Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Xestión da Información Dixital Código 710G04009
Titulación
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Fernandez Travieso, Carlota
Correo electrónico
carlota.ftravieso@udc.es
Profesorado
Fernandez Travieso, Carlota
Maseda Seco, Diego
Correo electrónico
carlota.ftravieso@udc.es
d.maseda@udc.es
Web
Descrición xeral A materia ten por obxecto introducir ao concepto de infoxicación e as estratexias de xestión, organización e recuperación da información que sirven para orientarse no entorno dixital actual. Ao finalizar a materia, o alumnado deberá ter coñecemento e ter experimentado cos principais estándares internacionais de estilo bibliográfico, softwares para a xestión de referencias e outras ferramentas da web 2.0 que permitan tamén a produción e difusión de información.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Coñecer e comprender os principios teóricos e metodolóxicos da xestión e documentación da información para aplicalos na súa actividade profesional
A6 CE6 - Buscar e obtér información en diversos medios para responder á demanda dos usuarios de información
A8 CE8 - Dominar os distintos métodos de representación de datos, información e coñecemento que garanta a súa recuperación eficiente
A9 CE9 - Dominar os fundamentos métodos e modelos de recuperación de información e estar capacitados para utilizar e planificar sistemas de recuperación de información e datos
A12 CE12 - Desenvolver servizos de apoio á comunicación científica en todas as súas fases desde a creación ata a divulgación de resultados científicos tanto no sector público como no privado
A13 CE13 - Coñecer e dominar as técnicas e normativas para a creación e autenticación, reunión, selección, organización, representación, preservación, recuperación, acceso, difusión, intercambio e avaliación de recursos e servizos de información
B1 CB1 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionan unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e / ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB2 - Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en ambientes novos ou descoñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 CB3 - Ser capaz de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de facer xuízos a partir de información que, estando incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre responsabilidades sociais e éticas relacionadas coa aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 CB4 - Saber comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e os motivos finais que os sustentan- a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades
B5 CB5 - Posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permitan seguir estudando dun xeito que sexa en gran parte autodirixido ou autónomo
B6 CG1 - Capacidade de cooperación, traballo en equipo e aprendizaxe colaborativa
B7 CG2 - Capacidade de reflexión e razoamento crítico
B8 CG3 - Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos, información e operacións
B9 CG4 - Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións
B10 CG5 - Capacidade para traballar nun contexto global e internacional
B11 CG6 - Capacidade para comprender a importancia, valor e función da xestión dixital da información e documentación na actual sociedade das TIC
C1 CT1 - Expresarse correctamente, oralmente e por escrito, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C2 CT2 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e comunicación (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo das súas vidas
C3 CT3 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía que respecta a cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero
C4 CT4 - Comprender a importancia da cultura empresarial e coñecer os medios dispoñibles para os empresarios
C5 CT5 - Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables
C6 CT6 - Desenvolver a capacidade para traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento ambiental, económico, político e social sostible
C7 CT7 - Valorar a importancia da investigación, a innovación eo desenvolvemento tecnolóxico no progreso socioeconómico e cultural da sociedade
C8 CT8 - Ter a capacidade para xestionar o tempo e os recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar críticas, establecer prazos e cumprirlos

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender o concepto de infoxicación ou sobreexceso de información na contorna dixital actual. A1
A13
B1
B3
B7
B11
C1
C3
C5
C7
Desenvolver estratexias de xestión, organización e recuperación eficaz da información na contorna dixital. A1
A6
A8
A9
A13
B1
B2
B3
B6
B8
B9
B11
C1
C2
C6
C7
C8
Coñecer e saber aplicar os principais estándares internacionais de estilo bibliográfico (Harvard, Chicago, MLA, APA, UNE-ISO 690-2013) a calquera tipo de fonte de información e recurso dixital. A8
A12
A13
B2
B4
B5
B6
B9
B10
C1
C2
C8
Saber deseñar e elaborar diferentes recursos especializados de información mediante o emprego de xestores de referencias no contorna web. A1
A6
A8
A12
A13
B1
B3
B4
B5
B7
B8
B9
B11
C1
C2
C7
C8
Coñecer e saber empregar as principais ferramentas da web 2.0 para a xestión, produción e difusión da información: bookmarking, sharing, content curation, redes sociais, blogues, wikis etc. A1
A6
A8
A9
A12
A13
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. NATUREZA E FLUXOS DE INFORMACIÓN NO CONTORNO DIXITAL.



1.1. Introdución ao estudo das características da información no contorno dixital: natureza, características definitivas e ciclos de vida e fluxos de transferencia.
1.2. O concepto de infoxicación no contorno dixital.

2. BÚSQUEDA E RECUPERACIÓN DA INFORMACIÓN DIXITAL 2.1. Selección, avaliación e curación de información no contorno dixital.
2.2. Estratexias de búsqueda de información.
3. MANEXO DE FERRAMENTAS BIBLIOGRÁFICAS DIXITAIS 3.1. Normas e estilos de citación e referencia bibliográfica
3.2. Xestores bibliográficos
3.3. Pautas de elaboración dunha bibliografía para traballos académicos.
4. XESTIÓN, PRODUCCIÓN E DIFUSIÓN DA INFORMACIÓN NO CONTEXTO DA WEB 2.0. 4.1. Principais ferramentas para o traballo colaborativo e a difusión en Internet de información

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta B2 B3 B4 B7 B9 C1 3 25 28
Sesión maxistral A1 A8 A9 C3 C4 C5 C8 21 0 21
Estudo de casos A6 A12 B1 B5 B6 B8 C7 C6 3 35 38
Lecturas B4 0 10 10
Prácticas a través de TIC A13 B10 B11 C2 18 35 53
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Haberá unha proba de carácter teórico-práctico dirixida a verificar o nivel de consecución da materia por parte do alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos esenciais correspondentes aos temas do programa, que poderá ser apoiada por medios audiovisuais. Proposta de exemplos e modelos. Resposta a dúbidas e preguntas.
Estudo de casos O alumnado enfrontarase ao estudo e resolución de casos prácticos relacionados coa recuperación e xestión da información bibliográfica sobre un tema seleccionado por eles mesmos individualmente. Participarase nun estudo en grupos dos diferentes estilos de referenciación bibliográfica, que se compartirán coa clase nunha exposición oral. Cada alumno dará lugar a unha bibliografía que recolla diferentes tipos de documentos sobre ese asunto, atendendo a diferentes estilos de referenciación bibliográfica. Esta metodoloxía supoñerá traballo autónomo por parte do alumnado e a posibilidade e obter orientacións e seguimento por parte da profesora. Iranse ofrecendo as pautas necesarias para a realización destes estudos de casos.
Lecturas Lectura individualizada dos textos propostos polo profesor e debate colectivo na aula na que se fundamenta a discusión crítica sobre os seus contidos.
Prácticas a través de TIC Desenvolveranse unha serie de prácticas dirixidas a coñecer e usar software e ferramentas para a xestión da información bibliográfica e a promoción de recursos dixitais nas redes sociais académicas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Prácticas a través de TIC
Descrición
As titorías da materia permitirán ao alumnado resolver dúbidas sobre os contidos, a forma de preparar o exame, traballos tutelados, traballos do portafolios e calquera outra actividade orientada ao longo do curso.

Empregaranse preferentemente as titorías presenciais e o correo electrónico e o chat de Teams. Acordándose previamente cos profesores, poderánse tamén realizar titorías por vídeo-conferencia a través de Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B2 B3 B4 B7 B9 C1
Proba teórica dirixida a avaliar o grao de coñecemento acadado polos estudantes en relación cos contidos da materia.
40
Estudo de casos A6 A12 B1 B5 B6 B8 C7 C6 Avaliación do desenvolvemento e resolución dos casos propostos na materia. Considerarase especialmente o compoñente crítico-reflexivo e o grao de innovación proposto polo estudante na resolución dos problemas plantexados. 30
Prácticas a través de TIC A13 B10 B11 C2 Avaliarase o grao de coñecemento e xestión dos programas e plataformas empregadas para o desenvolvemento das prácticas propostas. 30
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia, é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación. Será imprescindible obter un mínimo de 4 sobre 10 na proba mixta (exame), nos estudos de caso e nas prácticas a través das TIC, de non ser así a nota global da materia non será superior a 4,5. Non se avaliarán traballos entregados fóra de prazo ou non acordados coa profesora previamente cando sexa preciso. Unha vez realizado un dos traballos dos estudos de casos ou das prácticas, se as restantes entregas da metodoloxía non se entregan nos prazos establecidos cualificaranse cun 0. Este será tamén o caso dos traballos que non cumpran coas instrucións prescritas para a súa elaboración ou que fosen copiados ou plaxiados. A cualificación será de non presentado (N. P.), cando non se entregue ningún dos traballos dos estudos de casos ou das práctica a través das TIC ou non se asista ao exame. 


 SEGUNDA OPORTUNIDADE: 

Poderán presentarse á segunda oportunidade UNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Respectaranse as mesmas condicións e porcentaxes da primeira oportunidade. Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas, polo que os alumnos poderán recuperarán só a parte/partes que teñan suspensas. Será obrigatorio comunicar a laos profesores como se abordará a avaliación nesta segunda oportunidade. Cando sexa preciso, será obrigatorio ter acordados os temas dos estudos de casos e/o prácticas como mínimo un mes antes da data fixada para o exame pola Facultade de Humanidades. Para presentarse ao exame (proba mixta) será requisito imprescindible presentar previamente os traballos dos estudos de casos e das prácticas a través das TIC no prazo que se sinale. 

 ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TIEMPO PARCIAL O DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIA ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA: 

Terán que acordar unha titoría nas dúas primeiras semanas de clase co fin de establecer un plan de traballo idóneo e de entregas para a a primeira oportunidade. Se os alumnos non solicitan esa primeira titoría nas dúas primeiras semanas de clase, entenderase que optan por presentar os traballos nas mesmas datas co resto do alumnado. Na segunda oportunidade, as datas de entrega límite serán as mesmas que para o resto do alumnado. O resto das condicións serán as mesmas que para os outros alumnos

Fontes de información
Bibliografía básica Cordón García, José Antonio; Alonso Arévalo, Julio; Gómez Díaz, Raquel; García Rodriguez Araceli (2016). Las nuevas fuentes de información: información y búsqueda documental en la web 2.0.. Madrid. Pirámide
Chuquimarca, Hugo (2019). Aplicación del Software Mendeley en el Área Materias Generales, 2019: La sobreinformación digital se combate a través de la alfabetización informacional. Editorial Académica Española
Alonso Arévalo, J. and López Lucas, J (2007). Gestores de referencias : Endnote Endnote, Procite Procite. RefWorks. http://sabus.usal.es/bib_virtual/doc/julio_gestores.zip
Raubenheimer, Jacques (2014). Mendeley: Crowd-sourced reference and citation management in the information era. True Insight Publishing
Cox Baker, Donna (2019). Zotero for Genealogy: Harnessing the Power of Your Research. Golden Channel Publishing
Puckett, Jason (2011). Zotero: A Guide for Librarians, Researchers and Educators. Chicago: American Library Association

Caraballo Pérez, Yeter; Ramírez Céspedes, Zulia. "El ciclo de vida de la información en la Web". Ciencias de la Información, vol. 38, núm. 1-2, abril-agosto, 2007, pp. 31-40

Codina, Lluís. “Nuevas fuentes de información académica”. Anuario ThinkEPI, 2010, v. 4, pp. 139-142.

Guallar, J. (2017). Artículos de curación de contenidos. Categorías y ejemplos. Anuario ThinkEPI, 11, 210–216. https://doi.org/10.3145/thinkepi.2017.38

Guallar, J. (2020). Ética de la curation. [Preprint] http://eprints.rclis.org/40460/

Guallar, J. (2020). Sistema personal de content curator. Fases, herramientas y ejemplos. Anuario ThinkEPI, 14. https://doi.org/10.3145/thinkepi.2020.e14d04

Guallar, J., & López-Borrull, A. (2022). Curar la verdad, curar la mentira: dos estrategias de content curation contra la desinformación. Anuario ThinkEPI, 16. https://doi.org/10.3145/thinkepi.2022.e16a42

Guallar, J. y Traver, P. (2021). Curación de contenidos de bibliotecas en medios sociales: plataformas, técnicas y buenas prácticas. Anuario ThinkEPI, 15, España. (Pp.1-16). https://doi.org/10.3145/thinkepi.2021.e15d02

Herrero-Diz, P., Pérez-Escolar, M., & Varona Aramburu, D. (2022). Competencias de verificación de contenidos: una propuesta para los estudios de Comunicación. Revista De Comunicación, 21(1), 231–249. https://doi.org/10.26441/RC21.1-2022-A12

López-Borrull, A. (2020). Fake news e infodemia científica durante la Covid-19, ¿dos caras de la misma crisis informacional?. Anuario ThinkEPI, 14. https://doi.org/10.3145/thinkepi.2020.e14e07

López-Burrull, A. y Ollé, C. (2020). Curación de contenidos científicos en tiempos de fake science y Covid-19: una aproximación entre las ciencias de la información y la comunicación. En: Comunicación y diversidad. Seminario Comunicación y diversidad. Selección de comunicaciones del VII Congreso Internacional de la Asociación Española de Investigación de la Comunicación (AE-IC). Valencia, España. https://doi.org/10.3145/AE-IC-epi.2020.e16

Pinto Santos, A. R; Díaz Carreño, J.; Santos Pinto, Y. A. (2018). Infoxicación y capacidad de filtrado: Desafíos en el desarrollo de competencias digitales. Etica@net: Revista cienífica electrónica de Educación y Comunicación en la Sociedad del Conocimiento, 18(1), 102-117.

Portugal, R., & Aguaded, I. (2020). Competencias mediáticas y digitales, frente a la desinformación e infoxicación. Razón y Palabra, 24(108).

Quian, A. (2023). (Des)infodemia: lecciones de la crisis de la covid-19. Revista de Ciencias de la Comunicación e Información, 28, 1–23. https://doi.org/10.35742/rcci.2023.28.e274

Torres Ramírez, I. (1998). “Los repertorios bibliográficos o bibliografías. Concepto, función informativa, tipología e historia”. En Las fuentes de información. Estudios teórico-prácticos. Madrid: Síntesis, pp. 147-166. 

Bibliografía complementaria

Os profesores poderán proporcionar nas clases bibliografía específica para cada un dos temas e actividades a desenvolver, co fin de adecuar e actualizar de maneira continua os contidos da materia.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías