e no control de Xestión, tendo domo principais obxectivos o coñecer a contabilidade analítica, as técnicas presupostarias e os cadros de mando
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías

*Metodoloxías docentes que se manteñen

Pódense manter as mesmas metodoloxías:

Sesión maxistral
Solución de problemas
Proba de resposta breve
Presentación oral
Proba obxectiva


*Metodoloxías docentes que se modifican

Non se realizarán cambios. As probas e as sesións realizaranse a través de Microsoft Teams e a través de Moodle

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado


- Titorías Virtuais a través de Microsoft Teams (titorías baixo cita previa)
- Foro de dúbidas en Moodle (Foro de aclaración de dúbidas no que participarían os estudantes e estaría moderado polo docente)
- Correo Electrónico (solicitude de titorías en Teams e dudas puntuais)

4. Modificacións na avaliación

A entrega de traballos, realización de exercicios e probas realizarase de maneira virtual a través de Microsoft Teams e Moodle.

Nas probas os estudantes

*Observacións de avaliación:

É importante garantir a identidade do alumno e a autoría das probas realizadas. Para iso, poderase requirir aos estudantes que teñan activado o micrófono e a cámara do seu computador a través da aplicación de Microsoft Teams.

Se algún estudante ten problemas para realizar algúnha proba por fallos na conexión buscaranse outras solucións que sexan viables como poden ser por exemplo probas orais.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

-Materiais electrónicos en Moodle
-Fariñas Fernández, Francisco (2010). El control de gestión y su aplicación práctica . Tirant biblioteca virtual. Dispoñible en http://sfx.bugalicia.org/aco?sid=III:innopac&pid=id=9788499858944
-Joaquín Martínez Navajas (2006) Contabilidad Analítica. Dispoñible en: https://www.eoi.es/es/file/18728/download?token=PxCppzeG


Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer os fundamentos básicos de xestión dunha empresa de téxtil/moda, tanto a nivel estratéxico como operativo e funcional.
A10 Ter os fundamentos económico-financeiros necesarios para coñecer o estado dunha empresa de moda e xestionala adecuadamente desde unha tripla perspectiva de liquidez, solvencia e rendibilidade.
B1 Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 Que o estudantado desenvolvera aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B7 Capacidade para analizar tendencias (razoamento crítico).
B8 Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos e operacións.
B9 Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os conceptos de Planificación estratéxica e control de xestión A1
A10
Saber en que consiste a contabilidade analítica ou de custos e as súas diferenzas coa contabilidade financeira A10
B4
B5
Saber identificar os custos e tipos de custos dunha empresa, así como coñecer e empregar os diferentes sistemas de imputación de custos. A1
A10
B1
B2
B3
B4
B5
C3
C5
C8
C9
Saber qué é un presuposto, coñecer os diferentes tipos de presupostos e técnicas presupostarias, así como de control presupostario e análise de desviacións A1
B2
B7
B8
B9
C5
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1.- Introdución á Planificación e ao control de xestión 1.1.- La planificación estratéxica
1.2.- O control de xestión
2.- Contabilidade analítica ou contabilidade de custos 2.1.- A contabilidade financeira e a contabilidade analítica
2.2.- Custos e tipos de custos
2.3.- Os sistemas de custos: os sistemas tradicionais de imputación de custos e os sistemas basados en actividades (sistema ABC)
3.- Presupostos 3.1.- Introdución a los presupuestos
3.2.- Tipos de presupostos
3.3.- Técnicas presupostarias
3.4.- Control presupostario y análise de desviacións
4.- Cadro de mando 4.1.- Definición de cuadro de mando
4.2.- Características do cadro de mando
4.3.- O cadro de mando integral

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A10 B1 B3 B5 C3 C5 C8 17 27 44
Solución de problemas B2 B4 B7 B8 B9 C7 C9 37 48 85
Proba obxectiva A1 B2 B4 B7 B9 C9 C5 2 4 6
Proba de resposta breve B2 B3 B4 B7 C9 4 6 10
Presentación oral B4 C3 2 2 4
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral 1.- Exposición dos conceptos e contidos teórico/prácticos básicos necesarios para que os estudantes poidan buscar solución aos problemas tratados no programa.

2.- O tempo adicado a cada un dos temas en que está dividida a materia será proporcional ao grao de dificultade de cada un deles. Para a preparación dos capítulos de menor dificultade de comprensión poderíase remitir ao estudante á bibliografía, aínda que nese caso nas clases orientaráselle sobre que fontes concretas se recomenda utilizar.
Solución de problemas 1. Exposición e solución de exemplos prácticos acerca dos contidos teóricos.

2. As prácticas e exemplos se intercalan cos contidos teóricos co fin de facilitar a comprensión da materia.

3. Na solución dos exemplos prácticos o alumno pode intervir: a) a iniciativa propia, tras pedir quenda de palabra b) por iniciativa do profesor, que solicitará expresamente a intervención do alumno.

4. Na aula poderanse formular exercicios que o estudante deberá resolver e entregar ao profesor para a súa avaliaciación.

5. Poderanse formular tamén exercicios a realizar polo alumno en horas non presenciais ou de traballo autónomo. Posteriormente poderase facer unha entrega avaliable e/ou revisión dos exercicios, na que o alumno pode intervir, e abrirase a correspondente quenda de preguntas co fin de aclarar aqueles aspectos que o alumno formule.

6.-Poderanse formular tamén exercicios ou casos prácticos a realizar en pequenos grupos de estudantes (traballo colaborativo) en horas non presenciais ou de traballo autónomo. En horas presenciais posteriores farase unha unha presentación oral nas que os estudantes presentarán os casos resoltos.

As entregas dos exercicios poderán ser fisicas ou online a través das plataforma habilitadas a tal efecto.
Proba obxectiva 1. Consiste nun exame teórico-práctico dos contidos da materia. O exame podería conter preguntas curtas, preguntas a desenvolver, preguntas sobre supostos prácticos, preguntas tipo test (verdadeiro/falso), preguntas de resposta múltiple ou unha combinación dos tipos mencionados.

2. O exame pode ser oral ou escrito, presencial ou virtual.

3. Celebraranse nas datas, horas e aulas (en caso de ser presencial) que o Decanato fixe oficialmente.
Proba de resposta breve 1. Poderán ser varias ao longo do curso. Consisten nun exame sobre unha parte da materia e pode ser de respostas curtas, de tipo test (verdadeiro/falso), de resposta múltiple, de preguntas a desenvolver e de preguntas sobre supostos prácticos ou unha combinación delas.

2.- Poderán ser en horario de clase de maneira presencial ou ben de maneira online.
Presentación oral 1.- Seguindo o indicado na metodoloxía de solución de problemas. Formularanse exercicios, pequenos traballos ou casos prácticos a realizar en pequenos grupos de estudantes (traballo colaborativo) cuxa resolución presentarán de maneira oral.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Sesión maxistral
Descrición
- Na sesión maxistral o alumno pode intervir, logo de petición da palabra, para preguntar, aclarar ou expor o seu punto de vista sobre o tema que no momento da súa intervención estea a tratarse.


- Na solución de problemas e nos seminarios o alumno pode intervir seguindo as mesmas pautas comentadas no caso da Sesión maxistral.

- Asimesmo, os estudantes poderan contactar co docente baixo cita previa para realizar titorías virtuais.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B4 C3 Seguindo o indicado na metodoloxía de solución de problemas. Formularanse exercicios, pequenos traballos ou casos prácticos a realizar en pequenos grupos de estudantes (traballo colaborativo) cuxa resolución presentarán de maneira oral.

A nota da exposición será individual para cada un dos compoñentes do grupo.

Os estudantes expoñerán a resolución do caso práctico e responderán posteriormente ás preguntas plantexadas polo docente.
20
Solución de problemas B2 B4 B7 B8 B9 C7 C9 1.- Na aula poderanse formular exercicios que o estudante deberá resolver e entregar ao profesor para a súa avaliciación

2.- Poderanse formular tamén exercicios a realizar polo alumno en horas non presenciais ou de traballo autónomo. Posteriormente farase unha entrega dos exercicios para que poidan ser avaliados.

3.- Tamén se facilitarán ós estudantes determinados casos prácticos para que sexan resoltos en pequenos grupos de traballo (traballo colaborativo) para posteriormente presentar de maneira oral a súa resolución.

As entregas dos casos prácticos poderán ser en formato físico (papel) ou virtual (a través das plataformas habilitadas a tal efecto)

40
Proba obxectiva A1 B2 B4 B7 B9 C9 C5 1. Consiste nun exame teórico-práctico dos contidos da materia. O exame podería conter preguntas curtas, preguntas a desenvolver, preguntas sobre supostos prácticos, preguntas tipo test (verdadeiro/falso), preguntas de resposta múltiple ou unha combinación dos tipos mencionados.

2. O exame pode ser oral ou escrito, presencial ou virtual.

3. Celebraranse nas datas, horas e aulas que o Decanato fixe oficialmente.
20
Proba de resposta breve B2 B3 B4 B7 C9 1. Poderán ser varias ao longo do curso. Consisten nun exame sobre unha parte da materia e pode ser de respostas curtas, de tipo test (verdadeiro/falso), de resposta múltiple, de preguntas a desenvolver e de preguntas sobre supostos prácticos ou unha combinación delas.

2.- As probas de resposta breve poderán ser presenciais ou virtuais
20
 
Observacións avaliación
  • Segunda convocatoria:

Os estudantes recuperarán a parte NON correspondente á evaluación continua (entendendo por tal as probas de resposta breve e a proba obxectiva) nun só exame que suporá o 40% da nota.

RECUPERACIÓN DA AVALIACIÓN CONTINUA: No caso de que o estudante coas calificacións de avaliación continua obtidas durante o primero cuadrimestre sumadas á máxima nota que poderían obter na proba de segunda oportunidade mencionada anteriormente (40%) no puidese alacanzar o aprobado (5 puntos), se lle realizaría unha proba adicional de resposta breve (que podería ser oral ou escrita) e que subsituiría a nota alcanzada nas probas de avaliación continua (Solución de Problemas e Presentación oral). Esta proba supondría un total de 3 puntos. De maneira que na segunda oportunidade podría optar a unha cualificación máxima de 7 puntos.

  • Estudantes matriculados a tempo parcial e con "dispensa académica de exención de asistencia":

Deberán comunicalo ao profesorado, no prazo de 15 días unha vez comenzadas as clases, para acordar un calendario de entregas de supostos e casos prácticos. As demáis cuestións manteñense sen cambios, seguindo as mesmas indicacións que o resto de estudantes. 

  • Convocatoria adiantada:

Só neste caso, se realizará unha proba mixta co fin de evaluar todas as competencias e contidos propios da materia. O resultado obtido nesa proba coincidirá coa nota final obtida polo alumno/a.

  • Cualificación de non presentado:

Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

  • Condicións de realización dos exames:
  1. Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.
  2. Os/as estudantes acreditarán a súa identidade dacordo coa normativa vixente.
  3. As probas non realizadas puntuarán como 0 puntos e as realizadas en fraude suporán a cualificación de 0 puntos na avaliación final.

  4. Os criterios de puntuación de cada unha das probas se darán a coñecer no momento da proba.

  5. Nos exames/probas en caso existir preguntas  tipo test  as mal respondidas poderán puntuar en negativo


Fontes de información
Bibliografía básica José Ignacio Llorente Olier (2015). Planificación estratégica y control de gestión. Madrid: CEF

Bibliografía complementaria Joaquín Martínez Navajas (2006 ). Contabilidad Analítica. Eoi Escuela de Negocios: https://www.eoi.es/es/file/18728/download?token=PxCppzeG
Oriol Amat y Pilar Soldevilla (2010). Contabilidad y Gestión de Costes. Barcelona:Profit Editorial
Fariñas Fernández, Francisco (2010). El control de gestión y su aplicación práctica . Tirant biblioteca virtual
Comisión de Contabilidad de Gestión de ACCID (2010). Manual de Control de Gestión: diseño e implementación de sistemas de control de gestión. Barcelona: Profit Editorial


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fundamentos de Xestión da Empresa de Moda/710G03004
Xestión Contable e Financeira na Empresa de Moda/710G03015

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías