Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Inglés de Negocios Código 710G03028
Titulación
Grao en Xestión Industrial da Moda
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Puente Castelo, Luís Miguel
Correo electrónico
luis.pcastelo@udc.es
Profesorado
Murias Román, Ruth
Puente Castelo, Luís Miguel
Correo electrónico
ruth.murias@udc.es
luis.pcastelo@udc.es
Web http://humanidades.udc.es/estudos/gim/gim-informaci%C3%B3n
Descrición xeral Introdución ao inglés con fins profesionais, con especial atención ao ámbito da moda.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

Mantéñense todas as metodoloxías docentes, trasladándose a entornos de aprendizaxe online, a excepción da proba práctica.

*Metodoloxías docentes que se modifican

A proba práctica desaparece, sendo substituída no seu peso na avaliación polos estudos de casos e o traballo tutelado.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

Atención continuada a través de e-mail e Moodle.

Empregarase Teams para a impartición das sesións de aulas síncronas, no horario establecido no calendario da titulación, así como para as titorías individualizadas co alumnado.

4. Modificacións na avaliación

As porcentaxes concretas dos diferentes tipos de avaliación dependerán do momento no que fose necesario activar este plan de continxencia.

En todo caso, conservaranse aquelas actividades de avaliación xa efectuadas, así coma o 10% de observación sistemática.

O peso das actividades de avaliación que non se puidesen realizar, e, nomeadamente, da proba práctica, sumaranse en primeiro lugar ao traballo tutelado, até un máximo dun 40%, e posteriormente aos estudos de casos.

*Observacións de avaliación:

Nun escenario de activación do Plan de Continxencia, para a obtención da calificación de Non Presentado, o estudantado deberá non ter presentado o traballo tutelado "Project".

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Non se realizarán cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Desenvolver destrezas para as relacións interpersoais e a interactuación con axentes do contorno e interno (clientes, provedores, medios, colaboradores...).
A12 Ter os coñecementos básicos de inglés necesarios para as relacións internacionais de negocio (acreditando nivel mínimo B1).
B1 Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 Que o estudantado desenvolvera aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B6 Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa en contornos interdisciplinares.
B8 Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos e operacións.
B9 Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer vocabulario específico das áreas de interese profesional da titulación. A12
B1
B2
B4
B5
C2
Coñecer e dominar o uso de estruturas gramaticais específicas, acordes ao nivel de coñecemento da lingua adquirido, especialmente aquelas particularmente relevantes para o exercicio profesional da titulación. A12
B1
B5
C2
Ser quen de interpretar textos orais ou escritos en inglés, sobre temáticas relacionadas coa súa actividade profesional, identificando tanto as ideas principais e a liña de argumentación como información específica relevante. A12
B1
B3
B5
B9
C2
Ser capaz de comunicarse, tanto de forma oral coma escrita, de maneira efectiva en entornos comerciais A3
A12
B2
B4
C2
Tomar parte activa en debates desenvolvidos en situacións profesionais, explicando e defendendo o seu punto de vista usando una linguaxe apropiada A3
A12
B1
B2
B3
B4
B5
B9
C2
Ser quen de preparar de forma escrita e expoñer de forma oral un traballo en grupo en lingua inglesa, sobre un tema relacionado coa súa titulación, organizando o traballo de forma axeitada, e utilizando recursos bibliográficos, bases de datos ou ferramentas TIC relacionadas coa súa titulación. A3
A12
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B9
C2

Contidos
Temas Subtemas
1. A apariencia, o vestido e a moda. A descrición oral e escrita
Vocabulario avanzado do mundo da moda
Os adxectivos, a súa orde, e a súa posición
2. A carreira, a carreira profesional e os recursos humanos. 2.1 - A búsqueda de traballo

A formación
O CV e a cover letter
As habilidades
Modalidade epistémica

2.2 - A entrevista de traballo

As entrevistas
As expectativas, a probabilidade e o futuro
Modalidade deóntica e expresión de tempo futuro.
3. Colegas e clientes: O mundo do traballo As relacións laborais
As presentacións en público
Os niveis de formalidade e a cortesía
Os rexistros e a súa expresión
4. Negocios, diñeiro e comercio Comprar e vender
Descrición e venta dunha idea ou produto
A linguaxe persuasiva
As condicionais
5. Política e economía A política económica
As regulacións e os seus efectos
Dar a opinión
Dar e seguir instrucións
Os hedges
6. Os medios de comunicación As entrevistas
As preguntas e as respostas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A12 B1 B5 C2 20 0 20
Seminario A12 B1 B2 B3 B4 B5 C2 16 24 40
Obradoiro A12 B1 B2 B3 B4 B5 C2 8 12 20
Presentación oral A12 A3 B1 B2 B4 B5 C2 5 0 5
Discusión dirixida A3 A12 B1 B2 B4 B5 B9 C2 5 0 5
Estudo de casos A3 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 4 16 20
Proba práctica A12 B1 B3 B4 C2 2 0 2
Traballos tutelados A12 A3 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 3 27 30
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Durante as sesións maxistrais presentaranse diferentes aspectos da lingua inglesa, tales como o vocabulario específico de interese para o exercicio profesional da titulación ou certas estruturas gramaticais.
Seminario Os seminarios centraranse na práctica da interpretación e a produción de textos ESCRITOS en lingua inglesa, vencellados aos ámbitos de interese da titulación. (READING E WRITING)
Obradoiro Os obradoiros porán o foco na práctica da interpretación e a produción de textos ORAIS en lingua inglesa, vencellados aos ámbitos de interese da titulación. (LISTENING E SPEAKING)
Presentación oral O estudantado recibirá formación específica na preparación dunha presentación oral breve.
Discusión dirixida Realizaranse unha serie de debates sobre aspectos de interese para o exercicio profesional da titulación, cos que o estudantado poderá seguir a desenvolver aspectos específicos da súa capacidade de comunicación e persuasión.
Estudo de casos O estudantado realizará unha serie de pequenos traballos, como resumos, reflexións, ou comparacións, baseados en bibliografía específica sobre aspectos relacionados coas áreas de interese da titulación.
Proba práctica O estudantado realizará unha proba práctica final para avaliar os contidos da materia impartida nos seminarios e obradoiros.
Traballos tutelados Realizarase un PROJECT en grupos, que será presentado de forma escrita e defendido de forma oral ante a clase.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Realizaranse unha serie de titorías persoais co estudantado para comprobar tanto o seguemento xeral do curso, como, especificamente, o do traballo tutelado/Project final.

Todo o estudantado recibirá unha atención personalizada. O estudantado con necesidades educativas especiais será tamén asesorado pola Unidade de Atención á Diversidade da UdC.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A12 B1 B3 B4 C2 PROBA FINAL de Reading, Writing e Listening 15
Seminario A12 B1 B2 B3 B4 B5 C2 Exercicios de Reading e Writing realizados na aula 10
Obradoiro A12 B1 B2 B3 B4 B5 C2 Exercicios de Listening e Speaking realizados na aula
10
Traballos tutelados A12 A3 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 Project final en grupo 30
Sesión maxistral A12 B1 B5 C2 Os contidos e materia tratada durante as sesións maxistrais será avaliada de forma transversal no resto de metodoloxías, e de forma directa mediante a OBSERVACIÓN SISTEMÁTICA do estudantado. 10
Estudo de casos A3 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 Serie de pequenos traballos individuais, como resumos, reflexións, ou comparacións, baseados en bibliografía específica. 20
Presentación oral A12 A3 B1 B2 B4 B5 C2 Breve presentación oral sobre un aspecto específico. 5
 
Observacións avaliación

En xeral, valorarase a corrección no uso da lingua inglesa en todas as actividades de avaliación e non unicamente nas destinadas especificamente a este cometido.

Será necesario superar o 4 en cada un dos apartados para dar por superada a materia.

A PROBA FINAL terá lugar na data de exame marcada polos organismos responsables da titulación. Serán anunciadas con anticipación suficiente tanto as datas de realización en clase da presentación oral e da defensa do Project como as datas límite de entrega dos estudos de caso. Os exercicios de reading, writing, listening e speaking realizados na clase non serán recuperables.

CALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO:

Para a obtención da calificación de Non Presentado, o estudantado deberá non ter acudido á proba final NIN TAMPOUCO presentado o PROJECT.

OPORTUNIDADE DE XULLO:

O estudantado suspenso só terá que recuperar aquelas probas que suspendese. Determinaranse novas datas para a entrega de traballos. O peso das probas finais de WRITING, READING, SPEAKING e LISTENING poderá subir ao total da cualificación para poder recuperar os exercicios realizados na aula.


Fontes de información
Bibliografía básica Alcaraz Varó, Enrique (1999). Diccionario de términos económicos, financieros y comerciales. Barcelona: Ariel
Mackenzie, Ian (2002). English for business studies a course for business studies and economics students. Cambridge : Cambridge University Press
McCarthy, Michael & Felicity O'Dell (1994). English vocabulary in use upper-intermediate & advanced. Cambridge : Cambridge University Press
Spratt, Mary & Bob Obee (2002). First certificate direct student's book . Cambridge : Cambridge University Press
Prodromou, Luke (2001). Grammar and vocabulary for first certificate. Harlow : Longman

Os recursos presentados serán empregados ocasionalmente na aula e, en xeral, poden ser de interese para a mellora xeral do nivel de competencia na lingua por parte do estudantado. 

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Posto que se solicita un nivel B1 do MCER para as linguas para o acceso ao grao, espérase do estudantado ter ese nivel como paso previo a cursar a materia, independentemente da existencia de materiais de apoio para o estudantado con maiores dificultades. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías