Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Dirección Estratéxica da Empresa de Moda Código 710G03030
Titulación
Grao en Xestión Industrial da Moda
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Mato Santiso, Vanessa
Correo electrónico
vanessa.mato@udc.es
Profesorado
Mato Santiso, Vanessa
Correo electrónico
vanessa.mato@udc.es
Web http://https://humanidades.udc.es/estudos/gim
Descrición xeral Para ser eficaz, a xestión estratéxica require coñecer os factores que determinan o desempeño dunha empresa e ser capaces de identificar os cambios (internos e externos) que poden afectar ao seu desempeño futuro. Nesta materia traballarase un marco dinámico de xestión estratéxica, explorando unha ampla gama de problemas estratéxicos relacionados co sector da moda, centrándose especialmente nas fontes de vantaxe competitiva e internacionalización.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer os fundamentos básicos de xestión dunha empresa de téxtil/moda, tanto a nivel estratéxico como operativo e funcional.
A2 Coñecer os aspectos da contorna que inflúen na evolución do mundo da moda e as súas empresas, con especial incidencia no impacto das cuestións económicas e legais.
A3 Desenvolver destrezas para as relacións interpersoais e a interactuación con axentes do contorno e interno (clientes, provedores, medios, colaboradores...).
A8 Ser capaz, con base no coñecemento do contorno social, de deseñar e pór en marcha estratexias de márketing eficaces, que consideren especialmente as variables de comunicación e distribución: mensaxes, medios, canles, relación co cliente etc...
A10 Ter os fundamentos económico-financeiros necesarios para coñecer o estado dunha empresa de moda e xestionala adecuadamente desde unha tripla perspectiva de liquidez, solvencia e rendibilidade.
A11 Ter unha perspectiva internacional do sector da moda e dominar ferramentas de planificación e xestión das estratexias de internacionalización posibles.
A14 Ter unha perspectiva clara do papel das persoas na organización, e coñecer as ferramentas de xestión de recursos humanos necesarias para conseguir delas a máxima implicación e rendemento.
A16 Incorporar criterios de sostibilidade nos procesos de toma de decisión da empresa (e por extensión aos mercados de moda).
A17 Saber implantar programas de responsabilidade social corporativa (nos mercados de moda).
B1 Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 Que o estudantado desenvolvera aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B6 Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa en contornos interdisciplinares.
B7 Capacidade para analizar tendencias (razoamento crítico).
B8 Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos e operacións.
B9 Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender os conceptos fundamentais da dirección estratéxica. A1
A2
A10
A14
B1
C1
C2
C3
Coñecer e poñer en práctica as ferramentas de análise estratéxica. A1
A2
A3
B1
B2
B3
B7
B9
C1
C2
C3
C8
Identificar a estratexia que permite á empresa acadar unha vantaxe competitiva, logo de analizar e avaliar a contorna (xeral e específica) e os recursos e capacidades da empresa. A2
A3
A8
A11
A16
A17
B1
B2
B3
B5
B7
B8
B9
C2
C3
C4
C9
Comprender a importancia da correcta implementación e control da estratexia empresarial. A2
A3
A10
A14
B1
B2
B3
B7
B8
B9
C3
C9
Coñecer a importancia da cultura (intra)emprendedora. A2
A3
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C3
C5
C7
C8
C9
Ser capaz de traballar en equipo, desenvolver a capacidade de análise e síntese da información e o razoamento crítico, e mellorar as habilidades de comunicación sobre problemas estratéxicos existentes nunha empresa. A3
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C2
C3
C4
C7
C9

Contidos
Temas Subtemas
I. Introducción á dirección estratéxica 1. Dirección estratéxica: conceptos básicos, proceso e axentes
II. Análise da contorna estratéxica 2. Análise externa: contorna xeral e específica
3. Análise interna: recursos, capacidades e vantaxe competitiva
4. Misión, visión e obxectivos. Goberno corporativo
5. Dinámicas de estratexia empresarial
III. Desenvolvemento, implantación e control de estratexias 6. Estratexia competitiva
7. Estratexia corporativa
8. Avaliación e selección de estratexias
9. Implantación e control do plan estratéxico
IV. Outras estratexias 10. Estratexia de emprendemento
11. Estratexia de internacionalización

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida B1 B2 B3 B4 B7 C1 C2 C4 C7 C9 6 6 12
Lecturas A1 A2 A3 A10 A11 A14 A16 A17 B2 B5 B7 C5 0 20 20
Presentación oral B3 B4 B6 B7 B8 C1 C2 C3 C7 C9 2 4 6
Traballos tutelados B3 B4 B6 B8 C2 C4 C7 C8 C9 4 22 26
Seminario A2 A3 A10 A11 A14 A16 A17 2 0 2
Sesión maxistral A1 A2 A3 A8 A10 A11 A14 A16 A17 C4 C5 C8 C9 21 15 36
Proba de resposta múltiple A1 A2 A3 A8 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C1 C2 C4 2 20 22
Estudo de casos A1 A2 A3 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C4 C5 C7 C8 C9 16 8 24
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Mediante esta dinámica abordaránse diferentes temáticas enfocadas a que o alumnado reflexione sobre diferentes aspectos da materia e adopte unha posición crítica.
Lecturas Lecturas sobre diferentes temáticas para abordar e/ou profundar nas cuestións abordadas na aula.
Presentación oral Presentación oral, de forma individual ou en grupo, de traballos realizados na aula ou de estudos de casos que deberán entregarse por escrito.
Traballos tutelados Realización dun traballo en grupo e presentación final do mesmo. O contido e características deste traballo daranse a coñecer ao alumnado nas primeras sesións de clase.
Seminario Realización de seminarios con profesionais expertos en temas da materia, sempre que sexa posible.
Sesión maxistral Presentación dos contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e da introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa fin de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
Proba de resposta múltiple Proba tipo test de resposta múltiple onde unha sola opción é correcta e as respostas incorrectas penalizan.
Estudo de casos Resolución, individual ou en grupo, dos casos propostos. Estes casos iranse detallando ao longo do curso, conforme ao plan de traballo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Traballos tutelados
Proba de resposta múltiple
Descrición
A atención personalizada descrita desenvolverase principalmente en torno ao traballo tutelado, e concíbese como momentos de traballo persoal co profesorado da materia para a atención e seguimento do traballo realizado por cada un dos grupos de traballo. Recoméndase a asistencia do alumnado a estas reunións, cuxa forma e momento concretos nos que terá lugar se indicarán ao longo do curso en función do plan de traballo da materia. Con todo, durante o curso o alumnado poderá empregar as horas de titorías para aclarar dúbidas e cuestións sobre a materia.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grado na UDC" (Arts. 3.b e 4.5) realizará as súas actividades coa asistencia e participación nas dinámicas que se recollen nos apartados de "Planificación" e na "Atención personalizada", a través dos grupos de traballo que se conformen na materia. A actividade realizarase atendendo ás observacións de avaliación sobre a flexibilidade de asistencia-participación e os requisitos para superar a materia.

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE:

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise a adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Humanidades.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A2 A3 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C4 C5 C7 C8 C9 Avaliación dos casos prácticos propostos e realizados, individualmente ou en grupo. Nalgúns dos casos propostos (a especificar durante o curso) a avaliación pódese facer por parellas.

Ademais, valorarase a asistencia e participación activa nas actividades realizadas nas sesións interactivas (por exemplo, participación en debates ou discusións dirixidas na aula, resolución de actividades, resposta ás preguntas formuladas, etc.). Tamén se poden realizar pequenos cuestionarios, sen necesidade de aviso previo, sobre o contido visualizado ao finalizar calquera das sesións expositivas ou interactivas.
20
Traballos tutelados B3 B4 B6 B8 C2 C4 C7 C8 C9 Avaliación do informe escrito e exposición oral do traballo en grupo proposto.

Esta avaliación realizarase tendo en conta criterios como o dominio de contidos específicos, a expresión escrita e a presentación formal, o manexo da información, a claridade da presentación e da presentación...
30
Proba de resposta múltiple A1 A2 A3 A8 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C1 C2 C4 Realizarase un exame de opción múltiple (presencial ou virtual administrado a través do Campus Virtual), onde só unha opción é correcta. As respostas incorrectas penalizan un terzo do valor das correctas.

Para aprobar a materia é estritamente necesario obter unha nota mínima de 4 puntos no exame final, nunha escala de 0-10
50
 
Observacións avaliación

1. Segunda oportunidade: os criterios de avaliación aplicaranse tanto á primeira como á segunda oportunidade, incluídos os estudantes Erasmus e de intercambio.

2. Convocatoria anticipada: na convocatoria anticipada de decembro cambiaranse os criterios de avaliación con respecto á primeira e segunda oportunidades. A nota final do curso nesta convocatoria avanzada dependerá exclusivamente da nota obtida no exame final (100%). Este exame consistirá nunha proba de opción múltiple (resposta múltiple). Os estudantes que se presenten a esta convocatoria deberán avisar ao profesorado da materia con suficiente antelación.

3. Cualificación de 'Non presentado': En todas as convocatorias (primeira e segunda oportunidade e convocatoria avanzada) clasificaranse como 'Non presentadas' as que non acudan ao exame final.

4. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de exención de asistencia: os estudantes con “recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de exención de asistencia” terán as seguintes ponderacións: o 50% procederá do exame, o 30% procederá da realización de traballo en equipo supervisado, e o 20% procederá da realización de casos prácticos (pero sen contar a asistencia ás sesións ). Neste caso, a asistencia ás clases non será un requisito, pero estes alumnos deberán entregar as actividades realizadas na aula e a súa nota será a mesma que a do resto de alumnos.

5. Outras observacións de avaliación:

NOTA MÍNIMA: Os estudantes deberán obter unha nota mínima de 4 sobre 10 na proba de resposta múltiple; doutro xeito, a nota final será "Suspenso" (sendo a nota global da materia a nota obtida no exame final), aínda que a nota global dea unha puntuación igual ou superior a 5 puntos.

O control da asistencia dos alumnos ás sesións interactivas presenciais pódese levar a cabo aleatoriamente.

As cualificacións obtidas polos alumnos na avaliación continua como resultado do traballo supervisado realizado en equipo e a realización de casos prácticos (ata o 50%) só serán válidas durante o curso académico en cuestión.

Está prohibido o acceso ás salas de exames con calquera dispositivo de transmisión e/ou almacenamento de datos (teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, etc.).

O comportamento fraudulento nalgunha das seccións obxecto de avaliación producirá a cualificación de "Suspenso (0)" na avaliación final.


Fontes de información
Bibliografía básica

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:

Lynch, R. (2015). Strategic management. Pearson. Seventh edition. ISBN: 978-1-292-06468-0. Dispoñible en: http://17imc.ir/uploads/uploads/newfiles/Strategic%20Management%20by%20Richard%20Lynch%20(z-lib.org).pdf.pdf

Hitt, M.A., Ireland, R.D., Hoskisson, R.E. (2020). Strategic management: competitiveness & globalization: concepts & cases. Boston: Cengage. 13th edition.

Jiménez Quintero, J.A. (2017). Dirección estratégica. Madrid: Pirámide.

Barney, J.B., Hesterly, W.S. (2008). Strategic management and competitive advantage: concepts and cases. New Jersey: Pearson Prentice Hall. 2nd ed.

Pearce, J.A., Robinson, R.B. (2008). Strategic management: formulation, implementation and control. Boston: McGraw-Hill. 11th. ed.

David, F.R. (2007). Strategic management concepts. New Jersey: Prentice Hall. 11th edition.

Bueno Campos, E.; Morcillo Ortega, P., Salmador Sánchez, M.P. (2006). Dirección estratégica. Nuevas perspectivas teóricas. Pirámide.

Bibliografía complementaria

BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:

Jiménez Quintero, J.A., Aldeanueva Fernández, I. (2018). Dirección estratégica internacional. Madrid: Pirámide. 2ª ed.

Navas López, J.E., Guerras Martín, L.A. (2016). Fundamentos de dirección estratégica de la empresa. Pamplona: Thomson. 2ª ed.

Sánchez, R., Heene, A. (2004). The New Strategy Management. Organization, Competition, and Competence. New York: John Wiley&Sons, Inc.

Navas López, J.E., Guerras Martín, L.A., García Muiña, F. [et al.] (2015). La dirección estratégica de la empresa: teoría y aplicaciones. Madrid: Thomson Civitas. 5ª ed. Grant, R.M. (2006). Dirección estratégica. Conceptos, técnicas y aplicaciones. Thompson. 5ª Ed. Guerras Martín, L.A., Navas López, E. (2007). Dirección estratégica de la empresa. Teoría y aplicaciones. Thomson-Civitas, Madrid. 4º Ed. Mateo Dueñas, R., Sagarra Porta, Ramón (2004). Creación de empresas. Teoría y Práctica. Mc Graw Hill.

Porter, M.E. (2009). Estrategia Competitiva. Editorial Pirámide, Madrid.

Porter, M.E. (2010). Ventaja Competitiva: creación y sostenibilidad de un rendimiento superior. Editorial Pirámide, Madrid.

Ventura, J. (2008). Análisis Estratégico de la Empresa. Paraninfo, Madrid.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fundamentos de Xestión da Empresa de Moda/710G03004
Xestión da Cadea de Subministración de Moda I: Aprovisionamento/710G03005
Internacionalización da Empresa de Moda/710G03025
Modelos e Técnicas de Simulación Empresarial: Xogo de Empresa/710G03026
Xestión da Cadea de Subministración de Moda II: Xestión de Operacións/710G03017
Xestión Sustentable da Cadea de Valor da Moda/710G03018
Xestión da Cadea de Subministración de Moda III: Loxística e Transporte/710G03019
Recursos Humanos e Habilidades de Xestión en Empresas de Moda/710G03020
Planificación e Control de Xestión en Empresas de Moda/710G03022
Xestión Contable e Financeira na Empresa de Moda/710G03015

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Xestión da Innovación Industrial en Moda/710G03029
Negocio Dixital da Moda/710G03031
Taller 1: Plan de Empresa de Moda/710G03032

Materias que continúan o temario
Prácticas Externas/710G03037
Traballo Fin de Grao/710G03038

Observacións

Recoméndase a revisión e seguimento do curso da materia no campus virtual, onde se deixarán os materiais e se informará das actividades a realizar. Tamén se recomenda a lectura frecuente da prensa económica e a asistencia ás clases interactivas con ordenador portátil ou tableta electrónica. 

Os traballos da materia entregaranse a través da aula virtual, en soporte dixital; e se non é posible, recoméndase a impresión en papel reciclado, a dobre cara e evitando o uso de materiais plásticos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías