Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Recursos de Información Especializada Código 710G04020
Titulación
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Ruiz Astiz, Javier
Correo electrónico
j.ruiz.astiz@udc.es
Profesorado
Ruiz Astiz, Javier
Correo electrónico
j.ruiz.astiz@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende instruír ao estudantado no coñecemento, manexo e posta en valor das fontes especializadas de información nas Ciencias Sociais, Humanidades, Biomedicina, Ciencia e Tecnoloxía.

Tratase dunha materia obrigatoria, polo que o seu estudo resulta fundamental para calquera profesional do ámbito da Información e Documentación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Coñecer e comprender os principios teóricos e metodolóxicos da xestión e documentación da información para aplicalos na súa actividade profesional
A4 CE4 - Dominar os fundamentos do comportamento dos individuos na busca, recuperación e uso da información, tomando como punto de referencia os aspectos de motivación, contorna e contexto
A5 CE5 - Dominar as fontes de información relevantes que permitan satisfacer de forma efectiva as demandas dos usuarios tanto para a actividade investigadora como para a empresarial
A13 CE13 - Coñecer e dominar as técnicas e normativas para a creación e autenticación, reunión, selección, organización, representación, preservación, recuperación, acceso, difusión, intercambio e avaliación de recursos e servizos de información
A16 CE16 - Dominar e utilizar criterios e indicadores para a avaliación de produtos e servizos de información incluíndo métricas e estudos cualitativos
B1 CB1 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionan unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e / ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB2 - Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en ambientes novos ou descoñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 CB3 - Ser capaz de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de facer xuízos a partir de información que, estando incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre responsabilidades sociais e éticas relacionadas coa aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 CB4 - Saber comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e os motivos finais que os sustentan- a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades
B5 CB5 - Posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permitan seguir estudando dun xeito que sexa en gran parte autodirixido ou autónomo
B6 CG1 - Capacidade de cooperación, traballo en equipo e aprendizaxe colaborativa
B7 CG2 - Capacidade de reflexión e razoamento crítico
B8 CG3 - Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos, información e operacións
B9 CG4 - Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións
B10 CG5 - Capacidade para traballar nun contexto global e internacional
B11 CG6 - Capacidade para comprender a importancia, valor e función da xestión dixital da información e documentación na actual sociedade das TIC
C1 CT1 - Expresarse correctamente, oralmente e por escrito, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C2 CT2 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e comunicación (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo das súas vidas
C3 CT3 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía que respecta a cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero
C4 CT4 - Comprender a importancia da cultura empresarial e coñecer os medios dispoñibles para os empresarios
C5 CT5 - Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables
C6 CT6 - Desenvolver a capacidade para traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento ambiental, económico, político e social sostible
C7 CT7 - Valorar a importancia da investigación, a innovación eo desenvolvemento tecnolóxico no progreso socioeconómico e cultural da sociedade
C8 CT8 - Ter a capacidade para xestionar o tempo e os recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar críticas, establecer prazos e cumprirlos

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Desenvolver estratexias eficaces de procura de información analóxica e dixital. - Desenvolver estratexias eficaces de uso e avaliación da información en calquera dos seus formatos. - Coñecer e saber empregar adecuadamente as principais fontes e recursos especializados de información. A1
A4
A5
B1
B3
B4
C1
C2
C7
Aplicar os coñecementos adquiridos na materia aos problemas e traballos propostos. A13
A16
B2
C1
C2
C3
C4
C5
C6
Manter unha actitude proactiva e comprometida cos seus compañeiros e coa sociedade. A13
A16
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
C3
C4
C5
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Bibliografía e recursos de información


1.1. Conceptos básicos
1.2. A Bibliografía
1.3. Os repertorios bibliográficos
1.4. Os recursos de información
Tema 2. Tipoloxía de recursos de información

2.1. Peculiaridades e características no contexto analóxico e dixital
2.2. As distintas necesidades informativas
2.3. Recursos segundo o seu acceso
Tema 3. Recursos de información especializada
3.1. Os recursos humanísticos
3.2. Os recursos das ciencias sociais
3.3. Os recursos das ciencias da saúde
3.4. Os recursos das ciencias tecnolóxicas
Tema 4. Selección e avaliación dos recursos 4.1. Métodos de selección dos recursos
4.2. Criterios de avaliación dos recursos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A4 A5 A13 A16 B4 B6 B7 B8 B11 C1 C5 C7 C8 15 30 45
Proba obxectiva A1 A4 A5 B7 B9 B11 C1 2 15 17
Portafolios do alumno A1 A4 A5 A13 A16 B5 B6 B9 B10 B11 C6 C7 C8 16 22 38
Sesión maxistral B5 C4 C6 21 2 23
Lecturas A1 A4 A5 B1 B2 B3 B9 B10 C2 C3 10 15 25
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Presentarase un traballo relacionado cun dos temas da materia.

O traballo terá como data límite de entrega 20 días antes do exame final.
Proba obxectiva Proba que pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación sobre os contidos teóricos e prácticos da materia para a avaliación dos coñecementos adquiridos.
Portafolios do alumno Cartafol de traballo do alumnado que deberán entregar periodicamente e no prazo estipulado ao profesor coas distintas actividades expostas nas aulas: exercicios prácticos para o seguimento dos coñecementos adquiridos.
Sesión maxistral Tanto a parte teórica como a práctica serán explicadas en clase.
Lecturas Efectuaranse diversas lecturas para que o alumnado faga un resumo, comentario e análise crítico do asunto exposto.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Portafolios do alumno
Sesión maxistral
Descrición
Haberá atención personalizada para todas as metodoloxías descritas: prácticas, clases teóricas e traballo tutelado. En ocasións está atención será no gabinete, en clase, via e-mail e via campus virtual.

Nota para estudantes con "dispensa académica de exención de asistencia":
De maneira específica, as medidas de adicación para el “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” son as que seguen:

-Os/as alumnos/as deben poñerse de acordo co profesor para fixar varias tutorías coa fin de seguir a materia con efectividade.
-Deben asistir a clase o mínimo de horas fixadas no regulamento.
-Deben realizar un examen teórico e práctico así como entregar as lecturas e o traballo.
-As datas de entregas oficiales fixadas para os/as alumnos/as que asisten a clase non aplican para estos/as alumnos/as quienes entregarán todo o que teñan que entregar como muy tarde 20 días antes do examen oficial definitivo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A4 A5 A13 A16 B4 B6 B7 B8 B11 C1 C5 C7 C8 Computaránse o traballo tutelado individual/grupal que se encomende. 30
Proba obxectiva A1 A4 A5 B7 B9 B11 C1 Avaliaranse os contidos das respostas, a adecuación das mesmas ás preguntas realizadas, a capacidade de argumentación, o emprego da terminoloxía, a expresión escrita, a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), a creatividade e o espírito crítico.
30
Portafolios do alumno A1 A4 A5 A13 A16 B5 B6 B9 B10 B11 C6 C7 C8 Valorarase a adecuación do portafolios presentado aos temas propostos para cada actividade, o contido, a coherencia da súa estrutura, a redacción e a presentación.

Entregarase cada actividade na data indicada polo profesor.

Non se avaliarán as actividades presentadas fóra de prazo, con faltas de ortografía ou aquelas que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
30
Lecturas A1 A4 A5 B1 B2 B3 B9 B10 C2 C3 Efectuaranse 1-2 lecturas sobre os temas expostos nas aulas. 10
 
Observacións avaliación

É requisito imprescindíbel para aprobar presentar as lecturas, prácticas de clase (portafolios do alumno) e o traballo tanto oralmente como de forma escrita. 

Para aprobar o estudante debe conseguir un mínimo de 5/10 no traballo e tamén nas lecturas e prácticas. Si este non é o caso o alumno está suspenso. Ademais, na proba obxectiva o discendente ten que aprobar o exame para superar a materia.

Non hai diferencia na evaluación entre a primeira e a segunda oportunidade.

Nota para estudantes con "dispensa académica de exención de asistencia":

De maneira específica, as medidas de adicación para o “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” son as que seguen: 

-Os/as alumnos/as deben poñerse de acordo co profesor para fixar varias tutorías coa fin de seguir a materia con efectividade. 

-Deben asistir a clase o mínimo de horas fixadas no regulamento. 

-Deben realizar tanto o examen como as prácticas, as lecturas e o traballo. 

-As datas de entregas oficiales fixadas para os/as alumnos/as que asisten a clase non aplican para estos/as alumnos/as quienes entregarán todo o que teñan que entregar como muy tarde 20 días antes do examen oficial. 

a. Para a primeira oportunidade os criterios e as actividades de evaluación para este alumnado son: prácticas, teoría, lecturas e traballo de fin de curso. O peso que tendrán na avaliación é o arriba indicado.

b. Para a segunda oportunidade os criterios e as actividades de evaluación para este alumando son os mesmos que en a.

Plaxio: 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.


Fontes de información
Bibliografía básica

Cordón García, J.A., Alonso Arévalo, J., Gómez Díaz, R., López Lucas, J. (2012). Las nuevas fuentes de información. Madrid: Ediciones Pirámide.

Cruz Gil, Mª C., Modelos de búsqueda y recuperación de la información, Gijón: Trea, 2015.

Delgado Casado, J., Introducción a la bibliografía: los repertorios bibliográficos y su elaboración, Madrid: Arco/Libros, 2005.

Ferrán Ferrer, N.; Pérez Montoro, M. Búsqueda y recuperación de información. Barcelona: UOC, 2009.

Gómez Díaz, R., Cordón-García, J. A., & Alonso-Arevalo, J. (2014). Fuentes de informacion especializada de la Documentacion: ana?lisis y criterios de calidad. En: Puntos de encuentro: los primeros 20 años de la Facultad de Traduccion y Documentación de la Universidad de Salamanca (pp. 73-97). Universidad de Salamanca Servicio de Publicaciones.

Guallar, J. Curación de contenidos en bibliotecas mediante plataformas social media. Barcelona: Ed. UOC, 2016. Colección Anuario ThinkEPI, n. 10.

Guallar, J.; Leiva-Aguilera, J. El content curator. Guía básica para el nuevo profesional de internet. Barcelona: Ed. UOC, 2013, Colección El profesional de la información, n. 24, 168 p. 

Maldonado Martínez, A., Rodríguez Yunta, L. (2006), La información especializada en Internet. Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Cienti?ficas.

Medina-Aguerrebere, P. (2012). Fuentes de Información médica. Barcelona: Editorial UOC.

Romanos de Tiratel, S. (2000). Guía de fuentes de información especializadas. Humanidades y Ciencias Sociales. Buenos Aires: EB.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fontes de Información e Recursos Dixitais/710G04002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías