Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Inglés de Negocios Código 710G03028
Titulación
Grao en Xestión Industrial da Moda
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Fraga Vaamonde, Maria Pilar
Correo electrónico
pilar.fraga@udc.es
Profesorado
Fraga Vaamonde, Maria Pilar
Correo electrónico
pilar.fraga@udc.es
Web http://humanidades.udc.es/estudos/gim/gim-informaci%C3%B3n
Descrición xeral Introdución ao inglés con fins profesionais, con especial atención ao ámbito da moda.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Desenvolver destrezas para as relacións interpersoais e a interactuación con axentes do contorno e interno (clientes, provedores, medios, colaboradores...).
A12 Ter os coñecementos básicos de inglés necesarios para as relacións internacionais de negocio (acreditando nivel mínimo B1).
B1 Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 Que o estudantado desenvolvera aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B6 Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa en contornos interdisciplinares.
B8 Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos e operacións.
B9 Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer vocabulario específico das áreas de interese profesional da titulación. A12
B1
B2
B4
B5
C2
Coñecer e dominar o uso de estruturas gramaticais específicas, acordes ao nivel de coñecemento da lingua adquirido, especialmente aquelas particularmente relevantes para o exercicio profesional da titulación. A12
B1
B5
C2
Ser quen de interpretar textos orais ou escritos en inglés, sobre temáticas relacionadas coa súa actividade profesional, identificando tanto as ideas principais e a liña de argumentación como información específica relevante. A12
B1
B3
B5
B9
C2
Ser capaz de comunicarse, tanto de forma oral coma escrita, de maneira efectiva en entornos comerciais A3
A12
B2
B4
C2
Tomar parte activa en debates desenvolvidos en situacións profesionais, explicando e defendendo o seu punto de vista usando una linguaxe apropiada A3
A12
B1
B2
B3
B4
B5
B9
C2
Ser quen de preparar de forma escrita e expoñer de forma oral un traballo en grupo en lingua inglesa, sobre un tema relacionado coa súa titulación, organizando o traballo de forma axeitada, e utilizando recursos bibliográficos, bases de datos ou ferramentas TIC relacionadas coa súa titulación. A3
A12
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B9
C2

Contidos
Temas Subtemas
1) Grammar
2) Vocabulary
3) Reading
4) Listening
5) Speaking
6) Writing

Analizaremos textos técnicos en inglés sobre diferentes temas relacionados coa sua titulación (working in fashion, garments, fashion trends, types of fabric, garment construction, production, packaging, promotion, events, retail, marketing, business…), centrándonos no estudo do vocabulario especializado (significado, pronunciación, usos específicos según contexto, etc), no Inglés empregado nos negocios e nas estructuras gramaticais recurrentes no Inglés para Fins Específicos, para así formar aos alumnos na comprensión e emprego do Inglés do mundo da moda.

No apartado de gramática centrarémonos especialmente en:
- Word order
- Auxiliary verbs
- Verb tenses
- Still, yet and already
- For, during and since
- Imperative
- Passive
- Have sth. done
- Conditionals
- Relative clauses
- Nouns
- Adjectives
- Linking words

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A12 B1 B5 C2 10 20 30
Resumo A12 B1 B2 B3 B4 B5 C2 10 20 30
Lecturas A12 B1 B2 B3 B4 B5 C2 0 24 24
Prácticas de laboratorio A3 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C2 18 36 54
Traballos tutelados A3 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 4 0 4
Proba obxectiva A12 B1 B2 B3 B4 B8 B9 C2 4 0 4
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Durante as sesións maxistrais presentaranse diferentes aspectos da lingua inglesa, tales como o vocabulario específico de interese para o exercicio profesional da titulación e certas estruturas gramaticais. Trátase dunha exposición oral complementada coa introducción dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Resumo Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados.
Lecturas Conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan de xeito efectivo a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como exercicios.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Proba obxectiva O estudantado realizará unha proba práctica final para avaliar a aprendizaxe da materia impartida.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Seguimento personalizado de cada unha das fases dos traballos a realizar por parte do alumnado, tanto no referente ao seu progreso, como á resolución e aclaración das dúbidas que se lle puideran ir plantexando durante a elaboración e desenrolo dos mesmos.

O alumno poderá individualmente facer uso do tempo adicado ás titorías para facer calquera consulta, plantexar calquera cuestión ou dúbida relacionada cos traballos ou con calquera outro aspecto relacionado coa asignatura.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A12 B1 B2 B3 B4 B8 B9 C2 Exame final da materia 60
Traballos tutelados A3 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 Traballo realizado ao longo do curso. 10
Prácticas de laboratorio A3 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C2 Clases prácticas 30
 
Observacións avaliación

- Non se recollerán traballos unha vez finalizado o prazo de entrega,
nin se recuperarán as prácticas perdidas.

- Para aprobar o curso hai que sacar unha nota final mínima de 5
sobre 10.

- Na oportunidade de fin de cuatrimestre é necesario chegar ao 2 no
exame (x/6) para que se sume ás notas das outras probas realizadas ao longo do
curso (x/4) e éstas tamén deben sumar entre todas elas un mínimo de 1,5 puntos
para poder sumarse á nota do exame. En caso contrario, a nota final global
máxima será 4.8 (x/10) e o alumno terá que examinarse de novo en Xullo.

- O exame de Xullo incluirá tódalas probas realizadas ao longo do
curso e suporá o 100% da nota (x/10).

- O exame da convocatoria adiantada de Decembro incluirá tódalas
probas realizadas ao longo do curso e suporá o 100% da nota (x/10).

- Os alumnos que non se presenten ao exame (x/6 na primeira oportunidade en
Maio e x/10 tanto na segunda oportunidade de Xullo, como na convocatoria
adiantada de Decembro) acadarán a calificación de NP.

- O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa
académica
, tal e como establece a Normativa desta universidade, será
avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os mesmos criterios que para
a segunda oportunidade de Xullo.

- Atención á diversidade: Existe unha oficina (ADI) na universidade
que se especializa en "atender ós membros da comunidade universitaria con
necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza
fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode poñerse en
contacto coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 981
167000, extensión 5622 ou na dirección de email adi@udc.es


Fontes de información
Bibliografía básica Alcaraz Varó, Enrique (1999). Diccionario de términos económicos, financieros y comerciales. Barcelona: Ariel
Mackenzie, Ian (2002). English for business studies a course for business studies and economics students. Cambridge : Cambridge University Press
McCarthy, Michael & Felicity O'Dell (1994). English vocabulary in use upper-intermediate & advanced. Cambridge : Cambridge University Press
Spratt, Mary & Bob Obee (2002). First certificate direct student's book . Cambridge : Cambridge University Press
Prodromou, Luke (2001). Grammar and vocabulary for first certificate. Harlow : Longman

Eastwood, J. 1994: Oxford Practice Grammar (with answers). Oxford: O.U.P.

Hewings, Martin 2006: Advanced Grammar in Use. Cambridge: C.U.P.

Jones, L. 2005: Making Progress to First Certificate (Self-study Student's Book). Cambridge: C.U.P.

McCarthy, M.; O’Dell, F. 1994: English Vocabulary in Use. Cambridge: C.U.P.

Murphy, Raymond 2004: English Grammar in Use (with answers). Cambridge: C.U.P.

Ryan, Rosanna 2018: The Fashion English Bible. Vaughan Systems

Sánchez Benedito, F. 1991: Gramática Inglesa. Madrid: Alhambra Longman.

Swan, Michael 1995: Practical English Usage. Oxford: O.U.P.

Thomson, A.J. and A.V. Martinet 1993: A Practical English Grammar. Oxford: O.U.P.

Ward, Mary E. 2012: English for the Fashion Industry. Oxford: O.U.P.

Vince, Michael 1998: Intermediate Language Practice. Oxford: Heinemann.

1995: International Dictionary of English. Cambridge: C.U.P.

1995: Word Selector, Inglés-Español. Cambridge: C.U.P.

1996: Diccionario Oxford Avanzado para estudiantes de Inglés. Oxford: O.U.P.

2005: Cambridge Advanced Learner's Dictionary. Cambridge: C.U.P.

2006: Diccionario Cambridge KLETT Compact Español-Inglés, English-Spanish.  Cambridge: C.U.P.

Bibliografía complementaria (). .


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías