Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Representación e Recuperación Dixital da Información I Código 710G04007
Titulación
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Humanidades
Coordinación
Ameneiros Rodríguez, María Rocío
Correo electrónico
rocio.ameneiros@udc.es
Profesorado
Ameneiros Rodríguez, María Rocío
Gómez Brandón, Adrián
Correo electrónico
rocio.ameneiros@udc.es
adrian.gbrandon@udc.es
Web
Descrición xeral Coñecemento dos conceptos e formulacións teóricas centrais no estudo da Análise Documental, os seus niveis operativos e os resultados documentais. Análise dos métodos e técnicas da catalogación descritiva, prestando especial atención ao estudo das Regras de Catalogación españolas, dos formatos ISBD e MARC, o código RDA e o modelo de metadatos Dublin Core. Aplicación práctica do estudado no ámbito conceptual e metodolóxico-técnico.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes e de avaliación que se manteñen:
-As sesións maxistrais mantéñense por videoconferencia, no seu horario oficial, primando a aprendizaxe activa e participativa.
-O portafolios do alumno mantense, os/as alumnos/as entregarán a través do Campus Virtual, periodicamente e no prazo estipulado, as distintas actividades e exercicios de catalogación para o seguimento dos coñecementos adquiridos (cualificación: 60%). Estas actividades forman parte do traballo autónomo do alumnado, pero todas elas serán debatidas e correxidas conxuntamente entre a profesora e o alumnado nas clases por videoconferencia.
-Os traballos tutelados mantéñense. Os/as alumnos/as entregarán, periodicamente e no prazo estipulado, os distintos traballos tutelados propostos (cualificación: 30%). As sesións desta metodoloxía realizaranse a través do mecanismo de docencia virtual no seu horario oficial.
-A proba obxectiva mantense, realizarase de xeito síncrono en liña, a través de Forms, e nun tempo determinado (cualificación: 10%).

*Metodoloxías docentes que se modifican: ningunha.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
3.1. Docencia virtual: Teams
3.2. Contidos teóricos e prácticos da materia: Campus Virtual/Genially con enlace no Campus Virtual
3.3. Entrega e corrección de actividades: Campus Virtual/Genially con enlace no Campus Virtual
3.4. Proba obxectiva: Forms con enlace no Campus Virtual
3.5. Titorías: Teams, Campus Virtual e correo electrónico da UDC

4. Modificacións na avaliación: ningunha.

*Observación da avaliación:
Para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo da mesma, é dicir, se un/unha alumno/a non supera o portafolios non se lle avaliará a proba mixta e viceversa, do mesmo xeito que para o caso dos traballos tutelados.
Para superar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo é preciso realizar nos tempos indicados todas as actividades propostas.
Os/as alumnos/as que non entreguen ou non superen o portafolios completo, a proba obxectiva e todos os traballos tutelados, xunto co alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados de xeito síncrono en liña (primeira e segunda oportunidade) nos exames oficiais dos contidos teóricos e prácticos da materia (cualificación: 70%), non podendo utilizar ningún material adicional, no caso do contido teórico, e debendo realizar unha proba práctica de exercicios de catalogación en ISBD (estas actividades serán supervisadas por videoconferencia, a través de Teams). Así mesmo, deberán entregar, de xeito obrigatorio e na data fixada, os traballos tutelados (cualificación: 30%).
A realización fraudulenta do cuestionario, do portafolios ou dos traballos tutelados implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: ningunha.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Coñecer e comprender os principios teóricos e metodolóxicos da xestión e documentación da información para aplicalos na súa actividade profesional
A6 CE6 - Buscar e obtér información en diversos medios para responder á demanda dos usuarios de información
A8 CE8 - Dominar os distintos métodos de representación de datos, información e coñecemento que garanta a súa recuperación eficiente
A9 CE9 - Dominar os fundamentos métodos e modelos de recuperación de información e estar capacitados para utilizar e planificar sistemas de recuperación de información e datos
A13 CE13 - Coñecer e dominar as técnicas e normativas para a creación e autenticación, reunión, selección, organización, representación, preservación, recuperación, acceso, difusión, intercambio e avaliación de recursos e servizos de información
A14 CE14 - Aplicar as disposicións e procedementos legais e regulamentarios relacionados coa actividade de información e documentación en xeral e no ámbito dixital en particular
B1 CB1 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionan unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e / ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB2 - Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en ambientes novos ou descoñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 CB3 - Ser capaz de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de facer xuízos a partir de información que, estando incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre responsabilidades sociais e éticas relacionadas coa aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 CB4 - Saber comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e os motivos finais que os sustentan- a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades
B5 CB5 - Posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permitan seguir estudando dun xeito que sexa en gran parte autodirixido ou autónomo
B6 CG1 - Capacidade de cooperación, traballo en equipo e aprendizaxe colaborativa
B7 CG2 - Capacidade de reflexión e razoamento crítico
B8 CG3 - Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos, información e operacións
B9 CG4 - Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións
B10 CG5 - Capacidade para traballar nun contexto global e internacional
B11 CG6 - Capacidade para comprender a importancia, valor e función da xestión dixital da información e documentación na actual sociedade das TIC
C1 CT1 - Expresarse correctamente, oralmente e por escrito, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C2 CT2 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e comunicación (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo das súas vidas
C3 CT3 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía que respecta a cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero
C4 CT4 - Comprender a importancia da cultura empresarial e coñecer os medios dispoñibles para os empresarios
C5 CT5 - Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables
C6 CT6 - Desenvolver a capacidade para traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento ambiental, económico, político e social sostible
C7 CT7 - Valorar a importancia da investigación, a innovación eo desenvolvemento tecnolóxico no progreso socioeconómico e cultural da sociedade
C8 CT8 - Ter a capacidade para xestionar o tempo e os recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar críticas, establecer prazos e cumprirlos

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Abordar a fundamentación teórica da Análise Documental e avaliar a súa importancia no ámbito das Ciencias da Documentación. A1
C3
Coñecer as funcións e obxectivos da Análise Documental en canto á organización, a recuperación e o acceso aos fondos documentais. A1
B1
B5
B11
C7
C8
Coñecer os estándares e formatos de intercambio de información bibliográfica: as Regras de Catalogación españolas, os formatos ISBD e MARC, o código RDA e o modelo de metadatos Dublin Core. A8
A13
Entender o rexistro bibliográfico como representación documental. Coñecer a súa estrutura interna: encabezamiento principal, corpo descritivo e encabezamentos secundarios. A1
A9
A13
B7
Saber interpretar e aplicar os estándares internacionais e as Regras de Catalogación españolas para a elaboración de rexistros catalográficos. A6
A13
A14
B2
B3
B4
B7
B9
C1
Saber realizar a transferencia de información bibliográfica dun rexistro en ISBD a un rexistro en MARC, empregando un software de xestión de bibliotecas. B6
B8
B10
B11
C2
C4
C5
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución -Definición e obxectivos da catalogación
-As fases da catalogación
-A normalización bibliográfica
-O catálogo e o rexistro bibliográfico
2. Contextualización

-A análise documental formal e de contido
-A descrición bibliográfica
-Estándares e formatos de intercambio de información bibliográfica
-Fontes de información
-Partes do rexistro bibliográfico
3. O asento catalográfico -Os encabezamentos principais
-As áreas de descrición bibliográfica
-Os encabezamentos secundarios
4. Estándares e formatos de intercambio de información bibliográfica
-As Regras de Catalogación españolas
-O formato ISBD
-O formato MARC
-O código RDA
-O modelo de metadatos Dublin Core
5. Os Sistemas Integrados de Xestión Bibliotecaria (SIXB) -Introdución aos SIXB
-Aplicación práctica: Koha

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A1 A9 B3 B11 C1 C7 0 10 10
Traballos tutelados A6 B2 B6 B10 C2 C6 15 30 45
Portafolios do alumno A8 A13 A14 B4 B7 B8 B9 C8 15 55 70
Sesión maxistral B1 B5 C3 C4 C5 21 0 21
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba mixta que pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación sobre os contidos teóricos da materia para a avaliación dos coñecementos adquiridos.
Traballos tutelados Realización de traballos, individualmente ou en grupo, baixo a supervisión do profesorado. Os traballos tutelados servirán para aplicar os coñecementos adquiridos na materia sobre medios dixitais.
Portafolios do alumno Carpeta de traballo dos/as alumnos/as que deben entregar, periodicamente e no prazo estipulado, á profesora coas distintas actividades propostas. Debido á natureza da materia os alumnos traballan especialmente en exercicios prácticos de catalogación.
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesorado, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir os coñecementos fundamentais da materia e facilitar a aprendizaxe. Fundamentarase na exposición de contidos teóricos, a visualización de exemplos e a resolución de dúbidas por parte do profesorado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Sesión maxistral
Proba obxectiva
Traballos tutelados
Descrición
Resolver dúbidas, ampliar formulacións, suxerir actividades e distintas formas de traballo que axuden ao alumnado na súa aprendizaxe. Motivar á participación. Seguimento personalizado e constante de cada unha das tarefas desenvolvidas polos/as alumnos/as.

Este tipo de atención terá especial peso no portafolios do alumno e nos traballos tutelados, para os que o profesorado irá marcando as pautas para seguir en cada caso, podendo propoñer as variacións ou modificacións necesarias.

Na medida do posible, intentarase facilitar a atención personalizada a aquel alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A8 A13 A14 B4 B7 B8 B9 C8 Valórase a adecuación do traballo dos/as alumnos/as aos temas propostos para cada actividade, o contido, con especial interese nas achegas do alumnado. En cada un dos exercicios de catalogación valórase a capacidade de análise e a resolución de problemas, ademais do esforzo e dedicación demostrados polo alumnado.

Entregarase cada actividade na data indicada pola profesora.

Non se avaliarán as actividades presentadas fóra de prazo ou aquelas que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
60
Proba obxectiva A1 A9 B3 B11 C1 C7 Proba mixta, cuestionario de avaliación dos contidos teóricos:
Avalíanse o número de erros e acertos do cuestionario. No caso das preguntas de resposta breve ademais os contidos das mesmas: a adecuación ás preguntas realizadas, a capacidade de argumentación, o emprego da terminoloxía, a expresión escrita, a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), a creatividade e o espírito crítico.

Os/as alumnos/as deberán revisar e razoar previamente todo o contido da documentación relacionada cos temas/subtemas da materia para dar resposta ao cuestionario, podendo empregar dita documentación para a súa realización.

O cuestionario deberá completarse de xeito síncrono en liña, a través de Forms, e nun tempo determinado. Fóra do tempo establecido non será avaliado.
10
Traballos tutelados A6 B2 B6 B10 C2 C6 Valorarase a adecuación ás pautas marcadas, o contido, a aplicación dos coñecementos adquiridos, a resolución dos problemas, e a entrega do traballo no prazo establecido.

Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
30
 
Observacións avaliación

Requisitos imprescindibles: 

-Para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo da mesma, é dicir, se un/unha alumno/a non supera o portafolios non se lle avaliará a proba mixta e viceversa, do mesmo xeito que para o caso dos traballos tutelados. 

-Para superar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo é preciso realizar nos tempos indicados todas as actividades propostas. 

 -Os/as alumnos/as que non entreguen ou non superen o portafolios completo, a proba obxectiva e todos os traballos tutelados, xunto co alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados (primeira e segunda oportunidade) nos exames oficiais  dos contidos teóricos e prácticos da materia (cualificación: 70%), non podendo utilizar ningún material adicional, no caso do contido teórico, e debendo realizar unha proba práctica de exercicios de catalogación en ISBD, na que se avaliará a capacidade de análise e a resolución fundamentada do problema. Así mesmo, deberán entregar, de xeito obrigatorio e na data fixada, os traballos tutelados (cualificación: 30%). 

-A realización fraudulenta do cuestionario, do portafolios ou dos traballos tutelados implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica

-Anglo-American Cataloguing Rules, 2004. 2ª ed. act., Chicago: American Library Association

-Bereijo, A. 1998. "Caracterización del concepto de calidad en la catalogación descriptiva: factores que atañen al diseño de objetivos", Boletín Millares Carlo, n.17, pp.319-355

-Bereijo, A. 1999. "La catalogación descriptiva: aspectos que intervienen en la calidad procesual", Revista Interamericana de Bibliotecología, v.22, n.1, pp.98-128.

-Bereijo, A. 2002. Bases teóricas del Análisis Documental: la calidad de objetivos, procesos y resultados Madrid: Boletín Oficial del Estado

-Bereijo, A. 2004. "El Análisis Documental: el problema de la distinción entre Análisis Formal y Análisis de Contenido", en Caridad Sebastián, M. y Nogales Flores, T., (coord.), La Información en la Postmodern Madrid: Editorial Universitaria Ramón Areces y Universidad Carlos III de Madrid

-Carrión Gutiez, M. 2002. Manual de Bibliotecas Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez

-Chaumier, J. 1986. Análisis y lenguajes documentales Barcelona: Mitre

-Doner, D. 2000. "Cataloging in the 21 century: digitalization and information standards", Library Collections, Acquisitions and Technical Services, n.24, pp.73-87

-Herrero Pascual, C. 2002. Catalogación para formato IBERMARC: monografías y publicaciones seriadas Murcia: D.M.

-Martínez García, M. y Olarán Múgica, M. 2005. Manual de Catalogación en Formato MARC Madrid: Arco-Libros

-Moreiro González, J. A. 1998. Introducción al estudio de la Información y la Documentación Medellín: Universidad de Antioquia

-Olarán Múgica, M. y Martínez García, M. 1998. Manual de catalogación: monografías modernas: adaptado a la última reimpresión con correcciones de las Reglas de Catalogación Madrid: Arco-Libros

-Pinto Molina, Mª. 1991. El Análisis Documental: fundamentos y procedimientos Madrid: EUDEMA

-Reglas de Catalogación.1999. Madrid: Ministerio de Educación y Cultura

Bibliografía complementaria

O profesorado proporcionará nas clases e no material de traballo bibliografía específica para cada un dos temas e actividades a desenvolver, co fin de adecuar e actualizar de maneira continua os contidos da materia.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías