Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Organización e Xestión do Coñecemento Código 710G04003
Titulación
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Incio Piñeiro, Pedro
Correo electrónico
pedro.incio@udc.es
Profesorado
Incio Piñeiro, Pedro
Correo electrónico
pedro.incio@udc.es
Web http://http://pdi.udc.es/es/File/Pdi/PB79E
Descrición xeral A materia ten como obxectivos que os/as estudiantes dominen os principios, fundamentos, técnicas e ferramentas da organización do coñecemento e da xestión do coñecemento, e que valoren o seu papel e importancia nas organizacións e na sociedade.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Sen modificacións

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

Foros virtuais
*Metodoloxías docentes que se modifican
Traballos tutelados
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico
Moodle
Teams
Telefónica
4. Modificacións na avaliación
Sen modificacións
*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen modificacións


Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Coñecer e comprender os principios teóricos e metodolóxicos da xestión e documentación da información para aplicalos na súa actividade profesional
A3 CE3 - Coñecer a realidade e os condicionantes sociais que inflúen na xestión da información
A7 CE7 - Planificar e deseñar un sistema de xestión da información, incluíndo os fluxos de información, tanto nun contexto institucional como empresarial
B2 CB2 - Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en ambientes novos ou descoñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 CB3 - Ser capaz de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de facer xuízos a partir de información que, estando incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre responsabilidades sociais e éticas relacionadas coa aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 CB4 - Saber comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e os motivos finais que os sustentan- a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades
B5 CB5 - Posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permitan seguir estudando dun xeito que sexa en gran parte autodirixido ou autónomo
B6 CG1 - Capacidade de cooperación, traballo en equipo e aprendizaxe colaborativa
B7 CG2 - Capacidade de reflexión e razoamento crítico
B8 CG3 - Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos, información e operacións
B9 CG4 - Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións
B10 CG5 - Capacidade para traballar nun contexto global e internacional
B11 CG6 - Capacidade para comprender a importancia, valor e función da xestión dixital da información e documentación na actual sociedade das TIC
C3 CT3 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía que respecta a cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero
C6 CT6 - Desenvolver a capacidade para traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento ambiental, económico, político e social sostible
C7 CT7 - Valorar a importancia da investigación, a innovación eo desenvolvemento tecnolóxico no progreso socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento dos fundamentos teóricos e metodolóxicos para a organización e xestión do coñecemento. A1
B6
B7
B9
B10
C6
C7
Coñecemento de instrumentos e ferramentas para a organización e xestión de coñecemento A7
B3
B8
Coñecemento e aplicación de técnicas e estratexias para a organización e xestión do coñecemento en organizacións e sistemas de información A3
B2
B4
B5
B11
C3

Contidos
Temas Subtemas
Unidad I. Principios e fundamentos 1.1. A sociedade da información como contexto
1.2. Organización do coñecemento: conceptos
1.3. Xestión da información e organizacións
1.4. A xestión do coñecemento: alcance e definición
Unidad II. Organización do coñecemento 2.1. Organización e representación do coñecemento
2.2. Linguaxes documentais
2.3. Linguaxes, modelos e estándares de organización na era dixital
2.4. Metodoloxía para a organización do coñecemento
Unidad III. Xestión do coñecemento 4.1. Cultura organizacional
4.2. Modelos e estratexias para a xestión do coñecemento.
4.3 creación e implementación de procesos para a xestión do coñecemento
4.4. A intelixencia competitiva e a vixilancia tecnolóxica

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 A7 B1 21 20 41
Prácticas a través de TIC B2 B3 B11 19 0 19
Análise de fontes documentais A1 B2 B3 B4 B9 0 32 32
Proba práctica B5 B6 0 30 30
Actividades iniciais B7 2 0 2
Foro virtual B7 B8 B9 B10 C3 C6 C7 0 20 20
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Explícanse os contidos teóricos, as bases e fundamentos da materia.
Prácticas a través de TIC Realízanse prácticas en clases utilizando de computadores para o manexo de fontes de información, procura documental, etc.
Análise de fontes documentais Estúdanse e analizan os documentos para profundar os contidos aprendidos na sesión maxistral e para ter unha base para o desenvolvemento de todas as metodoloxías.
Proba práctica Proba na que se busca que o alumno desenvolva total ou parcialmente algunha práctica que previamente fixese durante as clases prácticas. A proba práctica pode incluír previamente a resolución dunha pregunta/problema que teña como resultado a aplicación práctica dunha determinada técnica ou práctica aprendida.
Actividades iniciais Actividade que serve como introdución á disciplina. De carácter práctico.
Foro virtual Debátense temas de interese da materia. O mesmo realízase no espazo da plataforma virtual de aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba práctica
Foro virtual
Sesión maxistral
Descrición
A atención personalizada é necesaria para aclarar dúbidas sobre contidos e métodos de traballo.Poden ser utilizadas diversas vías: presencial, correo electrónico, telefónica Teams, Moodle.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica B5 B6 Avaliación do desenvolvemento e resolución dos casos propostos na materia. Considerarase especialmente o compoñente crítico-reflexivo e o grao de innovación proposto polo estudante na resolución dos problemas plantexados. 60
Foro virtual B7 B8 B9 B10 C3 C6 C7
Calculará a adaptación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas, a resolución de problemas, as fontes e a bibliografía empregada.
40
 
Observacións avaliación

Na convocatoria extraordinaria se  presentará un único traballo que se avaliará sobre 7. Os/as estudantes con matricula parcial, dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados co mesmo sistema, deben poñerse en contacto coa docente na primeira semana de clases do segundo cuadrimestre para organizar un plan de traballo. As orientacións dos foros, proba práctica e a convocatoria extraordinaria se publican no Moodle.

Os traballos e actividades deben ser orixinais. Débese observar o sistema de citas e referencia. O plaxio será motivo de suspenso. 


Fontes de información
Bibliografía básica

Ackoff, R. L. (1989). From data to wisdom. Journal of applied systems analysis, 16(1), 3-9.

Al-Hawamdeh, S. (2002). Knowledge management: re-thinking information management and facing the challenge of managing tacit knowledge. Information research, 8(1), paper no. 143.http://InformationR.net/ir/8-1/paper143.html Accessed 15 May 2018.

Bates, M.J. (2005). Information and knowledge: an evolutionary framework for information science. Information Research, 10(4), paper 239. Available at http://InformationR.net/ir/10-4/paper239.htmlAccessed 15 May 2018.

Bouthillier, F., & Shearer, K. (2002). Understanding knowledge management and information management: the need for an empirical perspective. Information research, 8(1), 8-1. Available at:http://InformationR.net/ir/8-1/paper141.html Accessed 13 August 2018.

Davenport, T. H., & Marchand, D. (1999). Is KM just good information management? The Financial Times Mastering Series: Mastering Information Management, 2-3.

Prabha Singh, S. (2007). What are we managing–knowledge or information?. Vine, 37(2), 169-179.

Risso, V. G. (2012). Aproximación teórica a la relación entre los términos gestión documental, gestión de información y gestión del conocimiento. Revista Española de Documentación Científica,35(4), 531.

Rowley, J. (2007). The wisdom hierarchy: representations of the DIKW hierarchy. Journal of information science, 33(2), 163-180.

Schlögl, C. (2005). Information and knowledge management: dimensions and approaches. Information Research, 10(4) paper 235. http://InformationR.net/ir/10-4/paper235.html Accessed 15 May 2018.

?wigo?, M. (2013). Personal knowledge and information management–conception and exemplification. Journal of Information Science, 39(6), 832-845.

Bibliografía complementaria

La bibliografía complementaria se facilitará durante el curso para la preparación de las diferentes actividades.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fundamentos da Información e a Documentación/710G04001

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Linguaxes de Descrición de Información Dixital/710G04034
Deseño e Xestión de Sitios Web/710G04028
Representación e Recuperación Dixital da Información I/710G04007
Informática para o Tratamento e Xestión da Información/710G04024

Observacións

Os/as  estudantes Erasmus ou, de mobilidade nacional ou internacional deberán poñerse en contacto coa docente na primeira semana de clases do segundo cuadrimestre.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías