Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Latín Práctico para Arquivos e Bibliotecas Código 710G04018
Titulación
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Santos Paz, Jose Carlos
Correo electrónico
j.c.santos@udc.es
Profesorado
Santos Paz, Jose Carlos
Correo electrónico
j.c.santos@udc.es
Web http://https://coruna.academia.edu/Jos%C3%A9CSantosPaz
Descrición xeral O obxectivo da materia é achegarlle ao alumnado as destrezas e coñecementos básicos de gramática latina que lle permitan comprender a documentación escrita en latín presente en arquivos e bibliotecas, que constitúe unha parte fundamental do fondo antigo. A comprensión correcta deses documentos é importante para que poidan ser correctamente descritos e para comprender os elementos relevantes na elaboración de metadatos. Farase tamén unha pequena introducción ás características morfolóxicas dos formatos de libro que conforman o fondo antigo, ao léxico específico e aos recursos básicos que se empregan na descrición deses materiais (nomes de impresores e editores, topónimos, etc.).
A materia ten un enfoque basicamente práctico, salientando o traballo práctico con textos e documentos pertencentes ao fondo antigo de arquivos e bibliotecas, así como coas súas réplicas nos repositorios e bibliotecas dixitais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 CE2 - Ter o coñecemento humanístico que lle permita ter unha cultura sólida para contextualizar os coñecementos adquiridos
A5 CE5 - Dominar as fontes de información relevantes que permitan satisfacer de forma efectiva as demandas dos usuarios tanto para a actividade investigadora como para a empresarial
A6 CE6 - Buscar e obtér información en diversos medios para responder á demanda dos usuarios de información
A8 CE8 - Dominar os distintos métodos de representación de datos, información e coñecemento que garanta a súa recuperación eficiente
A19 CE19 - Determinar e aplicar métodos, medidas e técnicas deseñadas para ordenar, protexer, conservar e restaurar datos, información e documentos de diferente natureza
B1 CB1 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionan unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e / ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB2 - Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en ambientes novos ou descoñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B4 CB4 - Saber comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e os motivos finais que os sustentan- a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades
B5 CB5 - Posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permitan seguir estudando dun xeito que sexa en gran parte autodirixido ou autónomo
B6 CG1 - Capacidade de cooperación, traballo en equipo e aprendizaxe colaborativa
B9 CG4 - Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións
C1 CT1 - Expresarse correctamente, oralmente e por escrito, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C2 CT2 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e comunicación (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo das súas vidas

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ter o coñecemento humanístico que lle permita ter unha cultura sólida para contextualizar os coñecementos adquiridos A2
Dominar as fontes de información relevantes que permitan satisfacer de forma efectiva as demandas dos usuarios tanto para a actividade investigadora como para a empresaria A5
Buscar e obtér información en diversos medios para responder á demanda dos usuarios de información A6
Dominar os distintos métodos de representación de datos, información e coñecemento que garanta a súa recuperación eficiente A8
Determinar e aplicar métodos, medidas e técnicas deseñadas para ordenar, protexer, conservar e restaurar datos, información e documentos de diferente natureza A19
Posuír e comprender coñecementos que proporcionan unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e / ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación B1
Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en ambientes novos ou descoñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo B2
Saber comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e os motivos finais que os sustentan- a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades B4
Posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permitan seguir estudando dun xeito que sexa en gran parte autodirixido ou autónomo B5
Capacidade de cooperación, traballo en equipo e aprendizaxe colaborativa B6
Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións B9
Expresarse correctamente, oralmente e por escrito, nas linguas oficiais da comunidade autónoma C1
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e comunicación (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo das súas vidas C2

Contidos
Temas Subtemas
1. Introducción á lingua latina, ás súas variedades e á súa historia
2. Características morfolóxicas dos soportes e formatos que constitúen o fondo antigo e terminoloxía relacionada (portadas e paratextos)
3. Cuestións de ortografía latina
4. Nocións básicas de morfoloxía latina 1.1. Morfoloxía nominal: nome e adxectivo
1.2. Morfoloxía pronominal
1.3. Morfoloxía verbal
5. Sintaxe da oración simple 2.1. Usos dos casos
2.2. Frases preposicionais
6. Sintaxe da oración composta 3.1. Coordinación
3.2. Subordinación
7. Fontes e recursos de información para a comprensión e descrición de libros e documentos escritos en latín (editores, topónimos, etc.).

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A6 A19 B1 B2 B4 B6 B9 C2 24 36 60
Lecturas A2 B5 0 10 10
Proba obxectiva A2 B4 C1 4 16 20
Sesión maxistral A2 A5 A8 24 36 60
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Aprendizaxe centrado no alumnado e baseado no traballo presencial en grupo sobre materiais proporcionados polo profesor, onde estudantes con diferentes niveis de habilidade empregarán actividades de aprendizaxe colaborativa para mellorar o coñecemento da materia. Os exercicios serán de comprensión gramatical e de interpretación básica de documentos de fondo antigo. O alumnado deberá entregar por escrito as respostas.
Lecturas Lectura por conta do estudiante de textos de carácter académico achegados polo profesor. Estes textos permitirán completar a formación das aulas e serán o material sobre o que se programarán actividades prácticas avaliables.
Proba obxectiva Exercicios individuais escritos de carácter teórico-práctico sobre as cuestións desenvolvidas durante o curso.
Sesión maxistral Exposición polo profesor de contidos relativos a cada un dos temas con apoio de documentación adicional en formato impreso ou dixital e de presentacións en powerpoint.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
O alumnado poderá consultar calquera tipo de dúbida ou problema coas actividades por medio de titorías presencias, correo electrónico ou, eventualmente, sesións a través de Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A2 B4 C1 Realizarase unha proba escrita individual de carácter fundamentalmente práctico en cada unha das convocatorias oficiais (xuño e xullo). 50
Aprendizaxe colaborativa A6 A19 B1 B2 B4 B6 B9 C2 Realización e entrega das actividades de cada tema propostas ao estudantado, que serán obxecto dun debate e posta en común nas aulas interactivas. As actividades deberán entregarse por escrito nos prazos acordados. 50
 
Observacións avaliación

Na modalidade de avaliación continua, a calificación da materia será o resultado da suma das calificacións parciais obtidas nas distintas actividades de avaliación realizadas. A puntuación mínima para superar a materia é de 5.
Os/as estudantes que non superasen a materia na convocatoria de xuño poderán repetir en xullo aquelas actividades ou probas pendentes ou suspensas coas mesmas condicións e porcentaxes.
As actividades presentadas por escrito e a proba final deberán cumprir cos estándares de corrección lingüística, estar redactadas de modo claro e carecer de faltas de ortografía. Estes aspectos poderán terse en conta na avaliación.
Aquelas persoas que teñan algún tipo de dispensa legal de asistencia ás aulas poderán presentarse a un exame final, nas convocatorias oficiais, que contará no seu caso o 100% da calificación.


Fontes de información
Bibliografía básica Clackson, J. (ed.) (2011). A Companion to the Latin Language. Malden-Oxford-Chichester: Wiley-Blackwell
Griffin, R. M. (1999 (reimpr.)). Gramática latina de Cambridge. Sevilla
Molina Yévenes, J. (1993). Iniciación a la fonética, fonología y morfología latinas. Barcelona: Universidad de Barcelona
López de Ayala, M. J. (1991). Introducción a la ortografía latina. Madrid: Ediciones Clásicas
González Rolán, T.-Rubio, L. (1985). Nueva gramática latina. Madrid: Coloquio
Rubio, L. (1995). Nueva sintaxis latina simplificada. Madrid: Ediciones Clásicas
Enríquez, J. A.-López Fonseca, A. (1993). Resumen de gramática latina. Madrid: Ediciones Clásicas

Analecta Malacitana (Univ. Málaga)

http://www.anmal.uma.es/anmal/recursos0.htm

Ludus litterarius

http://www.luduslitterarius.net/

Resumos de gramática latina

http://www.aplicaciones.info/latin/lagrama.htm

Exercicios de gramática latina

http://www.aplicaciones.info/latin/latin.htm

Bibliografía complementaria

A bibliografía complementaria, sobre aspectos específicos de carácter non lingüístico (paleografía, topónimos, historia do libro, etc.), achegarase nas aulas e na plataforma de teleformación.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías