Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Márketing Dixital de Servizos de Información Código 710G04023
Titulación
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Maseda Seco, Diego
Correo electrónico
d.maseda@udc.es
Profesorado
Maseda Seco, Diego
Correo electrónico
d.maseda@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Coñecer e comprender os principios teóricos e metodolóxicos da xestión e documentación da información para aplicalos na súa actividade profesional
A17 CE17 - Adoptar unha orientación ao mercado e aos usuarios de información creando servizos e produtos valiosos para organizacións e entidades

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Distinguir e dominar os conceptos, fundamentos e métodos dos servizos de información de mercadotecnia. A1
A17
Coñecer o impacto das tecnoloxías na comercialización dos servizos de información. A1
A17
Identificar e dominar ferramentas de promoción e marketing dixital. A1
A17
Aplicar os fundamentos e contidos para o deseño dun plan de mercadotecnia dixital de servizos de información. A1
A17

Contidos
Temas Subtemas
Conceptos e fundamentos do marketing.
Marketing estratéxico e marketing operativo.
Marketing en servizos de información.
Marketing dixital e conceptos relacionados.
A promoción dos servizos de información no ámbito dixital.
Deseño dun plan de mercadotecnia dixital en servizos de información.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A1 A17 10 30 40
Prácticas a través de TIC A1 A17 20 60 80
Proba obxectiva A1 A17 1 7 8
Sesión maxistral A1 A17 21 0 21
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Os estudantes enfrontaranse ao estudo e resolución de casos prácticos relacionados coa creación, xestión e recuperación de información bibliográfica a partir dunha base de datos bibliográfica creada ad hoc para o desenvolvemento dun proxecto de investigación relacionado cun obxecto de estudo seleccionado polo estudante/a.
Prácticas a través de TIC Desenvolveranse unha serie de prácticas dirixidas a coñecer e usar software e ferramentas para a xestión da información bibliográfica e a promoción de recursos dixitais nas redes sociais académicas.
Proba obxectiva Haberá unha proba obxectiva de carácter teórico-práctico dirixida a verificar o nivel de consecución da materia por parte do alumnado que levará ao debate e á reflexión crítica desta na clase unha vez realizada. A participación neste debate conxunto constituirá un elemento máis para a avaliación e cualificación do desempeño na materia
Sesión maxistral Realizaranse as sesións maxistrais necesarias para a exposición dos contidos teóricos que compoñen os contidos da materia, así como todas as cuestións teórico-prácticas necesarias para o desenvolvemento e resolución dos estudos de caso propostos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Descrición
Manterase un contacto permanente cos estudantes a través das titorías pertinentes (presenciais ou virtuais) que sexan necesarias para resolver, ampliar ou discutir calquera cuestión relacionada co desenvolvemento óptimo do proceso de ensino / aprendizaxe, deixando ao profesor a disposición do estudante. especifique estes tutoriales mediante comunicación por correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A17 Proba teórica dirixida a avaliar o grao de coñecemento acadado polos estudantes en relación cos contidos da materia. 50
Estudo de casos A1 A17 Avaliación do desenvolvemento e resolución dos casos propostos na materia. Considerarase especialmente o compoñente crítico-reflexivo e o grao de innovación proposto polo estudante na resolución dos problemas plantexados. 30
Prácticas a través de TIC A1 A17 Avaliarase o grao de coñecemento e xestión dos programas e plataformas empregadas para o desenvolvemento das prácticas propostas. 20
 
Observacións avaliación

Os/as estudantes con matricula parcial, dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados co mesmo sistema e deben poñerse en contacto coa docente na primeira semana de clases do segundo cuadrimestre para organizar un plan de traballo. 

Os traballos e actividades deben ser orixinais. Débese observar o sistema de citas e referencia. O plaxio será motivo de suspenso. 


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías